Estaño

O estaño, do latín stannum, é un elemento químico de número atómico 50 situado no grupo 14 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Sn. Coñécenselle 10 isótopos estables, e a súa principal mena é a casiterita.

Estaño
Sn-Alpha-Beta
Ge
  Tetragonal.svg
 
50
Sn
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Sn
Pb
IndioEstañoAntimonio
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Estaño, Sn, 50
Serie química Metais
Grupo, período, bloque 14, 5, p
Densidade 7365 kg/m3
Dureza 1,5
Aparencia Gris prateado brillante
N° CAS 7440-31-5
N° EINECS 231-141-8
Propiedades atómicas
Masa atómica 118,710(7)[1] u
Raio medio 145 pm
Raio atómico (calc) 145 pm
Raio covalente 180 pm
Raio de van der Waals 217 pm
Configuración electrónica [Kr]4d10 5s2 5p2
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 18, 4
Estado(s) de oxidación 4,2
Óxido Anfótero
Estrutura cristalina tetragonal
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 505,08 K
Punto de ebulición 2875 K
Entalpía de vaporización 295,8 kJ/mol
Entalpía de fusión 7,029 kJ/mol
Presión de vapor 5,78·10-21 Pa a 505 K
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,96
Calor específica 228 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 9,17·106 S/m
Condutividade térmica 66,6 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 708,6 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1411,8 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 2943,0 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 3930,3 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización 7456 kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
112Sn0,97 %estable con 62 neutróns
114Sn0,66 %estable con 64 neutróns
115Sn0,34 %estable con 65 neutróns
116Sn14,54 %estable con 66 neutróns
117Sn7,68 %estable con 67 neutróns
118Sn24,22 %estable con 68 neutróns
119Sn8,59 %estable con 69 neutróns
120Sn32,58 %estable con 70 neutróns
122Sn4,63 %estable con 72 neutróns
124Sn5,79 %estable con 74 neutróns
126SnSintético~1 × 105 anosβ-0,380126Sb
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.

Características principais

É un metal prateado, máis brando co zinc e máis duro co chumbo. É moi dúctil e maleable a 100 °C, o cal aprovéitase para batelo en follas delgadas (papel de estaño). A 200 °C tórnase moi crebadizo, podendo chegar a pulverizarse. Funde a 231,8 °C e ferve a 2.270 °C[2]. Non se oxida facilmente co aire e é resistente á corrosión. Atópase en moitas aliaxes e úsase para recubrir outros metais protexéndoos da corrosión.

O estaño ten dúas variantes alotrópicas estables: o estaño gris, ou estaño α, e ou estaño branco, ou estaño β. Outros dous alótropos, o estaño γ e o estaño σ, existen a temperaturas superiores a 161 °C e baixo certas condicións de presión[3].

A forma non metálica, o estaño gris, que é estable por debaixo dos 13,2 °C, é moi fráxil cun peso específico máis baixo co branco. Ten unha estrutura cristalina cúbica, similar á do diamante, do silicio ou do xermanio, e non ten propiedades metálicas porque o seus átomos forman unha estrutura covalente na que os electróns non se poden mover libremente. É un material poeirento e gris que non ten usos comúns, agás unhas poucas aplicacións especializadas nos semicondutores[4].

O estaño branco, a forma metálica de estrutura tetragonal, que é estable a temperaturas por encima de 13,2 °C, é maleable. Ao dobrar unha barra deste metal prodúcese un son característico chamado "grito do estaño", producido pola fricción e rotura dos cristais que a compoñen. A temperaturas moi baixas, inferiores a -18 °C, tende a transformarse espontaneamente en estaño gris, un fenómeno coñecido como a "peste do estaño". Déronse casos deste fenómeno en invernos excepcionalmente fríos. Así, en 1851, o químico alemán Otto Linné Erdmann relatou como os tubos de estaño dun órgano se converteran en po. O mesmo sucedeu en 1868 na alfándega de San Petersburgo cun cargamento de estaño[2].

Obtención

O estaño obtense principalmente a partir do mineral casiterita, onde se presenta como óxido (óxido de estaño (IV) ou dióxido de estaño). O mineral pulverízase, lávase para eliminar a terra, e enriquécese en dióxido de estaño por flotación. Logo tóstase para oxidar os sulfitos de ferro e chumbo. A continuación realízase un segundo lavado para eliminar o sulfato de cobre que se forma na tostación, e finalmente quécese con coque nun forno de reverbero co que se obtén o metal:

O estaño fundido que queda no fondo do forno moldéase en bloques (estaño en bloque), e volve a someterse a unha segunda fusión máis moderada para eliminar as impurezas de ferro e arsénico que forman unha masa que non funde co estaño, e se separa deste. Pódese conseguir aínda maior pureza por medio da electrólise poñendo estaño impuro nos ánodos e estaño puro nos cátodos, cun baño de ácidos sulfúrico e fluosilícico.

O estaño empregado na fabricación da folla de lata recíclase mediante diversos métodos. O máis estendido consiste en botarlle cloro na capa de estaño da chapa para conseguir un cloruro de estaño líquido e volátil, do cal se obtén o estaño por destilación[2].

Historia

O uso do estaño comezou no próximo oriente e os Balcáns arredor do 2000 a.C., empregándose en aliaxe co cobre para producir un novo metal, o bronce, dando orixe á idade deste metal. A importancia do novo material, co que se fabricaban armas e ferramentas máis eficaces cás de pedra ou de óso que se tiñan ata entón, orixinou durante toda a antigüidade un intenso comercio a longas distancias coas áreas onde existían xacementos de estaño.

Aliaxes

A súa aliaxe co chumbo (50% chumbo e 50% estaño) forma a soldadura, empregada para soldar condutores electrónicos, pola súa baixa temperatura de fusión, que o fai ideal para esa aplicación xa que facilita a súa fundición e diminúe as probabilidades de danos nos circuítos e pezas electrónicas. Tamén participa na formación do bronce.

Principais países produtores

Os principais produtores de estaño do mundo son a China, Malaisia, o Perú, Indonesia, Bolivia e o Brasil,[5] especialmente no estado de Minas Gerais.[6]

País Reservas en toneladas (2011)
Flag of the People's Republic of China.svg China 1 500 000
Flag of Malaysia.svg Malaisia 250 000
Flag of Peru.svg Perú 310 000
Flag of Indonesia.svg Indonesia 800 000
Flag of Brazil.svg Brasil 590 000
Flag of Bolivia.svg Bolivia 400 000
Rusia Rusia 350 000
Flag of Thailand.svg Tailandia 170 000
Australia Australia 180 000
Fuente: United States Geological Survey (USGS) - 2011

Notas

  1. CIAAW
  2. 2,0 2,1 2,2 Babor, Joseph A.; Ibarz Arnáez, José (1974). Química general moderna (en castelán). Barcelona: Marín. pp. 763–766. ISBN 84-7102-997-9.
  3. Molodets, A. M.; Nabatov, S. S. (2000). "Thermodynamic Potentials, Diagram of State, and Phase Transitions of Tin on Shock Compression". High Temperature (en inglés) 38 (5): 715–721. doi:10.1007/BF02755923.
  4. Holleman, Arnold F.; Egon, Wiberg; Nils, Wiberg (1985). "Tin". En Walter de Gruyter. Lehrbuch der Anorganischen Chemie (en alemán) (91–100 ed.). pp. 793–800. ISBN 3-11-007511-3.
  5. "Paisaje Geográfico. Minería" Arquivado 24 de outubro de 2017 en Wayback Machine. Profesor en Línea.cl
  6. "Los recursos mineros de la región" Fundación YPF

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Beariz

Beariz é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Carballiño. Segundo o Padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 973 persoas (1477 en 2003). Limita cos concellos de Forcarei e A Lama na provincia de Pontevedra e Boborás, O Irixo e Avión na provincia de Ourense. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bearizao ou bearicense.

Bronce

O bronce é o nome co que se denominan toda unha serie de aliaxes metálicas que teñen como base o cobre e outro metal, xeralmente estaño (entre un 3-20%) e proporcións variables doutros elementos como zinc, aluminio, antimonio, fósforo, prata. Outros elementos con características de dureza superiores ao cobre fan mellorar as súas propiedades mecánicas.

Casiterita

A casiterita é un mineral do grupo IV segundo a clasificación de Strunz. É un óxido de estaño (IV) (SnO2), un mineral típico das pegmatitas, é dicir, asóciase á fase tardía da cristalización granítica (pneumatólise). Nos granitos pneumatolíticos e pegmatitas, a casiterita acostuma ir acompañada de wolframita, sheelita e mispíquel.

Casitérides

Casitérides é o nome co que os gregos antigos denominaron os centros produtores de estaño (kassiteros) situados no Extremo Occidente.

Plinio o Vello na súa Historia Natural sinala que o primeiro grego que accedeu ás Casitérides foi Midácrito, personaxe do que non sabemos nada máis. Crese que os fenicios xa coñecían a ruta do estaño ou das Casitérides, unhas rutas que os cartaxineses manterían oculta até a época romana, pola súa importancia.

A súa localización exacta non está clara, aínda que é moi probable que o topónimo se fose desprazando cara ó norte, desde Galicia á Bretaña Francesa e de aquí a Gran Bretaña, conforme ían sendo descubertos novos centros extractores de estaño.

Cercio, Lalín

Santiago de Cercio é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 246 habitantes (126 mulleres e 120 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 285 habitantes.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Mato.

Cobre

O cobre (do latín cuprum, e este do grego kypros), é o elemento químico de número atómico 29 e símbolo Cu. Trátase dun metal de transición de cor arrubiada e brillo metálico que, canda a prata e o ouro, forma parte da denominada familia do cobre, caracterizada por ser os mellores condutores de electricidade. Grazas á súa alta condutividade eléctrica, ductilidade e maleabilidade, converteuse no material máis utilizado para fabricar cables eléctricos e outros compoñentes eléctricos e electrónicos.

O cobre forma parte dunha cantidade moi elevada de aliaxes que xeralmente presentan mellores propiedades mecánicas, aínda que teñen unha condutividade eléctrica menor. As máis importantes son coñecidas co nome de bronces e latóns. Por outra banda, o cobre é un metal duradeiro porque se pode reciclar un número case ilimitado de veces sen que perda as súas propiedades mecánicas.

Foi un dos primeiros metais en ser utilizado polo ser humano na Prehistoria. O cobre e a súa aliaxe co estaño, o bronce, adquiriron tanta importancia que os historiadores chamaron Idade do Cobre e Idade de Bronce a dous períodos da Antigüidade. Aínda que o seu uso perdeu importancia relativa co desenvolvemento da siderurxia, o cobre e as súas aliaxes seguiron sendo empregados para facer obxectos tan diversos como moedas, campás e canóns. A partir do século xix, concretamente da invención do xerador eléctrico en 1831 por Faraday, o cobre converteuse de novo nun metal estratéxico, ao ser a materia prima principal de cables e instalacións eléctricas.

O cobre posúe un importante papel biolóxico no proceso da fotosíntese das plantas, aínda que non forma parte da composición da clorofila. O cobre contribúe á formación de glóbulos vermellos e ao mantemento dos vasos sanguíneos, nervios, sistema inmunitario e ósos e xa que logo é un oligoelemento esencial para a vida humana.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Idade de Bronce

A Idade de Bronce é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.

A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:

Na Asia central o bronce chega ao redor do 2000 a.C. en Afganistán, Turkmenistán e Irán.

Na China adóptao a dinastía Shang (1766 a.C.- 1122 a.C.).

Idade do Cobre

A Idade do Cobre ou Calcolítico é un dos períodos da prehistoria. Sucede ao Neolítico e precede á Idade de Bronce. Tamén se acostuma utilizar este nome para denominar algunhas culturas que presentan formas culturais diferenciadas entre o 2500 e 1800 a.C.

Kuala Lumpur

Kuala Lumpur é a capital de Malaisia. É unha metrópole de 4 millóns de habitantes (área urbana). O seu nome significa "confluente lamoso" en malaio, pois a cidade está sita na confluencia de dous cursos de auga. O máis importante é o río Klang, que desauga 45 km ao oeste no estreito de Malaca; o outro é o Gombak.

Arrebatada á selva, Kuala Lumpur debe o seu nacemento e a súa fortuna aos fabulosos xacementos de estaño descubertos no século XIX. O lugar, durante moito tempo, non foi outra cousa senón un campamento de cabanas de bambú infestado pola malaria. Mais creceu mercé ao comercio

de estaño, até tornarse, en 1896, na capital dos Estados malaios federados. A primeira impresión do viaxeiro que atravesa hoxe Kuala Lumpur, é a dunha cidade verde, tranquila e ordenada que, a pesar dos seus case 2 millóns de habitantes, garda unha proporción humana.

Latón

O latón é unha aliaxe de cobre e cinc. As proporcións de cobre e cinc poden variar para crear unha variedade de latóns con propiedades diversas. Nos latóns industriais a porcentaxe de cinc mantense sempre inferior ó 50%. A súa composición inflúe nas características mecánicas, a fusibilidade e a capacidade de conformación por fundición, forxa, troquelado e mecanizado. En frío, os lingotes obtidos poden transformarse en laxes de diferentes espesores, varelas ou cortarse en tiras susceptibles de estirárense para fabricar arames. A súa densidade tamén depende da súa composición. En xeral, a densidade do latón rolda entre 8,4 g/cm³ e 8,7 g/cm³. O seu punto de fusión está entre os 900 e os 940 °C, dependendo da composición.

No presente, case o 90% do latón é reciclado. Aínda que o bronce é unha aliaxe de cobre con estaño, algúns tipos de latóns denomínanse 'bronces'. O latón é unha aliaxe que se utiliza para decoración debido a que o seu brillo dá un aspecto similar ó do ouro, para aplicacións en que se require baixa fricción, como fechaduras e válvulas, para fontanaría e aplicacións eléctricas, e, cumpridamente, en instrumentos musicais como trompetas e campás, ademais de pratos de baixo custo polas súas propiedades acústicas.

Malaisia

Malaisia é un país do sueste asiático, constituído pola península Malaia e máis pola Malaisia oriental, no norte de Borneo. O país está situado a aproximadamente 200 km ao norte do ecuador terrestre.

O termo Malaisia ou arquipélago Malaio xa se empregaba para designar a Indonesia.

Medalla

Aínda que tanto na forma como no material existen múltiples excepcións, as medallas tenden a ser discos metálicos, similares en aparencia ás moedas, aínda que usualmente de maior diámetro e relevo pronunciado.

Esta voz ten a súa orixe na latina Metallum e así chamamos a aquelas pezas antigas, que segundo a máis corrente opinión, eran a moeda, que se usaba nos seus respectivos tempos. Iso é certo fóra daquelas que en Italia e noutras partes chámanse Medallóns, as cales verosimilmente non eran moedas, senón daquelas arreboladizas que se adoitan ver e esparexer ao pobo nas aclamacións dos reis ou son fabricadas con ocasión dalgún gran suceso e repártense como dons.As medallas son emitidas con diversos fins e así existen:

As emitidas con propósitos puramente artísticos (afíns usualmente ás plaquetas).

As conmemorativas ou de recordo.

As que outorga unha organización por servizos distinguidos nun campo específico (como o premio Nobel).

As que se outorgan como premio nun evento ou competición (como as medallas olímpicas).

As que outorga un goberno por servizos ao país, que se ostentan prendidas ao peito ou colgadas ao pescozo; estritamente falando isto se refire só a medallas de aparencia similar a unha moeda, pero informalmente esténdese tamén á condecoración militar.

As de culto relixioso, usualmente cun aro que permite colgalas.O estudo das medallas, a súa autenticidade, orixe, clasificación etc., constitúe o obxecto da medallística, unha rama da numismática. No Renacemento chamábanse "medallas" a todas aquelas moedas da antigüidade que xa non estaban en circulación e por tanto non tiñan valor de cambio. Aínda que a forma é xeralmente redonda, con todo non faltan medallas ovais, poligonais, cadradas etc. A materia de que se compoñen é o ouro, a prata, o chumbo, o estaño, o platino, o níquel e o cobre pero tamén as hai de cristal e de barro cocido. En casos raros e especialmente durante o asedio a unha praza, fabricábanse moedas de coiro, papel ou ferro (obsidionais).

Metal

Un metal é un material distinguido pola súa habilidade para conducir calor e electricidade. Están agrupados na táboa periódica dos elementos. Teñen de 1 a 3 electróns de valencia, sendo os seus átomos pouco electronegativos e tendo unha baixa enerxía de ionización.

Os metais teñen certas propiedades físicas características: poden ser brillantes, ter alta densidade, ser dúctiles e maleables, ter un punto de fusión alto, ser duros, e ser bos condutores da calor e da electricidade.

Estas propiedades débense ó feito de que os electróns exteriores están ligados só lixeiramente ós átomos, formando unha especie de mar que os baña a todos (ver semicondutor), que se coñece como Enlace metálico.

Os metais poden formar aliaxes entre si e clasifícanse segundo a súa densidade en:

Ultralixeiros: Densidade en g/cm³ inferior a 2. Os máis comúns deste tipo son o magnesio e o berilio.

Lixeiros: Densidade en g/cm³ inferior a 4,5. Os máis comúns deste tipo son o aluminio e o titanio.

Pesados: Densidade en g/cm³ superior a 4,5. Son a maioría dos metais.

Metalurxia

Metalurxia designa un conxunto de procedementos e técnicas para extracción, fabricación, fundición e tratamento dos metais e as súas ligas.

Até a aparición da metalurxia utilizábanse obxectos ornamentais de metais preciosos e de ferro procedente de meteoritos, mais o uso extensivo dos metais non foi posíbel até que se puido reducir os minerais que se encontran na natureza (en forma oxidada) en metal máis ou menos puro por procesos metalúrxicos.

Porto Velho

Porto Velho é a capital do estado brasileiro de Rondonia. Xurdiu no comezo do século XX coa creación do ferrocarril Madeira-Mamoré, implantado para exportar o caucho producido na Bolivia, e que foi unha das condicións impostas polo goberno daquel país para aceptar a soberanía brasileira sobre Acre.

Ademais do caucho, a rexión produce tamén ouro e casiterita (mineral de estaño). A partir do comezo da década de 1970 a súa poboación aumentou de modo considerábel grazas á migración de brasileiros do sur do país, que viñan en busca de terras baratas para cultivar. Hoxe é unha das principais cidades do sur da Amazonia brasileira. É sede dunha universidade pública, a Universidade Federal de Rondônia.

Provincia de Phuket

Phuket (tailandés: ภูเก็ต, Modelo:IPA-th, malaio: Talang ou Tanjung Salang) é unha das provincias (changwat) do sur de Tailandia. Consiste na illa de Phuket, a illa máis grande do país, e outras 32 illas máis pequenas fronte á súa costa. Atópase fronte á costa oeste de Tailandia no Mar de Andaman. A illa de Phuket está conectada pola ponte de Sarasin á provincia de Phang Nga ao norte. A seguinte provincia máis próxima é Krabi, ao leste a través da Baía Phang Nga. A súa capital é a cidade de Phuket.

A provincia de Phuket ten unha superficie de 576 quilómetros cadrados, algo menos que a illa de Singapur, e é a segunda provincia máis pequena de Tailandia. Anteriormente obtivo a súa riqueza do estaño e o caucho, e goza dunha rica e colorida historia. A illa atopábase nunha das principais rutas comerciais entre India e China, e mencionábase con frecuencia en rexistros de barcos estranxeiros de comerciantes portugueses, franceses, holandeses e ingleses. A rexión agora deriva gran parte dos seus ingresos do turismo.

Saídres, Silleda

San Xoán de Saídres é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE en 2011 tiña 121 habitantes (64 homes e 57 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 145 habitantes.

Talio

O talio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Tl e número atómico 81. Este metal do bloque p gris, brando e maleable é semellante ao estaño, pero decolórase exposto ao aire. É moi tóxico e empregouse como rodenticida e insecticida, pero este uso diminuíu ou eliminouse en moitos países debido aos seus efectos canceríxenos. Tamén se emprega en detectores infravermellos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.