Estación da Alberguería-Prado

A Alberguería-Prado é un apeadoiro ferroviario de Adif situado entre A Alberguería e Prado, no concello de Vilar de Barrio, provincia de Ourense.

Dende o peche da liña Ourense-Pobra de Seabra nos recortes do sector ferroviario producidos polo Goberno en xuño de 2013, esta estación non ten servizos ferroviarios.

Coordenadas: 42°07′33″N 07°30′46″O / 42.12583, -7.51278

A Alberguería-Prado
SituaciónVilar de Barrio

Situación ferroviaria

A estación atópase no punto quilométrico 194,086 da liña férrea de ancho convencional que une Zamora coa Coruña vía Ourense a 767 metros de altitude, entre as estacións de Laza-Cerdedelo e Vilar de Barrio.[1] O tramo é de vía única e está sen electrificar. Está próxima ao túnel de Serra Pequena de 1.876 metros de lonxitude.

Historia

A vontade de unir Madrid con Vigo vía Medina del Campo polo camiño máis curto posible é antiga e apareceu plasmada nalgúns anteproxectos como o de 1864. Con todo, o mesmo descartaba dita posibilidade ao considerar que supoñía "dificultades enormísimas" que superaban mesmo "os da baixada do porto de Pajares no ferrocarril de Asturias".[2] É por iso, que a estación non foi inaugurada ata o 1 de xullo de 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense-Pobra de Seabra da liña Zamora - A Coruña vía Ourense.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo de Renfe cuxo nacemento se produciu en 1941.

Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

Debido aos recortes no sector ferroviario levados a cabo polo Goberno en xuño de 2013, a estación quedou sen os seus servizos de Media distancia entre Ourense e Pobra de Seabra.[3]

A estación

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos de aspecto rústico e parcialmente revestido de pedra. Conta con dúas plataformas laterais ás que acceden dúas vías.

Notas

  1. Alberguería - Prado Euroferroviarios
  2. 2,0 2,1 Liña Zamora - Ourense Afzamorana
  3. Dez estacións entre Ourense e Sanabria quedan sen tren desde o domingo

Véxase tamén

Lista de estacións de tren de Galicia

Esta é unha lista das estacións e apeadoiros de tren de Adif de Galicia xunto cos seus respectivos emprazamentos.

Sistema ferroviario galego
Empresas
Liñas
e
paradas
Servizos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.