Espiñento

O espiñento (Gasterosteus aculeatus aculeatus, Linnaeus 1758) é un peixe da familia Gasterosteidae, da orde Gasterosteiformes, de pequeno tamaño e caracterizado por posuír 2-4 espiñas illadas diante da aleta dorsal.

Espiñento
Gasterosteus aculeatus

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)

Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Gasterosteiformes
Familia: Gasterosteidae
Xénero: 'Gasterosteus'
Especie: ''G. aculeatus''
Nome binomial
'Gasterosteus aculeatus'
Linnaeus, 1758
Sinonimia
  • Gasteracanthus cataphractus Pallas, 1814
  • Gasterosteus aculeatus algeriensis Sauvage, 1874
  • Gasterosteus aculeatus messinicus Stephanidis, 1971
  • Gasterosteus aculeatus microcephalus (non-Girard, 1854)
  • Gasterosteus algeriensis Sauvage, 1874
  • Gasterosteus argentatissimus Blanchard, 1866
  • Gasterosteus argyropomus Cuvier, 1829
  • Gasterosteus atkinsi Bean, 1879
  • Gasterosteus atkinsii Bean, 1879
  • Gasterosteus bailloni Blanchard, 1866
  • Gasterosteus biaculeatus Mitchill, 1815
  • Gasterosteus biarmatus Krynicki, 1840
  • Gasterosteus bispinosus Walbaum, 1792
  • Gasterosteus brachycentrus Cuvier, 1829
  • Gasterosteus cataphractus (Pallas, 1814)
  • Gasterosteus cuvieri Girard, 1850
  • Gasterosteus Dekayi Ayres, 1855
  • Gasterosteus dimidiatus Reinhardt, 1837
  • Gasterosteus elegans Blanchard, 1866
  • Gasterosteus gymnurus (non-Cuvier, 1829)
  • Gasterosteus hologymnus Regan, 1909
  • Gasterosteus inopinatus Girard, 1854
  • Gasterosteus insculptus Richardson, 1855
  • Gasterosteus intermedius Girard, 1856
  • Gasterosteus islandicus (non-Sauvage, 1874)
  • Gasterosteus leiurus Cuvier, 1829
  • Gasterosteus loricatus Reinhardt, 1837
  • Gasterosteus microcephalus (non-Girard, 1854)
  • Gasterosteus nemausensis Crespon, 1844
  • Gasterosteus neoboracensis DeKay, 1842
  • Gasterosteus neustrianus Blanchard, 1866
  • Gasterosteus niger Cuvier, 1829
  • Gasterosteus noveboracensis Cuvier, 1829
  • Gasterosteus obolarius Cuvier, 1829
  • Gasterosteus plebeius Girard, 1854
  • Gasterosteus ponticus Nordmann, 1840
  • Gasterosteus pugetti Girard, 1856
  • Gasterosteus quadrispinosa Crespon, 1844
  • Gasterosteus quadrispinosus Crespon, 1844
  • Gasterosteus semiarmatus Cuvier, 1829
  • Gasterosteus semiloricatus Cuvier, 1829
  • Gasterosteus serratus Ayres, 1855
  • Gasterosteus spinulosus Yarrell, 1835
  • Gasterosteus suppositus Sauvage, 1874
  • Gasterosteus teraculeatus Lacepède, 1801
  • Gasterosteus tetracanthus Cuvier, 1829
  • Gasterosteus texanus Sauvage, 1874
  • Gasterosteus trachurus Cuvier, 1829
  • Gastrosteus hologymnus Regan, 1909

Morfoloxía

Gasterosteus aculeatus tüskés pikó

Alcanza tamaños máximos de 11 cm de lonxitude, pero o tamaño medio ronda os 5 cm.

É de corpo comprimido, cuberto de placas óseas, coa boca moi pequena e dotada de varias filas de pequenos dentes. A aleta dorsal ten 11 a 13 radios brandos, e a anal 8-10, pero o máis característico é a presenza de 2-4 espiñas fortes illadas diante da aleta dorsal (tipicamente, tres), e unha diante da anal. Estas espiñas poden estar ergueitas ou manterse abatidas contra o corpo. A aleta caudal é pequena, de bordo recto e está precedida dun longo e estreito pedúnculo caudal.

A cor é gris, azulenta, ou verde oliva, cos costados prateados. Nos machos, os flancos tórnanse vermellos durante a freza.

Hábitat e bioloxía

Faroe stamp 248 stickleback (gasterosteus aculeatus)
Espiñentos

Trátase dunha especie de vida mariña pero tamén presente en augas salobres e en auga doce.

Distribúese pola costa norte dos océanos Atlántico e Pacífico, entre os 26º e os 71º norte, en augas pouco profundas (ata 100 metros).

Aliméntase de pequenos peixes, de ovos de peixes e de pequenos crustáceos.

Taxonomía

Na especie Gasterosteus aculeatus admítense tres subspecies:

  • Gasterosteus aculeatus aculeatus, Linnaeus, 1758. É a subespecie común en Europa.
  • Gasterosteus aculeatus santaeannae, Regan, 1909. Restrinxida a Norteamérica.
  • Gasterosteus aculeatus williamsoni, Girard, 1854. Propia do sur de California e México.

Notas

  1. NatureServe (2015). "Gasterosteus aculeatus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2015: e.T8951A76576912. doi:10.2305/IUCN.UK.2015-1.RLTS.T8951A76576912.en.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Abruñeiro

O abruñeiro ou escambrón (Prunus spinosa) é un arbusto espiñento da familia das rosaceae. Nativo de Europa, Asia e norte de África. Chega ata os catro metros de altura e medra formando abruñedos (ou abruñais), chegando a ser ás veces tan densas que impiden o paso. É común en Galicia.

As follas son pequenas (2 a 4 cm), de cor verde apagada, o extremo en forma de punta e as beiras dentadas; son peludas nos nervos do envés.

As flores son hermafroditas e aparecen soas ou en pares, antes que as follas. Son brancas e o cáliz e corola constan de cinco pezas; contan con numerosos estames e un ovario cun estilo.

O froito, denomidado abruño, é unha drupa globosa, azul escura ou negra de 1 a 1,5 cm. Utilízase en marmeladas e fermentado produce o viño da abruñeira; macerado en augardente produce un licor denomidado en Navarra pacharán.

En Galiza é común en zonas de baixa e media altitude, formando sebes e en bosques illados. As especies silvestres reciben tamén o nome de espiño, ameixeira brava e escambroeira. O nome de ameixeira brava tamén se lle dá ao Prunus domestica subsp. insititia, especie coa cal é doado confundir o abruñeiro.

O cerolleiro é unha variedade de abruñeiro que dá o cerollo, un abruño doce.

Acivro

O acivro ou xardón (Ilex aquifolium L.) é unha arboriña ou arbusto perenne da familia aquifoliáceas. Medra en bosques no oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse sobre todo nas zonas montañosas e chuviosas do centro e interior. Podemos atopalo tamén con frecuencia como planta ornamental nos xardíns, onde se dan numerosas variedades, adoito con follas bordeadas de amarelo (formas variegadas).

O nome do xénero procede do latín ilex, nome co que os romanos designaban a aciñeira (Quercus ilex), pola semellanza das súas follas coas desta árbore. O nome específico procede do latín acus, agulla, e folium, folla, por te-las follas espiñentas. O lugar poboado de acivros coñécese como acevedo.

Amplificador xenético

En xenética, un amplificador xenético, potenciador xenético ou enhancer é unha curta rexión de ADN á que se poden unir certas proteínas para amplificar ou potenciar os niveis de transcrición dun xene nun cluster de xenes. As proteínas que se unen aos amplificadores son factores que actúan en trans como un conxunto de factores de transcrición. Os amplificadores ou enhancers xeralmente actúan en cis, e un amplificador non ten por que estar moi preto dos xenes sobre os que actúa, e mesmo en certos casos non está situado no mesmo cromosoma.

Ensembl genome database project

Ensembl genome database project (Proxecto de base de datos de xenomas Ensembl) é un proxecto científico conxunto entre o Instituto Europeo de Bioinformática e o Wellcome Trust Sanger Institute, que foi lanzado en 1999 en resposta á inminente terminación do Proxecto Xenoma Humano. Ensembl pretende proporcionar un recurso centralizado para xenetistas, biólogos moleculares e outros investigadores que estudan os xenomas da especie humana e doutros vertebrados e organismos modelo. Ensembl é un dos varios buscadores xenómicos ben coñecidos para a obtención de información xenómica.

Bases de datos e buscadores similares encóntranse no NCBI e na Universidade de California, Santa Cruz (UCSC).

Especiación ecolóxica

A especiación ecolóxica é o proceso polo cal a selección diverxente entre ambientes ecoloxicamente diferentes orixina a creación de barreiras reprodutivas entre as poboacións. Isto a miúdo é o resultado da selección sobre trazos que están correlacionados xeneticamente co illamento reprodutivo. Esta especiación ocorre como unha consecuencia da diverxencia adaptativa.A selección ecolóxica ocorre pola "interacción de individuos co seu ambiente durante a adquisición de recursos". A selección natural está inherentemente implicada no proceso de especiación, por medio da cal, "baixo a especiación ecolóxica, as poboacións en diferentes ambientes, ou poboacións que explotan diferentes recursos, experimentan presión de selección natural opostas nos trazos que directa ou indirectamente dan lugar á evolución dun illamento reprodutivo". Hai probas do papel que xoga a ecoloxía no proceso de especiación. Estudos de poboacións de peixe espiñento apoian a especiación ligada á ecoloxía, xunto con numerosos estudos de especiación paralela.

A diferenza clave entre a especiación ecolóxica e outros tipos de especiación, é que é desencadeada por unha selección natural diverxente entre diferentes hábitats, e pode ocorrer en alopatría, simpatría, ou parapatría. O único requirimento é que a especiación ocorra como resultado da adaptacións a diferentes condicións ecolóxicas ou microecolóxicas.Debátese sobre os límites para considerar se un evento de especiación é ecolóxico ou non ecolóxico. "O efecto xeneralizado da selección suxire que a evolución adaptativa e a especiación son inseparables, o que provoca dúbidas sobre se a especiación é algunha vez non ecolóxica".

Espiña (botánica)

As espiñas son en botánica pugas duras e agudas que nacen no talo ou pólas dalgunhas plantas. Tamén se denominan espiños ou picos. Son formacións agudas , ás veces ramificadas, provistas de tecido vascular, moi ricas en tecidos de sostén e, como consecuencia, ríxidas. As espiñas poden ter a súa orixe como transformación do talo, é dicir, que son pólas reducidas, coma ocorre no abruñeiro (Prunus spinosa) ou na acacia americana (Gleditsia triacanthos), e se denominan espiñas caulinares. Neste caso, o tecido vascular da espiña é unha continuación do leño do talo. Hydrolea spinosa, planta palustre típica de brañas e zonas húmidas, é un exemplo ilustrativo de espiña caulinar, xa que a súas espiñas ás veces levan follas miudiñas, o mesmo que un talo. As espiñas tamén poden ser o resultado da transformación dunha folla, como é o caso das cactáceas e das especies do xénero Berberis, e se denominan espiñas foliares. Finalmente, en casos moi raros, as espiñas poden ser o resultado da modificación da raíz a través dun intenso proceso de lignificación e se denominan espiñas radicais. Varios termos comunmente utilizados en botánica derivan da palabra espiña. Así «espiñento/a» refírese a un tecido, órgano ou a unha planta que presenta espiñas; «espinuloso/a» ou «espinescente», cando as espiñas que mostra son miúdas.A presenza de espiñas é un carácter que se acha espallado especialmente en plantas típicas das rexións áridas, coma desertos, estepas, bosques secos e espiñeirais. Nestes casos as espiñas son polo xeral o resultado da transformación da follas e permiten reducir a transpiración da planta e auxiliar a economía de auga por mor a que non presentan estomas; é o caso dos toxos. Noutras rexións climáticas e en plantas non xerófitas tamén aparecen espiñas xa que estas estruturas duras e afiadas con ápices agudos, algunhas con puntas a xeito de lanza, anzol ou gancho, son unha excelente defensa contra os animais herbívoros.

Espiñeiro

O termo espiñeiro refírese a diferentes especies de arbustos espiñentos bravos:

Espiñeiro (Crataegus monogyna) arbusto espiñento bravo que dá uns froitiños encarnados, estripeiro, estripo, espiño.

Espiñeiro (Prunus spinosa) arbusto que dá ameixas (abruños) pequenas e comestíbeis, abruñeiro, espiño.

Espiñeiro cerval (Hippophae), espiños que dan unhas bagas miúdas comestíbeis.

Espiñeiro marítimo (Hippophae rhamnoides), especie de espiñeiro cerval.Amais, como topónimo Espiñeiro pode referirse a:

Espiñeiro, lugar da parroquia de Amiudal, no concello de Avión;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Barcia de Mera, no concello de Covelo;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Serantes, no concello de Oleiros;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Folgueira, no concello de Outeiro de Rei;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Ordes, no concello de Rairiz de Veiga;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Carnoedo, no concello de Sada;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Figueiró, no concello de Tomiño;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Loño, no concello de Vila de Cruces;

Espiñeiro, lugar da parroquia de Árbol, no concello de Vilalba;

O Espiñeiro, lugar da parroquia de Teis, no concello de Vigo.

Espiñeiro marítimo

O espiñeiro marítimo (espiñeiro amarelo ou espiño cerval marítimo) Hippophae rhamnoides é unha planta do xénero Hippophae, da familia Elaeagnaceae, común nas costas atlánticas de Europa. É un arbusto espiñento de bagas comestíbeis.

Galería de imaxes de toxos de Galicia

O toxo é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus)

Gatiña

Este artigo trata sobre a especie "Genista anglica", para a especie homónima de nome científico "Genista berberidea" véxase o artigo Piorno das brañas.

A gatiña ou piorno espiñento (Genista anglica) é un piorno (familia das fabáceas) que medra en Europa. En Galiza aparece no sur do país.

Genista

Genista é un xénero botánico de 90 especies de arbustos da subfamilia Faboideae. A familia Fabaceae con especies que comparten talos densos e verdes, follas miúdas, normalmente adaptados á seca, a meirande parte deles con flores brancas ou amarelas, mais tamén de cor alaranxada, rosada, vermella ou púrpura. As diferentes especies popularmente coñécense cos nomes de piornos ou xestas, mais cómpre non confundilas coas especies do xénero Cytisus (ver xesta (homónimos)). A coñecida carqueixa tamén forma parte deste xénero.

Aturan os solos pobres e necesitan de poucos coidados para o seu cultivo, utilízase na recuperación de terras queimadas, para fixación de dunas ou coma planta ornamental.

Son nativos de Europa, Oriente Medio e norte de África. En Galicia son abondosas algunhas especies.

Groselleira negra

A groselleira negra (Ribes nigrum), é un arbusto frondoso do xénero Ribes, non espiñento, de 1,50 m de alto, que bota un olor diferenciado e desagradábel, e cuxo froito, a grosella negra, é unha baga agre mais comestíbel. Non é común o cultivo en Galiza.

Parque escultórico da Torre de Hércules

O Parque escultórico da Torre de Hércules é un museo ao aire libre situado arredor do faro. O parque está incluído na área Patrimonio Mundial da Humanidade.

Piorno espiñento

Este artigo trata sobre a especie "Genista hystrix", para a especie homónima de nome científico "Genista anglica" véxase o artigo gatiña.

O Piorno espiñento (Genista hystrix), é un piorno (familia das Leguminosas) endémico do noroeste peninsular, incluíndo Galiza.

Roseira brava

A roseira brava ou silva macho (Rosa canina) é un arbusto espiñento, rubideiro e perenne da familia das rosáceas, nativo de Europa, o noroeste de África e Asia occidental. Tamén foi introducido en América do Norte e outras partes do mundo. Actualmente a súa distribución é bastante ampla. En Galicia é unha especie brava moi común en lugares frescos.

Rutaceae

Rutaceae, as rutáceas, é unha familia de plantas anxiospermas pertencente á orde Sapindales. Agrupa arredor de 160 xéneros e 1.600 especies.

Toxo arnal

Para o xénero de plantas chamadas normalmente toxos ver o artigo Toxo (xénero Ulex).

O toxo arnal, tamén chamado simplemente toxo, é un arbusto espiñento da clase das dicotiledóneas (nome científico: Ulex europaeus) e da familia das leguminosas, de flores amarelas moi rechamantes que mide entre 0,5 ata 3 metros segundo a variedade. Os agromos son verdes e as follas son espiñas de entre 1 e 3 cm. Cando a planta é aínda nova, as follas son normais, trifoliadas.

Toxo gateño

O toxo gateño ou toxo molar (Ulex minor) é un gamallo espiñento da familia das fabáceas. Tamén é chamado toxo femia (cómpre non confundilo co Ulex gallii) e toxo albariño. Común en Galicia.

Ulex

Para ver a especie máis común en Galicia ver o artigo toxo arnal

Toxo é o nome común que reciben as especies do xénero Ulex; un xénero de arredor de 20 especies de arbustos perennes da familia Fabaceae, nativos da Europa occidental atlántica e do norte África, coa maioría das especies na península Ibérica, e concretamente en Galicia.

A especie máis espallada é o toxo arnal (Ulex europaeus), que medra en sitios asollados, e solos areentos, acadando unha altura de até 2-3 metros. As flores, chamadas chorimas ou choridas, teñen un forte recendo a coco. Considérase a flor nacional de Galicia. A semente recibe o nome de nabía de toxo.

En lugares coma América do Norte, América do Sur, Nova Zelandia e Australia introduciuse coma planta ornamental. Nalgunhas zonas naturalizouse polo que se considera especie invasora.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.