Esquerda Unida

Esquerda Unida é unha forza política que constitúe a federación galega de Izquierda Unida.

Esquerda Unida
Dirixentes e organización
LíderEva Solla
Coordinadora nacional
Filiación internacionalPartido da Esquerda Europea
Historia
Fundación1986
Posicións políticas
IdeoloxíaSocialismo
Republicanismo
Federalismo
Esquerdismo
Galeguismo
Representación
Parlamento de Galicia
1 / 75
Na coalición En Marea.
Concelleiros
15 / 3.766
[a]
Alcaldías
3 / 313
[b]
Congreso dos Deputados (escanos galegos)
1 / 23
Na coalición En Marea.
Senado de España (escanos galegos)
1 / 18
Na coalición En Marea.
Outros datos
Páxina webesquerdaunida.es

Historia

Formada no ano 1986, á calor das mobilizacións contra a OTAN, como coalición electoral formada polo PCG, PASOC, IR, PCPG e independentes. Transfórmase no ano 1989 en movemento político e social. O seu primeiro Coordinador Xeral foi Anxo Guerreiro.

No ano 1995 prodúcese a incorporación de Esquerda Galega, antigo PSG-EG con quen formaran coalición nas eleccións Xerais e autonómicas de 1993. Nese ano, acada os seus mellores resultados electorais nas eleccións municipais, cabendo subliñar a obtención de tres concelleiros nas cidades de Lugo e Ferrol.

En 1997 unha parte da organización encabezada polo Coordinador Xeral, Anxo Guerreiro (apoiado dende Madrid polo PDNI), contra a decisión adoptada na conferencia nacional, decide coligarse co PSdeG-PSOE nas eleccións autonómicas. Un grupo da organización encabezados polo concelleiro lugués Carlos Dafonte e o Secretario Xeral do PCG Manuel Peña-Rey celebran unha asemblea na que deciden manter a relación con IU federal e concorrer ás eleccións autonómicas como Izquierda Unida (a xunta electoral impediu o uso do nome Esquerda Unida), elixindo a Manuel Peña-Rey coma Coordinador Xeral.

Posteriormente, o grupo que decidiu participar co PSdeG-PSOE, transformaríase en Esquerda de Galicia e os tribunais concederíanlle á federación galega de IU o uso do nome Esquerda Unida.

Hoxe en día, Esquerda de Galicia xa non existe e estase a producir a reintegración de moitos membros de dita organización en EU-IU.

Na Asemblea Nacional de 2000 foi elixido Coordinador Xeral Carlos Dafonte, Secretario Xeral do PCG, que dimitiu no ano 2001.

Na Asemblea Nacional da organización no 2003, foi elixida coordinadora nacional de EU-IU a concelleira en Mugardos Pilar Díaz, que logo dun ano presentou a súa dimisión, forzada pola falta de apoio de quen a acompañaron na súa candidatura.

Manifestacion EU Praza Publica
Manifestación de Esquerda Unida en Santiago de Compostela.

Tralo cal, fíxose cargo da organización unha comisión xestora, encargada de levar a organización a unha nova asemblea de conxuntura que tivo lugar no 2005 e no que foi elixida coordinadora nacional a concelleiro ferrolá Yolanda Díaz.

Nas eleccións xerais de 2004 tivo 31.908 votos (1'74%).

Nas eleccións autonómicas do 2005 a candidatura encabezada por Yolanda Díaz, acadou uns 12.000 votos (0.8%), consolidándose como 4 forza política de Galiza.

Eleccións municipais

Nas eleccións municipais do 1987, obtivo 14 concelleiros, deles 1 en Vilagarcia e 4 no Grove.

Nas eleccións municipais do 1991, obtivo 18 concelleiros.

Nas eleccións municipais do 1995, obtivo 30 concelleiros en coalición con Esquerda Galega.

Nas eleccións municipais do 1999, obtivo 7 concelleiros, 2 en Fene, 2 A Guarda, 2 Neda, 1 Mugardos.

Nas eleccións municipais do 2003, obtivo 11 concelleiros, 2 en Ferrol, 2 O Grove, 2 Neda, 1 Vilagarcía de Arousa, 1 Fene, 1 Mugardos, 2 mais na provincia de Pontevedra e 1 na provincia de Lugo.

Nas eleccións municipais do 2007, obtivo 14 concelleiros, 4 en Ferrol, 3 Vilagarcía de Arousa, 1 O Grove, 1 en Fene, 1 en Mugardos,1 en Neda. 2 mais na provincia da Coruña e 1 na provincia de Lugo, con grandes subas en Ferrol e Vilagarcía. En Ferrol formou goberno co PSOE, porén en Vilagarcía non tiveron éxito as negociacións con PSOE e BNG, así que deixando a estes dous partidos nun goberno en minoría, Esquerda Unida decidiu quedar na oposición. En O Grove participa na coalición de goberno xunto ao PSOE, BNG e Partido Galeguista

Nas eleccións municipais do 2011, obtivo 14 concelleiros, deles 11 na provincia da Coruña e 3 na de Pontevedra. Por cidades 2 en Ferrol, e 1 na Coruña.

Eleccións municipais de 2015 en Galicia

Nas eleccións municipais do ano 2015, Esquerda Unida apostou por apoiar candidaturas cidadás de confluencia[2] en varios concellos, participando militantes de Esquerda Unida nas listas de Marea Atlántica[3] na Coruña, Compostela Aberta[4] en Santiago de Compostela, Marea de Vigo[5], Ferrol en Común[6], Ourense en Común[7], Alternativa Cidadá de Esquerdas[8] en Lugo e Marea Pontevedra[9] nas grandes cidades galegas, así como en listas de confluencia noutras vilas pequenas.

Así mesmo, promoveu xunto con Anova o partido político instrumental SON[10] coa finalidade de poder acadar algún deputado provincial. As candidaturas adscritas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome.

Tras as eleccións as candidaturas que levaban no nome as siglas de Esquerda Unida acadaron 15 concelleiros, 5 na provincia da Coruña (3 en Mugardos, 1 en Fene, 1 en Narón), 1 en Lugo e 9 na provincia de Pontevedra (3 en Vilagarcía de Arousa, 2 en Baiona, 2 no Grove, 1 no Porriño e 1 en Ponteareas). Mais o número real de concelleiros de Esquerda Unida acadados nos concellos galegos é maior pois a estes 15 hai que sumar os concelleiros elixidos noutras candidaturas de confluencia, entre os que destacan os alcaldes Jorge Suárez Fernández en Ferrol e Xosé Manuel Pazos Varela en Cangas.

Coordinadores xerais

  • Anxo Guerreiro (1986–1997)
  • Manuel Peña-Rey (1997–2000)
  • Carlos Dafonte (2000–2002)
  • Pilar Díaz (2003–2004)
  • Comisión xestora (2004–2005)
  • Yolanda Díaz (2005–2017)
  • Eva Solla (2017-)

Notas

  1. Só se contan os concelleiros escollidos nas listas que levaban as siglas de Esquerda Unida no seu nome: as de Esquerda Unida, EU-SON e ACE-EU.
  2. Cangas, Ferrol e Mugardos.[1]
Referencias
  1. Esta última despois dunha moción de censura en 2016
  2. Yolanda Díaz, vicevoceira de AGE e coordinadora xeral de Esquerda Unida Arquivado 27 de agosto de 2017 en Wayback Machine. www.crtvg.es, 23/11/2014
  3. Cidadanía en Común logra el segundo y tercer puesto de la lista de la Marea Atlántica www.laopinioncoruna.es, 09/03/2015 (en castelán).
  4. "Nove dos dez primeiros candidatos de Compostela Aberta son afíns a Noriega" La Voz de Galicia, 24/03/2015.
  5. Rubén Pérez (IU), único candidato a alcaldábel na Marea de Vigo Sermos Galiza, 06/03/2015.
  6. "Ferrol en Común presenta unha lista «potente» e «cohesionada»" La Voz de Galicia, 09/04/2015.
  7. "Podemos e Esquerda Unida escenifican o seu apoio á «marea»" La Voz de Galicia, 21/05/2015.
  8. EU intégrase na Alternativa Cidadá de Esquerdas para as municipais en Lugo praza.gal, 20/03/2015.
  9. "La anormal normalidad de las elecciones en Pontevedra" El Ideal Gallego, 16/05/2015
  10. Case noventa concellos contarán con candidaturas cidadás ou de confluencia. praza.gal, 22/04/2015.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Carmen Iglesias Sueiro

Carmen Iglesias Sueiro, nada en Ourense en 1952, é unha mestra e política galega.

Cerna (organización política)

Cerna é unha organización nacionalista galega de esquerda escindida de Anova - Irmandade Nacionalista, da cal foi unha corrente crítica. Está composta por uns 200 ex-militantes de Anova-IN. Os seus máximos dirixentes son Mario López Rico, Luís Eyré e Consuelo Martínez García.

Posteriormente, uniuse ao partido instrumental En Marea, no que confluíron Anova-IN, Esquerda Unida, Podemos e diversos colectivos locais co propósito de participar nas eleccións xerais.

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega nacionalista, socialdemócrata e progresista constituída en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como outras tamén pequenas formacións, Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG. Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Porén, unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.Formouse tras diferenzas co novo proxecto común liderado polo Encontro Irmandiño, liderado por Xosé Manuel Beiras, que leva outra folla de ruta.O 21 de xuño de 2012, anunciouse a incorporación do colectivo Unidade da Esquerda Galega, grupo escindido do PSdeG-PSOE.. Porén, apenas un mes máis tarde, o seu responsable, Óscar Lomba, abandonaría CxG para integrarse en Anova - Irmandade Nacionalista, a formación de Beiras.

Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia 2012 participou en solitario, despois de fracasaren as negociacións para concorrer con Anova - Irmandade Nacionalista e Esquerda Unida en coalición.O 21 de xaneiro de 2017, tralo segundo Congreso Nacional de Compromiso por Galicia, Juan Carlos Piñeiro substituíu a Xoán Bascuas como Secretario Xeral.

Convergència i Unió

Convergència i Unió (CiU) foi unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya existente entre 1978 e 2015.Fundada como coalición electoral en 1978, gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e tamén entre 2010 e 2015. Ademais, foi a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.

CiU colaborou co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.

En Marea

En Marea é un partido galego que xurdiu como unha candidatura para se presentar ás eleccións xerais de 2015 e ás eleccións autonómicas en 2016. A candidatura está inspirada nas candidaturas unitarias nas eleccións municipais de 2015 en Galicia. O nome da coalición nas papeletas era "En Marea (Podemos-En Marea-Anova-EU)".

Trátase dunha coalición conformada por diversos partidos e plataformas:

Marea Atlántica

Compostela Aberta

Marea Pontevedra

Ferrol en Común

Encontro por unha Marea Galega

Ourense en ComúnHistoricamente tamén formaron parte de En Marea os partidos políticos Podemos, Esquerda Unida e Anova-Irmandade Nacionalista, ata que se retiraron en xaneiro de 2019.

Esquerda de Galicia

Esquerda de Galicia foi un partido político galego de esquerdas formado en 1997.

Eva Solla

Eva Solla Fernández, nada en Castrelos (Vigo) en 1984, é unha enfermeira e política galega.

É militante e líder de Esquerda Unida e do Partido Comunista de Galicia e deputada de En Marea no Parlamento de Galicia, onde ocupa o posto de Vicepresidenta segunda.

Ferrol en Común

Ferrol en Común é un movemento cidadán e político creado na cidade de Ferrol que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. O candidato foi o membro de Esquerda Unida Jorge Suárez. No movemento participaron diversos partidos políticos, como Esquerda Unida, Anova e membros de Podemos a título individual.

Jorge Suárez

Jorge Juan Suárez Fernández, nado en Vigo o 27 de decembro de 1975, é un político galego.

José Manuel Iglesias

José Manuel Iglesias Martínez, nado no Penedo (Mugardos) o 29 de novembro de 1944 e finado no mesmo lugar o 1 de outubro de 2008, foi un histórico militante de Comisións Obreiras e unha das persoas que traballou para fundar o Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia.

Marea de Vigo

Marea de Vigo é un movemento político creado na cidade de Vigo que se presentou ás eleccións municipais do 25 de maio de 2015. A candidatura presentouse oficialmente o 18 de marzo do 2015 despois dun proceso de primarias.

Rubén Pérez, membro de Esquerda Unida, será o candidato da Marea nas eleccións municipais de maio de 2015. A candidatura está apoiada por Esquerda Unida e Anova, mais non por Podemos, Equo ou Piratas de Galicia.

Nas eleccións de 2015 conseguiron tres escanos no concello de Vigo.Nas eleccións de 2019 conseguiron dous escanos no concello de Vigo.

Partido Comunista de Galicia

O Partido Comunista de Galicia (PCG) constitúe a federación galega do Partido Comunista de España, forma parte de Esquerda Unida-Izquierda Unida e ten como única lingua oficial o galego, o seu himno é A Internacional e o seu órgano de expresión é A Voz do Pobo publicado desde agosto de 1969. As súas xuventudes organízanse na Xuventude Comunista.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Refundación Comunista Sanmarinesa

A Refundación Comunista Sanmarinesa (en italiano: Rifondazione Comunista Sammarinese, RCS) é un partido político comunista de San Marino, é membro da Esquerda Europea.

Creouse en 1992, cando o antigo Partido Comunista de San Marino se uniu xunto o Partido Democrático Progresista de San Marino e outros partidos nun único.

Nas eleccións xerais de 2001 o RCS conseguíu un 3.4% dos votos, mentres que nas do 2006 aumentou ata o 8.7% e logrou cinco escanos no Consello Grande e Xeral e como parte da Esquerda Unida, incluindo o Partido de esquerda, unha escisión do Partido dos Demócratas. Dende entón formou parte da coalición de goberno 2006–2008 xunto co Partido dos Socialistas e dos Demócratas e Alianza Popular, ata que as tensións entre o seu grupo e os demais provocou que a coalición comezara a desintegrarse.

Nas eleccións parlamentarias de 2008, Esquerda Unida, o grupo político da Refundación Comunista, formou parte de Riforme e Libertà, unha coalición electoral que conseguiu 25 dos 60 escanos do Consello Grande e Xeral logrou o 45.78% dos votos, pero non obtivo a maioría política.

Son (partido político)

SON é un partido político instrumental galego creado no ano 2015 promovido por ANOVA e Esquerda Unida para concorrer ás eleccións municipais dese ano en diversas localidades de Galicia.

A súa finalidade foi a de ofrecer soporte legal para aquelas agrupacións políticas municipais que por motivos legais non tivesen posibilidade de presentarse ás eleccións no seu concello. Así mesmo tamén buscaría sumar votos para poder acadar representación nas Deputacións Provinciais.

As candidaturas unidas a esta coalición levaron a palabra SON no seu nome, ben como prefixo ou sufixo engadido ao nome do partido político, ou baixo a fórmula "Son de" máis o nome do concello correspondente.

Yolanda Díaz

Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971, é unha dirixente política. Pertence á federación galega de Esquerda Unida, da que é a súa coordinadora dende 2005. Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 é deputada no Congreso dos Deputados. Nas eleccións xerais de España de 2019 é candidata na lista de En Común-Unidas Podemos ao Congreso pola Provincia de Pontevedra.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.