Estaca de Bares

A Estaca de Bares é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) da parroquia na coruñesa de Bares, Mañón. Este cabo é o punto máis setentrional da península Ibérica e o que se considera o punto de división entre o mar Cantábrico e o Atlántico.[1][2][3][4][5] Nel destaca o faro da Estaca de Bares, construído en 1850.[6]

Con 2.500 mm ó ano é unha dos lugares máis chuviosos de Europa.

Coordenadas: 43°46′06″N 7°41′48″O / 43.7683, -7.6967

Estaca de Bares
Estaca de Bares
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 851.54 (11% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: A Coruña
Concellos: Mañón
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Características

O cabo é un enclave con valor ornitolóxico xa que é unha atalaia na que se avistan moitas das migracións de aves mariñas. Consta que desde os anos 50 do pasado século XX ornitólogos europeos comezaron a frecuentar a zona, que en varias épocas do ano reúne a numerosos ornitólogos[7].

Entre os meses de agosto e novembro, chéganse a contabilizar algúns anos máis de 100.000 exemplares: mascato, arao romeiro, corvo mariño real e pato pentumeiro son as especies mellor representadas, nidificando tamén na zona o falcón peregrino.[Cómpre referencia]

Neste cabo tamén poden verse as ruínas dunhas instalacións militares abandonadas. Unha delas era unha instalación dos Gardacostas dos Estados Unidos ao comezo dos anos 60, como unha base LORAN (do inglés: Long Range Aid to Navigation). A estación de Estaca de Bares operaba conxuntamente coas estacións do Goberno británico en East Blockhouse, Gales e, ata 1973, do Goberno francés en Porspoder, Francia.

En 1978, tras a finalización das operacións LORAN dos gardacostas, a Forza Aérea dos Estados Unidos asumiu o control da base. A base funcionou como unha estación de comunicacións ata 1991. Na actualidade, estas instalacións están en ruínas.[8]

Galería de imaxes de Estaca de Bares

Aceña Estaca lou

Acea preto da Estaca de Bares

Ga-Estacadebares-faro 144

Faro

Estaca de bares, Mañón, faro

Faro

Cabo - Punta Estaca de Bares

Estaca de Bares

Notas

  1. 1,0 1,1 "Decisión da Comisión, do 7 de decembro de 2004, polaa que aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de lugares de importancia comunitaria da región bioxeográfica atlántica [notificada co número C(2004) 4032]. «DOUE» núm. 387, de 29 de dicembro de 2004, páxinas da 1 á 96 (96 págs.) DOUE-L-2004-83030.". Consultado o 2017-07-07.
  2. 2,0 2,1 "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia. Decreto do DOG nº 62 do 2014/3/31 - Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
  3. 3,0 3,1 "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais. Consellería de medio ambiente, Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-07.
  4. "Código ZEC ES1110010. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-06.
  5. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
  6. Vídeo "El último farero" RTVE (en castelán).
  7. Martínez Pernas, Antonio (2017). "Estaca de Bares. Historia da observación de aves.". TERRAS DO ORTEGAL, revista de estudios locais, Nº 4.
  8. Vídeo da base estadounidense en Estaca de Bares RTVE (en castelán).
Bares

Co topónimo Bares podemos referirnos a varios lugares de Galicia, todos eles no concello de Mañón, na provincia da Coruña:

A parroquia de Bares.

O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares.

O Porto de Bares, lugar da parroquia de Bares.

A Vila de Bares, lugar da parroquia de Bares.

Estaca de Bares, o cabo máis setentrional da Península Ibérica.

Faro da Estaca de Bares.

Semáforo da Estaca de Bares.

Base estadounidense da Estaca de Bares.

Bares, Mañón

Santa María de Bares é unha parroquia do concello de Mañón situada no extremo esquerdo da ría do Sor. No ano 2011 tiña 197 habitantes.

O extremo desta península chámase a Estaca de Bares. Na Estaca hai un parque eólico, precisamente nunha localización na que eran abondosos, noutrora, os muíños de vento e as aceas. O Semáforo de Bares serviu de axuda á navegación durante varios séculos e foi levantado a petición dos ingleses.

Cabo (xeografía)

En xeografía, un cabo é un accidente xeográfico formado por unha masa de terra que se proxecta deica o interior do mar; recibe este nome cando a súa influencia sobre o fluxo das correntes costeiras é grande, provocando dificultades para a navegación. Algúns cabos débenlle a súa sona por ser a característica a máis salientable, como o cabo de Fornos. Tamén se poden denominar como "puntas" aqueles cabos de pequenas dimensións ou con extremos moi agudos.

En España destacan o Cabo Fisterra, a Punta de Tarifa e o de Estaca de Bares, entre outros.

A navegación realizada entre cabos sen a perda do contacto visual coa costa denominase cabotaxe.

Dorsal galega

Dorsal galega é o nome que recibe unha cadea montañosa de 210 quilómetros de lonxitude que se estende de norte a sur por Galiza, concretamente de Estaca de Bares á fronteira que o río Miño delimita con Portugal.

Faro

Un faro é unha construción dotada dun foco de luz para axudar á navegación marítima. Como topónimo pode referirse a:

Faro, parroquia do concello de Viveiro;

Faro, lugar de dita parroquia;

O Faro, lugar da parroquia de Iñás, no concello de Oleiros;

O Faro, lugar da parroquia de Espasante, no concello de Ortigueira;

O Faro, lugar da parroquia de Corrubedo, no concello de Ribeira;

O Faro, lugar da parroquia de Buxán, no concello de Rois;

O Faro da Estaca de Bares, lugar da parroquia de Bares, no concello de Mañón.

Serra do Faro, cadea montañosa que separa a comarca do Deza da de Chantada;

Faro de Avión, monte da serra do Suído;

Monte Faro, monte da serra do Courel;

Faro de Domaio, monte da serra de Domaio.

Monte Faro, monte da serra do Faro;En Portugal

Faro, cidade da rexión do Algarve;

Distrito de Faro, con capital en dita rexión;

Faro do Alentejo, freguesía do concello de Cuba;No Brasil

Faro, cidade do Pará;

Faro da Estaca de Bares

O faro da Estaca de Bares é un faro localizado na Estaca de Bares, situado a 101 metros de altura na entrada da ría do Barqueiro. É o último faro da costa coruñesa setentrional de toda a Península Ibérica. Está emprazado nunha meseta chamada Ventureiro, sobre un montículo que se prolonga na chamada "punta da Estaca de Bares", da que recibe o nome a que é a fronteira imaxinada onde mesturan as súas augas o Atlántico e o Cantábrico.

A torre ten unha altura de 33 metros; a luz do faro acada un alcance de 25 millas náuticas e está en funcionamento desde o 1 de setembro de 1850. Nun principio prestaban servizo tres torreiros. No ano 1939 instalouse un radiofaro.

Desde 1993 depende da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Galería de imaxes de Mañón

Galería de imaxes do concello de Mañón na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de faros de Galicia

Galería de imaxes de faros de Galicia.

Golfo de Biscaia

O golfo de Biscaia (en castelán: Golfo de Vizcaya, en éuscaro: Bizkaiko Golkoa, en francés: golfe de Gascogne, en occitano: golf de Gasconha) é un golfo do Atlántico Norte que comprende o mar Cantábrico. Comprende, aproximadamente, dende Estaca de Bares en Galicia ata o sur de Bretaña. Baña as costas de Cantabria, País Vasco e Aquitania (Francia).

Comprende importantes portos comerciais, como o de Bilbao, Pasaia ou Bordeos, e pesqueiros como os de Santoña, Laredo, Castro Urdiales, Bermeo, Ondarroa, Getaria ou Saint-Jean-de-Luz.

José Jesús Novo Martínez

José Jesús Novo Martínez, nado en Estaca de Bares (Mañón) o 9 de xaneiro de 1959, é un empresario e político galego do PPdeG.

Mar Cantábrico

O Cantábrico (en asturiano: Cantábricu, en castelán: Cantábrico, en éuscaro: Kantauri, en francés: Cantabrique) é un mar litoral do océano Atlántico que baña a costa norte de España e a costa suroeste de Francia. Esténdese desde a Punta Estaca de Bares na provincia da Coruña, ata a desembocadura do río Adour nas costas do departamento Francés das Landes preto de Bayonne.

Na súa parte máis oriental, xunto ás costas do País Vasco recibe o nome de golfo de Biscaia ou tamén de golfo de Gascuña. Baña 800 quilómetros de costa compartida polas provincias da Coruña, Lugo, Asturias, Cantabria, Biscaia, Guipúscoa e Lapurdi, esta última en Francia.

Mañón

Mañón é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. É o concello máis setentrional de Galicia e da península Ibérica. Segundo o IGE en 2015 tiña 1 454 habitantes (1 589 no 2011, 1 765 no 2006, 1 803 no 2005, 1 830 no 2004, 1 848 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «mañonés».

O Faro da Estaca de Bares, Bares, Mañón

O Faro da Estaca de Bares é un lugar da parroquia de Bares no concello Coruñés de Mañón na comarca do Ortegal. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2011 tiña tres habitantes (tres homes), un menos ca en 1999.

Debe o seu nome ao Faro da Estaca de Bares, construído en 1850. É a localidade máis setentrional de Galicia e da península Ibérica.

O Porto de Bares, Bares, Mañón

O Faro da Estaca de Bares é un lugar da parroquia de Bares no concello Coruñés de Mañón na comarca do Ortegal. Tiña 99 habitantes no ano 2011 segundo datos do Instituto Galego de Estatística dos cales eran 46 homes e 53 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 1999 cando tiña 132 habitantes.

Ollo de sapo

O ollo de sapo é unha formación xeolóxica de 600 km de longo, que vai desde a costa central cantábrica galega ata o sistema central ibérico, e que xordiu durante a elevación da pre-meseta ibérica do Cámbrico-Ordovícico. Esta formación componse de rochas volcánicas graníticas e félsicas que metamorfizaron en diferentes graos. Destaca nelas unha proporción elevada de zirconita e abundan máis en superficie no núcleo do anticlinorio, que vai da Estaca de Bares a Seabra.O a primeira descrición do ollo de sapo fíxoa Hernández Sampelayo en 1922. Parga Pondal describiuno con detalle e deulle o nome polos piroclastos de cuarzo azulados que abundan nos porfiroides, e que son característicos desta formación.

Provincia marítima de Ferrol

A provincia marítima de Ferrol, é unha das 5 provincias coas que o Ministerio de Fomento divide as costas galegas.

O seu porto máis importante é o Porto de Ferrol. De norte a sur consta dos seguintes distritos marítimos:

Cariño: Dende punta da Estaca de Bares até a punta Candeeira.

Cedeira: Até a punta Chirlateira.

Ferrol: Até a punta Carboeira.

Rías Medias

O nome de rías Medias, ou centrais, englobándose ás rías Altas entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares. Formáronse despois das rías Baixas e antes do resto das rías Altas, hai 5 millóns de anos .

Esta costa de rías tamén se pode subdividir en Costa da Morte e Arco Ártabro.

As rías medias son de sur a a norte e de oeste a leste:

Ría de Camariñas.

Ría de Corme e Laxe.

Ría da Coruña ou Ría do Burgo.

Ría de Betanzos.

Ría de Ares.

Ría de Ferrol.

Ría de Cedeira.

Ría de Ortigueira.En xeral son abondo expostas ó mar, é dicir, con entrada ancha en relación á súa profundidade, e excepto as dúas últimas, cunha colmatación media (Cedeira e Ortigueira teñen unha colmatación elevada).

Serra da Coriscada

A serra da Coriscada, que no seu tramo norte inicial ás veces é chamada serra de Solleiro, é unha serra galega que comeza en Estaca de Bares e limita entre os concellos de Mañón e Ortigueira. Polo leste da serra pasa o río Sor.

A vexetación da zona son plantación de eucalipto, algunha carballeira pequena e na parte máis afastada o litoral así como nos cimos matogueira de breixos e toxos.

O punto de maior altitude é o monte de Coriscada, con 523 metros sobre o nivel do mar.

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.