Estación de Albacete-Los Llanos

Albacete-Los Llanos é a estación de ferrocarril da cidade española de Albacete, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha. Entrou en servizo o 18 de decembro de 2010, tres días despois da inauguración do tramo Madrid-Albacete/Valencia da Liña de alta velocidade Madrid-Levante. Ten amplos servizos de alta velocidade, longa e media distancia operados por Renfe.

É a estación de ferrocarril máis grande de Castela-A Mancha. Está situada na rúa Federico García Lorca, ao final da Avenida da Estación, moi preto da autovía A-31, nas inmediacións da estación de autobuses da capital, e a 10,5 km do aeroporto de Albacete.

Coordenadas: 38°59′59″N 1°50′52″O / 38.99972, -1.84778

Albacete-Los Llanos
Vialia Estación de Albacete-Los Llanos. Albacete 3
SituaciónAlbacete
ServizosAparcadoiro Restauración Venda de Billetes
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia, Altaria, Alaris, Trenhotel, Talgo

Servizos

Alta velocidade e longa distancia

Media distancia

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.