Escala de Mohs

A escala de Mohs é utilizada para medir a dureza das substancias sólidas. En xeoloxía utilízase para medir a dureza dos minerais. Foi proposta por Friedrich Mohs e baséase na resistencia dun mineral a ser raiado por outro. En mineraloxía a "dureza" non mide a resistencia do mineral a romper, senón a ser raiado.

Mohs, que era xeólogo, escolleu 10 minerais aos que atribuíu un determinado grao na súa escala comezando polo talco ao que lle deu o número 1 e rematando polo diamante ao que lle deu o 10.

A táboa é a seguinte:

Dureza de Mohs Mineral Fórmula química Dureza absoluta Imaxe
1 Talco Mg3Si4O10(OH)2 1 Talc block
2 Xeso CaSO4·2H2O 3 Gypse Arignac
3 Calcita CaCO3 9 Calcite-sample2
4 Fluorita CaF2 21 Fluorite with Iron Pyrite
5 Apatita Ca5(PO4)3(OH,Cl,F) 48 Apatite Canada
6 Ortosa (feldespato) KAlSi3O8 72 OrthoclaseBresil
7 Cuarzo SiO2 100 Quartz Brésil
8 Topacio Al2SiO4(OH,F)2 200 Topaz cut
9 Corindón Al2O3 400 Cut Ruby
10 Diamante C 1600 Rough diamond

Por non gardar a mesma proporción entre intervalos, establecéronse outros métodos para medir a dureza das substancias sólidas (ver durezas absolutas na táboa), aínda que en xeoloxía aínda se segue a usar a escala de Mohs, por ser un método simple e efectivo.

Apatita

A apatita é un mineral con cristais hexagonais e dureza 5 na escala de Mohs. A súa composición química aproximada é Ca5(PO4)3(F,Cl,OH). A cor é variábel aínda que predominan os cristais incoloros, de cor parda ou verdosa.

Boro

O boro é un elemento químico da táboa periódica que ten o símbolo B e número atómico 5. É un elemento metaloide, semicondutor, trivalente que existe abundantemente no mineral bórax. Hai dous alótropos do boro; o boro amorfo é un po marrón, pero o boro metálico é negro. A forma metálica é dura (9,3 na escala de Mohs) e é un mal condutor a temperatura ambiente.

Brookita

A brookita é un mineral con fórmula química TiO2. Pertence ao grupo dos óxidos, cristaliza no sistema rómbico, ten unha dureza de 5,5-6 na Escala de Mohs, fractura subconoidea, exfoliación débil, brillo adamantino e raia branca, gris, ou amarelada. Trátase dunha das tres formas minerais do dióxido de titanio, xunto coa anastasa e o rútilo. A beleza dalgúns cristais deste mineral, especialmente os que pertencen á variedade arkansita, fixo del un obxecto moi valorado polos coleccionistas.

Ceolita

A ceolita (do grego zein ‘ferver’ e lithos ‘pedra’) é un conxunto de diversos minerais compostos por silicatos alumínicos hidratados de metais alcalinos e alcalinotérreos.

A etimoloxía da verba ceolita fai referencia a que estas rochas cando se quentan a altas temperaturas inchan e desprenden burbullas.

Estes minerais maniféstanse en vetas de rochas ígneas básicas, particularmente basalto. Os minerais posúen densidades específicas no rango de 1,9 a 2,8 g/cm3 e durezas de entre 3 e 6 na escala de Mohs.

As ceolitas son aluminosilicatos con cavidades de dimensións moleculares de 8 a 10 ángstrom. Contén ións grandes e moléculas de auga con liberdade de movemento, para así poder permitir o intercambio iónico.

As ceolitas son utilizadas en procesos para abrandar a auga mediante un método de intercambio de ións chamado proceso ceolítico.

Cromita

A cromita é un mineral do grupo IV (óxidos) segundo a clasificación de Strunz. Debe o seu nome ao elemento cromo. A súa fórmula é FeCr2O4. Ás veces contén magnesio, aluminio ou titanio (entre outros). Algúns exemplares son feblemente magnéticos.

Cuarzo

O cuarzo é un mineral da clase 4 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz, composto de dióxido de silicio, tamén chamado sílice, SiO2. Ás veces, e incorrectamente, tamén é denominado seixo.Non é susceptíbel de exfoliación, porque cristaliza no sistema trigonal (romboédrico).

Incoloro en estado puro, pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas (é alocromático).A súa dureza é tal que pode raiar os aceiros comúns.É moi abundante nas rochas graníticas. Preséntase en cristais, ás veces de tamaños considerábeis, hexagonais, coroados por unha pirámide trigonal. Estes cristais pódense encontrar o mesmo illados que maclados segundo tres importantes leis: Delfinado, Brasil e Xapón, ou en agrupacións formando drusas ou xeodas. Os cristais adoitan presentar inclusións doutros minerais, auga ou gases. Tamén aparece en grans irregulares ou compactos.

Quimicamente moi inerte, é resistente á meteorización química que provoca a intemperie, á vez que os seus grans son moi duros e difíciles de erosionar na súa superficie. Como consecuencia, o cuarzo dun granito permanece enteiro, mentres que os outros minerais (micas e feldespatos) convértense en arxilas ao disgregárense. As arxilas son esenciais nos procesos sedimentarios, mentres que os grans de cuarzo son os que forman a maior parte das areas.

Dolomita

A dolomita é un mineral composto de carbonato de calcio e magnesio [CaMg(CO3)2]. Recibe o seu nome na honra do xeólogo francés Déodat Gratiet de Dolomieu.

Dureza

A dureza é a capacidade que ten un material de soportar esforzos sen se deformar permanentemente. Non debe confundirse coa tenacidade. Hai diversas formas de medir a dureza, se ben a maioría consiste en utilizar un pequeno indentador, dispositivo que trata de penetrar no material e que pode ser un pequeno balote ou unha agulla.

Escala

Escala pode referirse a:

escala musical, ordenación de sons. Existen varios tipos de escalas musicais:

Escala menor

Escala maior

Escala pentatónica

Escala de blues

Escala, relación de medidas entre un obxecto e a súa representación.

En cartografía, unha escala é unha relación numérica ou gráfica que existe entre a realidade e o debuxo.

Escada, unha escaleira portátil.

Escala, é un instrumento de medida.

A economía de escala, é un tipo de economía baseado na produción de grandes volumes de bens.

O factor de escala matemático.

Unha escala, é un lugar dunha viaxe na que habitualmente se deteñen un barco ou un avión.

Un volcán de Bolivia.As escalas tamén constitúen un método para clasificar obxectos ou acontecementos:

A escala de Mohs, utilizada para medir a dureza das substancias sólidas.

A escala Fujita-Pearson, serve para clasificar a intensidade dun tornado.

A escala de furacáns Saffir-Simpson, utilízase para medir a intensidade dun furacán.

A escala de Pauling, clasifica la electronegatividade dos átomos;

A escala de Richter, clasifica a magnitude dun sismo ou terremoto.

A escala Douglas, é unha escala que clasifica os diferentes estados do mar.

A escala de Celsius, é unha escala centígrada de temperaturas.

A escala humana, clasifica as dimensións dun elemento ou espazo construtivo respecto ás dimensións e proporcións do corpo.

A escala de tempo xeolóxico, é a liña do tempo desde o presente ata a formación da Terra.

Euxenita

A euxenita ou euxenita-(Y) —o seu correcto nome mineralóxico— é a forma mineral dun óxido múltiple de fórmula química (Y,Ca,Ce,U,Th)(Nb,Ta,Ti)2O6. O seu nome provén do grego εὔξενος ("hospitalario"), en alusión ao gran número de elementos raros que contén.

Goethita

A goethita é un mineral do grupo IV (óxidos e hidróxidos), segundo a clasificación de Strunz. O seu nome débese ao escritor alemán Johann Wolfgang von Goethe (1749-1832). O seu sistema é ortorrómbico bipiramidal (acicular, prismático) e a súa macla ten forma de cóbado (011). A súa morfoloxía é variada abundando as masas reniformes, fibrorradiais, compactas, follosas e estalactíticas.

É un oxihidróxido de ferro (III), de fórmula α-FeO(OH), cun contido do 63% en ferro, e onde pode encontrarse até un 5% de manganeso. A feroxihita e a lepidocrita son polimorfos deste mineral, pois teñen igual composición e fórmula e diferente sistema de cristalización. As minas máis importantes atópanse nos Estados Unidos de América, Westfalia (Alemaña), Alsacia-Lorena (Francia) e Reino Unido.

España tamén posúe importantes minas en Huelva (Minas de Riotinto), Asturias, Castellón (Mina Museo Esperanza) e Biscaia. Ten unha densidade de 4 a 4,4 g/cm³ e unha dureza de 5 a 5,5 na escala de Mohs. A súa exfoliación é perfecta (desigual) e a súa cor é negra, ocre, ás veces con irisacións. En canto ao seu brillo; este é adamantino, mate, sedoso. A raia característica deste mineral é parda amarelenta. A goethita é opaca e moi fráxil.

Lepidolita

A lepidolita é un tipo de mica de cor violácea pouco frecuente. Está composta de silicatos de aluminio e litio. Podémola atopar especialmente en pegmatitas ricas en litio. Asóciase con outros minerais de litio como espodumena en pegmatitas. É unha das maiores fontes do raro rubidio e do cesio.

Mineral

Para a función nutritiva dos minerais, ver Minerais na alimentación.Un mineral é un corpo producido por procesos de natureza inorgánica, xeralmente cunha composición química definida e, se se forma en condicións favorables (espazo, tempo e repouso axeitados), unha estrutura atómica definida pola súa cela unidade que se expresa na súa forma cristalina e outras propiedades físicas características. Adoita presentarse en estado sólido á temperatura media da Terra, aínda que algúns, como a auga e o mercurio, preséntanse en estado líquido.

A ciencia que os estuda chámase mineraloxía.

Así pois, as tres características básicas dos minerais son:

Material inorgánico de orixe natural.

Material cristalino, ordenado en celas unidade.

Material sólido, salvo raras excepcións.Hai minerais formados por un só elemento, como o xofre, ou por varios, como o cinabrio.

Método da raia

A raia, risco, trazo ou cor do po dun mineral é a cor do po producida cando se desliza con forza por unha superficie non meteorizada, e fornece así un método para clasificalo. En contraste coa cor aparente do mineral, que para a maioría pode variar considerablemente, o ronsel de po finamente moído ten xeralmente unha cor máis uniforme e característica, e polo tanto é unha ferramenta diagnóstica importante na identificación de minerais. Cando non se produce ningunha raia aparente, dise que é branca ou transparente. A raia é especialmente importante para os materiais opacos ou con cor, pero é menos útil para os silicatos, moitos dos cales teñen unha raia branca e son moi difíciles de pulverizar.

A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do cristal está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada lonxitude de onda poden modificar drasticamente as lonxitudes de onda reflectidas polo espécime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o espécime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente á absorción da luz.

A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase placa de raiado, e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non vidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, unha raia descríbese máis facil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.

Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos duros cá placa, que ten arredor de 7 na escala de Mohs. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.

Algúns minerais presentan unha raia cunha cor bastante semellante á cor natural do mineral, mentres que outros amosan sorprendentes cambios de cor. A fluorita sempre produce unha raia branca aínda que o cristal sexa púrpura, azul, amarelo ou verde. A hematita, de cor natural aparentemente negra, dá unha raia vermella que é a causa do seu nome (que en grego significa 'sangue'). A galena, de aparencia semellante ó hematite, ten unha raia gris.

Obsidiana

A obsidiana é unha rocha ígnea cunha composición química de silicatos alumínicos e unha grande porcentaxe (máis do 70%) de óxidos silicios. A súa composición é parella ao do granito e á da riolita. A obsidiana non é cristalina, senón un vidro, un vidro volcánico, e aínda que non é un mineral, ás veces clasifícase como un mineraloide. A súa dureza na escala de Mohs é de 5-5'5 e a súa densidade é de aproximadamente 2'6.

A súa cor é negra, podendo variar segundo a composición das impurezas da verde moi escura á clara, á arrubiada, e posuír vetas en branco, negro e vermello. O ferro e o magnesio coloréana de verde escuro a marrón escuro. Como todos os vidros e algúns outros tipos de rochas, a obsidiana creba con fractura concoidal.

A obsidiana é usada como ornamento. En certas culturas da Idade de Pedra, era moi valorada, porque con ela se podían facer coitelas moi afiadas. Pode golpearse con pedras máis duras para modificar a súa forma. A obsidiana tamén se pode puír para crear espellos rústicos.

As culturas mesoamericanas usaron amplamente a obsidiana para crear ferramentas e adornos. Tamén a usaron para crear armas, como o maqualhuitl ou macana e puntas de lanzas e frechas; porque ao ser moi filosa perforaba e cortaba a pel e a carne con facilidade. Incluso se descubriron instrumentos cirúrxicos precolombianos feitos deste material. Actualmente, utilízanse coitelas de obsidiana nas cirurxías cardíacas e oculares, pois o seu fío é moito máis delgado que o dos escalpelos de aceiro.

Rubí

O rubí (do latín ruber, vermello) é un mineral variedade do corindón da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Al2O3, que contén tamén átomos de cromo e que é considerado unha das catro xemas preciosas xunto ó zafiro, a esmeralda e o diamante.

Sílex

Para a editorial madrileña véxase: Sílex Ediciones.

O sílex (SiO2), chamado tamén pedernal, é unha variedade criptocristalina (agregados de cristais só observábeis ao microscopio electrónico) do cuarzo que se presenta xeralmente en masas compactas, de cores variadas (cincenta, negra, amarela e outras), de gran dureza (7 na escala de Mohs) e fractura concoide, polo que foi moi usado nas culturas primitivas para a fabricación de ferramentas e trebellos.

Talco

O talco ou esteatita (do árabe tal q) é un mineral da clase dos silicatos cuxa fórmula química é Mg3Si4O10(OH)2 e que cristaliza no sistema monoclínico. Ráiase facilmente coa unlla, por iso na Escala de Mohs tómase coma patrón da menor dureza posible.

Topacio

O topacio é un mineral silicatado de aluminio e flúor.

Emprégase a miúdo como pedra preciosa e algunhas veces foi confundido co diamante: o chamado Diamante de Bragança, incluído como diamante na coroa portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.