Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), tamén coñecida como Universidade Popular, é un organismo autónomo dependente do Concello de Vigo, adicado a formación gratuíta disciplinas e oficios artísticos.

Coordenadas: 42°14′15.55″N 8°43′10.77″O / 42.2376528, -8.7196583

Escola Municipal de Artes e Oficios
Escola de Artes e Oficios, ano 1900, Vigo
Fachada da Rúa Pontevedra
Enderezo
Rúa García Barbón, 5, Vigo
Datas
Creación1885
Educación
EnsinanzasArtísticas
Xestión
TipoEscola de artes e oficios
Concello de Vigo
Outros nomes
EMAO, Universidade Popular
Na rede
hoxe.vigo.org

Historia

A escola foi fundada en 1885 pola Sociedade de Socorros Mutuos La Cooperativa, por iniciativa do seu residente de honra e ex-ministro Eduardo Chao, e foi inaugurado o 26 de setembro de 1886. O seu obxectivo era o de facilitar a educación de mulleres e obreiros e outros colectivos que tiñan difícil acceso a instrución elemental. En 1888, co fin de facilitar o financiamento do centro, entregou a titularidade da escola ao concello vigués. En 1890 [1] (en 1897 segundo outras fontes)[2], José García Barbón encargou o arquitecto Michel Pacewicz o deseño dun edificio que albergara a escola, que se inaugurou en 1900. O edificio posteriormente foi doado a cidade a condición de que o ensino alí impartido fose gratuíto e que o concello da cidade xestionase o edificio. Tamén doou unha biblioteca de 5.000 volumes que se situou no edificio.

Nos primeiros anos a formación impartida incluía aritmética, xeometría, debuxo lineal e artístico, esterotomía e música para os homes; para as mulleres as materias eran caligrafía, aritmética, teneduría, corte e confección.

Ata o franquismo a institución continuou coa súa filosofía, pero posteriormente adoptou o seu programa o ensino regrado, e máis adiante ampliou a súa oferta a novas expresións artísticas e a novas necesidades formativas.

A partir dos anos 70 a Escola pasou a chamarse Universidade Popular de Vigo, seguindo modelos do momento, pero no ano 2003 recuperou a súa denominación orixinal, o que lle obrigou a adaptar o seu curriculum oficial as directrices deste tipo de centros. Dende 1998 ata 2002 o edificio foi pechado por reformas, e as súas aulas foron trasladadas, sen que se interrompera a actividade.

Currículo formativo

Actualmente, dentro do ensino regrado e homologado oficialmente están os ciclos superiores de cerámica artística, encadernación artística, gravado, técnicas de estampación e serigrafía. Dentro do ensino regrado, pero non homologado con título oficial, impártese cun plan idéntico os ciclos formativos de construción artesanal de instrumentos musicais, coas especialidades de zanfona, gaita e luthería antiga.

Fora do ensino profesional impártense aulas de pintura, debuxo, escultura e talla, moda, ourivaría, artes gráficas, repuxado en coiro e encaixe de palillos. A institución tamén tenta impartir cursos relacionados con oficios tradicionais galegos, e cursos intensivos relacionados coa filosofía do centro.

Ensinanza musical

Os estudios musicais teñen grande importancia dentro do currículo do centro. En 1996 nace o Conservatorio de Música tradicional, dirixido por Rodrigo Romaní. Dentro deste conservatorio inclúense cursos de interpretación musical, construcións de instrumentos ou tecnoloxías aplicadas a música. No ano 2008 o Conservatorio pasa a chamarse e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo), que engloba toda a proposta educativa sobre música tradicional.

Na escola tamén xurdiron outras iniciativas importantes. En 1984 naceu a Banda de Gaitas Xarabal, que integra na súa formación un grande número de instrumentos, en resposta a variedade formativa do centro. O Grupo Didáctico de Instrumentos Musicais Populares Galegos tamén naceu no seo da institución. Dito grupo organiza concertos didácticos e ten editado un disco coa mesma intención divulgativa.

No ano 2001 xorde tamén dentro do seo a escola a orquestra de folk contemporáneo SonDeSeu, unha orquestra folk contemporánea.

Notas

  1. A Universidade Popular de Vigo recupera a súa denominación histórica e transfórmase nunha Escola de Artes e Oficios, en Culturagalega.org (vistado o 6/6/2010)
  2. Escola de Artes e Oficios de Vigo dentro do Arquivo da Emigración Galega do Consello da Cultura Galega (visitado o 6/6/2010)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alejandro Curty Pena

Alejandro Curty Pena, nado en Vigo o 17 de maio de 1876 e finado en Vigo o 15 de abril de 1944, foi un escultor e artista galego.

Benedicto Conde

Benedicto Conde González, coñecido como Bene, nado en 1895 en Castrelos, Vigo, e finado en Vigo o 31 de marzo de 1987, foi un xornalista e fotógrafo galego.

Camilo Nogueira Martínez

Camilo Nogueira Martínez, nado o 22 de xullo de 1904 no daquela concello de Lavadores e finado o 2 de marzo de 1982 ibídem, foi un escultor e político galego.

Gaita

Este artigo trata sobre o instrumento en xeral, para a versión galega véxase o artigo: Gaita galega.

A gaita é un instrumento musical de vento que na súa forma máis simple consiste nunha bolsa de coiro (fol), no que se almacena o ar que fai que soe o instrumento, ao que se ligan varios tubos, un polo que se sopra (soprete) e un ou varios tubos sonoros, como o tubo melódico (punteiro) e as varas, que varían entre cero e tres (na gaita galega denomínase roncón).

Manuel Coia

Manuel Coia Franco, nado no Hio (Cangas) en 1940 e falecido en Vigo o 5 de xuño de 2017, foi un escultor galego.

Manuel Uhía

Manuel Uhía Lima, ou Manolo Uhía, nado en Portonovo (Sanxenxo) o 3 de xuño de 1944, e residente en Vigo, é un pintor, ilustrador e escritor de literatura infantil, galego.

Silverio Rivas

Silverio Rivas Alonso, nado en Ponteareas o 24 de novembro de 1942, é un escultor galego con obradoiro en San Xoán de Paramos, Tui.

SonDeSeu

SonDeSeu é a primeira orquestra de música folk e tradicional de Galiza, considerada como unha das primeiras orquestras folk de Europa, formada por 67 membros e dirixida por Rodrigo Romaní. É tamén unha das primeiras orquestras europeas de música folk contemporánea. O seu repertorio consta de temas procedentes da tradición oral da música popular de Galiza, arranxados especialmente para a formación polos seus compoñentes e responsables das distintas seccións, que abranguen gaitas, percusión, zanfonas, violíns, requintas e frautas de madeira, canto, arpas e corda pulsada.

Wenceslao Requejo Pérez

Wenceslao Requejo Pérez, nado en Vigo o 4 de novembro de 1866 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1947, foi un profesor galego, membro fundador da RAG.

Xesús Conde González

Xesús Conde González, nado en Castrelos, Vigo en 1906 ou 1909 e finado na mesma cidade, foi un carniceiro, escritor e debuxante galego.

Xosé Armesto Faginas

Xosé Francisco Armesto Faginas, nado en Tui o 5 de outubro de 1945 e finado en Vigo o 3 de novembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Xoán Piñeiro Nogueira

Xoán Piñeiro Nogueira, nado no Hío (Cangas) en 1920 e finado no Porriño en 1980, foi un escultor galego.

De interese en Vigo
Inmobles
Arte e cultura
Deporte e instalacións
Natureza
Outros artigos
Eventos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.