Estación de Almería

A estación de Almería, chamada intermodal, é a única estación de ferrocarril e autobús da cidade de Almería, en Andalucía.

Almería-Intermodal
Estación intermodal de Almería
Estación Intermodal de Almería
SituaciónAlmería
Servizosrestauración aparcamiento accesible PMR
Liñas
Longa DistanciaArco, Talgo
Media distanciaA-3
Intermodalidade
OutrosEstación de Autobuses
Estacion-de-almeria-01
Antiga estación de Almería, agora en desuso

Edificio

A antiga estación de ferrocarril de Almería, agora en desuso, foi rematada en 1893 en arquitectura de ferro e cristal. Dise que foi deseñada por Alexandre Gustave Eiffel[Cómpre referencia], aínda que é máis fiable que fose deseñada por un dos seus discípulos. A súa fachada principal é de tres corpos. Nas súas funcións de estación foi substituída polo edificio lateral da estación intermodal, que ademais concentra o maior tráfico de autobuses da provincia.

Desde 2005 os trens foron desprazados á nova estación intermodal, situada uns metros antes da antiga, que como o seu propio nome indica une servizos ferroviarios e por estrada. Foi a primeira estación intermodal construída en España.

Servizos ferroviarios

O tráfico ferroviario foi sempre escaso en Almería. Tradicionalmente chegaba só a liña Moreda-Guadix-Almería de vía única electrificada, que nunca tivo gran tráfico de viaxeiros. A electrificación só se usaba para os trens de mineral cara ao Marquesado, debido ás fortes pendentes. Unha vez que o servizo de mercadorías desaparece tralo peche das minas, a electrificación (3.000 V) desactívase. É estación términi de trens.

Actualmente chegan a esta estación os seguintes trens:

Prevese a chegada da alta velocidade a esta estación desde Murcia (2012-2015[Cómpre referencia]).

Autobuses

O tráfico de autobuses é significativamente maior có de trens, e cobre case todos os destinos españois posibles. Tamén parten de aquí autobuses interurbanos que comunican Almería con outros concellos da provincia.

Cable Inglés

Para a compañía de cable telegráfico submarino con sede en Vigo, coñecida como "O Cable Inglés", véxase: Eastern Telegraph Company.

O coñecido como Cable Inglés é un cargadoiro de mineral situado na cidade de Almería, España pertencente á sociedade The Alquife Mines and Railway Company Ltd, exemplo da arquitectura do ferro. A súa construción rematou no ano 1904 e unía a estación co porto. De estilo ecléctico caracterizado polo uso de novos materiais, seguiu as directrices da escola de Gustave Eiffel. No ano 1998 foi declarado Ben de Interese Cultural de Andalucía. Está en proxecto a súa restauración para acoller no seu interior un centro de exposicións, un restaurante e un complexo de ocio, ademais de acondicionar a súa parte superior como miradoiro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.