Estación da Pobra de San Xiao

A Pobra de San Xiao era unha estación de Adif situada na vila da Pobra de San Xiao, no concello de Láncara, provincia de Lugo. O treito no que se atopaba a estación foi desmantelado en 2018 tras a inauguración da variante da localidade.[1]

En devandita variante construíuse unha nova estación que leva o mesmo nome. Está lonxe do casco urbano, en terreos do veciño concello do Páramo, e non ten servizos de viaxeiros.[2]

Coordenadas: 42°51′58.2″N 7°26′48.8″O / 42.866167, -7.446889

A Pobra de San Xiao
Estación da Pobra de San Xiao
Edificio de viaxeiros da estación histórica situada no centro da localidade.
SituaciónLáncara

Situación ferroviaria

A antiga estación atopábase no punto quilométrico 410,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[3], entre as estacións de Pedrelo-Céltigos e de Laxosa. O tramo era de vía única e estaba sen electrificar.

A nova estación atópase na variante da Pobra de San Xiao da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña, entre as estacións de Pedrelo-Céltigos e de Laxosa. O tramo é de vía única e está sen electrificar, aínda que a plataforma está construída para poder albergar no futuro unha segunda vía.

Historia

Estación histórica

A estación foi aberta ao tráfico o 2 de agosto de 1878 coa posta en marcha do tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.[4]

En 2002 deixou de ter servizos de pasaxeiros, como outras estacións da provincia, debido á baixa demanda.[5]

Construción da variante

En 2006 o Ministerio de Fomento adxudicou as obras de construción dunha variante ferroviaria que evitara o paso polo casco urbano da Pobra de San Xiao e suprimira un total de 16 pasos a nivel, incluída no proxecto que pretendía levar a alta velocidade a Lugo. As obras duraron máis de once anos.[6]

O 23 de abril de 2018 entrou en servizo a nova variante, deixando sen servizo a vía orixinal.[7] En devandita variante hai unha nova estación que leva o mesmo nome malia que se atopa na parroquia de Moscán, no concello do Páramo. Tampouco ten servizos de viaxeiros.[2]

A estación

O edificio para viaxeiros da estación histórica é de base rectangular e tres alturas. A estación dispoñía de dúas vías coas súas respectivas plataformas laterais, sendo o ao lado do edificio o que ten maior ancho. Os cambios de plataforma realizábanse a nivel.

A nova estación está formada por un edificio de base rectangular e planta baixa. Ten dúas vías e unha única plataforma.

Notas

  1. "Una flamante estación del AVE que nadie usará". La Voz de Galicia. 6 de setembro de 2018.
  2. 2,0 2,1 Vizoso, Sonia (4 de maio de 2018). "Una flamante estación del AVE que nadie usará". El País. Consultado o 4 de maio de 2018.
  3. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  4. Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  5. Os trens rexionais de Renfe non paran en cinco estacións aínda que haxa pasaxeiros
  6. "Empiezan las pruebas definitivas para abrir la variante de Láncara". La Voz de Galicia. 20 de abril de 2018.
  7. "Adif pone en servicio la variante de A Pobra de San Xiao". El Progreso. 23 de abril de 2018.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Variante da Pobra de San Xiao

A variante da Pobra de San Xiao é unha variante ferroviaria de 7 km de lonxitude situada na liña León - A Coruña, no treito entre Lugo e Sarria, que substitúe o antigo trazado que pasaba polo casco urbano da Pobra de San Xiao, no concello lugués de Láncara. Foi inaugurada en 2018.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.