Escudo de Galicia

Dentro do escudo de Galicia, é o cáliz a figura heráldica que hai máis tempo vén representando a Galicia. O cáliz aparece documentado por vez primeira como armas dos reis de Galyce no Armorial Segar de Inglaterra do ano c. 1282.

As armas do Reino de Galicia foron evolucionando continuamente a través dos séculos; do orixinario cáliz pechado nun relicario (armoriais Bergshammar, Suecia, 1436, e Gymnich, Flandres, 1445) pasouse á súa representación en forma aberta; o orixinal campo azul da bandeira diversificouse tamén en vermello e branco; e o orixinal cáliz en campo liso sen ningún engadido pasou a conter enfeites diversos como anxos e un número variable de cruces, entre unha, seis ou sete, ou en campo sementado.

A estandarización gráfica moderna das Armas ou Escudo de Galicia foi establecida no ano 1972 pola Real Academia Galega.[1]

Cómpre pór de relevo que o actual cáliz do escudo é unha representación do cáliz do Cebreiro.[Cómpre referencia]

Escudo de Galicia
Escudo de Galicia 2
Detalles
ArmigerXunta de Galicia
Adoptado29 de maio de 1984
CristaCoroa real
EscudoCáliz de ouro (Santo Graal) en campo de azur, hostia de prata acompañado de sete cruces

Heráldica

Segundo a Lei 5/1984 de símbolos de Galicia, o escudo de Galicia trae, en campo de azur, un cáliz de ouro sumado dunha hostia de prata, e acompañado de sete cruces recortadas do mesmo metal, tres a cada lado e unha no centro do xefe.

O timbre, coroa real, forrada de goles ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumados de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro.

Historia

Primeiras representacións (séculos XIII-XIV)

O documento coñecido máis antigo no que se representa o escudo do entón reino de Galicia é o armorial inglés Segar's Roll (nome do seu último propietario), realizado cara ao ano 1282. Aínda que o orixinal desaparecera xa a mediados do século XVII, del fixéronse varias copias –catro polo que parece–, algunha delas en facsímile. É xunto outros escudos de monarquías europeas onde se aprecia a anotación "Rey de Galyce" e onde aparece a representación heráldica de tres cálices. Hai testemuños serodios que se reproducen en dous armoriais europeos recompilados pouco antes de mediados do século XV: o Armorial Bergshammar, composto en Güeldres ou acaso en Brabante entre os anos 1435 e 1450 e conservado nos arquivos nacionais de Estocolmo, e o Armorial Gymmich, datado arredor do ano 1445 e conservado na Biblioteca Real de Bruxelas.[2]

Reino de Galicia - Kingdom of Galicia - Segars Roll

Armas do Rei de Galyce no Armorial Segar, ano 1282.

Galicia-armorial Redinghoven

Armas do reino de Galicia no Armorial Redinghoven, ano 1440.

Escudo reino de Galicia - Hernandez de Mendoza

Armas do reino de Galicia no Armorial de Diego Hernández de Mendoza. Ano 1497.

Escudo Reino de Galiza Betanços 2

Armas do reino de Galicia da porta medieval de Betanzos. Século XV.

Escudo de Galicia en Viveiro

Armas do reino de Galicia da porta de Viveiro.

Representacións renacentistas (séculos XV-XVI)

Se foi na Europa gótica cando a representación heráldica do reino de Galicia se espallou a través de numerosos armoriais, foi no Renacemento (século XV) cando esta adquiriu certa uniformidade. Deste século tamén datan as primeiras representacións do escudo dentro do propio territorio galego, onde o número de cálices no brasón chegou ata cinco, como é o caso do escudo do reino que se atopaba nas portas da cidade medieval de Betanzos. Este excepcional número de cálices tamén foi representado na porta renacentista da vila de Viveiro, mandada edificar polo emperador Carlos V en 1548.

Porén, desde finais do século XV o número de cálices comeza a estandarizarse nun único, manténdose a cor azul no fondo e dourada no calice, que desde o século XIII se viñan representando.

Roy de Gallice

Armas do reino de Galicia no "Armorial de Nicolas de Lutzelbourg" (1485?-1547).

Reino de Galicia-kingdom of Galicia-Maximiliano

Armas do reino de Galicia no "Gran Carro Triunfal de Maximiliano I", realizado por Durero en 1515.

Arch of maximilian I

Armas do reino de Galicia no "Arco Triunfal de Maximiliano I", realizado por Durero en 1515.

Escudo de Galicia - Sammelband

Armas do reino de Galicia no "Sammelband mehrerer Wappenbücher", realizado en 1530.

Galice -Anton Tirol's Wappenbuch

Armas do reino de Galicia no Anton Tirol's Wappenbuch. Ano 1540.

Wappenbuch der Arlberg Bruderschaft - escudo Galicia

Escudo de Galicia no armorial de Arlberg Bruderschaft, 1548.

Escudo de Galicia en Virgil Solis Wappenbuchlein - 1555

Armas do reino de Galicia no Virgil Solis Wappenbuchlein. Ano 1551.

Escudo do reino de Galicia (II) no Universeel wapenboek, 1558

Armas do reino de Galicia no Universeel wapenboek. Ano 1558.

Reino de Galicia - escudo de Galicia

Escudo do reino de Galicia no "Libro de armas y blasones de diversos linajes y retratos". Século XVI.

Armorial universel

Armas do reino de Galicia no Armorial Universel. 1601-1700.

Escudo do reino de Galicia - XVI

Armorial de San Gallen, século XVI.

Reino de Galicia (escudo). Armorial de Hans Ulrich

Escudo de Galicia no Armorial de Hans Ulrich, ano 1627.

As cruces no escudo (século XVI)

A partir do século XVI, o escudo do reino de Galicia sofre unha serie de transformacións, tal vez a máis importante sexa a incorporación dun número inicialmente dispar, e posteriormente estandarizado de cruces. Unha das primeiras representacións nas que cruces recrucetadas se engaden ao cáliz central atópase no Historia originis et succesionis regnorum et imperiorum a Noe usque ad Carolum V (1548). Desde entón practicamente todas as representacións heráldicas do reino contarán con estes adornos estéticos propios da época, e será a finais do século XVI cando o número de cruces fique practicamente reducido a seis.

Reino de Galicia - Martin Waldseemueller

Escudo do reino de Galicia no Carta Itineraria Europae, ano 1520.

Reino de Galicia - Franc de Bruges

Escudo do reino de Galicia no Pazo de Franc de Bruges (Bruxas), ano 1528.

Reino de Galicia - Kingdom of Galicia - CarolumV

Rei e armas de Galicia segundo a Historia originis et succesionis regnorum et imperiorum a Noe usque ad Carolum V, ano 1548.

Galicia escudo- Universeel wapenboek - cruces

Escudo do reino de Galicia no Universeel wapenboek, 1558.

Escudo de Galicia - reino de Galicia

Escudo do reino de Galicia ilustrado no L´armorial Le Blancq, contra 1560.

Reino de Galicia - kingdom of Galicia - Hierosme

Armas do reino de Galicia, na obra Le blason des Armoiries, do ano 1581.

GaliceCharlesV

Anaco da obra "Pompas fúnebres do emperador Carlos V" no que se representan os estandartes do Reino de Galiza. Autor: Jean e Lucas Doetecum (séc. XVI).

Gallicia in German Armorial

Armas do reino de Galicia no armorial alemán Großes Wappenbuch. Ano 1583.

Wappenbuch - BSB - Galicia escudo

Escudo do reino de Galicia no armorial Wappenbuch. Século XVI

Reino de Galicia no Armorial Jean Robin 1639

Escudo do reino de Galicia no armorial de Jean Robin. Ano 1639.

Reino de Galicia - Giacomo Fontana

Escudo do reino de Galicia na Insegne di vari prencipi et case illustri d'Italia, século XVI.

Reino de galicia - escudo de galicia - Frand armorial colorie

Escudo de Galicia no Grand armorial colorié, dont les blasons sont rangés sous les rubriques suivantes. Século XVI

De cáliz a relicario: Os cambios tras a Contrarreforma

Tras o Concilio de Trento en 1545 a Igrexa católica acordou levar a cabo unha serie de medidas encamiñadas a frear a difusión do protestantismo en Europa. Desde o Papado e as monarquías fieis a Roma, procurouse consolidar o culto católico e sentar o dogma católico. Para logralo crearonse novos instrumentos de comunicación e expansión da fe católica, poñendo especial énfase na difusión da mensaxe católica a través dunha nova propaganda artística; o barroco.

Neste contexto de propaganda das ideas católicas e contrarreformistas, xorde a mudanza que no século XVI sofre o cálice, pasando inicialmente a ser un cáliz aberto (coa hostia visible) para pouco despois converterse nun relicario[3]. Deste xeito, procurábase dar ao escudo do reino de Galicia unha aura católica e relixiosa da que ata ese momento carecía. Os primeiros exemplos xorden no século XVI, se ben o relicario non logrou desprazar por completo ao cáliz orixinal.

EscudoXVI

Detalle dun mapa cartográfico feito por Ioannes Baptista Vrints, sec. XVI.

Escudo de Galicia - Ojea

Detalle heráldico no mapa de Fernando de Ojea, Descripcion del Reyno de Galizia, 1603.

Escudo de España con las armas del Reino de Galicia

Escudo da Coroa de Castela coas armas do Reino de Galicia incorporadas no centro. Ano 1607, Museo de San Antón (A Coruña).

Escudo-reyno de galizia

Armas do reino de Galicia, da obra Descripción de la costa del reyno de Galizia, cartografía de Pedro de Teixeira Albernas, contra 1625.

Reino de Galicia - 1629

Escudo do reino de Galicia, na obra Hispania, sive, De regis Hispaniae regnis et opibus commentarius, obra de Joannes de Laet, 1629.

Reino de galicia - XVII

Escudo do reino de Galicia, na obra Gallaecia Regnum, Editado por Henricus Hondius, ano 1639-1644.

Reino de galicia - Giacomo

Escudo do reino de Galicia, na obra Reino di Galicia, obra de Giacomo Cantelli da Vignola, 1696.

Cedulareinogaliza

Portada da Cédula de Comercio a favor da Compañía de Comercio, 1734

Reino de Galicia -kingdom of Galicia-troncoso

Armas do reino de Galicia, na obra "Reino de Christo Sacramentado y primogénita de la Iglesia entre las gentes, ano 1750.

Recuperación do cáliz (séculos XVIII e XIX)

Coa superación das ideas barrocas e contrarreformistas, no século XVIII imponse a Ilustración. Con ela, o escudo do reino de Galicia comeza a recuperar a súa forma renacentista, así como a restitución do cáliz no canto do relicario[3].

Royaume de galice

Detalle do escudo do reino de Galicia no mapa Royaume de Galice. Nicolas de Fer, 1708.

Escudo do reino de Galicia en Ferrol

Relevo en pedra realizado a finais do século XVIII. Fonte da Fama (Ferrol).

Escudo de Galicia - Reino de Galicia 1808

Escudo do reino de Galicia no Estandarte do reino de Galicia, 1808. (A Coruña).

Rexemento - Reino de Galicia - 1810

Escudo do reino de Galicia no Estandarte do "Rexemento de Alarma do reino de Galicia", 1810. Castelo de Santo Antón (A Coruña).

Notas

  1. Xunta de Galicia: Símbolos de Galicia: o escudo.
  2. "Os símbolos de Galicia" (PDF). Academia. Consultado o 22 de xuño do 2016.
  3. 3,0 3,1 PARDO DE GUEVARA Y VALDÉS, E. O escudo de Galicia. Orixe, significacións e evolución. En BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.; VILLARES, R. Os símbolos de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real academia Galega. 2007. ISBN 978-84-96530-46-1.

Véxase tamén

Bibliografía

  • PAZ, R. V. (2008). Los símbolos nacionales de Euskadi, Cataluña y Galicia. Maremagnum: publicación galega sobre os trastornos do espectro autista, (12), 193-202.
  • BARREIRO FERNÁNDEZ, X.R.; VILLARES, R. et alli Os símbolos de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega; A Coruña: Real academia Galega. 2007. ISBN 978-84-96530-46-1.

Outros artigos

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao

Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo o 29 de xaneiro de 1886 e finado no exilio en Buenos Aires (Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, está considerado o Pai do nacionalismo galego. Castelao foi un intelectual comprometido coa terra e co país. Na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade".

Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como Ben de Interese Cultural inmaterial.

A Real Academia Galega de Belas Artes dedicoulle o Día das Artes Galegas 2016 polos "extraordinarios méritos artísticos" da súa obra.

Bandeira de Galicia

A bandeira de Galicia actual foi creada a finais do século XIX polos galeguistas históricos do Rexurdimento e consolidada pola Xeración Nós como insignia nacional, a actual bandeira civil. Ten fondo branco e presenta unha franxa azul dende o ángulo superior esquerdo até o inferior dereito. A franxa azul posúe unha largura igual á terceira parte do alto da bandeira.

Brabante do Norte

Brabante do Norte (en neerlandés, Noord-Brabant) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisionado ou comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Den Bosch ('s-Hertogenbosch) e as cidades máis grandes son Eindhoven, Tilburg e Breda, as dúas cunha poboación de ao redor de 200.000 habitantes. Limita coas provincias de Zelandia, Holanda Meridional, Güeldres e Limburgo e as provincias belgas de Antuerpen e Limburgo.

Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte.

Escudo de Santiago de Compostela

O escudo da cidade de Santiago de Compostela atópase regulado na actualidade polo artigo 3º do Título 1º, da Lei do 24 de xuño de 2002, do Estatuto de Capitalidade da cidade de Santiago de Compostela, publicada no Boletín do Parlamento de Galicia número 150 da VI Lexislatura.

A súa descrición heráldica ou brasonamento é á seguir:

O escudo de Santiago de Compostela conta con dos divisións verticais. Na heráldica, cando un brasón posúe este tipo de división recibe o nome de partido .

Na primeira partición, figuran as armas de Galicia, que foron as do antigo Reino de Galiza, e que se compoñen do emblema heráldico asociado á Eucaristía ou o santo graal: un cáliz de cor amarela ou dourada (brasonado de ouro) e unha hostia de cor branca (de prata). A Eucaristía atópase arrodeada (acompañada) de sete cruces da mesma cor, tres a cada banda e outra sobre eles, situada na parte superior do campo do escudo (no centro do xefe).

Na segunda división figuran os emblemas propios da cidade, a cor do campo (esmalte heráldico) é o utilizado nas armas galegas, azul (brasonado de azur). O elemento central é a urna do sepulcro do Apóstolo Santiago, representada sobre unha nube e situada so dunha estrela de oito puntas de cor amarela ou dourada. O sepulcro e maila estrela aluden á tradición medieval que narra o descubrimento dos restos do Apóstolo por un ermitán chamado Paio grazas a unhas luces nocturnas que ollou na fraga de Libredón.

No artigo que regula o escudo de Santiago de Compostela establécese que no timbre apareza representada unha coroa real aberta, como a que utilizaron os Reis Católicos. As coroas reais antigas ou abertas (sen diademas, orbe nin cruz) foron utilizadas até o século XVI mais o seu uso mantívose na heráldica de moitas poboacións e provincias españolas.

Tralo escudo (acoeirada) figura a Cruz de Santiago, o emblema máis coñecido asociado á figura do Apóstolo e un dos máis utilizados en Galicia.

Etimoloxía popular

A etimoloxía popular é o establecemento da orixe dunha palabra baseándose nas crenzas e nas opinións de xente non especializada na ciencia da etimoloxía. As etimoloxías populares danse na maioría de idiomas.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Galicia (Europa Central)

Galicia ou Galitzia (en alemán: Galizien, en polaco: Galicja, en ucraíno: Галичина Halychyna, en checo e eslovaco: Halič; en húngaro: Galícia / Kaliz / Gácsország / Halics; en romanés: Galiția / Halici; en ruso: Галиция / Галичина, Galitsiya / Galichina; en ruteno: Галичина, Halychyna; en yiddish: גאליציע Galitsie) é unha rexión histórica do leste de Europa, que antigamente foi un pequeno principado e cuxo territorio na actualidade se divide entre Polonia e Ucraína.

Hai unha considerable superposición entre Galicia e o suroeste de Rutenia, especialmente referida a unha rexión transfronteiriza centrada no óblast de Zakarpattia, a rexión transcarpática da Ucraína actual, que está habitada por diversas nacionalidades, incluíndo a minoría rusina. Neste sentido moderno, Rutenia esténdese á Ucraína occidental, sueste de Polonia e Eslovaquia

Galicia foi, durante moitos séculos, unha rexión tapón, unha zona de paso e un cruzamento de culturas, entre o imperio dos Habsburgo e o Imperio ruso, entre a Igrexa católica e a Igrexa ortodoxa. Por iso, a rexión posúe unha rica historia multicultural, marcada durante séculos por, entre outros, os xudeus e os armenios.

O século XX foi o máis tráxico dos períodos da historia de Galicia, teatro dos enfrontamentos durante a primeira guerra mundial e vítima das atrocidades cometidas polos nazis na segunda.

Goles

Goles é unha cor en heráldica, que se corresponde co vermello, procedente do francés gueules. Hai que ter en conta que goles é un substantivo masculino invariable en singular e plural, mentres que a forma *gules é un castelanismo.

Corresponde cunha cor vermella intensa. Cando se trata dun escudo gravado, represéntase por medio dunhas liñas negras verticais.

O nome parece vir do francés gueule (fauces), pola cor do interior da boca dos animais.

Güeldres

Güeldres (en baixo saxón Gelderlaand e en neerlandés Gelderland, antigamente Gelre) é unha das doce provincias que conforman o Reino dos Países Baixos. Do mesmo xeito que as demais provincias, está gobernada por un comisario designado polo monarca e unha cámara lexislativa elixida mediante sufraxio universal. A capital é Arnhem. Limita coas provincias de Overijssel, Utrecht, Holanda Meridional, Brabante do Norte, Limburgo e o Estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia.

Güeldres está divida en tres partes: Veluwe, Achterhoek e Betuwe, e está conectada con Flevoland mediante pontes e diques.

En 1944, durante a segunda guerra mundial, tivo lugar en Güeldres a Operación Market Garden. Combateuse nas pontes do río Waal, entre Arnhem e Nimega.

Lista de escudos de armas de España

O escudo de España é o símbolo heráldico que representa o Reino de España. Como símbolo institucional está regulado e é usado polo Goberno e institucións derivadas. O Xefe de Goberno e ministerios utilizan o mesmo símbolo, mentres que o Xoán Carlos I e o príncipe Filipe ostentan outros escudos tamén regulados oficialmente.

O escudo de España réxese pola Lei 33/1981 (sancionada o 5 de outubro), que o brasona nos termos pertinentes.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Mártires de Carral

Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846 contra o presidente Narváez que foron executados o 26 de abril na vila coruñesa de Carral.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Palacio de Comunicacións de Madrid

O Palacio de Comunicaciones (denominado dende 2011 Palacio de Cibeles) é un conxunto integrado por dous edificios de fachada branca situados nun dos centros do Madrid histórico. Eríxense nun lateral da plaza de Cibeles, ocupando uns 30.000 metros cadrados do que foron os antigos Jardines del Buen Retiro. A elección do sitio gozou de polémica na súa época por privar a Madrid dun lugar de recreo. A primeira pedra colocouse no ano 1907 e inaugurouse oficialmente o 14 de marzo de 1919, comezando o seu funcionamento como moderna central de distribución de correos, telégrafos e teléfonos. Tras algunhas evolucións arquitectónicas do exterior do edificio (como a ampliación en dous andares cara á rúa e pasaxe de Montalbán), xa no ano 2007 comeza a albergar as dependencias municipais do Concello de Madrid, trasladando as súas dependencias dende a Casa de la Villa e a Casa de Cisneros (ambas situadas na Plaza de la Villa). Esta reforma de comezos do século XXI no edificio inclúe ademais unha área cultural denominada "CentroCentro".

O conxunto é desde o punto de vista da arquitectura española un dos primeiros e máis representativos exemplos de arquitectura modernista erixidos no centro de Madrid. De fachada con evocacións neoplaterescas e do barroco salmantino. O edificio, mediante concurso municipal, foi deseñado polos novos arquitectos españois Antonio Palacios e Joaquín Otamendi Machimbarrena, autores dos proxectos da ponte de Bilbao, o casino de Madrid e a ponte de San Sebastián, como sede para a Sociedad de Correos y Telégrafos de España. Este traballo foi o inicio da fulgurante carreira construtiva de ambos os dous arquitectos. Os motivos decorativos da fachada e do interior foron realizados polo escultor romántico Ángel García Díaz (colaborador habitual de Palacios). Un dos obxectivos do deseño era a construción dun "edificio para o público".

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Santuario de Santa María a Real do Cebreiro

O Santuario de Santa María a Real do Cebreiro é un templo católico situado na parroquia do Cebreiro (Pedrafita do Cebreiro) na comarca dos Ancares.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.