Estación da Frieira

Frieira é unha estación de tren de Adif situada no lugar da Frieira, no concello de Crecente, na provincia de Pontevedra, ao lado do río Miño. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Coordenadas: 42°09′18″N 08°12′04″O / 42.15500, -8.20111

Frieira
Estación da Frieira 2
A estación en 2015.
SituaciónCrecente
Liñas
Media distanciaIntercity
Rexional Exprés

Situación ferroviaria

Está situada no punto quilométrico 95,5 da liña de ancho ibérico que une Monforte de Lemos con Redondela, a 74 metros de altitude, entre as estacións de Filgueira e A Pousa-Crecente.[1] O tramo é de vía única e está electrificado.

Historia

A estación foi inaugurada o 18 de xuño de 1881 coa apertura do tramo Ourense-Arbo da liña entre Vigo e Monforte de Lemos.[2] A explotación quedou a cargo da Compañía do Ferrocarril de Medina a Zamora e de Ourense a Vigo, e en 1928 foi absorbida pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste de España.[2] En 1941 esta foi unha das empresas que se integrou en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña, mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Servizos ferroviarios

Media distancia

Actualizado a 23 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar
6 Rexional Exprés León
Ponferrada
Ourense-Empalme
<> Vigo-Guixar

Galería de imaxes

Estación da Frieira 2

Estación de ferrocarril

Estación da Frieira 4

Estación de ferrocarril

Estación da Frieira 3

Vista da aldea desde a estación

Paso a nivel A Frieira

Paso a nivel

Notas

  1. Red ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. 2,0 2,1 "Medina del Campo á Zamora y Orense á Vigo". spanishrailways.net. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Frieira, Quintela, Crecente

A Frieira é un lugar da parroquia de Quintela no concello pontevedrés de Crecente, na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña de 42 habitantes (24 homes e 18 mulleres), o que supón unha diminución respecto do ano 1999 cando tiña 102 habitantes.

É unha poboación da ribeira do río Miño, fronte a Cevide, a localidade máis setentrional de Portugal, e fronte ao lugar da Frieira, na parroquia de Desteriz (Padrenda). Tivo un aumento de poboación durante a construción do encoro da Frieira, e tamén pola proximidade da estación da Frieira, na liña Monforte de Lemos - Vigo. Entre 1913 e 1923 editouse na aldea o periódico Tierra Libre, fundado e dirixido por Marcelino Gómez Arias.

Frieira

O topónimo Frieira pode referirse a:

Frieira, lugar da parroquia de Tor, no concello de Monforte de Lemos;

Frieira, lugar da parroquia de Melias, no concello do Pereiro de Aguiar;

Frieira, lugar da parroquia de Camanzo, no concello de Vila de Cruces.

A Frieira, lugar da parroquia de Allariz (Santiago), no concello de Allariz;

A Frieira, lugar da parroquia de Ponte Castrelo, no concello de Castrelo de Miño;

A Frieira, lugar da parroquia de Aguións, no concello da Estrada;

A Frieira, lugar da parroquia de Abrence, no concello da Pobra do Brollón;

A Frieira, lugar da parroquia de Quintela, no concello de Crecente, situado fronte ao seguinte;

A Frieira, lugar da parroquia de Desteriz, no concello de Padrenda, situado fronte ao anterior;

Encoro da Frieira, no río Miño, que recibe o seu nome dos dous lugares anteriores;

Frieira a Nova, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo;

Frieira a Vella, lugar da parroquia de Ove, no concello de Ribadeo.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.