Ernesto Daranas

Ernesto Daranas Serrano, nado na Habana o 7 de decembro de 1961, é un director e Guiónista de cine, radio e televisión cubano de orixe galega.

Ernesto Daranas
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
DARANAS 2 comp 2
Nacemento7 de decembro de 1961
 A Habana
NacionalidadeCuba
Ocupacióndirector de cine e guionista

Traxectoria

Licenciado en Pedagoxía e Xeografía no ano 1983. Comezou con éxito dende moi cedo na radio escribindo de todo: crónicas, teatro, contos, series dramáticas e radionovelas e máis tarde na televisión, onde foi guiónista para contos e telefilmes, que non sempre dirixiu. En 2004 escribiu o guión e co-dirixiu xunto a Natasha Vázquez o documental Os últimos gaiteiros da Habana, un documental sobre Eduardo Lorenzo, gaiteiro galego-cubano, e sobre a súa volta a Galicia. O documental gañou o Premio Internacional de Xornalismo Rei de España e a este seguíronlle outros dous sobre emigrantes galegos en Cuba, Fillas de Galicia (2005)[1] e Gallegos: oficio de emigrantes (2008), ambos dirixidos por Natasha Vázquez e con guión de Ernesto Daranas. Tamén en 2008 dirixiu o documental Peregrinos.[2] Polos seus documentais sobre emigrantes de Galicia, Natasha Vázquez, Ernesto Daranas e Rigoberto Senarega, recibiron conxuntamente a Medalla Castelao no ano 2005, as últimas presididas por Manuel Fraga.[3]

Tamén no 2004 Daranas dirixiu o telefilme La Vida en Rosa, da que escribiu o guión. Este traballo gañou o Gran Premio do I Festival Nacional de Televisión de Cuba máis outros seis, incluíndo a mellor dirección e guión orixinal, e converteuse rapidamente nunha obra de culto dentro do audiovisual cubano. O traballo de Daranas tratou sempre dun xeito ou outro os problemas da sociedade da Habana, como a prostitución, a pobreza, a ausencia dos pais, e outros problemas da sociedade.

Filmografía

Como director

Longametraxes

  • ¿La Vida en Rosa? (2004).
  • Los dioses rotos (2009).
  • Conducta (2014).
  • La emboscada (2015).
  • Sergio & Sergei (2017).

Documentais

  • Ana y las Cotorras (2003).
  • Los últimos gaiteiros de La Habana (2004).
  • Peregrinos (2009).
  • 2, con Omara y Chucho (2010).
  • Bluechacha (2010).

Como guionista

Longametraxes

Documentais

  • Havana (1990-1997) Serie de curtas documentais.
  • Cocodrileros (1999).
  • La tierra más hermosa (1998-2000). Serie documental. Episodios:
    • La Isla de los Faros (1999).
    • Viñales, los milagros del agua (1999).
    • Cimarrón (2000).
    • De vuelta al Paraíso (2000).
    • Santa Cruz, la Tragedia (2000).
  • El mar de los naufragios (2001).
  • Martín Infierno (2002).
  • Fillas de Galicia (2005)

Series de televisión

  • Propietario del Alba (1999).

Curtametraxes

  • El hombre de Venus (2003).
  • El otro (2003).

Notas

  1. "Documentalismo para recuperar e difundir a memoria dun país". La Voz de Galicia. 14 de novembro de 2005. Consultado o 28 de agosto de 2019.
  2. Peregrinos (Youtube).
  3. "Manuel Fraga subliña o fervente amor a Galicia manifestado polos galardoados coa Medalla Castelao". 28 de xuño de 2005. Consultado o 28 de agosto de 2019.
Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.