Esquerda Galega

Esquerda Galega (EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Esquerda Galega (EG)
Partido político de Galiza
ESQUERDA GALEGA LOGO
Dirixentes e organización
LíderCamilo Nogueira
Historia
Fundación1980
Disolución1984
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo galego
Socialismo
Federalismo
1 Unión co PSG para fundar PSG-EG

Historia

Fundouse en decembro de 1980 ao se refundar o Partido Obreiro Galego, integrando á maioría dos militantes do autodisolto Partido dos Traballadores de Galicia e a militantes procedentes do BNPG, Partido Socialista Galego, Partido Comunista de Galicia e Movemento Comunista de Galicia
Durante o intento de golpe de estado do 23-F EG fixo un chamamento para que todos os concelleiros e alcades permaneceran nos concellos para impedir o triunfo do golpe. Celebrou o seu I Congreso en marzo de 1981, no que acepta o marco constitucional e autonómico para a consecución da autodeterminación de Galicia.
Nas eleccións autonómicas de 1981 obtén 33.497 votos (3'32%) e un escano para o seu líder, Camilo Nogueira, que conseguiu gran protagonismo na súa actuación no Parlamento de Galicia, aínda que o partido sofre un forte revés nas eleccións xerais de 1982 con só 22.310 votos (1'72%).
En 1984 fusionase co Partido Socialista Galego formando o PSG-EG.

Resultados electorais

Elección Votos Porcentaxe Deputados/concelleiros
Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981 33.497 3,32% 1
Eleccións xerais de España de 1982 22.310 1,72% 0
Eleccións municipais de 1983 en Galicia 19.173 1,57% 22[1]

Notas

  1. http://www.historiaelectoral.com/munigal.html
Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

Coalición Galega

Coalición Galega é un partido político galego nacionalista e de centro que dende o 4 de novembro de 2005 formou parte de Terra Galega ata 2010. Nas eleccións xerais de 2015 concorreu na coalición Nós - Candidatura Galega.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Compromiso por Galicia

Compromiso por Galicia é unha formación política galega de orientación nacionalista, constituída en maio de 2012 por Máis Galiza, o Espazo Ecosocialista e Acción Galega (Rafael Cuíña, Teresa Táboas, Xosé Manuel Pérez Bouza), así como por outras pequenas formacións como Terra Galega, PNG-PG, PG, PGD e CG.

Máis Galiza, algúns integrantes de Acción Galega, e o PNG-PG, proveñen do BNG. Unha das formacións fundadoras, o Espazo Ecosocialista, decidiu posteriormente a súa saída da organización.No momento da súa fundación definíase como galeguista, progresista e socialdemócrata. En 2019 desbotou a socialdemocracia da súa ideoloxía e engadiu o europeísmo.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1981

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1981 celebráronse o 20 de outubro. Cun censo de 2 174 246 electores, os votantes foron 1 006 222 (46,3%) e 1 168 024 as abstencións (57,3%). Foi a porcentaxe de abstención máis alta nunhas eleccións autonómicas. Alianza Popular foi a forza máis votada, seguida moi de cerca pola UCD. Grazas a un compromiso entre as dúas forzas máis votadas Gerardo Fernández Albor (AP) foi nomeado primeiro presidente da Xunta de Galicia. As forzas galeguistas e de esquerda lograron unha representación moi exigua. Pola súa banda, os deputados do BNPG decidiron non acatar a constitución, polo que foron expulsados do Parlamento.

Eleccións ao Parlamento de Galicia 1989

As eleccións ao Parlamento de Galicia de 1989 celebráronse o 17 de decembro. O PP gaña as eleccións con maioría absoluta, sendo investido Presidente da Xunta de Galicia Manuel Fraga. En 1991 Centristas de Galicia, que en principio se presentara en coalición co PP, intégrase nel. Ese mesmo ano Partido Socialista Galego-Esquerda Galega transfórmase en Unidade Galega.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Nova Esquerda Galega

Nova Esquerda Galega é unha organización política galega. Formouse no ano 2013 con antigos militantes de Unidade da Esquerda Galega (UEG) e toda a miltancia de Nova Esquerda Socialista (NES), ambos os dous grupos integrados en ANOVA-Irmandade Nacionalista desde a súa creación. A esta organización, nacida da fusión deses dous pequenos partidos, incorporáronse unha vintena de militantes do PSdeG-PSOE.

Actualmente[cando?] mantén unha relación de colaboración permanente con organizacións como Izquierda Aberta (IzAb), Convergencia por Estremadura (CEX), Ezker Batua (EB-B), Compromís, Espacio Plural e Iniciativa Socialista de Izquierdas (ISI)[Cómpre referencia] e forma parte da coalición La Izquierda que avoga pola creación, de cara a futuras convocatorias electorais, dunha fronte de esquerdas que poida crebar o bipartidismo en España.

Os seus máximos dirixentes son Óscar Lomba Álvarez e Lois Pérez Leira, ambos co-voceiros nacionais.

Partido Obreiro Galego

O Partido Obreiro Galego (POG), foi un partido galego marxista e nacionalista, contaba con aproximadamente 200 militantes en 1977, principalmente en Vigo e Santiago de Compostela.

En 1977, logo das primeiras eleccións democráticas, Camilo Nogueira lidera un grupo, a Alternativa dos Traballadores Galegos, que se escinde do BNPG, partidario dun maior pluralismo ideolóxico, a colaboración con outras forzas e a aceptación da autonomía como un primeiro paso no autogoberno, en outubro funda un novo partido no que se integran ademais membros procedentes da Asemblea Popular Galega, Partido Comunista de Galicia, Partido Socialista Galego, Partido dos Traballadores de España e Movemento Comunista de Galicia.

Os líderes do novo partido foron Camilo Nogueira, Xan López Facal e nun primeiro momento Xosé Vilas Nogueira.

Logo do I Congreso intégrase na coalición Unidade Galega para participar nas eleccións xerais e municipais de 1979.Propugnou o voto en branco no referendo da Constitución de 1978 e o negativo no Estatuto de 1981. En decembro de 1980 refúndase co nome de Esquerda Galega.

Partido Socialista Galego

O Partido Socialista Galego ou PSG foi un partido galego nacionalista de esquerdas fundado na clandestinidade en 1963 e fusionado con Esquerda Galega en 1984.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Solidaridad Gallega

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.