Esquerra Unida i Alternativa

Esquerra Unida i Alternativa (EUiA) é un partido político de Cataluña. Defínense como movemento político e social nacional, catalán e republicano, federal, anticapitalista e solidario no que se concentran forzas políticas sociais e persoas de esquerdas.

Esquerra Unida i Alternativa
Esquerra Unida i Alternativa
MocidadesAlternativa Jove - Joves d'EUiA
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1998
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo
Comunismo
Republicanismo
Federalismo
Catalanismo
Laicismo
Outros datos
SedeBarcelona, España
Páxina websemprealesquerra.cat

Resultados electorais

En coalición con ICV-EUiA a partir do 2003

Evolución do voto de ICV-EUiA

Nas eleccións xerais de 2004, a coalición obtivo 234.790 votos (5,84%), o que se traduciu en dous escanos, ambos para ICV e por Barcelona (o número tres por Barcelona, de EUiA, non obtivo escano). As eleccións de 2008 supuxeron un sensíbel retroceso, coa perda de máis de 50.000 votos e un escano (181.753 votos, 4,93%).

Nas eleccións ao Senado, como parte da Entesa Catalana de Progrés, EUiA non conseguiu representación nas eleccións de 2008, pero sí por designación do Parlamento de Cataluña en decembro de 2006: Josep Nuet.

Eleccións anteriores en solitario

Eleccións e data
Votos
%
Deputados (d)
Concelleiros (c)
Municipais, Xuño 1999 57.698 1,98 35 c.
Parlamento europeo, Xuño 1999 58.977 2,05 1 d.
Eleccións Autonómicas, Outubro 1999 44.454 1,42 -
Congreso dos Deputados, 2000 75.091 2,23 -

Ligazóns externas

Barcelona en Comú

Barcelona en Comú, inicialmente denominada Guanyem Barcelona, é unha plataforma cidadá, constituída en partido político, co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Barcelona. A súa candidata á alcaldía e unha dos seus principais impulsores é a activista Ada Colau, ex voceiro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

Conflúen no proxecto os partidos Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent e Podem.

A formación foi a lista máis votada nas eleccións de 2015 en Barcelona cun concelleiro máis que CiU, a segunda forza.

Catalunya Sí que es Pot

Catalunya Sí que es Pot (CSQP, en galego: Cataluña Sí que se Pode) foi unha coalición de esquerdas integrada por Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Podem e Equo. Formouse en xullo de 2015 a imaxe da fórmula de Barcelona en Comú para a cidade de Barcelona, co obxectivo de presentarse ás eleccións ao Parlamento de Cataluña 2015.

A coalición conseguiu 11 deputados no Parlamento de Cataluña, dos que 4 son militantes de Iniciativa, 4 de Podem, 1 d'Esquerra Unida e 2 independentes.

O seu cabeza de lista por Barcelona foi Lluís Rabell, presidente d_ Federación de Asociacións de Veciños de Barcelona, e a escritora Gemma Lienas como número dous. Os seguintes postos foron ocupados por Joan Coscubiela (ICV), Àngels Martínez Castells (Podem) e Albano Dante Fachin (Podem). Nas outras provincias, Girona foi encabezada por Marc Vidal (ICV), Lleida por Sara Vilà (ICV) e Tarragona por Gerard Bargalló (Podem).

Catalunya en Comú-Podem

Catalunya en Comú-Podem é unha coalición política catalá de esquerdas creada para as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2017, formada por Catalunya en Comú, Podem, Barcelona en Comú, Iniciativa per Catalunya Verds e Esquerra Unida i Alternativa e co apoio tamén de Equo Catalunya. A candidatura foi liderada por Xavier Domènech.É sucesora da coalición Catalunya Sí que es Pot creada para as eleccións ao Parlament de 2015. Catalunya en Comú-Podem obtivo 8 escanos, 7 por Barcelona e 1 por Tarragona, 3 menos que a súa antecesora.

Comunistes de Catalunya

Comunistes de Catalunya (en galego: Comunistas de Cataluña) é un partido político de ideoloxía comunista e catalanista radicado en Cataluña. Defínese como nacional e de clase, democrático, internacionalista e solidario, laico e feminista. Fundaméntase nos principios do marxismo, o feminismo, así como outras achegas á teoría e a práctica revolucionarias. Reclámase herdeiro da traxectoria histórica do PSUC.

Forma parte de Esquerra Unida i Alternativa (EUiA). Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015, Comunistes de Catalunya apoiou a candidatura unitaria de Catalunya Sí que es pot e Joan Josep Nuet foi elixido deputado. Nas eleccións de 2015 e de 2016 ao Congreso dos Deputados, o partido apoiou a candidatura En Comú Podem, e obtivo dous deputados, Joan Mena e Félix Alonso.

Consulta sobre a independencia de Cataluña

A consulta sobre o futuro político de Cataluña foi unha consulta sobre a independencia de Cataluña, motivo polo cal tamén é coñecida como consulta sobre a independencia de Cataluña, que se celebrou o 9 de novembro de 2014.

A consulta, incluída no marco dun proceso de participación cidadá organizado pola Generalitat de Cataluña, está formada por unha pregunta con dous apartados: «Quere que Cataluña sexa un Estado?» e «En caso de resposta afirmativa, quere que Cataluña sexa un Estado independente?».

O anuncio da convocatoria desta consulta fíxoa o presidente Artur Mas, o 14 de outubro de 2014 dende a galería gótica do Palau de la Generalitat de Catalunya, como resultado do bloqueo feito polo Goberno de España. Este bloqueo baseábase, en primeiro termo, na negativa do Goberno de España a aceptar un referendo sobre a independencia de Cataluña, e en segundo termo, na suspensión cautelar da "Lei de consultas populares non referendarias" e do decreto de convocatoria da consulta popular non referendaria sobre o futuro político de Cataluña por parte do Tribunal Constitucional de España, despois de admitir a trámite dous recursos do Goberno de España.A convocatoria dunha consulta era o principal acordo do «Pacto pola Liberdade», pacto de investidura asinado en decembro do 2012 despois das eleccións ó Parlamente de Cataluña.

A data e a pregunta da consulta foron anunciades polo Presidente da Generalitat de Cataluña Artur Mas o 12 de decembro de 2013 co apoio dos grupos parlamentarios de Convergència i Unió, Esquerra Republicana de Catalunya, Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa e a Candidatura d'Unitat Popular, que sumaban 87 dos 135 deputados do Parlamento de Cataluña.A consulta contou co apoio da meirande parte das institucións locais após que 920 concellos, 36 consellos comarcais, o Consello Xeral de Arán e 4 deputacións aprobaran mocións a prol da convocatoria da consulta.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2006

En Cataluña o 1 de novembro de 2006 celebráronse eleccións autonómicas para elixir os 135 deputados da VIII lexislatura do Parlamento de Cataluña que elixiron un novo presidente da Generalitat de Cataluña. Cada unha das catro provincias constitúe unha unha circunscrición electoral segundo un sistema electoral proporcional corrixido pola lei d'Hont.

Presentáronse 75 candidaturas de 21 forzas políticas a estas eleccións. A provincia de Barcelona elixe 85, a provincia de Tarragona 18, a provincia de Xirona 17 e a de Lleida 15. Un total de 5 320 395 electores teñen dereito ó voto

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2010

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á novena lexislatura do actual período democrático celebráronse o 28 de novembro de 2010.

Eleccións ao Parlamento de Cataluña 2012

As eleccións ao Parlamento de Cataluña correspondentes á décima lexislatura do actual período democrático celebráronse o 25 de novembro de 2012, cando só transcorreron dous anos dende a última convocatoria electoral. As próximas eleccións serán o 27 de setembro de 2015.

En Comú Podem-Guanyem el Canvi

En Comú Podem-Guanyem el Canvi (as súas siglas son ECP) (en galego, En Común Podemos-Ganemos o Cambio) é unha coalición electoral de esquerdas formada pola sección de Podemos en Cataluña, Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú xurdida en outubro de 2015 co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Cataluña. O cabeza de lista por Barcelona foi o historiador Xavier Domènech.En Comú Podem expuxo establecer unha relación de igual a igual con Podemos polo que tivo como obxectivo ter grupo parlamentario propio e apostar por articular conxuntamente coa formación de Pablo Iglesias os «puntos en común». A formación non descarta entenderse con sectores de ERC, PSC e busca a forma de achegarse á CUP.Nas eleccións xerais de 2015 presentouse como En Comú Podem e nas eleccións xerais de 2016 presentouse baixo o nome En Comú Podem-Guanyem el Canvi.

Gañemos

Gañemos (Ganemos nos territorios monolingües en castelán) é a denominación inspirada na catalá Guanyem dada a unha serie de plataformas cidadás creadas en toda España, independentes entre si e nacidas co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015. Están inspiradas na plataforma Guanyem Barcelona, que foi presentada a finais de xuño de 2014.

Iniciativa per Catalunya Verds

Iniciativa per Catalunya Verds (ICV) é un partido político ecosocialista catalán que ten a súa orixe en Iniciativa per Catalunya (IC), unha federación de partidos formada en 1987 polo Partit Socialista Unificat de Catalunya, Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra e o Partit dels Comunistes de Catalunya que incorporou personalidades independentes procedentes dos movementos sociais e que pretendía reorganizar o antigo espazo comunista catalán e abrirse ós novos movementos sociais, mantiña acordos electorais e parlamentarios con Izquierda Unida. O seu primeiro dirixente foi Rafael Ribó que procedía do partido maioritario, o PSUC.

Preséntase desde 2003 xunto con Esquerra Unida i Alternativa ás eleccións ao Parlamento de Cataluña (ICV-EUiA).

Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa

Iniciativa per Catalunya Verds - Esquerra Unida i Alternativa (ICV-EUiA) é unha coalición electoral de esquerdas e ecoloxista, formada por Iniciativa per Catalunya Verds e Esquerra Unida i Alternativa. Desde 2003 preséntanse xuntos ás eleccións ao Parlamento de Cataluña.

Izquierda Unida

Izquierda Unida é unha organización política española federalista, republicana e de esquerdas.

Joan Herrera

Joan Herrera i Torres, nado en Barcelona o 29 de xaneiro de 1971, é un xurista e político catalán, actual secretario xeral de Iniciativa per Catalunya Verds e candidato ás eleccións catalanas en 2010 e 2012 polo mesmo partido.

Lluís Rabell

Josep Lluís Franco Rabell, nado en Barcelona en 1954, e coñecido como Lluís Rabell, é un tradutor, activista e político catalán.

Mollerussa

Mollerussa é a capital da comarca do Pla d'Urgell (provincia de Lleida, Cataluña, España).

Neus Català

Neus Català i Pallejà, nada en Els Guiamets (provincia de Tarragona) o 6 de outubro de 1915 e finada na mesma vila o 13 de abril de 2019, foi unha política catalá, membro das Juventudes Socialistas Unificadas de Cataluña do PSUC durante a guerra civil española. Era a última supervivinte española do campo de concentración de Ravensbrück.

Partido da Esquerda Europea

O PEE é un partido político de ámbito europeo que agrupa no seu seo a unha gran parte dos partidos comunistas e anticapitalistas europeos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.