Escudo de España

O escudo de España é o símbolo heráldico que representa o Reino de España. Como símbolo institucional está regulado e é usado polo Goberno e institucións derivadas. O Xefe de Goberno e ministerios utilizan o mesmo símbolo, mentres que o Xoán Carlos I e o príncipe Filipe ostentan outros escudos tamén regulados oficialmente.

O escudo de España réxese pola Lei 33/1981[1] (sancionada o 5 de outubro), que o brasona nos termos pertinentes.

Escudo de España (mazonado)
Modelo oficial de uso institucional do escudo de España.

Modelo oficial do escudo

Á lei que lexislou o brasón acompañaron con celeridade dous Reais Decretos.

O Real Decreto 2964/1981 de 18 de decembro[2] que establece o modelo oficial do escudo de España, o seu uso e tamaño.

Cromatismo do modelo oficial do escudo

O Real Decreto 2267/1982 de 3 de setembro[3] no que se fai a especificación técnica das súas cores. Estas cores están definidas nos sistemas internacionais CIELAB e CIE-1931. O Manual de Imagen Institucional da administración estatal establece que a forma "preferente" de reprodución do escudo cando se faga a cor, sexa "cunha gama de oito cores que deberá aplicarse nunha formulación ou outra, dependendo do medio ou soporte que se utilice".[4]

Elementos e cuarteis do escudo

Spanish Royal Crown.svg Timbre: a Coroa real simboliza a soberanía nacional.

Spain Arms Pillars.svg As columnas: as columnas de Hércules, incorporadas no escudo por Carlos I, flanquean o escudo e soportan o lema: Plus Ultra (Máis Alá). As columnas están coroadas polas coroas imperial do Sacro Imperio Romano Xermánico e real española respectivamente, que representan o pasado histórico como imperio e reino do país.

  • Cuarteis:

Castile Arms.svg Primeiro cuartel: armas do Reino de Castela.

Leon Arms.svg Segundo cuartel: armas do Reino de León.

Aragon Arms-crown.svg Terceiro cuartel: armas da Coroa de Aragón.

Navarre Arms.svg Cuarto cuartel: armas do Reino de Navarra.

Granada Arms.svg Entado: armas do Reino cristián de Granada.

Blason duche fr Anjou (moderne).svg Escusón: armas da Casa de Borbón en España.

Historia do Escudo

O primeiro dos escudos considerado como escudo de España é o elixido por Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela como armas comúns en 1475, coa aguia de San Xoán como soporte. Neste escudo quedaban representadas as dúas maiores entidades políticas existentes na Península Ibérica a finais do século XV: as coroas de Castela e Aragón, .

Como resultado da política de alianzas matrimoniais dos Reis Católicos, trala morte de Fernando en 1516, herda as Coroas de Castela e Aragón o seu neto Carlos de Habsburgo. As súas armas engaden ás de Castela, León, Aragón, Dúas Sicilias e Granada, presentes no escudo anterior, as de Austria, Borgoña antigo, Borgoña moderno, Brabante, Flandres e Tirol. Tamén incorporou as columnas de Hércules coa lenda Plus Ultra en representación do Imperio ultramarino, e rodea o escudo co colar do Vélaro de Ouro como soberano da Orde.

Tras ser coroado Emperador en 1519, timbra o escudo coa coroa imperial e acola a aguia bicéfala do Sacro Imperio Romano-Xermánico. A partir de 1520 engade ao cuartel de Aragón e Sicilia outro coas armas de Xerusalén, Hungría e Navarra.

Os seus sucesores descargan o escudo de ornamentos externos, substituíndo a coroa imperial pola real aberta, pero mantendo o Vélaro.

En 1580 Filipe II de España incorporou as armas de Portugal, que se mantiveron até a independencia portuguesa en 1668.

Escudo de los reyes Católicos 2

Escudo dos Reis Católicos (desde 1492).

Greater Coat of Arms of Charles I of Spain, Charles V as Holy Roman Emperor (1530-1556)

Armas de Carlos I como emperador.

Coa chegada da dinastía dos Borbóns trala Guerra de Sucesión, Filipe V mantén os elementos do anterior escudo, pero cambia o deseño e distribución, engadindo os lises da Casa de Borbón, coa bordura en gules (usada polos Duques de Anjou) para distinguirse dos franceses. Con frecuencia o escudo adopta forma ovalada ou redondeada, seguindo a moda francesa. O deseño da coroa modernízase, adoptando a forma actual, de oito floróns, reservando a de catro para o príncipe de Asturias.

Carlos III levou a cabo unha importante reforma no escudo en 1761. Amais de introducir as armas dos Ducados de Parma-Farnesio e Toscana-Médicis en representación da súa herdanza italiana, substituíu o Colar da Orde do Espírito Santo (introducido por Filipe V) polo da Orden de Carlos III, creada por el mesmo, mantendo o Vélaro de Ouro. A nova dinastía concede maior preeminencia á Coroa de Castela, ocupando as armas de Castela e León a posición central no escudo.

Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules

Escudo completo de Filipe V, primeiro monarca da dinastía de Borbón.

Escudo del rey de España abreviado antes de 1868

Escudo pequeno do Rei de España coas Columnas de Hércules. Apareceu durante o reinado de Filipe V e foi usado até 1868. Este formato de escudo foi a orixe do actual.

Escudo del rey de España abreviado antes de 1868 con toisón

Escudo pequeno do Rei de España, Versión co Vélaro de Ouro.

Armas abreviadas del rey de España antes de 1868 (manto y toisón)

Escudo pequeno do Rei de España, Versión ovalada co Vélaro de Ouro e manto.

Xosé I dividiu o escudo en seis cuarteis (Castela, León, Aragón, Navarra, Granada e as Indias), representado por dúas esferas terrestres flanqueadas polas columnas de Hércules, e engadiu sobre o todo un escusón de azur coa aguia dos Bonaparte en ouro.

Fernando VII recuperou o escudo completo de Carlos III, pero mantendo a forma exterior de Xosé Bonaparte.

Artigo principal: Escudo da Segunda República Española.

Trala revolución de 1868 o Goberno Provisional do xeneral Serrano solicitou un informe á Real Academia da Historia para a elaboración dun novo escudo de carácter nacional, xa que até entón se utilizara o escudo de armas dos monarcas. Nel non figuraron os cuarteis alleos a España que correspondían con antigos dominios da Corona, e reintegra o escudo de Navarra que Fernando VII retirara. Elimináronse as armas de Nápoles-Sicilia, Austria, Brabante, Flandres, Tirol, Parma, Toscana e as antigas e modernas de Borgoña. Tamén desapareceu o escusón central da dinastía reinante e os colares das ordes do Vélaro de Ouro e de Carlos III e a Cruz de Borgoña. A coroa real foi substituída por unha mural (para non prexulgar a forma política do Estado). Recuperáronse as columnas de Hércules.

Durante a II República mantívose este escudo, pero sen a coroa que cinguía o león do segundo cuartel.

Baixo o reinado de Amadeo de Savoia recuperouse a coroa real e incorporouse o brasón da Casa de Savoia.

Durante a Restauración borbónica recuperouse o seu escusón na parte central do escudo, así como as antigas armas reais desaparecidas en 1868. Durante este período os adornos exteriores foron diversos, dando lugar a numerosas versións.

Escudo de armas de José I Toison Legion de Honor y Cetros

Escudo de Xosé Bonaparte (1808-1813).

Escudo del Gobierno Provisional y la Primera República Española

Escudo do Goberno Provisional (1868 - 1870) e da I República (1873 - 1874).

Coat of arms of Spain (1873-1874)-Version of the Flag

Escudo da bandeira española durante a I República (1873-1874).

Escudo de la Segunda República Española

Escudo da II República (1931-1939).

Artigo principal: Simboloxía do franquismo.

Durante o franquismo recuperouse o deseño dos Reis Católicos, substituíndo o cuartel de Dúas Sicilias polo de Navarra. Incorporáronse as columnas de Hércules e a cinta co lema Plus Ultra, e a divisa de "Tanto Monta" usada polos Reis Católicos foi substituída por "Una, Grande y Libre". Existen dous modelos oficiais: o de 1938 (aprobado o 2 de febreiro de 1938 na zona nacional) e o de 1945 (aprobado o 11 de outubro de 1945). O 21 de xaneiro de 1977 aprobouse un novo, cun brasón semellante ao dos Reis Católicos.

COA Spain under Franco 1938 1945

(1938-1945).

COA Spain under Franco 1938 1945 bureaucratic version

Versión "abreviada" do modelo de 1938.

COA Spain 1945 1977

(1945-1977).

Escudo de España (1977-1981)

(1977-1981).

Notas

  1. Lei 33/1981, de 5 de outubro, do Escudo de España (en castelán)
  2. Real Decreto 2964/1981, de 18 de decembro, polo que se fai público o modelo oficial do Escudo de España
  3. Real Decreto 2267/1982, de 3 de setembro, polo que se especifican tecnicamente as cores do Escudo de España
  4. "Elementos básicos de la imagen institucional", Manual de Imagen Institucional de la Administración General del Estado

Véxase tamén

Bibliografía

  • Símbolos de España, Madrid, Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2000. ISBN 978-84-259-1110-1.

Outros artigos

Ligazóns externas

Arco de Triunfo de Barcelona

O Arco de Triunfo de Barcelona (en catalán: Arc de Triomf) é un monumento desa cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto Josep Vilaseca i Casanovas.

Bandeira de España

A actual bandeira de España aparece por mor de que no século XVIII as bandeiras de Francia, Nápoles, Toscana, Parma, Sicilia e a da propia España eran brancas, cor da casa de Bor­bón, o que producía gran confusión non só nos exércitos, senón, o que era máis importante, no mar, no que os navíos das diversas potencias citadas podían ser confundidos facilmente.

Batalla das Navas de Tolosa

A batalla das Navas de Tolosa, chamada na historiografía árabe Batalla de Al-Uqab (معركة العقاب), enfrontou o 16 de xullo de 1212 nas inmediacións da poboación xienense de Santa Elena a un exército aliado cristián formado en gran parte polas tropas casteláns de Afonso VIII de Castela, as navarras de Sancho VII de Navarra, as aragonesas de Pedro II de Aragón e as portuguesas de Afonso II de Portugal contra o exército do califa almohade Muhammad An-Nasir. A batalla foi o resultado da cruzada emprendida polo rei Afonso VIII, o arcebispo de Toledo Rodrigo Ximénez de Rada e o papa Inocencio III contra os almohades (musulmáns que dominaban Al-Ándalus). Saldada cunha importante vitoria do bando cristián, esta batalla foi o punto álxido da Reconquista e o principio da fin da presenza musulmán na Península ibérica.

Casa de Borbón

A casa de Borbón (en francés: Bourbon, en italiano: Borbone) é unha casa real de orixe francesa (aínda que a primeira coroa á que accedeu foi a do Reino de Navarra), actual casa reinante en España e no Gran Ducado de Luxemburgo. Gobernaron primeiro en Navarra e Francia, pero para o século XVIII os membros da casa de Borbón chegaron aos tronos de España e sur de Italia, destacando o Reino das Dúas Sicilias, ademais de varios pequenos ducados e condados.

Castelo de Monterreal

O castelo de Monterreal é un castelo da vila de Baiona, configurado por elementos construtivos do século XII ao XVI, tamén coñecido como Fortaleza de Monte do Boi. Dende 1966, é o Parador de turismo Conde de Gondomar. Atópase na península de Monterreal.

Constitución española de 1978

A Constitución Española de 1978 é a norma suprema ou máxima do ordenamento xurídico español, consecuencia dun proceso histórico denominado Transición Española que converteu o réxime franquista de 1975 nunha Monarquía parlamentaria.

Estación de Bilbao Abando-Indalecio Prieto

Bilbao Abando-Indalecio Prieto, tamén coñecida como Bilbao-Abando ou estación do Norte, é a principal estación ferroviaria do centro da cidade de Bilbao. É unha estación terminal de carácter monumental e estilo clasicista inaugurada en 1948 por Renfe, que encargou a súa construción a Alfonso Fungairiño.

Ten servizos de longa distancia, media distancia e proximidades operados por Renfe. Dispón tamén de conexións coas liñas L1 e L2 do Metro de Bilbao a través da estación de Abando, con servizos Renfe Feve grazas á estación de Bilbao-Concordia, así como coa rede de autobuses urbanos, interubanos e o tranvía da cidade.

Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela

A Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela foi fundada no ano 1974, a partir da antiga Facultade de Filosofía e Letras na que o peso da licenciatura de Xeografía e Historia era fundamental, por ser a única subtitulación da licenciatura en Filosofía e Letras que se impartía nela desde a súa fundación en 1922 até ben entrados os anos 1970, cando se creou a licenciatura en Filoloxía románica.

Flor de lis

A flor de lis é unha flor de azucena estilizada que é empregada como un deseño decorativo ou como símbolo. Moitos dos santos cristiáns son representados a miúdo cunha azucena, sendo o máis destacado san Xosé. Como Francia foi orixinalmente unha nación católica, a flor de lis converteuse "ó mesmo tempo, nun obxecto relixioso, político, dinástico, artístico, emblemático e simbólico", especialmente na heráldica francesa.En heráldica é moi común e simboliza a pureza, polo que adoita representar a Nai de Deus. A lenda di que un anxo lle deu unha flor de azucena de ouro a Clodoveo I, monarca franco da dinastía merovinxia, que se convertera ó cristianismo. Séculos máis tarde, no século XII con Luís VI, a flor de lis é empregada como distintivo no escudo da casa real francesa.

A flor de lis proveniente da casa real de Francia aparece no escudo de moitas cidades deste estado, na bandeira do Quebec e no escudo de España, entre outros. A flor de lis é tamén o emblema da cidade de Florencia.

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista

Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista (JONS, en galego: Xuntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista) foi un partido nacional-sindicalista español. Fundado o 10 de outubro de 1931 ó fusionarse o grupo arredor da revista La Conquista del Estado de Ramiro Ledesma Ramos coa Junta Castellana de Actuación Hispánica de Onésimo Redondo. A JONS foi unha moi pequena organización con certa influencia entre os estudantes universitarios en Madrid e entre os traballadores e agricultores de Valladolid. Tiña como símbolo o xugo e as frechas que pasarían a formar parte do escudo de España durante o franquismo.

En 1933 a JONS experimentou un período de expansión, comezou a editar unha publicación de igual nome que o partido e fundou un sindicato agrario afín que afirmaba ter 175 seccións locais e 3.000 membros. Nese ano, Ledesma Ramos regresou do seu exilio en Portugal e principiou a publicación da revista Libertad e outras publicacións locais, entre elas Unidad en Galicia.

En 1934, JONS uniuse con Falange Española de José Antonio Primo de Rivera para formar a Falange Española de las Juntas de Ofensiva Nacional-Sindicalista. Ledesma Ramos acabaría abandonando a FE-JONS e Onésimo Redondo intentaría refundar a JONS sen éxito.

Considerada a primeira organización nacional revolucionaria polo mantemento da necesidade da revolución que acabase co sistema capitalista e conquistase o poder para realizar unha transformación social, tiña moitas coincidencias co nacionalsocialismo alemán pero diferenciábao o seu carácter católico e a nula incidencia do racismo no seu discurso político, predominando o concepto de hispanidade.

Durante a transición existiu un pequeno grupo con este nome pero nin xurídica nin historicamente ten relación coa JONS primixenia a pesar de afirmar ser a continuadora histórica.

Lista de escudos de armas de España

O escudo de España é o símbolo heráldico que representa o Reino de España. Como símbolo institucional está regulado e é usado polo Goberno e institucións derivadas. O Xefe de Goberno e ministerios utilizan o mesmo símbolo, mentres que o Xoán Carlos I e o príncipe Filipe ostentan outros escudos tamén regulados oficialmente.

O escudo de España réxese pola Lei 33/1981 (sancionada o 5 de outubro), que o brasona nos termos pertinentes.

Lucas Ferro Caaveiro

Lucas Ferro Caaveiro, nado en 1699 en Santiago da Capela (A Capela) e finado en 1770, foi un arquitecto galego, entre os máis sobresaíntes do Barroco.

Mosteiro de San Martiño Pinario

O mosteiro de San Martiño Pinario é un mosteiro beneditino fundado no século X e que no século XVI, coa reforma promovida polos Reis Católicos, dirixiu e gobernou a totalidade dos mosteiros bieitos masculinos de Galicia.

Mosteiro de San Salvador de Lérez

O mosteiro de San Salvador de Lérez foi un convento construído na Idade Media na parroquia de Lérez, en Pontevedra. Nel celébrase cada 11 de xullo (día de san Bieito) a romaría de San Benitiño de Lérez.

Móstoles

Móstoles é un concello español da Comunidade de Madrid. A súa poboación é de 206.031 habitantes (INE 2012). É o segundo concello da Comunidade con maior número de habitantes despois da capital e o terceiro da zona central de España (Castela e León, Comunidade de Madrid e Castela-A Mancha) despois de Madrid e Valladolid. Recentemente adoptou a Lei de grandes cidades. Nel se encontra o campus tecnolóxico, a sede central da Universidade Rei Xoán Carlos e a sede central das BESCAM (Brigadas Especiais da Comunidade de Madrid). É ademais unha das cidades máis limpas de España, premiada coa "vasoira de prata".

Palacio de Comunicacións de Madrid

O Palacio de Comunicaciones (denominado dende 2011 Palacio de Cibeles) é un conxunto integrado por dous edificios de fachada branca situados nun dos centros do Madrid histórico. Eríxense nun lateral da plaza de Cibeles, ocupando uns 30.000 metros cadrados do que foron os antigos Jardines del Buen Retiro. A elección do sitio gozou de polémica na súa época por privar a Madrid dun lugar de recreo. A primeira pedra colocouse no ano 1907 e inaugurouse oficialmente o 14 de marzo de 1919, comezando o seu funcionamento como moderna central de distribución de correos, telégrafos e teléfonos. Tras algunhas evolucións arquitectónicas do exterior do edificio (como a ampliación en dous andares cara á rúa e pasaxe de Montalbán), xa no ano 2007 comeza a albergar as dependencias municipais do Concello de Madrid, trasladando as súas dependencias dende a Casa de la Villa e a Casa de Cisneros (ambas situadas na Plaza de la Villa). Esta reforma de comezos do século XXI no edificio inclúe ademais unha área cultural denominada "CentroCentro".

O conxunto é desde o punto de vista da arquitectura española un dos primeiros e máis representativos exemplos de arquitectura modernista erixidos no centro de Madrid. De fachada con evocacións neoplaterescas e do barroco salmantino. O edificio, mediante concurso municipal, foi deseñado polos novos arquitectos españois Antonio Palacios e Joaquín Otamendi Machimbarrena, autores dos proxectos da ponte de Bilbao, o casino de Madrid e a ponte de San Sebastián, como sede para a Sociedad de Correos y Telégrafos de España. Este traballo foi o inicio da fulgurante carreira construtiva de ambos os dous arquitectos. Os motivos decorativos da fachada e do interior foron realizados polo escultor romántico Ángel García Díaz (colaborador habitual de Palacios). Un dos obxectivos do deseño era a construción dun "edificio para o público".

Plus Ultra (lema)

Plus ultra é unha locución latina que significa "Máis aló" e é o lema de España.

Rocha de Xibraltar

A Rocha de Xibraltar (en castelán: Peñón de Gibraltar, en inglés: Rock of Gibraltar) é unha península angosta e rochosa que sobresae de xeito pronunciado nun dos ángulos da baía de Alxeciras. Trátase dun fe­nómeno xeolóxico, colocado no paso entre o Atlántico e o Mediterráneo. A Rocha é propiedade da Coroa do Reino Unido e limita ao norte con España. A soberanía sobre Xibraltar foi transferida ao reino de Gran Bretaña en 1713 mediante o Tratado de Utrecht tras a guerra de sucesión española.Ten 6,8 quilómetros de superficie e na súa parte máis larga só 1,2 quilómetros. As súas paredes son moi verticais e caen sobre o mar dende a súa máxima altura de 426 metros. Estas características fan que fose un paso marítimo moi importante e que dende el se puidese controlar o tráfico de barcos polo Estreito. A rocha aparece mencionada no mito das columnas de Hércules, que o heroe grego separaría para crear o paso do Estreito, lenda que se recolle no escudo de España.

A rocha está unida á terra firme por un baixo istmo areoso de 1.600 metros de longo e 800 metros de largo. Integramente dentro do territorio de Xibraltar, pertence ao Reino Unido.

Valentín Paz-Andrade

Valentín Paz-Andrade, nado no barrio pontevedrés de Lérez o 23 de abril de 1898 e finado en Vigo o 19 de maio de 1987, foi un xurista, economista, político, empresario, escritor, poeta e xornalista galeguista. En 2012 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Escudos e emblemas dos estados de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.