Esgos

Esgos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Ourense e á Ribeira Sacra. Segundo o Padrón municipal, en 2017 tiña 1.154 habitantes (1.318 en 2003).

Coordenadas: 42°19′30″N 7°41′50″O / 42.32500, -7.69722

Esgos
Bandeira de Esgos
---
Escudo de Esgos
Esgos, 01-05
Casa do concello
Situacion Esgos
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Ourense
Poboación1.134 hab. (2018)
Área37,8 km²
Densidade30 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloEsgos
Política (2019[2])
AlcaldeMario Rodríguez González (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Eleccións municipais en Esgos
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes75,49%
Na rede
http://www.concelloesgos.com/

Poboación

Censo total 1.154 (2017)
Menores de 15 anos 86 (7,45 %)
Entre 15 e 64 anos 617 (53.47 %)
Maiores de 65 anos 451 (39.08 %)
Evolución da poboación de Esgos   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3100 3089 3580 2717 1304 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello de Esgos está situado ao norte da provincia de Ourense. Limita ao norte con Nogueira de Ramuín, ao sur con Paderne de Allariz e Maceda, ao leste con Xunqueira de Espadanedo e ao oeste co Pereiro de Aguiar. Ten 37,8 km² de superficie, e abrangue 7 parroquias.

Cara ao noroeste esténdense a Cabeza, con picos de 1147 e 1128 metros no límite con Nogueira de Ramuín. Cara ao leste está a serra dos Chairos (793 m) e os montes de Rocas, co Outeiro de Arcos (893 m) O Castelo (721 m) ou O Barbeirón, onde se asenta o mosteiro de Rocas. No pico do Birbiza (790 m) está o límite cos concellos de Paderne de Allariz e Maceda. No sueste está o alto do Couso (710 m).

O curso fluvial máis importante é o río Loña, afluente do río Miño en Ourense. Á súa vez, dous afluentes do Loña son o regato do Porto -que atravesa Lobaces e Gomariz- e O Grañal. O regato de Pazos que cruza a aldea de Esgos.

Historia

O topónimo vén dado polo rego de Esgos, citado na documentación de San Pedro de Rocas en 1007 e 1175 como rivulo Alesgos e en 1227 como Aesgus.

Durante a idade media esta zona estivo vinculada ao mosteiro de San Pedro de Rocas. Coa fin do antigo réxime e a constitución dos concellos estableceuse a capitalidade na aldea de Esgos, lugar de paso na estrada real cara a Ponferrada, actual OU-536.

Oficios tradicionais desta zona son os de albardeiro, cordeleiro, sogueiro, afiador ou oleiro.

Patrimonio

Entre o patrimonio do concello destaca o mosteiro de San Pedro de Rocas, recoñecido en 1923 como Ben de Interese Cultural.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Esgos.
San Pedro de Rocas, Esgos

Mosteiro de San Pedro de Rocas

Mosteiro de San Pedro de Rocas, Esgos, Galiza 6

Mosteiro de San Pedro de Rocas. Parte da fachada da antiga igrexa rupestre co arco románico de entrada á capela da Epístola, e o nicho cos sepulcros de dous cabaleiros xacentes.

Bandeira de Esgos Ourense

Bandeira de Esgos, Ourense.[5]

Lugares de Esgos

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Esgos vexa: Lugares de Esgos.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Esgos". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Decreto 369/2003, do 25 de setembro DOG núm. 198 (13 de outubro de 2003)

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Meiroá, Esgos, Esgos

A Meiroá é un lugar da parroquia de Esgos no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Tiña 8 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 3 eran homes e 5 mulleres.

No ano 2009 tiña 8 habitantes segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 3 eran homes e 5 eran mulleres.

As Meiroás, Esgos, Esgos

As Meiroás é un lugar da parroquia de Esgos no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Tiña 43 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE

Calsomiro, Esgos, Esgos

Calsomiro é un lugar da parroquia de Esgos no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Tiña 10 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 5 mulleres.

Comarca de Ourense

A comarca de Ourense é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Amoeiro, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén e Vilamarín.

Limita ao norte coa comarca de Chantada (Lugo), ao nordeste coa comarca da Terra de Lemos (Lugo) e comarca da Terra de Caldelas, ao leste e sueste coa de Allariz-Maceda, ao sur coa de Celanova e ao oeste coas do Ribeiro e Carballiño.

Eleccións municipais en Esgos

Corporacións democráticas en Esgos desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Manuel Ángel Rodríguez Fernández — UCD

1983 Alcalde: Manuel Ángel Rodríguez Fernández — CG

1987 Alcalde: Manuel Ángel Rodríguez Fernández — AP

1991 Alcalde: Manuel Ángel Rodríguez Fernández — Centristas de Galicia

1995 Alcalde: Manuel Ángel Rodríguez Fernández — PPdeG

1999 Alcalde: Manuel Ángel Rodríguez Fernández — PPdeG

2003 Alcalde: Manuel Blanco Pérez — PPdeGModelo:Esgos 2003

2007 Alcalde: Manuel Blanco Pérez — PPdeG

2011 Alcalde: Mario Rodríguez González — PPdeG

2015 Alcalde: Mario Rodríguez González — PPdeGCandidaturas: Mario Rodríguez González (PP) e Víctor Manuel Pérez Vázquez (PSdeG-PSOE).

Esgos, Esgos

Santa María de Esgos é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 397 habitantes (199 homes e 198 mulleres) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 12 habitantes en relación ao ano 2000.

Esgos, Esgos, Esgos

Esgos é un lugar da parroquia de Esgos no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Segundo o INE e do IGE en 2011 tiña 248 habitantes (133 homes e 115 mulleres).

É a capital do concello, ao que dá nome.

Loña do Monte, Esgos

San Salvador de Loña do Monte é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 65 habitantes (26 homes e 39 mulleres) asentados nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos 6 lugares da parroquia homónima do concello de Nogueira de Ramuín, forma a parroquia eclesiástica de Loña do Monte.

Lugares de Esgos

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Esgos

Manuel Blanco Romasanta

Manuel Blanco Romasanta, nado no Regueiro (Santa Olaia de Esgos, Esgos) o 18 de novembro de 1809, e falecido en Ceuta o 14 de decembro de 1863, foi o primeiro asasino en serie galego documentado, coñecido co alcume de o lobishome de Allariz, ou o sacaúntos. En 1853, Romasanta admitiu ter cometido trece asasinatos, mais argüíu non ter responsabilidade por mor da maldición que o convertía nun lobo. Malia que a súa defensa foi rexeitada no xuízo, a Raíña Isabel II conmutou a sentenza de morte para permitir ós doutores investigalo como un exemplo de licantropía clínica.

Mosteiro de San Pedro de Rocas

O mosteiro de San Pedro de Rocas foi un convento situado na parroquia de Rocas, no concello de Esgos, a 657 metros de altitude, no monte Barbeirón. Está rodeado dunha densa superficie forestal que agocha vales, camiños empedrados, formacións rochosas diversas e fontes. É o mosteiro máis antigo de Galiza, amais de ser un singular exemplo de igrexa rupestre, escavada na rocha viva .Está declarado Ben de Interese Cultural.

Este conxunto está incluído na ruta de sendeirismo PR-G4 Camiño Real de San Pedro de Rocas. A casa prioral alberga o Centro de Interpretación da Ribeira Sacra e da Vida Monástica de San Pedro de Rocas.

Os Pensos, Esgos

San Pedro dos Pensos é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 98 habitantes (52 homes e 46 mulleres), un menos ca no ano 2000. Ten cinco entidades de poboación. Esta parroquia é limítrofe coa homónima Os Pensos, Xunqueira de Espadanedo.

Ramón Parada Justel

Ramón Parada Justel, nado en Esgos o 11 de marzo de 1871 e finado en Ourense o 13 de maio de 1902, foi un pintor galego, pertencente á chamada xeración Doente.

Rocas, Esgos

San Pedro de Rocas é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 102 habitantes (52 homes e 50 mulleres) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 2000.

Nesta parroquia atópanse os restos do mosteiro de San Pedro de Rocas.

Santa Olaia de Esgos, Esgos

Santa Olaia de Esgos é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 94 habitantes (44 homes e 50 mulleres), 19 menos ca en 2000. Ten sete entidades de poboación.

Triós, Esgos

San Pedro de Triós é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 60 habitantes (30 homes e 30 mulleres), seis menos ca en 2000. Ten unha soa entidade de poboación. Esta parroquia é homónima coa limítrofe Triós (O Pereiro de Aguiar).

Vilar de Ordelles, Esgos

Santa María de Vilar de Ordelles é unha parroquia do concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. No ano 2007 tiña 432 habitantes (216 homes e 216 mulleres), 5 máis ca en 2000. Ten nove entidades de poboación.

Vilar de Ordelles, Vilar de Ordelles, Esgos

Vilar de Ordelles é un lugar da parroquia de Vilar de Ordelles no concello ourensán de Esgos na comarca de Ourense. Tiña 223 habitantes no ano 2018, segundo datos do IGE, dos cales 117 eran homes e 106 mulleres.

Xosé Luís Baltar

Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.