Estación da Escravitude

A Escravitude é unha estación de tren de Adif, situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña.

Non ten servizos dende que entrou en servizo o eixe atlántico de alta velocidade. Na nova liña e preto da estación da Escravitude construíuse a nova estación de Padrón-Barbanza.

Coordenadas: 42°47′00″N 8°39′02″O / 42.78333, -8.65056

A Escravitude
Image-A Escravitude.Padron.Galiza2
SituaciónPadrón

Situación ferroviaria

Atópase no punto quilométrico 75,6 da liña férrea de ancho ibérico que une Redondela con Santiago de Compostela a 31 metros de altitude, entre as estacións de Padrón e de Osebe.[1]

Historia

Foi en 1863 cando se creou a sociedade do Ferrocarril Compostelán da Infanta Dona Isabel co propósito de unir Santiago de Compostela co Carril.[2] Esta sociedade foi vendida en 1866 á The West Galicia Railway Company Limited, compañía británica que foi quen puxo en marcha o mencionado tramo o 15 de setembro de 1873 tras once anos de traballo abrindo con iso a estación da Escravitude.

O 9 de setembro de 1928, MZOV fíxose co control de The West Galicia Railway Company Limited. Con todo esta situación só durou un ano tras ser absorbida a primeira pola Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste. En 1941, Oeste foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe quen xestionou a estación ata a separación de Renfe en Adif e Renfe Operadora o 31 de decembro de 2004.

Notas

  1. Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
  2. Pontevedra a Santiago (The West Galicia Railway Company Limited) Arquivado 29 de xuño de 2016 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén

20 de maio

O 20 de maio é o 140º día do ano do calendario gregoriano e o 141º nos anos bisestos. Quedan (225) días para finalizar o ano.

A Escravitude, Cruces, Padrón

A Escravitude é un lugar da parroquia de Cruces, do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 89 habitantes (47 homes e 42 mulleres), o que supón unha diminución respecto a 2006, cando tiña 101 habitantes.

Polo lugar pasa a vía portuguesa do Camiño Xacobeo e mais a liña de ferrocarril que une A Coruña e Vigo, existindo a Estación da Escravitude. O elemento máis característico é o Santuario da Escravitude, do século XVIII.

Década de 1950

A década de 1950 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1950 e remata o 31 de decembro de 1959.

Eixe atlántico de alta velocidade

O eixe atlántico de alta velocidade é o corredor ferroviario que discorre pola costa atlántica de Galiza. Esténdese entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra e Vigo, e está prevista a súa prolongación cara ao norte até Ferrol e polo sur por Tui para conectar coa rede portuguesa.Trátase dunha infraestrutura deseñada con vía dobre e trazado apto para 250 km/h, con carril de 60 kg/m. Actualmente é de ancho ibérico, pero instaláronse travesas polivalentes que permitirán a transformación do corredor en ancho UIC a partir de 2019.

En decembro de 2011 inaugurouse o tramo de Santiago de Compostela á Coruña, e en marzo de 2015, inaugurouse o tramo entre a capital galega e Vigo.

Estación de Padrón-Barbanza

Padrón-Barbanza é unha estación ferroviaria de Adif situada no lugar da Escravitude, no concello de Padrón, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia.

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.