Estación da Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é unha estación de ferrocarril de Adif situada no lugar da Estación, no concello da Pobra do Brollón, provincia de Lugo, Galicia. Ten servizos de media distancia.

Coordenadas: 42°32′1.37″N 7°23′59.87″O / 42.5337139, -7.3999639

A Pobra do Brollón
Estación Pobra do Brollón
SituaciónA Pobra do Brollón
Liñas
Media distanciaRexional Exprés

Situación ferroviaria

Está situada no punto quilométrico 350,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 416 metros de altitude,[1] entre as estacións de Monforte de Lemos e O Freixeiro. O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.[2] En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

En 2011 Adif realizou obras de mellora das instalacións, como o recrecemento das plataformas, a substitución dos pasos peonís e melloras na cuberta, as portas e as fiestras do edificio de viaxeiros.[3]

Servizos ferroviarios

Media Distancia

Os servizos de Media Distancia de Renfe que teñen parada na estación enlazan A Pobra do Brollón coa cidade de León. Non obstante, non existe parada de ningún tren en sentido contrario.

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liña Trenes Orixe > Destino
6 Rexional Exprés Vigo-Guixar > León

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway
  3. "Adif mejora la estación de A Pobra do Brollón". El Progreso. 24 de febreiro de 2010.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Estación, A Pobra do Brollón

A Estación, tamén chamada A Estación da Pobra do Brollón, é un núcleo e aldea do concello da Pobra do Brollón, que forma parte de tres parroquias: Abrence, Castroncelos e Cereixa.

A Estación está situada moi preto, a escasos 2 km, da capital municipal, ao norte da estrada N-120 e da vía de ferrocarril A Coruña-Palencia.

A Pobra do Brollón

A Pobra do Brollón é un concello da provincia de Lugo en Galicia. Situado no sur da provincia, pertence á comarca da Terra de Lemos e forma parte da Ribeira Sacra. Ten unha poboación de 1.709 habitantes segundo o censo de 2017. Limita cos concellos do Incio ao norte; Quiroga e Ribas de Sil ao sur; Samos, Quiroga e Folgoso do Courel ao leste; e Monforte de Lemos e Bóveda ao oeste.

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.