Esclerocio

Un esclerocio[1] é unha masa compacta de micelio endurecido que contén reservas alimenticias. Un papel dos esclerocios é sobrevivir en períodos ambientais extremos. Nalgúns fungos superiores como Claviceps, os esclerocios despréndense e fican en dormencia até se daren as condicións favorábeis para o desenvolvemento dun novo micelio. Outros fungos que producen esclerocios son patóxenos nas colleitas de colza. Estes fungos adoitan ser controlados co uso de funxicidas e a rotación de culturas.

Sclerotinia sclerotiorum é outro fungo produtor de esclerocios que pode producir importantes doenzas en cultivos de pataca, feixón, leituga, tomate, aipo, coliflor e repolo.

Ergot01
Esclerocios de Claviceps sp. nunha espiga de trigo.

Notas

  1. Nome en galego en Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991; a través do Buscatermos da USC
Alfalfa

A alfalfa, alforfa ou lucerna ( Medicago sativa), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das fabáceas ou legumes empregada coma forraxe.

Cultívase en todo o mundo. No caso de Galiza non é unha cultura común, porén, agás en casos extremos e zonas moi sombrizas, a alforfa pódese sementar en calquera zona de Galiza e da cornixa cantábrica.

Balor mucilaxinoso

Balor (ou mofo) mucilaxinoso (ou mucoso) é un termo de significado amplo que se usa para designar a certos grupos de organismos protistas que utilizan esporas para reproducirse, pero que non ten significado taxonómico. Os balores mucilaxinosos foron inicialmente clasificados como fungos, xa que se parecían a eles, pero xa non son considerados parte do reino dos fungos, polo que non hai que confundilos cos verdadeiros balores ou mofos, que si o son. O termo inclúe a grupos diversos, que non están relacionados entre si, pero aínda se usa moito por conveniencia para agrupar a certo tipo de protistas.

Hai máis de 900 especies de balores mucilaxinosos ou mofos mucosos, cunha grande variedade de cores, distribuídos por todo o mundo. O seu nome común débese a que durante parte do seu ciclo de vida estes organismos forman unha mucilaxe xelatinosa na que están incluídas moitas células. Esta fase do ciclo vese principalmente nos Myxogastria, que son mofos mucosos macroscópicos grandes. A maioría dos balores mucilaxinosos son de tamaño menor a uns poucos centímetros, pero algunhas especies poden chegar a ter áreas de varios metros cadrados e masas de ata 30 gramos.Moitos balores mucilaxinosos, concretamente os chamados balores mucilaxinosos "celulares", en realidade non pasan a maior parte da súa vida neste estado. Se teñan alimento dabondo, estas especies permanecen en forma de organismos unicelulares. Pero cado escasea o alimento, moitos deles congréganse e empezan a moverse todos xuntos como se fosen un só corpo. Neste estado son sensibles a compostos químicos que flotan no aire e poden detectar as fontes de alimento. Poden facilmente cambiar a forma e función das súas partes e poden formar pedúnculos que producen corpos frutíferos, dos que se liberan innumerables esporas, que son o suficientemente lixeiras como para que as leve o vento ou as transporten sen querer os animais que pasan.Aliméntase de microorganismos que viven sobre todo tipo de material vexetal morto. Contribúen á descomposición da vexetación morta, e aliméntanse de bacterias, lévedos e fungos. Por esta razón, os mofos mucosos atópanse xeralmente no solo, céspedes, e no chan dos bosques, xeralmente sobre troncos caídos. Porén, nos trópicos tamén son comúns en inflorescencias, froitas, e en ambientes máis aéreos, como as copas das árbores. En áreas urbanas, poden atoparse no humus superficial ou mesmo en follas descompostas que quedan nos caleiros de escoamento de tellados, e tamén poden crecer nos aparellos de aire acondicionado, especialmente se as drenaxes están bloqueadas. Un dos balores mucilaxinosos máis comúns é a especie de cor amarela Physarum polycephalum, que se encontra nos bosques e se usa moito en laboratorios.

Micotoxinas

As micotoxinas (toxinas producidas por fungos) son substancias tóxicas elaboradas durante o crecemento de determinados grupos de fungos nos alimentos: coñécense ata 200 especies de fungos capaces de producir micotoxinas. Estas toxinas poden provocar diferentes efectos nocivos nos homes ou animais que consomen eses alimentos e, se se inxiren en concentracións elevadas poden provocar enfermidades graves, como o cancro de fígado, de ril ou doutros órganos.

A palabra micotoxina deriva do grego mikes (fungo) e toxicum (veleno). Baixo esta denominación agrúpanse unha serie de compostos de baixo peso molecular prexudiciais para animais vertebrados, excluíndo bacterias e plantas, producidas por fungos, que non perden a súa toxicidade por tratamento térmico nin por acción dos complexos enzimáticos gastrointestinais. Tamén se exclúen aquelas toxinas presentes nos cogomelos velenosos.As micotoxinas son metabolitos secundarios dos fungos, é dicir, non son indispensables para a súa supervivencia, e maioritariamente fórmanse cando a fase de desenvolvemento chega á súa etapa final e durante a fase estacionaria dos mesmos, sendo a miúdo relacionadas coa fase de diferenciación e esporulación. As micotoxinas poden contaminar alimentos ou materias primas utilizadas para a súa elaboración, dando lugar a un grupo de enfermidades denominadas micotoxicose, que presentan as seguintes características comúns:

Son enfermidades non transmisibles

O tratamento farmacolóxico ten pouco ou ningún efecto

Nos brotes observados no campo o problema é estacional debido a que as condicións climáticas afectan ao desenvolvemento do fungo, e o brote está comunmente asociado a un alimento ou forraxe específica As micotoxicoses agudas representan un problema de saúde animal, posto que os alimentos contaminados son rexeitados para consumo humano e destínanse ao consumo do gando. No home presentan maior importancia as micotoxicoses crónicas por exposicións prolongadas a estas substancias. Os efectos adversos das micotoxinas poden afectar a distintos aparellos e órganos, especialmente ao fígado, ril, sistema nervioso, endócrino e inmunitario, e os síntomas que presentan poden ser moi variables en función da substancia implicada e da variabilidade individual. Os fungos poden contaminar as materias primas e introducirse na cadea alimentaria directa ou indirectamente. A contaminación directa pode ter lugar en calquera das fases de produción, tanto no campo como durante a recolección, o almacenamento ou o transporte. A contaminación indirecta débese ao consumo dun ingrediente previamente contaminado con un mofo tóxico, que pese a ter desaparecido, persiste a micotoxina

Streptomyces

Streptomyces é un xénero de actinobacterias que comprende numerosas especies e o xénero tipo da familia Streptomycetaceae. Describíronse unhas 500 especies de bacterias do xénero Streptomyces. Igual que as outras Actinobacteria, os estreptomicetos son grampositivos, e teñen xenomas cun contido G+C moi alto. Encóntranse predominantemente no solo e na vexetación en descomposición. A maioría dos estreptomicetos producen esporas, e é característico deles o seu olor a terra, que se orixina pola produción dun metabolito volátil chamado xeosmina.

Os Streptomyces caracterízanse por ter un metabolismo secundario complexo. Prooducen uns 2/3 dos antibióticos clinicamente útiles de orixe natural (por exemplo, neomicina e cloranfenicol). O antibiótico actualmente pouco usado estreptomicina toma o seu nome directamente deste xénero de bacterias, que o produce. Os estreptomicetos son patóxenos pouco frecuentes, aínda que hai infeccións en humanos como o micetoma, causadas por S. somaliensis e S. sudanensis, e nas plantas son patóxenos o S. caviscabies, S. acidiscabies, S. turgidiscabies e S. scabies.

No nome deste xénero está a raíz grega myces, que significa fungo, debido a que forman filamentos que lembran as hifas e micelios dos fungos, pero os Streptomyces non son fungos senón bacterias.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.