Esquerda Nacionalista

Esquerda Nacionalista é un partido político galego formado en 1992. Conta con 9 membros no seu Consello Nacional e tiña arredor de 600 militantes no ano 2002[Cómpre referencia]. Estivo integrado no BNG desde a súa fundación até febreiro de 2012, o 14 de abril dese ano a organización acordou deixar de actuar como tal, quedando os seus militantes como membros de Máis Galiza, formación no que xa estaba integrada, con todo formalmente non se disolveu quedando en estado latente [1].

Pancarta de Esquerda Nacionalista
Cartaz do partido na Praza da Quintana, Santiago de Compostela.

Historia e características

Propugna a independencia de Galicia e a reintegración gradual do galego no portugués[Cómpre referencia]. EN apoiou o si no referendo sobre o tratado da Constitución Europea.

Dende a súa VI Asemblea Nacional, celebrada en Compostela o 30 de marzo de 2008, o seu Secretario Nacional é Xosé Chorén[2] e o seu Presidente Alberte Xullo Rodríguez Feixoo. Porén unha parte da militancia non a recoñeceu como a VI Asemblea Nacional e Esquerda Nacionalista-Mocidade negoulle a súa lexítimidade[3], motivo polo cal decidiron escindirse e deixar de ser as súas xuventudes. Os máximos órganos do partido son a Executiva Nacional e a Mesa Nacional.

En Galiza é o seu voceiro e promove a Fundación Enclave.

Notas

  1. É a primeira das imaxes do futuro proxecto común do nacionalismo Praza Pública, 14 de abril de 2012
  2. O concelleiro lugués do BNG Xosé Chorén elixido novo secretario xeral de Esquerda Nacionalista
  3. Esquerda Nacionalista-Mocidade cualifica de "ilegal e ilexítimo" o novo liderado de EN, Vieiros, 5 de abril de 2008

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Comités Abertos de Faculdade

Os Comités Abertos de Escola e Faculdade (CAF-CAEF) foi unha organización estudantil universitaria galega, que defendía un ensino galego, público, democrático e de calidade. O 10 de maio de 2008 disolveuse para formar cos CAE unha nova organización, Comités. No ano 2011 constituise a Liga Estudantil Galega que tamén recolle o legado dos CAF e CAE. A organización que cumpría o papel dos CAF no ensino medio eran os Comités Abertos de Estudantes (CAE).

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG.

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata. En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Erguer - Estudantes da Galiza

Erguer. Estudantes da Galiza é unha organización estudantil galega destinada á defensa dos intereses do estudantado, cuxo obxectivo estratéxico é acadar un ensino galego, público, de calidade, democrático e non heteropatriarcal. É unha organización de carácter plural, situada no campo da esquerda nacionalista e independentista, nun movemento político que procura a constitución da República Galega independente, democrática e plenamente soberana.

Espazo Socialista Galego

O Espazo Socialista Galego é unha forza política que naceu como escisión de Esquerda Nacionalista dentro do Bloque Nacionalista Galego o 8 de novembro de 2008.

Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Esquerda Nacionalista-Mocidade

Esquerda Nacionalista-Mocidade foi unha organización xuvenil, orixinalmente vencellada a Esquerda Nacionalista (partido integrado no Bloque Nacionalista Galego) pero que non recoñece á executiva saída da VI Asemblea celebrada o 30 de marzo de 2008, motivo polo cal pasou a se involucrar activamente na conformación do chamado "Espazo Aberto". Disolveuse para afrontar o proceso Espazo Aberto en Galiza Nova, que finalmente constituiría a Mocidade Socialista Galega.

Fala Ceibe

Fala Ceibe, tamén coñecida coma Fala Ceive é unha asociación cultural (aínda que non figura no rexistro de asociacións da Xunta de Castela e León) que promove o uso e a defensa da lingua e culturas galega no Bierzo.

Fronte Popular (España)

A Fronte Popular foi unha histórica coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda de España. O 16 de febreiro logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a Segunda República, antes do golpe de estado que produciría a guerra civil.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Movemento Estudantil Universitario

A asociación estudantil Movemento Estudantil Universitario é unha organización de representación de estudantes universitarios con presenza na universidade galega. Nada en decembro do 2010, aposta por unha universidade única, pública, galega, internacional, cogobernada e corresponsábel.

Partido Obreiro Galego

O Partido Obreiro Galego (POG), foi un partido galego marxista e nacionalista, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.

En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira lidera un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escinde do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno, en outubro funda un novo partido no que se integran ademais membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia.

Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira.

Logo do I Congreso intégrase na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.Propugnou o voto en branco no referendo da Constitución de 1978 e o negativo no Estatuto de 1981. En decembro de 1980 refúndase co nome de Esquerda Galega.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.