Erica

Erica, coñecidas como uces, urces ou carrouchas, é un xénero de fanerógamas que inclúe unhas 700 especies da familia Ericaceae. Son plantas resistentes á seca, á acidez edáfica e aos lumes.

Son moi comúns en Galicia e en xeral na Europa atlántica, formando parte da matogueira, mesturándose con toxos e outros matos, e formando as uceiras, unha das paisaxes e ecosistemas máis representativos da zona. Moitas especies son tamén endémicas de Suráfrica (breixos do Cabo). As restantes 70 especies son nativas doutras partes de África, das Illas Canarias, ou de Europa. Reciben moitos outros nomes comúns galegos como: torgas, breixos, carrascos, carrascas, queirogas etc., moitos deles comúns a outras especies dos xéneros relacionados Calluna e Daboecia.

Erica (Uces)
Uces na comarca do Ortegal, Galiza.

Uces na comarca do Ortegal, Galiza.
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Dilleniidae
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae
Subfamilia: Ericoideae
Tribo: Ericeae
Xénero: Erica
L.

Etimoloxía

Crese que Erica deriva do grego ἐρείκειν ereikein: quebrar, en alusión ás súas ramas fráxiles.

Descrición

A meirande parte das especies son arbustos de 0,2-1,5 m de altura, aínda que algunha especie é máis alta como a Erica arborea (uz branca) ou a Erica scoparia (uz das vasoiras), as dúas especies poden acadar máis 6–7 m de altura. Todas as especies son de folla perenne, con follas diminutas semellantes a agullas duns 2–15 mm de longura.

As flores tamén miúdas e de cores abrancazadas ou malvas, poden ser axiais, e ás veces en umbelas terminais ou en espigas. Hai flores dispostas cara arriba e outras viradas cara abaixo. Atópanse agrupadas de xeito masivo. Cultívanse tamén coma plantas de xardíns paisaxistas polo seu efecto floral.

O xénero estreitamente relacionado Calluna, cuxas especies son tamén chamadas uces, sóese confundir co Erica; diferéncise por teren as súas especies as follas máis pequenas, menos de 2–3 mm de longura, e presentar unha corola máis dividida en pétalos diferenciados. Ademais a marxe das follas é serrada en Calluna, mentres que en Erica, de follas lineares, a marxe é enteira.

As plantas deste xénero serven de alimento para as larvas dalgunhas especies de Lepidoptera incluíndo a Lycophotia porphyrea.

Usos

As uces ademais da súa función formadora de solos nos terreos áridos ou degradados nos que adoitan medrar, serven como alimento do gando e dos animais salvaxes, suxeitando o terreo tralos lumes, pola súa resistencia a el e a súa capacidade para regromar despois dos incendios forestais. Adoitan ser indicadores de solos acedos con certa humidade.

Estas plantas presentan unha cepa grosa baixo o chan da que agroman as pólas. Estas cepas téñense empregaod en zonas rurais como combustíbel polo seu alto poder calorífico. Por seren os breixos de madeira moi dura e sen veas, úsanse tamén para a fabricación de gaitas, pipas de fumadores, cubertos e outros obxectos.

É común o uso dalgunhas especies e variedades en xardinaxe coma cobertoiras, xardíns de rocalla, de coníferas ananas e incluso en vasos. Salientan pola cor das súas folliñas, así como pola súa floración prolongada, que vai da cor branca á púrpura.

Especies

Presenta unhas 700 especies, incluídas:

En Galicia

En Galicia existen arredor de 12 especies do xénero Erica:

Outras

  • Erica azorica, uz dos Azores.
  • Erica caffra
  • Erica multiflora
  • Erica platycodon

Galería de imaxes

Illustration Erica tetralix0

Ilustración da carroucha das brañas (Erica tetralix)

Erica arborea 1

Uz branca (Erica arborea)

Erica australis a

Uz moura (Erica australis)

Erica herbacea0

Carroucha de inverno (Erica carnea)

Erica ciliaris

Carroucha veluda (Erica ciliaris)

Erica cinera0

Carrasco, carroucha de tres follas (Erica cinerea)

EricatetBlüte3

Carroucha das brañas (Erica tetralix)

Erica-vagans

Carrasca branca (Erica vagans)

Erica curviflora

Erica abietina

Ericalusitanica

Uz lusitana (Erica lusitanica)

Véxase tamén

Outros artigos

26 de marzo

O 26 de marzo é o 85º día do ano do calendario gregoriano e o 86º nos anos bisestos. Quedan 280 días para finalizar o ano.

Calluna

Calluna é un pequeno xénero con 8 especies de plantas de flores pertencentes á familia Ericaceae. Natural de Europa, norte de África e América onde medra en terreos estériles e acedos como turbeiras e brañas. Popularmente coñécense coma queiroas, queirogas, ou incluso uces ou breixos, pero cómpre non confundilas coas especies dos xéneros Erica e Daboecia.

Son pequenos arbustos que acadan os 20–50 cm de altura con gran cantidade de pólas erguidas de cor marrón-avermellada. As follas son miúdas e moi numerososas. As flores, tamén moi miúdas son de cor malva dispostas en acios terminais.

Carrasca branca

A carrasca branca (Erica vagans L.) é unha uz que poucas veces acada o metro de altura; moi ramalluda e de fino arume verticilado (4 ou 5) fortemente revolutas, que abunda nas rexións de montaña de toda Europa. Aparece tamén en Galiza.

Carrasco (planta)

O carrasco ou carroucha de tres follas (Erica cinerea) é un tipo de uz, orixinario de Europa central e occidental, común en Galiza.

Carroucha das brañas

A carroucha das brañas ou queiroga das brañas (Erica tetralix) L., é unha especie de urce do xénero Erica.

Pódese confundir facilmente coa especie Erica mackaiana, unha carroucha endémica do norte de Galiza, que medra riba dos 300 – 400 m entre as Serras Setentrionais e o mar Cantábrico, en prados húmidos, brañas e turbeiras. Diferénciase de E. tetralix porque pode acadar maior altura, até os 80 cm, as follas teñen pouca peluxe, as anteras das flores son parda-escuras, e os sépalos e froitos non posúen lanuxe.

Carroucha de inverno

A carroucha de inverno (Erica carnea; syn. E. herbacea, E. mediterranea) é unha especie de urce nativa das áreas montañosas do centro e do sur de Europa no leste dos Alpes, onde se pode encontrar en bosques de coníferas ou en abas pedrentas.

Carroucha veluda

A carroucha veluda ou queiroga veluda (Erica ciliaris) é un arbusto (unha urce) da familia das ericáceas común en Galiza.

Cures, Boiro

Santo André de Cures é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 535 habitantes (265 homes e 270 mulleres).

A parroquia, situada ao norte do concello de Boiro, está na aba sur do monte Iroite. Nela está o Escuadrón de Vixilancia Aérea 10.

Matogueira

Matogueira é o conxunto espeso de matas ou maleza. Aínda que pode existir mato coma sotobosque, considéranse matogueiras as formacións vexetais compostas maioritariamente por arbustos (ou matos) que crean ecosistemas de por si sen estrato arbóreo ou con árbores moi dispersas. En galego son sinónimos de matogueira: bremia, coucheira, fraguiza, matagueira, mato, e vedramio.

Son formacións naturais importantes en Galicia, especialmente as toxeiras e as uceiras, ecosistemas predominantes nos montes e cantís galegos. Porén a súa superficie diminuíu no último século por mor das reforestacións con especies foráneas coma piñeiros e eucaliptos.

Queiroa

A queiroa (Calluna vulgaris (L.) Hull), coñecida tamén como queiroga, queiroga de cruz, uz de monte ou, simplemente, uz é unha especie fanerógama do xénero Calluna pertencente á familia das ericáceas.

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Serra do Xistral

A serra do Xistral forma o núcleo do serras setentrionais de Galiza que separa a Terra Chá do mar, do que irradian os serra da Toxiza cara ao leste, a Carba cara ao poñente, e montes de Buio e dos Cabaleiros, na caída do macizo cara ao litoral. Este conxunto montañoso esténdese polos concellos das Pontes de García Rodríguez, Abadín, Alfoz, Mondoñedo, Muras, Ourol, O Valadouro, Vilalba, Xermade, Xove, Viveiro e Cervo.

É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC).

Uceira

Unha uceira ou uzal é un monte ou terreo poboado principalmente de uces (especies dos xéneros Erica e/ou Calluna). Outros nomes destas formacións son breixeira, moural e urceira.Atopamos uceiras en diferentes partes do mundo, sendo moi abundantes na Europa atlántica, como nas Illas Británicas e Galicia.

Uz branca

A uz branca, uz bornal, uz brancal (tamén chamada breixo branco, torgueira, urce brancal ou urrigata) (Erica arborea) é un arbusto de moita rama, dereito, que acostuma medir de 1 a 4 m de altura, mais ás veces pode chegar aos 7 metros (en Andalucía occidental) ou mesmo os 20 (Canarias). Ten as pólas abrancazadas e peludas; as follas agrúpanse en verticilos de 3 ou 4 e son moi estreitas, lineares case aciculares, glabras e lisas, de entre 3 e 9 milímetros. As flores, que se producen en gran número formando unha gran panícula piramidal son de cor branca ou rosada, pediceladas, con pedicelo provisto de 2 ou 3 pequenas brácteas; corola acampanada fendida de 4 (5) lóbulos anchos, con 8 estames. A cápsula é lisa, abrideira en 4 valvas.

Uz galaico asturiana

A uz galaico asturiana ou uz das brañas (Erica mackaiana Bab.) é unha pequena uz pertencente á familia das ericáceas que aparece no norte de Galiza, Asturias, Cantabria e Irlanda.

É semellante á carroucha das brañas (Erica tetralix). Unha das principais diferenzas desta uz é que as flores van en umbelas no extremo das pólas, sen bractéolas basais.

Uz moura

A uz moura, uz vermella ou corgo (Erica australis) é unha especie de urce (familia das ericáceas), común en Galiza na subespecie Erica australis subsp. aragonensis. É a uz máis frecuente en Galiza.

V, os visitantes

V, os visitantes é unha serie estadounidense de ficción científica exhibida no canal ABC, estreada no 3 de novembro de 2009. En Galiza foi emitida en galego pola Televisión de Galicia. Este remake da serie de 1983 creada por Kenneth Johnson narra a chegada á Terra dunha especie alieníxena cunha tecnoloxía extremadamente avanzada que aparentemente vén en paz, pero en realidade teñen outros propósitos. As estrelas de V inclúen a Morena Baccarin, Lourdes Benedicto, Morris Chestnut, Joel Gretsch, Logan Huffman, Charles Mesure, Elizabeth Mitchell, Laura Vandervoort e Scott Wolf, e está producida por Scott Rosenbaum, Yves Simoneau, Scott Peters e Jace Hall. A serie é producida pola The Scott Peters Company, HDFilms e Warner Bros.. A segunda temporada estreouse o día 4 de xaneiro de 2011 e rematouse o 15 de marzo de 2011. O 13 de maio de 2011 anunciouse que a serie era cancelaba após dúas temporadas.

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.