Escorbuto

O escorbuto[1] (do latín scorbutus) é unha doenza que ten como primeiros síntomas hemorraxias nas enxivas, tumefacción purulenta das enxivas (inchazón con pus), dores nas articulacións, feridas que non cicatrizan, alén de desestabilización dos dentes. É provocada pola carencia grave de vitamina C na dieta.

Hai máis de douscentos anos, xa se sabía que algúns alimentos eran necesarios para manternos saudábeis. Entendeuse, por exemplo, que os mariñeiros que ficaban moito tempo no mar acababan doentes. Eses homes, que consumían principalmente bolachas e carne de porco salgada, pasaban longos períodos sen inxerir follas ou froitas frescas. Por ese motivo eran atacados polo escorbuto.

Por volta de 1800, descubriuse que ese mal podería ser evitado se se engadían á súa dieta zumes de limón e repolo acedo. Moito máis tarde, verificouse que eses alimentos conteñen gran cantidade de vitamina C e que a inxestión diaria de pequenas doses desa vitamina evita o escorbuto.

Scorbutic tongue
O escorbuto pode ocasionar inflamacións na lingua.

A vitamina C é importante para o corpo porque ela é un cofactor da encima prolil-hidrolixase, que fai a hidroxilación do aminoácido prolina nas cadeas alfa de coláxeno. Esa hidroxilación é tan importante porque aumenta o número de conexións de hidróxeno na molécula e dá maior rixidez ó coláxeno, que é a principal proteína estrutural do corpo.

Escorbuto
Clasificación e recursos externos
upright=1.06}}}}}
Enxivas sangrantes.
OMIM240400
DiseasesDB13930
MedlinePlus000355
eMedicinederm/521 ped/2073 radio/628
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para escorbuto.
Albert Szent-Györgyi

Albert Szent-Györgyi de Nagyrápolt, nado en Budapest o 16 de setembro de 1893 e finado en Woods Hole, Massachusetts, o 22 de outubro de 1986, foi un fisiólogo húngaro, galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1937.

O seu pai, Miklós Szent-Györgyi era terratenente. A súa nai, Jozefin, era filla de József Lenhossék e irmá de Mihály Lenhossék, ambos profesores de anatomía na Universidade de Budapest.

Os traballos de Szent-Györgyi estiveron relacionados coa química da respiración. Na Universidade de Szeged, empregou o pemento como fonte de vitamina C (o L-enantiómero do ácido ascórbico) e deuse conta da súa actividade contra o escorbuto. Estudou a oxidación celular e descubriu a vitamina C en 1927.

En 1937 recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina polos seus descubrimentos en relación cos procesos de combustión biolóxica, en especial os referidos á vitamina C e a catalese do ácido fumárico.

Coláxeno

Coláxeno é a denominación dun grupo de proteínas animais, que abundan especialmente na carne e tecido conectivo dos vertebrados. É o principal compoñente do tecido conectivo, e é a proteína máis abundante nos animais, xa que supón aproximadamente entre o 25% e o 35% do total das proteínas corporais. O coláxeno en forma de fibrilas alongadas, é abundante nos tecidos fibrosos como tendóns, ligamentos e pel, e tamén na córnea, cartilaxe, óso, vasos sanguíneos, intestinos, discos intervertebrais etc. No tecido muscular o coláxeno é un dos principais compoñentes do endomisio. O coláxeno constitúe o 1 ou 2 % do tecido muscular, e supón o 6% do peso dos músculos tendinosos fortes (pero non ten nada que ver coas proteínas que causan a contracción muscular, actina e miosina).Os coláxenos máis abundantes son os que forman fibras, pero tamén os hai que forman mallas ou conexións entre moléculas da matriz extracelular.

A principal célula que fabrica coláxeno é o fibroblasto. A xelatina, que se usa na alimentación e na industria, está feita de coláxeno irreversiblemente hidrolizado.

Curaçao

Curaçao (Curaçao en neerlandés, Kòrsou en papiamento) é unha illa no sur do Mar Caribe, a uns 50 km da costa occidental de Venezuela, que forma parte do Caribe Neerlandés. O País de Curaçao papiamento: Pais Kòrsou), que inclúe a illa principal e a pequena illa deshabitada de Klein Curaçao ("Pequeno Curaçao"), é un país do Reino dos Países Baixos. Ten unha poboación de máis de 150.000 habitantes nun área de 444 km² a súa capital é Willemstad.

Antes do 10 de outubro de 2010, cando se disolveron as Antillas Neerlandesas, Curaçao administrouse como o territorio insular de Curaçao (holandés: Eilandgebied Curaçao, papiamento: teritorio Insular dei Kòrsou), un dos cinco territorios insulares das antigas Antillas Holandesas.

Fernão de Magalhães

Fernão de Magalhães, nado en Sabrosa (distrito de Vila Real) na primavera de 1480 e finado en Filipinas o 27 de abril de 1521, foi un navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar o Estreito de Magalhães así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do Océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.

Henrique VIII de Inglaterra

Henrique VIII Tudor, nado o 28 de xuño de 1491 e finado o 28 de xaneiro de 1547, foi Rei de Inglaterra a partir do 21 de Abril (coroado a 24 de xuño) de 1509, até a súa morte. Foille concedido o título de rei de Irlanda polo Parlamento Irlandés en 1541, tendo obtido anteriormente o título de Lord de Irlanda.

Illas Marianas

As Illas Marianas son un exemplo clásico dun arco volcánico, unha cadea de montañas ou illas volcánicas en arco, localizadas en zonas de subdución de placas tectónicas, neste caso, na rexión do Océano Pacífico occidental onde a Placa do Pacífico se atopa coa Placa das Filipinas.

Atópanse a norte das Illas Carolinas, que forman os Estados Federados de Micronesia, a preto de 2000 km a norte de Nova Guinea e aproximadamente á mesma distancia das Filipinas, a suroeste, e do Xapón, a noroeste.

Son 15 illas, cunha orientación aproximada norte-sur, das cales a que fica máis ao sur, Guam é un territorio dos Estados Unidos de América e as restantes 14 forman o “Estado Libre Asociado” (ou Commonwealth) das Marianas do Norte, tamén dependentes dos EUA.

James Cook

James Cook, nado o 27 de outubro de 1728 en Middlesbrough (Inglaterra) e finado o 14 de febreiro de 1779 en Hawai, foi un explorador, navegante e cartógrafo británico. Cook fixo mapas detallados das costas de Terranova antes de facer tres viaxes ao océano Pacífico, nos que logrou explorar as principais illas desta rexión. Entre outros, foi o primeiro europeo en explorar a costa oriental de Australia e as illas Hawai e fixo a primeira circunnavegación de Nova Zelandia..

james Cook entrou na mariña mercante británica cando era adolescente e en 1755 alistouse na Royal Navy (Armada Real británica) onde alcanzaria o rango de capitán. Participou na guerra dos Sete Anos, e posteriormente estudou e mapeou gran parte da entrada do río San Lourenzo durante o asedio de Quebec. Isto permitiu que o xeneral Wolfe puidese executar con éxito o seu ataque ás Chairas de Abraham, este feito fixo prestar a atención do Almirantado Británico e a Real Sociedade cara a Cook. Este feito produciuse nun momento crucial, tanto na súa carreira persoal como na dirección da exploración británica de ultramar. Deste xeito, en 1766 partiu como comandante do HMB Endeavour para o primeiro dos seus tres viaxes polo océano Pacífico.

Cook cartografou moitas áreas e rexistrou varias illas e zonas costeiras nos mapas europeos por primeira vez. Os seus resultados poden ser asignados a unha combinación de navegación, superior levantamento cartográfico e competencias, o valor en explotar lugares perigosos para confirmar os feitos (por exemplo, a inmersión no Círculo polar antártico repetidamente e explorar arredor da Gran Barreira de Coral), unha capacidade de dirixir os homes en condicións adversas, e ousadía, tanto en relación á medida da súa explotación ea súa vontade de superar as instrucións dadas a el polo Almirantado.Un feito de suma importancia na primeira viaxe foi que ningún home da súa tripulación morreu de escorbuto, afección que había decimado moitas expedicións marítimas anteriores. Isto debeuse a unha especial preocupación de Cook para mellorar as condicións de hixiene e a dieta dos seus subordinados durante a viaxe, no que incluíu os cítricos como preventivos da enfermidade, segundo un descubrimento do médico inglés James Lind.Abriu o camiño das exploracións científicas e antropolóxicas, e das grandes viaxes de navegación.

Foi asasinado en Hawai nun combate contra hawaianos, na súa terceira viaxe exploratoria polo Pacífico.

Limoeiro

O limoeiro (Citrus limon) é unha pequena árbore perenne, da familia das rutáceas, que pode alcanzar os 6 m de altura; posúe cortiza lisa e madeira dura e amarelenta moi apreciada para traballos de ebanistaría. Forma unha copa aberta con gran profusión de pólas, as súas follas son elípticas, coriáceas de cor verde mate (de 5 a 10 cm), acabadas en punta e con bordos ondulados ou finamente dentados. As aromáticas flores presentan grosos pétalos brancos tinxidos de rosa ou violeta na parte externa, con numerosos estames (20-40). Xorden illadas ou formando pares a partir de xemas coloradas.

O limoeiro é orixinario de Asia e foi descoñecido por gregos e romanos, sendo mencionado por primeira vez no libro sobre agricultura Nabathae contra os séculos III ou IV. O seu cultivo non foi desenvolvido no oeste até despois da conquista árabe, estendéndose entón por toda a costa mediterránea onde se cultiva abundantemente, debido á benignidade do clima, para consumo interno e de exportación.

O seu froito, o limón, posúe un alto contido en vitamina C (501,6 miligramos) e ácido cítrico (49,88 gramos) por litro. Utilízase para elaborar sobremesas ou bebidas naturais como a limoada. Era moi utilizado entre os antigos mariñeiros que pasaban longos períodos no mar sen acceso a outras froitas ou hortalizas, para evitar o escorbuto.

Existe unha ampla gama de variedades de limoeiros, existindo limóns doces (máis grandes e con pel agradábel) e limóns de tamaño medio (máis agres). Hai variedades de colleita estacional (no outono e inverno), e hai outros de colleita perpetua (case todo o ano).

Tamén hai variedades de lima, que son uns pequenos limóns de cor verde e moito máis agres. En América son moi populares.

Limón

O limón é o froito do limoeiro (Citrus limon), arbusto de 5 a 10 metros de altura, da familia das Rutáceas.

Os limóns existentes son de dous tipos: o limón doce, froito decorativo cuxo zume é pouco ou nada acedo, con todo clasificado Citrus limon (L.) Burm. f. (clasificación de Tanaka); e o máis común limón acedo, cuxo zume ten un pH de aproximadamente 2,5.

Esta froita madura ten unha casca que varía de verde suave a amarelo brillante baixo a acción do frío. No hemisferio norte madura a finais do outono e principios do inverno. A súa carne é suculenta e o seu zume rico en vitamina C (un litro de zume contén aproximadamente 500 miligramos de vitamina C e 50 gramos de ácido cítrico). Ao ser de fácil conservación e dada a súa riqueza en vitamina C, os navíos comezaron a transportalo a bordo e usalo como dieta para combater o escorbuto, ao tempo que o espallaban por todo o planeta. As súas aplicacións na vida doméstica son innúmeras. Co zume da froita, prepáranse refrixerantes, sorbetes, mollos e aperitivos, así como remedios, xaropes e produtos de limpeza. Da casca extráese un aceite esencial, usado en perfumaría e na preparación de licores e xabóns, que contén entre outras substancias o limoneno e o citral.

Mar de Laptev

O mar de Laptev (en ruso, море Лаптевых) é un mar marxinal do océano Glacial Ártico, que se estende pola costa oriental de Siberia, península de Taimir, a Terra do Norte e as illas de Nova Siberia. O seu límite máis setentrional está no cabo Ártico ata un punto coas coordenadas 79°N e 139°E para cerrar no cabo Anisiy.O mar de Kara queda ao oeste, o mar de Siberia Oriental ao leste. A superficie deste mar é de aproximadamente 672.000 km². É navegable durante os meses de agosto e setembro.

O mar de Laptev leva o seu nome en recoñecemento a dous exploradores e curmáns rusos, Dmitry Laptev e Khariton Laptev, que realizaron campañas de recoñecemento das súas costas. Anteriormente, este mar era coñecido como mar Nordenscheld ou Nordenskjöld, en recoñecemento ao primeiro navegante da Ruta do Mar do Norte, Adolf Erik Nordenskiöld.Administrativamente, as súas ribeiras pertencen ao Krai de Krasnoyarsk e á República de Sakha.

Prolina

A prolina (abreviadamente Pro ou P) é un α-aminoácido presente nas proteínas, que se caracteriza por presentar un enlace entre a súa cadea lateral alifática e o grupo α-amino do aminoácido (o cal forma unha amina secundaria), formando un ciclo.

Os seus codóns son CCU, CCC, CCA, e CCG. Non é un aminoácido esencial, xa que o podemos sintetizar a partir de precursores sinxelos. Considérase un aminoácido glicoxénico, xa que na súa degradación orixina α-cetoglutarato. A súa forma máis común é o isómero L S.

A prolina descubriuna Hermann Emil Fischer entre 1899 e 1908.

Quebec

Este artigo trata da provincia canadense do Quebec. Para o artigo sobre a súa capital véxase Quebec (cidade).O Quebec (en francés: Québec) é unha provincia do Canadá cunha poboación de preto de 7,5 millóns de habitantes. A maioría dos quebequeses falan o francés. A capital do Quebec é a cidade de Quebec e a súa metrópole é Montreal.

Salgadura

Denomínase salgadura ou salga a un método destinado a preservar os alimentos, mediante a adición de sal, de forma que se atopen dispoñibles para o consumo durante un maior tempo. O efecto da salgadura é a deshidratación parcial dos alimentos, o reforzo do sabor e a inhibición dalgunhas bacterias.

Existe a posibilidade de salgar froitas e vexetais, aínda que o frecuente é aplicar o método en alimentos tales como carnes ou peixes.

A miúdo adóitase empregar para a salgadura unha mestura de sal procedente dalgunha salina acompañando con nitrato sódico e nitrito. É moi habitual tamén durante as fases finais acompañar o sal con condimentos tales como pemento, canela, sementes de aneto ou mostaza.

Saúde

Saúde é definida pola Constitución de 1996 da Organización Mundial da Saúde coma o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades . Tamén pode definirse coma o nivel de eficacia funcional e/ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro (celular) coma no macro (social).

..."A saúde mídese polo shock que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida. Así, o sistema de vida convértese en criterio de saúde. "Unha persoa sa é aquela que pode vivir os seus soños non confesados plenamente"... Moshé Feldenkrais

Vitamina

As vitaminas (termo chegado dende o inglés, creación da lingua científica que combina o latín vita ‘vida’ e amine ‘amina’, porque se pensou que as vitaminas contiñan aminoácidos) son compostos heteroxéneos que non poden ser sintetizados polo organismo, polo que este non pode obtelos máis ca a través da inxestión directa. As vitaminas son nutrientes esenciais, imprescindibles para a vida.

Actúan como coenzimas e grupos prostéticos dos enzimas. Os seus requirimentos non son moi altos, pero tanto o seu defecto coma o seu exceso poden producir enfermidades (respectivamente, avitaminoses e hipervitaminoses).

As vitaminas adóitanse clasificar segundo a súa solubilidade en auga ou en lípidos:

Hidrosolubles:

Vitamina C ou ácido ascórbico (antiescorbútica)

Complexo B

Vitamina B1, tiamina, aneurina ou vitamina antiberibérica

Vitamina B2, riboflavina, lactoflavina, verdoflavina ou vitamina Q

Vitamina B3, niacina, ácido nicotínico, nicotinamida ou vitamina PP

Vitamina B5 ou ácido pantoténico

Vitamina B6, piridoxina, piridoxal, piridoxamina ou adermina

Vitamina B7, biotina, factor bios, coenzima R, vitamina H, vitamina B8, vitamina Bw

Vitamina B9, ácido fólico, folacina, factor S, factor U, vitamina 10, vitamina 11 ou vitamina M

Vitamina B12, cianocobalamina ou factor extrínseco de Castle

Vitamina B15* ou ácido pangámico

Vitamina B17*, laetril ou amigdalina

Vitamina BT ou carnitinaNota: as marcadas cun (*) non se consideran realmente vitaminas.

Liposolubles:

Vitamina A, retinol, vitamina antixeroftálmica ou vitamina antiinfecciosa

Vitamina D, calciferol (colecalciferol ou D3) (antirraquítica)

Vitamina E, tocoferol, vitamina antiesterilidade ou vitamina da fertilidade

Vitamina K, naftoquinona, filoquinona, vitamina antihemorráxica

Vitamina C

A vitamina C ou ácido ascórbico é unha molécula usada na hidroxilación de varias reaccións bioquímicas nas células. A súa principal función é a hidroxilación do coláxeno, a proteína fibrilar que dá resistencia aos ósos, dentes, tendóns e paredes dos vasos sanguíneos. Alén diso é un poderoso antioxidante, usándose para transformar os radicais libres de osíxeno en formas inertes. Úsase tamén na síntese dalgunhas moléculas que serven como hormonas ou neurotransmisores.

Todos os efectos da vitamina C son importantes para doentes con deficiencias. Non existe hipervitaminose de vitamina C a través dos alimentos, pero se se toma sinteticamente e en exceso pode ser daniño. Ten os seguintes efectos no organismo en doses moderadas:

Favorece a formación dos dentes e ósos;

Axuda a resistir ás doenzas.

Prevén gripes, fraqueza muscular e infeccións. Axuda sen dúbida en doentes xa con escorbuto.

Axuda o sistema inmunolóxico e a respiración celular, estimula as glándulas suprarrenais e protexe os vasos sanguíneos.A carencia desta vitamina provoca a avitaminose designada escorbuto.

Vitus Bering

Vitus Jonassen Bering, nado en Horsens, Xutlandia, Dinamarca o 12 de agosto de 1681 e finado na illa de Bering (Rusia) o 19 de decembro de 1741, foi un mariño e explorador danés ó servizo de Rusia, que explorou a costa siberiana dando nome ó estreito de Bering. En Rusia era coñecido como Iván Ivánovich Bering.

Willem Barents

Willem Barents, nado en 1550 e finado en 1597, foi un navengante e explorador holandés.

Willem Schouten

Willem Cornelisz Schouten, nado en 1567, e finado en 1625, foi un navegador neerlandés natural da cidade de Hoorn. Con Jacob Le Maire realizou unha viaxe de exploración do Océano Pacífico descubrindo o Cabo de Fornos. As illas Schouten, ó norte da Nova Irlanda, Papúa Nova Guinea, recibiron o seu nome.

Willem Schouten era un navegante con experiencia que xa tiña feito tres viaxes para a Compañía Holandesa das Indias Orientais. Xuntouse á Compañía Australiana, organizada en Hoorn, como capitán do Eendracht na expedición de Jacob Le Maire (1615-1616). O seu irmán, Jan Schouten, era o capitán do Hoorn que se incendiou mesmo antes de dobrar o cabo de Fornos, e pouco despois Jan morreu de escorbuto.

Cruzou o Pacífico descubrindo, entre outras illas, as illas Hoorn (Futuna e Alofi en Wallis e Futuna), nome da súa cidade natal. Convenceu a Le Maire a seguir a ruta polo norte da Nova Guinea, doutro xeito irían parar ó perigoso Mar do Coral ó norte de Australia.

O navío foi confiscado en Xava por quebrar o monopolio da Compañía Holandesa das Indias Orientais, e Schouten foi enviado a Ámsterdam. Axiña publicou o relato da viaxe, en 1618, con gran éxito popular e múltiples reedicións e traducións.

Nunha quinta viaxe morreu, en 1625, próximo a Antongil, en Madagascar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.