Escudeiros, Ramirás

San Xoán de Escudeiros é unha parroquia do concello de Ramirás na comarca da Terra de Celanova , na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 64 habitantes, deles 25 eran homes e 39 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Coordenadas: 42°12′23.9″N 8°4′39.8″O / 42.206639, -8.077722

Escudeiros
Detalle cruceiro Escudeiros, Ramirás
Detalle do cruceiro da igrexa parroquial.
ConcelloRamirás
Poboación58 hab. (2017)
Entidades de poboación1

Lugares e parroquias

Serpe cruceiro Escudeiros, Ramirás
Serpe no cruceiro de Escudeiros.

Parroquias de Ramirás

Véxase tamén

Outros artigos

Escudeiros, Escudeiros, Ramirás

Escudeiros é o único lugar da parroquia de Escudeiros, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o IGE do 2009 tiña 64 habitantes dos que 24 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón unha perda de habitantes con respecto a 2008.

Lois Antón

Lois Antón Pérez, nado en Escudeiros (Ramirás) nado en 1931 e finado o 28 de xullo de 2018, é un escritor galego, autor de teatro e poesía.

Louredo, Cortegada

San Xoán de Louredo, (do latín lauretum, de laurum máis o sufixo abundancia etum, 'lugar onde hai loureiro'; fitotopónimo) é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense, na comarca do Ribeiro, a 345 metros sobor o nivel do mar. No ano 2007 tiña 123 habitantes, dos cales 60 eran homes e 63 eran mulleres, cunha maioría deles con idades superiores a 50 anos (pirámide poboacional invertida). En 2011 tiña 121 habitantes.

Xoán (nome)

Xoán, ou a variante Xan, (feminino Xoana) é un nome de pía masculino en galego. Vén do hebraico יוחנן (Yôḥānnān), que quere dicir 'O fidel a Deus'. Do hebraico orixinario pasou a outras linguas. Ιωάννης (Ioannis) é a versión de Yôḥānnān que pasou ao grego. De aí evoluíu até chegar ao galego-portugués: Iohanne > Johan e de aí ao galego moderno Xoham > Xoán, de feminino: Xoana. Xan era un diminutivo común en Galiza hai pouco tempo como demostra a toponimia e a lingua oral: ser un Xan, Xan de Outeiro.

O patronímico de Xoán ou Iohan deu en Galiza Iohannis: 1177:Pedro Iohannis, usado como xenitivo, formaranse despois varios resultados diferentes: Anes (1262: Pedre Anes; 1454: Maria Anes,) Eans, Eanes, Enes, Ennes, Ianes, Yanes (1385: Afonso Yanes Traveso; 1273: Eldora Yanes, que en 1276 aparece como Eldora Eanes; 1275: Laurenço Ianes d'Ourense; 1396: Eynes Ianes), Oanes (1082: Tota Joanis; 1272: Migael Joanes; 1279: Gonzaluo Oanes).

Hoxe é común o castelanizado: Yáñez ('fillo de Xoán o Iohan'). En inglés é Johnson ('fillo de John') e Evanson ou Evans ('fillo de Ewan').

Un nome equivalente a Xoán é Iván, que vén da versión rusa do nome, e que transliterado conserva maior semellanza coa grafía antiga.

Xoán Carlos Domínguez Alberte

Xoán Carlos Domínguez Alberte, nado en Escudeiros (Ramirás) o 24 de xullo de 1966, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.