Esquerda política

Esquerda, en política, é un termo referido (sen precisión particular) ó segmento do espectro político tipicamente asociado a calquera clase de socialismo ou socialdemocracia, en oposición á dereita política e ó liberalismo.

Historia

A terminoloxía de esquerda-dereita política está orixinalmente baseada no lugar no que se sentaban os partisanos parlamentarios durante a Revolución Francesa. Os partidarios máis ardentes de medidas revolucionarias radicais eran denominados comunmente como esquerdistas porque sentaban no lado esquerdo das sucesivas asembleas lexislativas.

Dentro da esquerda, existe un amplo espectro político que vai desde a esquerda moderada á extrema esquerda. O comunismo (así como a filosofía marxista na que se baséa) e o anarquismo están considerados como formas radicais de esquerda política. A esquerda tamén está asociada cós sindicatos e as manifestacións, índa que estes non sexan exclusivos da esquerda. Tamén considéranse de esquerda movementos sociais como o da antiglobalización, o ecoloxismo, o feminismo, os okupas, o pacifismo ou os punks.

Os conceptos de esquerda e dereita, de todas formas, son relativos ó país e á situación política do propio país e do mundo.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anticapitalismo

O anticapitalista refírese á oposición, total ou parcialmente, ó capitalismo. O termo abrangue unha extensa colección de ideoloxías. En xeral, algúns anticapitalistas poden estar a favor dalgún tipo de colectivismo ou comunitarismo económico ou social, mais non todos e non necesariamente (existen anticapitalistas que defenden diferentes niveis de propiedade privada).

Antiimperialismo

O antiimperialismo é unha posición política xurdida a finais do século XIX que se caracteriza por unha categórica oposición ó imperialismo. O pensamento antiimperialista está estreitamente vinculado ó cuestionamento dos mecanismos de dependencia neocolonial caracterizados por mecanismos de suxeición económicos e financeiros, así como os chamados procesos de liberación nacional.

Centro político

Centro, en ciencia política, é o conxunto de partidos, políticas e ideoloxías que se caracteriza por considerarse a si mesma intermedias, no espectro político, a posicións tanto de dereita como de esquerda política.É conveniente non confundir o centrismo co reformismo. Mentres o centrismo valora as posicións consensuais como un fin en si mesmas -as políticas do "xusto medio" -, o reformismo mantén obxectivos a longo prazo para os cales tales posicións serían só un momento nun proceso progresista de avance moderado ou paulatino. Na práctica política contemporánea, o centrismo propón e defende políticas de economía mixta e de afondamento da democracia.«O goberno representativo falla cando políticos corruptos en xeral serven intereses empresariais ou especiais. É entón imprescindible que a cidadanía teña oportunidades democráticas directas.», Joel S. Hirschhorn.

Cerna (organización política)

Cerna é unha organización nacionalista galega de esquerda escindida de Anova - Irmandade Nacionalista, da cal foi unha corrente crítica. Está composta por uns 200 ex-militantes de Anova-IN. Os seus máximos dirixentes son Mario López Rico, Luís Eyré e Consuelo Martínez García.

Posteriormente, uniuse ao partido instrumental En Marea, no que confluíron Anova-IN, Esquerda Unida, Podemos e diversos colectivos locais co propósito de participar nas eleccións xerais.

Confederación Intersindical Galega

A Confederación Intersindical Galega (CIG) é un sindicato nacionalista galego formado a partir da unión da INTG e CXTG en abril de 1994. O seu primeiro secretario xeral foi Fernando Acuña. O actual secretario xeral é Paulo Carril.

Dereita política

A dereita política é un concepto que se refire ao segmento do espectro político asociado a posicións conservadoras, relixiosas ou ben simplemente opostas á esquerda política. Engloba xa que logo a correntes ideolóxicas moi diversas cuxa separación pode ser tallante, dependendo de que consideren prioritaria a defensa da liberdade individual (liberalismo), a defensa da patria (nacionalismo, patriotismo) ou de que ante todo busquen o mantemento da orde social establecido (tradicionalismo, conservadorismo). En oposición á esquerda política, o sector máis liberal salienta o libre mercado por encima do intervencionismo das administracións públicas e busca potenciar valores e dereitos individuais, fronte a posicións colectivistas ou estatistas, mentres que o sector máis conservador é partidario do encadramento colectivo en estruturas ríxidamente xerarquizadas e disciplinadas.

A dereita máis moderada adóitase cualificar como centro-dereita, mentres que a dereita máis extremista cualifícase como ultradereita ou extrema dereita.

Doutrina Truman

A Doutrina Truman foi unha medida política que establecía que os Estados Unidos podían dar apoio a "persoas libres que están resistindo os intentos de dominio por minorías armadas ou por presións exteriores", sendo estas directrices de fervente tendencia anticomunista dado o contexto no que se encontraban, ocasionalmente até un punto dun fanatismo persecutorio de calquera movemento do marco da esquerda política.

A súa denominación débese ao presidente Harry S. Truman, quen fixo a proclamación desta doutrina na súa comparecencia ante o Congreso o 12 de marzo de 1947, estando por entón en curso a crise da Guerra Civil Grega (1946-1949). O Goberno británico notificáralle á Casa Branca que non podía continuar apoiando ao goberno grego contra as guerrillas comunistas nin podían axudar economicamente a Turquía. A doutrina promulgouse especificamente co ánimo de proporcionar soporte intervencionista a gobernos que resistían fronte ao comunismo. Truman insistiu en que se Grecia e Turquía non recibían a axuda que necesitaban, poderían caer inevitablemente no comunismo, sendo o resultado un efecto dominó de aceptación do comunismo na rexión.

Tras a súa promulgación concedéronse 400 millóns de dólares en axuda económica e militar para Turquía e Grecia.

Federación Rural Galega

A Federación Rural Galega, FRUGA, é un sindicato agrario galego creado en 2009 coma unha escisión do Sindicato Labrego Galego.

Francisco Franco

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.

Friedrich Engels

Friedrich Engels, nado en Barmen (Prusia) o 28 de novembro de 1820 e finado en Londres o 5 de agosto de 1895, foi un economista e pensador alemán, principal colaborador e coautor da maioría das obras de Karl Marx, xunto co que desenvolveu a teoría comunista.

Internacionalismo (política)

O Internacionalismo é un movemento político que avoga por unha maior cooperación política e económica entre as nacións para o beneficio mutuo.

Os partidarios deste movemento, como por exemplo os seguidores do Movemento Federalista Mundial, afirman que as nacións deben cooperar entre elas porque os seus intereses mutuos a longo prazo son máis valiosos que os seus intereses individuais a curto prazo. O internacionalismo oponse por natureza ó ultranacionalismo e ó chauvinismo nacionalista, así como ós movementos de globalización estritamente económicos que negan o valor da cultura e as diferenzas entre as nacións. O internacionalismo presupón o recoñecemento do resto das nacións como iguais a pesar de, e respectando, tódalas súas diferenzas. O termo internacionalismo úsase frecuentemente de forma errónea como sinónimo de cosmopolitismo, termo este que é usado á súa vez polos internacionalistas para describir o abuso desta cultura (véxase anacionalismo).

Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos

A Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en febreiro de 1981 tras a unión da ING e a CTG. En xaneiro de 1982 celebrou o primeiro Congreso, no que saíu elixido secretario xeral Lois Ríos. En 1982 integrouse nela a Confederación Sindical Galega e nas eleccións sindicais de 1982 conseguiu 1.649 delegados (18,5 %). En 1983 Xan Carballo saiu elixido novo secretario xeral. En maio de 1984 constituíuse a corrente interna, Converxencia Sindical Nacionalista, que era un sector próximo ao PSG-EG, que maioritariamente proviña da CTG e a CSG e que en 1985 escindiuse e constituíu a Confederación Xeral de Traballadores Galegos. Nas eleccións sindicais de 1986 a INTG conseguiu 1.067 delegados, quedando por baixo da CXTG.

En maio de 1987 celebrou o seu III Congreso que elixiu a Manuel Mera como secretario xeral nun ambiente de tensión que se reflectiu nas eleccións para o secretariado, centradas nas relacións coa CXTG, no que concorreron tres listas, a lista próxima ao BNG conseguiu 6 membros, a próxima a FPG 3 e a de APU 1.

En 1990 formou coa CXTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais, que en 1994, ao se uniren definitivamente, transformouse na Confederación Intersindical Galega (CIG).

O voceiro do sindicato era a publicación O Eixo. En marzo de 1986 saíu o primeiro número de Abrente, voceiro da Secretaría da Muller.

Leninismo

Coñécese como leninismo o conxunto de teorías políticas, económicas e filosóficas desenvolvidas polo líder bolxevique Vladimir Ilich Lenin dentro do marxismo.

Liga dos Comunistas

A Liga dos Comunistas ou Liga Comunista foi unha organización revolucionaria nada en Londres no ano 1847. Formado despois dun congreso da Liga dos Xustos, organización de obreiros alemáns desterrados que se formou en París en 1836, dirixida por Wilhem Weitling, a cal mudou de nome despois do congreso. En 1847 Marx entrou na organización e deseguida produciuse un desencontro con Weitling.

En 1847 faráse público o seu programa, escrito por Karl Marx e Friedrich Engels, baixo o nome de Manifesto do Partido Comunista.

Marxismo

O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.

Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.

O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[Cómpre referencia]

Partido político

Un partido político é unha organización política que ten unha ideoloxía determinada ou persegue un fin determinado. Os partidos políticos forman unidades organizativas e nunha democracia recoñéceselles o dereito a participar nos comicios electorais por medio da presentación de candidatos.

Pierre Bourdieu

Pierre Bourdieu nado en Denguin (na rexión de Aquitania) o 1 de agosto de 1930 e finado en París o 23 de xaneiro de 2002, foi un sociólogo francés, referencia intelectual da esquerda política europea.

Primeira Internacional

A Asociación Internacional de Traballadores, máis coñecida historicamente como Primeira Internacional, foi a primeira organización internacional dos traballadores. Fundada en Londres en 1864 logo dalgunhas xuntanzas o ano anterior entre obreiros franceses e organizacións sindicais británicas, agrupou inicialmente os sindicalistas ingleses, anarquistas, socialistas franceses e italianos republicanos.

Os seus fins eran a organización política do proletariado en Europa e o resto do mundo para estender internacionalmente a loita contra o capitalismo xa que, como este tiña carácter mundial, a revolución que pretendese destruílo tamén tiña que ter ese carácter, así coma un foro para examinar problemas en común e propoñer liñas de acción. Colaboraron nela Karl Marx e Friedrich Engels. A AIT financiou folgas en toda Europa que provocaron o pánico e obsesión en diferentes gobernos europeos pensando que tiña un poder maior do que tiña en realidade, sobre todo despois dos sucesos da Comuna de París en 1871. Houbo tensións grandes entre Marx, sobre todo seguido polos obreiros industriais, e Mikhail Bakunin, que atraía sobre todo a xornaleiros do campo; diferenciábanse nos métodos para acadar a meta final: os marxistas eran partidarios de organizarse nun partido para conquistar o Estado e Bakunin era partidario dunha revolución inmediata contra todas as institucións estatais. As diferenzas levaron á escisión entre marxistas e anarquistas, tralo cal os partidarios de Bakunin foron expulsados.

En 1872 a organización trasladouse aos Estados Unidos de América, disolvéndose oficialmente en 1876. En 1889 estableceuse a Segunda Internacional como a sucesora nos seus fins políticos.

Stalinismo

O Stalinismo ou tamén chamado estalinismo, é un termo utilizado habitualmente no contexto da política imposta polo presidente da URSS Iosif Stalin. O uso do termo comezou cos rivales e contrarios á súa política de centralización do poder totalitario en mans do goberno e concentrado na súa persoa. O stalinismo defendeu a idea do "socialismo nun só país", contrario á idea trotskista. Stalin emprendeu o reforzamento do sistema de policíaco para silenciar calquera oposición ao seu sistema de goberno, tamén producíanse as grandes purgas de oficiais e políticos críticos do seu goberno. Durante a guerra fría, os países situados na órbita da URSS adoptaron réximes stalinistas.

Conceptos básicos
Aspectos
Variantes
Internacionais
Líderes individuais
Temas relacionados
Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.