Estación da Ponte Taboada

A Ponte Taboada é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no lugar da Estación, parroquia de Taboada, no concello de Silleda, provincia de Pontevedra. Na actualidade ningún tren efectúa parada nesta estación, malia isto, foi recentemente restaurada e recuperada do paso do tempo.

Coordenadas: 42°41′04″N 8°12′24″O / 42.68444, -8.20667

A Ponte Taboada
Estación de Ponte Taboada, Taboada, Silleda
Estación da Ponte Taboada.
SituaciónSilleda

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 325,242 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora con A Coruña a 383 metros de altitude,[1] entre as estacións de Lalín e A Bandeira. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

A estación foi inaugurada o 8 de setembro de 1958 coa posta en marcha do tramo O CarballiñoSantiago de Compostela da liña férrea que tiña como obxectivo unir Zamora coa Coruña.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe, que nacera en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004, Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.

A estación

O edificio de viaxeiros, construído en pedra, está formado por un corpo central de dous pisos ao que se anexa unha torre de tres pisos. Conta con dúas plataformas laterais aos que acceden dúas vías. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.

Galería de imaxes

Estacióndepontetaboada

Ponte Taboada

Pontetren1

Vías en Ponte Taboada

Tuneltaboada2

Túnel a 500 metros do apeadoiro

Notas

  1. Ponte Taboada Euroferroviarios
  2. Ourense a Santiago de Compostela[Ligazón morta] Spanishrailway

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Estación, Taboada, Silleda

A Estación é un lugar da parroquia de Taboada, no concello pontevedrés de Silleda. Nel atópase a estación da Ponte Taboada da liña de ferrocarril Zamora-A Coruña.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Silleda

Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2018 tiña 8.698 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Taboada, Silleda

Santiago de Taboada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 214 habitantes (106 homes e 108 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 237 habitantes.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.