Eslovaquia

Eslovaquia ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovensko [ˈslovɛnsko] ), oficialmente República Eslovaca ( pronunciación ) (en eslovaco, Slovenská republika [ˈslovɛnskaː ˈrɛpublika] ), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.

Coordenadas: 48°40′N 19°30′L / 48.667, -19.500

República Eslovaca
Slovenská republika
Bandeira de Eslovaquia
Escudo de Eslovaquia
BandeiraEscudo
EU-Slovakia
Himno: Nad Tatrou sa blýska
Capital
 • Poboación
Bratislava
425 155 (2004)
Cidade máis poboadaBratislava
Lingua oficialEslovaco
Forma de gobernoDemocracia Parlamentaria
Zuzana Čaputová
Peter Pellegrini
División de Checoslovaquia1 de xaneiro de 1993
SuperficiePosto 130º
 • Total48 845 km²
 • % augaDesprezable
Fronteiras1 524 km
Costas0 km
PoboaciónPosto 108º
 • Total (2009[1])5 416 958 hab.
 • Densidade111 hab./km²
PIB (nominal)Posto 60º
 • Total (2006)54 969 millóns US$
 • per cápita10 158 US$
PIB (PPA)Posto 62º
 • Total (2006)95 019 millóns US$
 • per cápita17 559 US$
MoedaEuro (EUR)
IDH (2007)0,863 (42º) – Alto
XentilicioEslovaco, eslovaca
Fuso horarioCET (UTC+1)
 • Horario de veránCEST (UTC+2)
Dominio de Internet.sk
Prefixo telefónico+4211
Prefixo radiofónicoOMA-OMZ
Código ISO703 / SVK / SK
Membro de: UE, ONU, OTAN, OSCE, OCDE
1 Código 42 compartido coa República Checa ata 1997

Historia

Web Biatec
Á esquerda: A moeda celta Biatec
Á dereita: Cinco coroas Eslovacas

A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que seguiu ao Acordo de Múnic de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

A fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasou a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009, abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

Organización territorial

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Escudo Galego Eslovaco
Bratislavský kraj COA.svg 1 Bratislava Bratislavský kraj
SŁO Kraj Trnawski COA.svg 2 Trnava Trnavský kraj
SŁO Kraj Trenczyński COA.svg 3 Trenčín Trenčiansky kraj
Erb Nitrianskeho samosprávneho kraja.jpg 4 Nitra Nitriansky kraj
SŁO Kraj Żyliński COA.svg 5 Žilina Žilinský kraj
SŁO Kraj Bańskobystrzycki COA.svg 6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
SŁO Kraj Preszowski COA.svg 7 Prešov Prešovský kraj
SŁO Kraj Koszycki COA.svg 8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.

Xeografía

Slovakia-map
Mapa de Eslovaquia

A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se sitúan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.

Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do río Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevados e húmidos.

Economía

Artigo principal: Economía de Eslovaquia.

Notas

  1. Oficina Estatística da República Eslovaca

Véxase tamén

Ligazóns externas

.sk

.sk é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Eslovaquia.

Bandeira de Eslovaquia

A bandeira de Eslovaquia (en eslovaco: Vlajka Slovenska) data na súa versión orixinal de 1848, a cal carecía do emblema da república: un escudo gótico de fondo vermello cunha cruz branca dobre (patriarcal) sobre tres outeiros en azul. A bandeira nacional de Eslovaquia foi adoptada como bandeira nacional da Eslovaquia independente o 23 de xuño de 1939 e usouse ata 1945. Non volveu ser oficial ata o 1 de marzo de 1990, aínda que a independencia non chegaría ata o ano 1992.

Bratislava

Bratislava (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten aproximadamente 446.819 habitantes (2005) e está situada á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.

A cidade ten a maior densidade de poboación de Europa central. Os montes Cárpatos comezan no territorio ocupado pola cidade (Malé Karpaty, "Pequenos Cárpatos"). Bratislava é a sede do parlamento e goberno eslovacos e conta cunha grande oferta artística, cultural e educativa. Nos últimos anos está sufrindo unha gran transformación, tanto a nivel de recuperación de edificios emblemáticos, como é a mellora das deterioradas infraestruturas herdadas do antigo réxime comunista. A zona máis interesante dende o punto de vista monumental e artístico é a cidade vella, colorista e acolledora, onde se pode gozar dunha gran variedade de comercios e servizos, aínda que os prezos son sensiblemente superiores a outras zonas da cidade, e por suposto duplican ou triplican os do interior do país. Mención especial merece tamén o porto fluvial, onde se poden ver barcos mercantes e unha grande actividade.

O Castelo de Bratislava foi erixido no século XV durante o reino de Sexismundo de Luxemburgo. En 1811, un incendio destruíu o castelo, así como gran parte do casarío contiguo, logo do cal se realizou unha reconstrución gradual. Actualmente, o castelo alberga o Museo Nacional Eslovaco, que abrangue exhibicións arqueolóxicas, históricas e artísticas.

Tradicionalmente, a cidade foi influída por varias nacións e como é común en antigas cidades do Imperio Austrohúngaro, tivo o nome Pozsony (Presburgo ) ata a fin da Primeira Guerra Mundial. (Pressburg en alemán e Prešporok en eslovaco son aínda nomes oficiais recoñecidos)

Checoslovaquia

Checoslovaquia (en checo e eslovaco: Československo ou Česko-Slovensko) foi un estado fundado trala fin da Primeira Guerra Mundial e a desmembración do Imperio Austrohúngaro, do cal formaba parte o Reino de Bohemia, no Tratado de Versalles. Durou dende 1919 ata 1993, e comprendía ás actuais República Checa e Eslovaquia. En 1938, Chequia pasou a fomar parte do Terceiro Reich co nome de Bohemia e Eslovaquia continuou a ser independente cun goberno pro-nazi.

Eslovaquia no Festival de Eurovisión

Eslovaquia debutou no Festival de Eurovisión 1994, sendo o primeiro país de Centro-Europa en debutar en máis de 30 anos. Dende a edición de 1998 ata a do 2009, Eslovaquia decidiu non participar no festival debido aos malos resultados que conseguía.

O seu mellor resultado foi unha décimo oitava posición con 19 puntos, na edición de 1996. Tras o seu retorno ao festival despois de 11 anos nunca puido pasar a unha final, o que motivou o seu retiro en 2012, nunca alcanzando o TOP-10.

A maior cantidade de puntos que recibiu Eslovaquia proceden de Malta ao igual que Malta recibe tamén unha gran cantidade de puntos de Eslovaquia.

Hungría

Hungría ( pronunciación ) (en húngaro: Magyarország [ˈmɒɟɒrorsaːɡ] ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ao oeste, Eslovaquia e Ucraína ao norte, Romanía ao leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ao sur. Ten unha poboación de ao redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.

A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou o planalto dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.

O nome Hungría vén do turco On-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latino hunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría pasou a formar parte da Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.

Imperio Austrohúngaro

O Imperio Austrohúngaro, Austro-húngaro ou Austria-Hungría (Österreichisch-Ungarische Monarchie en alemán, Osztrák–Magyar Monarchia en húngaro) foi un estado histórico europeo nado en 1867, tralo Compromiso austrohúngaro que reconoñecía o Reino de Hungría como unha entidade autónoma dentro do Imperio Austríaco, a partir dese intre, austrohúngaro. En 1914 tiña unha extensión de 676.615 km² e contaba con 52 799 000 habitantes.

O que fora o Imperio Austrohúngaro repártese na actualidade en trece estados europeos: Austria, Hungría, República Checa, Eslovaquia, Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e as rexións de Voivodina en Serbia, Bocas de Kotor en Montenegro, Trentino-Alto Adige e Trieste en Italia, Transilvania e parte do Bánato en Romanía, Galitsia en Polonia e Rutenia (rexión Subcarpática na Ucraína).

Košice

Košice (Kaschau en alemán, Kassa en húngaro e Cassovia en Latín) é unha cidade de 235.000 habitantes, situada no leste de Eslovaquia, a rentes do río Hornád. O 89.1% da poboación é de nacionalidade eslovaca, 3.8% húngara, 2.1% cíngara e 1.2% checa. O 58.3% católicos romanos, 7.6% grecocatólicos e 4.1% evanxélicos.

Lingua checa

O checo é unha das linguas eslavas do oeste de Europa, xunto co polaco, eslovaco e o sorabo. Falado por un total duns 12 millóns de persoas, principalmente na República Checa (nas dúas provincias da Bohemia e Moravia e na parte meridional da Silesia) por cerca de 9,5 millóns de persoas. Hai tamén comunidades illadas nos países veciños: en Austria hai unha comunidade de 20.000 falantes en Viena, en Romanía hai seis lugares onde o checo é a lingua propia como resultado dunha inimigración no século XIX, en 2002 eran case 4000, na Voivodina o checo é oficial no concello de Bela Crkva, onde se sitúa a pequena aldea de Češko Selo, na cal a maioría dos seus 46 habitantes son de lingua checa. Existen importantes minorías formadas por inmigrantes en Alemaña, Estados Unidos, Eslovaquia e outros países.

O checo utiliza o alfabeto latino con sinais diacríticas para a súa escrita. A fonoloxía do checo pode ser difícil para falantes doutras linguas. Por exemplo, algunhas palabras non parecen ter vogais: ztvrdl (endurecido), scvrkl (afondado), blb (bobo), vlk (lobo), e smrt (morte). Hai un exemplo popular disto na frase "strč prst skrz krk" que significa "meter un dedo na túa gorxa".

As linguas checa e eslovaca son mutuamente intelixíbeis e próximas na escrita, mais difiren fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da radio e da televisión nacionais, ata a partición de Checoslovaquia no 1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión.

Lingua eslovaca

O eslovaco (slovenčina, slovenský jazyk) é unha lingua eslava falada principalmente na República de Eslovaquia. Pertence ao grupo das linguas eslavas occidentais. É próximo do checo na escrita, mais difire fonética e gramaticalmente. A maioría dos adultos eslovacos e checos son capaces de comprenderse mutuamente sen dificultade, tendo estado en contacto coas dúas linguas por medio da radio e da televisión nacionais, ata a partición de Checoslovaquia no 1993. Aqueles que non viviron esta situación, en particular os máis novos, poden experimentar dificultades de comprensión. É próximo tamén do polaco, e en xeral existe unha intercomprensión máis ou menos doada con todas as linguas eslavas occidentais e meridionais (esloveno, serbocroata etc.)

Non hai que confundilo co esloveno (slovenščina), xa que aínda que é outra lingua do grupo eslavo trátase de dúas linguas distintas. O esloveno forma parte do grupo do eslavo meridional occidental (como o serbocroata), mentres que o eslovaco é parte do eslavo occidental como o citado checo ou o polaco.

O eslovaco utiliza un alfabeto latino modificado, con signos diacríticos para anotar certos sons.

Lingua húngara

O húngaro e unha lingua da familia fino-úgrica. Fálase en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.

Lingua serbia

O serbio (en serbio: српски, srpski), é unha variedade estandarizada do serbocroata empregada pola etnia serbia de Serbia, Montenegro, e Bosnia e Herzegovina. Ademais, é unha lingua minoritaria recoñecida en Croacia, Macedonia do Norte, Romanía, Hungría, Eslovaquia, República Checa, Albania e Grecia.

Lingua ucraína

A lingua ucraína (украї́нська мо́ва, transliteración: ukrayins'ka mova [ukrɑ'jinʲsʲkɑ ˈmɔʋɑ]) é unha lingua eslava oriental, unha das tres deste grupo de linguas, xunto ao ruso e o bielorruso. Garda certas similitudes con ámbalas dúas linguas, pero con notables diferenzas.

Montes Cárpatos

Este artigo é sobre a cadea de montañas da Terra. Existe tamén unha cordilleira lunar chamada Cárpatos (Lúa).

Os Cárpatos (checo, eslovaco, polaco e ucraíno Karpaty, romanés Carpaţi, húngaro Kárpátok) forman a á oriental do gran sistema de montañas da Europa, percorrendo 1500 km ao longo das fronteiras da República Checa, Eslovaquia, Polonia, Romanía e Ucraína.

Nad Tatrou sa blýska

Nad Tatrou sa blýska, en galego Escintilando sobre o Tatras, é o himno nacional eslovaco.

Polonia

Polonia (en polaco: Polska, [ˈpɔlska] (AFI), escoitar), oficialmente República de Polonia (Rzeczpospolita Polska), é un país da Europa central membro da Unión Europea (UE), cuxa capital e maior aglomeración urbana é a cidade de Varsovia. Polonia fai fronteira con Alemaña polo oeste; a República Checa e Eslovaquia polo sur; Ucraína, Belarús e Lituania polo leste; e o mar Báltico e o enclave ruso de Kaliningrado polo norte. O país abrangue unha superficie de 312.696 km² , facendo de Polonia o sexasésimo noveno país do mundo e o noveno de Europa. Polonia ten unha poboación por riba dos 38 millóns de habitantes, o que o converte no trixésimo cuarto país máis poboado do mundo e o oitavo de Europa. Polonia é un Estado unitario dividido en 16 subdivisións administrativas.

O territorio polaco comprende na súa porción máis grande ao norte parte da gran chaira europea e abarca ao sur territorio montañoso dos Sudetes, os Cárpatos e a Serra da Santa Cruz. A súa capital e cidade máis poboada é Varsovia, a capital histórica de Mazovia, aínda que para moitos polacos, é máis importante a antiga capital, Cracovia, e Poznań, a capital antiga dos polacos, devanceiros de Polonia.

O establecemento dun estado polaco é a miúdo identificado coa adopción do cristianismo polo gobernante Miecislao I, no ano 966, cando o país abranguía unha superficie semellante á actual. En 1025, Polonia converteuse nun reino e en 1569, cimentou unha asociación co Gran ducado de Lituania, trala sinatura da Unión de Lublin, formando a República das Dúas Nacións. A mancomunidade colapsou en 1795 producíndose a partición de Polonia entre Prusia, Rusia e Austria. Polonia recuperou novamente a súa independencia como a Segunda República Polaca en 1918, despois da I Guerra Mundial, mais volveuna perder trala II Guerra Mundial; entón foi ocupada pola Alemaña nazi e maila Unión Soviética. Durante a II Guerra Mundial Polonia perdeu máis de seis millóns dos seus cidadáns. Emerxeu anos máis tarde como a República Popular de Polonia dentro do Bloque do leste, baixo unha forte influencia soviética.

Durante as Revolucións de 1989, o goberno comunista foi derrocado e Polonia converteuse constitucionalmente na "Terceira República Polaca". Polonia é un estado unitario, constituído por 16 voivodinas (en polaco: województwo). Polonia é membro da Unión Europea, OTAN e da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE).

República Checa

A República Checa (en checo: Česká republika), tamén coñecida como Chequia (en checo: Česko) é un país de centro de Europa, limitado ao norte por Polonia, ao leste por Eslovaquia, ao sur por Austria e ao noroeste por Alemaña. Xunto con Polonia, Eslovaquia e Hungría, integra o Grupo Visegrád. Está formada polas rexións históricas de Bohemia, Moravia e Silesia. Bohemia, ocupa a parte occidental do país, está rodeada de montes baixos e forma unha cunca regada polos ríos Labe (Elba) e Vltava (Moldava). Moravia, ocupa parte oriental, está regada polo río Morava. Silesia, situada ao norte de Moravia, fai fronteira con Polonia.

O Estado Checo, ou as terras da Coroa de Bohemia, como era coñecido até 1918, formouse a finais do século IX. Despois da Batalla de Mohács en 1526, o Reino de Bohemia foi integrado na monarquía dos Habsburgo xunto con Austria e Hungría. A república independente de Checoslovaquia formouse en 1918, tralo colapso do Imperio Austrohúngaro trala Primeira Guerra Mundial. Despois de que no Pacto de Múnic (asinado pola Alemaña nazi, Francia, Reino Unido e Italia) se estabelecese unilateralmente a incorporación de Checoslovaquia á Alemaña, e por gratitude pola consecuente liberación da maior parte da República polo Exército Vermello, o Partido Comunista obtivo maioría relativa (38 %) nas eleccións de 1946.

Dous anos despois, en 1948, Checoslovaquia converteríase nunha ditadura por mor dun golpe de estado. En 1968 a crecente insatisfacción culminou cunha tentativa de reformar o réxime. Os acontecementos, coñecidos como a Primavera de Praga de 1968, terminou coa invasión por parte dos exércitos dos países do Pacto de Varsovia (coa excepción de Romanía); as tropas permaneceron no país até a Revolución de Veludo de 1989 cando o réxime se derrubou. O 1 de xaneiro de 1993, Checoslovaquia dividiuse pacificamente en dous estados, a República Checa e Eslovaquia. O 1 de maio de 2004 pasou a formar parte da Unión Europea.

Hoxe a República Checa é unha democracia representativa pluripartidista. O presidente Václav Klaus é o actual xefe de Estado, sendo Petr Nečas o Primeiro Ministro e Xefe de Goberno. O Parlamento ten dúas cámaras: a Cámara de Deputados e o Senado. Dende a súa creación a República Checa fixo reformas económicas como as privatizacións rápidas. O crecemento do seu Produto Interior Bruto (PIB) situouse en torno ao 6 % até o estalido da recente crise económica mundial. O país foi o primeiro membro da antiga COMECON en acadar o status de país desenvolvido segundo o Banco Mundial. O seu Índice de Desenvolvemento Humano (2010) sitúa a Chequia como unha nación cun "desenvolvemento humano moi alto".

Río Danubio

O Danubio é o segundo río máis longo da Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa a Europa de oeste a leste.

O seu nome é en búlgaro (transliterado) Dunav, alemán Donau, húngaro Duna, romanés Dunăre, croata Dunav, eslovaco Dunaj, e en ucraíno Dunay.

Selección de fútbol de Eslovaquia

A Selección de fútbol de Eslovaquia (en eslovaco: Slovenské národné futbalové mužstvo), dependente da Slovenský futbalový zväz, é a selección de fútbol que representa internacionalmente a Eslovaquia. Nunca conseguiu ningún título de relevancia, sendo os seus mellores resultado na Copa de Mundo e nunha Eurocopa os oitavos de final.

Eslavos do oeste
Eslavos do sur
Eslavos do leste

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.