Escairón, Vilasante, O Saviñao

Escairón é unha vila da parroquia de Vilasante, capital do concello lugués do Saviñao. No ano 2011 tiña 906 habitantes, deles 443 eran homes e 463 eran mulleres, sendo o núcleo máis poboado do concello. Isto supón un aumento con respecto ao ano 1999 cando tiña 835 habitantes.

Coordenadas: 42°35′06″N 07°38′22″O / 42.58500, -7.63944

Escairón
Escairón, Vilasante, Casa do Concello do Saviñao
Casa do Concello do Saviñao.
ParroquiaVilasante
ConcelloO Saviñao
Poboación906 hab. (2011)

Economía

En Escairón hai feira os días 8 e 19 de cada mes. Nesta vila está asentada a empresa Adegas Moure.

Festas

Na primeira semana de agosto celébranse as festas patronais na honra da Nosa Señora das Dores. O maior atractivo é a "carreira de burros", celebrada a mañá do último día de festa, e que vai seguida da competición do tiro de corda por parroquias.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Vilasante, O Saviñao.
Carreira de Burros 06 009

Carreira de burros (Escairón 2006).

Lugares e parroquias

Parroquias do Saviñao

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alicia Fernández

Alicia Fernández Rodríguez, nada en Escairón (O Saviñao) o 15 de novembro de 1987, é unha poeta galega.

Ceferino Díaz

Manuel Ceferino Díaz Díaz, nado en Escairón (O Saviñao) o 1 de abril de 1947 e finado o 23 de decembro de 2012, foi un político galego do PSdeG-PSOE.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.