Espasante, Ortigueira

San Xoán de Espasante é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 611 habitantes (344 mulleres e 267 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 849 habitantes.

Espasante
Igrexa Espasante
Igrexa de San Xoán de Espasante.
Mapa Espasante
ConcelloOrtigueira
Poboación611 hab. (2013)
Entidades de poboación28

Xeografía

Espasante localízase no norte do concello de Ortigueira, entre o mar e o somonte da Serra da Faladoira. Os límites pola costa van dende o regato que baixa do Monte Sardiñeiras no extremo sur da praia da Concha até a Pena dos Paraños no final da praia de Santo Antón, polo suroeste linda coa parroquia de Ladrido, polo leste coa parroquia de Céltigos, e polo sur coa parroquia de San Salvador de Couzadoiro.

O río Dola que atravesa a parroquia até desembocar na praia da Concha recolle as augas que baixan dos montes da Calvela, de Penaquente, o monte máis alto da parroquia, de Liñares e de Xedriz. Na parroquia hai outro pequeno areal, coñecido como praia de Santa Cristina ou dos Namorados, separado da Concha por un pequeno peirao e un dique de abrigo de recente construción, que configura un fondeadoiro para refuxio de pequenas embarcacións.

Poboamento

A poboación de Espasante concéntrase en dous núcleos importantes, O Porto e outro popularmente chamado A Aldea, que agrupa varios lugares ao longo da estrada AC-682 e arredor da igrexa parroquial. Na mesma Aldea, paralela a AC-862, hai unha estación de FEVE que hoxe só funciona como apeadoiro.

Patrimonio

A igrexa parroquial atópase preto da AC-862 que atravesa a parroquia de oeste a leste. É unha construción dos séculos XVII e XVIII con planta de cruz latina, e campanario na fronte. No seu interior hai tres retablos barrocos e á súa beira está a vella reitoral, hoxe abandonada. Existen ademais unha pequena capela adicada á Santo Antón, no Porto, preto da praia do mesmo nome; punto de encontro de romaxes de xentes e animais en épocas aínda non moi afastadas.

Salientar no lugar do Plantío a localización do Pazo de Rasamontes do século XVIII.

No mesmo Porto, no cume do Monte Facho, tamén chamado A Chousa, hai unha antiga garita–vixía, restaurada recentemente, dende a que en días claros se poden albiscar a garita da Herbeira na Serra da Capelada e o semáforo de Bares, sinalando así para axuda á navegación tres puntos de situación nos tempos en que non había as sinalizacións actuais. Tamén no Porto están os restos de vellas fábricas de salgadura encima da praia da Concha, que o historiador da comarca Federico Maciñeira (1870-1943) traslada na súa orixe a outras fábricas da época romana na mesma localización. Este mesmo historiador fai mención dunha rara estatuiña de bronce atopada fortuitamente en 1900 na desembocadura do rio Dola e que relaciona co comercio marítimo en auxe no propio Porto.

Enriba do peirao, o Castro dos Prados, sometido á escavación e no que se descubriu un monumento con forno ou Pedra Formosa xunto cunha pequena calzada de acceso da época romana.

Na beira sur da praia da Concha hai afloramentos de lavas almofadas de enorme importancia xeolóxica e que atraen a estudosos cada ano a este lugar. Porén, a conservación dunhas propiedades privadas case oculta cun dique de pedra estes fósiles pétreos.

Lugares de interese

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Espasante, Ortigueira.
Praia de Espasante, Ortigueira
Praia de Espasante
Espasante

Vista de Espasante desde o porto.

Praia de San Antón 2

Outra vista da praia de San Antón.

Praia de Orbeiro

Praia dos Namorados ou de Santa Cristina.

Pazo de Rasamontes

Pazo de Rasamontes no Plantío.

Lugares e parroquias

Parroquias de Ortigueira

Véxase tamén

Outros artigos

A Abasteira, Espasante, Ortigueira

A Abasteira é un lugar da parroquia de Espasante no concello coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal.

Este lugar atopase a 5,6 quilometros da capital do concello.

Antón Abade

Antón Abade, nado en Come (actual Qiman al-Arus, na rexión de al-Wastah) cara ao 260 e finado cara ao 365, foi un eremita exipcio, un dos precursores do monacato cristián.

Callobre Vello, Espasante, Ortigueira

Callobre Vello é un lugar da parroquia de Espasante no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Non ten habitantes segundo datos do Instituto Galego de Estatística desde hai máis dunha década.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos

O Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos, dependente do SERGAS, está formado polo Hospital Arquitecto Marcide, foi deseñado polo arquitecto Martín José Marcide Odriozola (de quen leva o nome), e máis o Hospital Profesor Novoa Santos. O Complexo atende á cidade de Ferrol e a unha ampla zona xeográfica formada polos concellos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, ao norte da provincia da Coruña.

Crebinsky

Crebinsky é un filme galego de ficción dirixido por Enrique Otero e estreado en abril de 2011.

Gaivota

As gaivotas son aves mariñas da familia Laridae, estreitamente relacionadas coas dos membros da familia Sternidae. A maioría das gaivotas pertence ó xénero Larus.

Gaivota tridáctila

A gaivota tridáctila, ou garrucho, (Rissa tridactyla) é unha ave da familia das gaivotas (Laridae).

Galería de imaxes de Espasante, Ortigueira

Espasante é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Ortigueira

Hedrosa, Espasante, Ortigueira

Hedrosa é un lugar da parroquia de Espasante no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2009 tTiña tres habitantes (un home e dúas mulleres), un máis ca en 2000.

Mata do porco

A mata do porco, tamén denominada matanza, é o conxunto de operacións que se realizan para o sacrificio do porco, o faenado da canal e a posterior elaboración dos embutidos e outras pezas para conserva-la carne obtida. Non se aplica ó sacrificio industrial nin á actividade da industria cárnica, senón só á mata realizada no domicilio do propietario e exclusivamente para o consumo familiar.

Representa —sobre todo noutras épocas— a principal fonte de abastecemento de carne da familia rural para todo o ano, ademais de constituír, xunto co Entroido, unha das formas máis representativas da cultura popular galega. Asemade, foi durante séculos un dos momentos de nucleación social de maior tradición.

As palabras matanza e mata designan tamén a época do ano na que se fai esta faena así como o día ou días nos que se fai. Tamén, a cantidade de porcos que mata cada casa e mailo conxunto de carnes e produtos obtidos para comer.

Ademais de Galicia, os países onde esta tradición ten máis sona son Croacia e Serbia, onde se coñece cos nomes de kolinje, prašćina, svinjokolj, svinjokolja ou svinjokolje, Hungría (disznóvágás), a República Checa (zabijačka), Eslovaquia (zabíjačka), Italia (maialata), Eslovenia (koline), España (matanza) e Portugal (matança), xunto con Grecia, Romanía e mais Moldavia.

O Campo da Silva, Espasante, Ortigueira

O Campo da Silva é un lugar da parroquia de Espasante no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 40 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 20 homes e 20 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 48 habitantes.

O Porto de Espasante, Espasante, Ortigueira

O Porto de Espasante é un lugar da parroquia de Espasante no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Tiña 432 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Galego de Estatística do cales eran 185 homes e 247 mulleres, o que supón unha diminución con relación ao ano 2000 cando tiña 558 habitantes.

O porco na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou o porco na cultura popular galega, na fraseoloxía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén as referencias á mata do porco, á súa carne e ós produtos que del se obteñen.

Penaquente, Espasante, Ortigueira

Penaquente é un lugar da parroquia de Espasante no concello Coruñés de Ortigueira na comarca do Ortegal. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2009 tiña tres habitantes (dous homes e unha muller), a mesma cantidade ca en 2000.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.