Ericáceas

As ericáceas (Ericaceae) son unha familia de plantas anxiospermas (plantas con flor - división Magnoliophyta), pertencente á orde Ericales.

O grupo constitúeno 3.995 especies, clasificadas en 126 xéneros, e inclúe, por exemplo, as uces ou carrouchas, as queiroas, os rododendros, as azaleas, as arandeiras e os érbedos. As ericáceas pódense atopar en solos de propiedades acedas, en todos os continentes.

Son un importante grupo na vexetación e na paisaxe arbustiva de Galiza e da Europa atlántica en xeral.

Uces en Ortegal

Uceiras en Ortegal.

Ericaceae
Arctostaphylos uva-ursi

Arctostaphylos uva-ursi
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Ericales
Orde: Ericales
Familia: Ericaceae

Subfamilias

  • Enkianthoideae
  • Pyroloideae
  • Monotropoideae
  • Arbutoideae
  • Cassiopoideae
  • Ericoideae
  • Harrimanelloideae
  • Styphelioideae
  • Vaccinioideae

Xéneros

  • Acrostemon
  • Acrotriche
  • Agapetes
  • Agarista
  • Allotropa
  • Andersonia
  • Andromeda
  • Anomalanthus
  • Anthopteropsis
  • Anthopterus
  • Arachnocalyx
  • Arbutus
  • Arctostaphylos
  • Astroloma
  • Bejaria
  • Brachyloma
  • Bruckenthalia
  • Bryanthus
  • Calluna
  • Calopteryx
  • Cassiope
  • Cavendishia
  • Ceratiola
  • Ceratostema
  • Chamaedaphne
  • Chimaphila
  • Coccosperma
  • Coilostigma
  • Comarostaphylis
  • Conostephium
  • Corema
  • Costera
  • Craibiodendron
  • Cyathodes
  • Daboecia
  • Demosthenesia
  • Didonica
  • Dimorphanthera
  • Diogenesia
  • Diplarche
  • Diplycosia
  • Disterigma
  • Dracophyllum
  • Empetrum
  • Epacris
  • Epigaea
  • Eremia
  • Eremiella
  • Erica
  • Findlaya
  • Gaultheria
  • Gaylussacia
  • Gonocalyx
  • Grisebachia
  • Harrimanella
  • Hemitomes
  • Kalmia
  • Kalmiopsis
  • Killipiella
  • Lateropora
  • Ledothamnus
  • Ledum
  • Leiophyllum
  • Leucopogon
  • Leucothoe
  • Loiseleuria
  • Lyonia
  • Macleana
  • Macnabia
  • Malea
  • Menziesia
  • Mitrastylus
  • Moneses
  • Monotropa
  • Monotropsis
  • Mycerinus
  • Nagelocarpus
  • Notopora
  • Oreanthes
  • Ornithostaphylos
  • Orthaea
  • Orthilia
  • Oxydendrum
  • Pellegrinia
  • Pentachondra
  • Pernettyopsis
  • Phyllodoce
  • Pieris
  • Pityopus
  • Platycalyx
  • Pleuricospora
  • Plutarchia
  • Polyclita
  • Prionotes
  • Psammisia
  • Pterospora
  • Pyrola
  • Rhododendron
  • Rhodothamnus
  • Richea
  • Rusbya
  • Salaxis
  • Sarcodes
  • Satyria
  • Scyphogyne
  • Semiramisia
  • Simocheilus
  • Siphonandra
  • Sphyrospermum
  • Stokoeanthus
  • Styphelia
  • Sympieza
  • Syndsmanthus
  • Tepuia
  • Thamnus
  • Themistoclesia
  • Therorhodion
  • Thibaudia
  • Thoracosperma
  • Trochocarpa
  • Tsusiophyllum
  • Utleya
  • Vaccinium
  • Xylococcus
  • Zenobia

Véxase tamén

Ligazóns externas

Arandeira

A arandeira ou herba dos arandos (Vaccinium myrtillus) é un arbusto da familia das ericáceas de froito comestíbel, o arando ou uva do monte.

Arandeira negra

A arandeira negra Vaccinium uliginosum é unha especie de planta fanerógama pertencente á familia das ericáceas.

En Galiza aparece (Vaccinium uliginosum subsp microphyllum), ás veces difícil de diferenciar da arandeira brava (Vaccinium myrtillus).

En inglés recibe o nome de black billberry.

Arandeira rubia

Para as especies americanas de bagas encarnadas véxase: Arandeira vermella.

O arandeira rubia ou arandeira vermella (Vaccinium vitis-idaea) é unha planta perenne da familia das ericáceas, nativa de Eurasia e América do Norte.

Boiro

Boiro é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Segundo o IGE no 2014 tiña 19.060 habitantes (19.165 no 2012, 19.106 no 2011, 19.079 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é boirense ou boirés.

Camariña

A camariña (Corema album) é un arbusto da familia das ericáceas (tribo: empetreae), que florea de febreiro a maio na beiramar. É planta endémica do litoral atlántico da Península Ibérica (dende a costa de Cádiz até Galiza).

Tamén recibe os nomes de caramiña e camariñeira.

Carroucha de umbela

A carroucha de umbela ou queiroga de umbela (Erica umbellata) é unha urce (familia das ericáceas) común en Galiza, aínda que é máis termófila ca outras uces.

Carroucha veluda

A carroucha veluda ou queiroga veluda (Erica ciliaris) é un arbusto (unha urce) da familia das ericáceas común en Galiza.

Cures, Boiro

Santo André de Cures é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 535 habitantes (265 homes e 270 mulleres).

A parroquia, situada ao norte do concello de Boiro, está na aba sur do monte Iroite. Nela está o Escuadrón de Vixilancia Aérea 10.

Dicotiledóneas

Magnoliopsida é un taxón de plantas que foi empregado en sistemas de clasificación moi populares como o de Cronquist (Cronquist 1981, 1988), os subtaxóns que o conforman coinciden coas dicotiledóneas (chamadas deste xeito por teren durante as primeiras etapas do desenvolvemento dous cotiledóns), que polo tanto é un sinónimo deste taxón. Polo tanto chámaselles dicotiledóneas ás plantas que teñen un embrión con dous cotiledóns que ó desenvolvérense darán lugar a dúas folliñas.

As dicotiledóneas forman unha das grandes clases nas que se dividen as anxiospermas, a outra é monocotiledóneas.

As dicotiledóneas están formadas por 5 grupos monofiléticos, o maior de eles foi chamado Eudicotyledoneae (eu- quere dicir "verdadeiro"). As eudicotiledóneas comprenden o 75% das especies de anxiospermas[Cómpre referencia], e posúen moitos dos caracteres que antes se atribuíran ás dicotiledóneas, como o pole tricolpado (e os derivados deste).

Dumbría

Dumbría é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra, na Costa da Morte. Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 3137 habitantes (3705 no 2010, 3970 no 2006, 4067 no 2005, 4166 no 2004, 4307 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é dumbriés.

Queiroa

A queiroa (Calluna vulgaris (L.) Hull), coñecida tamén como queiroga, queiroga de cruz, uz de monte ou, simplemente, uz é unha especie fanerógama do xénero Calluna pertencente á familia das ericáceas.

Queiroga maior

A queiroga maior (Daboecia cantabrica) é unha especie da familia das Ericáceas común nos montes galegos. Recibe outros nomes comúns que comparte coas outras especies dos xéneros Erica e Calluna, coma queiroa, uz ou urce.

Turba

A turba é un material orgánico, esponxoso, rico en carbono e de cor parda escura. Ten unha orixe vexetal, xa que se forma por acumulación de vexetación parcialmente descomposta formando capas xeralmente en rexións pantanosas, brañas, e tamén en zonas altas húmidas. Estes ecosistemas coñécense como turbeiras. Un dos compoñentes máis característicos das turbeiras é a vexetación que cobre o chan, salientando os musgos do xénero Sphagnum, aínda que atopamos moitas outras especies de arbustos e pequenas plantas. O solo con gran cantidade de turba coñécese co nome de histosol. A turba fórmase en solos con condicións moi húmidas, onde as charqueiras impiden que fluxos de osíxeno da atmosfera atravesen o chan e entren no solo, reducindo o grao de descomposición da materia orgánica.As turbeiras son a fonte máis importante de turba, malia que, en menor medida, outros ecosistemas húmidos tamén poden conter bos depósitos, incluíndo brañas ou lameiros, fens, pocosíns ou bosques húmidos turbeiros.

As paisaxes con solos de turba teñen unha flora particular, especialmente musgos Sphagnum, ericáceas , e ciperáceas. Debido a que a materia orgánica vaise acumulando durante milleiros de anos, os depósitos de turba son un bo indicador da vexetación e o clima de tempos pasados, especialmente grazas á análise do pole que neles fica. Deste xeito é posíbel reconstruír o clima e os cambios climáticos que ocorreron no pasado así coma os cambios no uso do solo.

A turba emprégase coma unha importante fonte de combustíbel nalgunhas partes do mundo. Por volume, hai uns 4 trillóns de m³ de turba no mundo cubrindo un total do 2% da superficie terrestre, contendo arredor de 8 billóns de terajoules de enerxía.

Uva de oso

A uva de oso (Arctostaphylos uva-ursi (L.) Spreng.,) é unha especie de arbusto pertencente á familia das ericáceas.

Uz das vasoiras

A uz das vasoiras (Erica scoparia) é un tipo de uz ( familia das ericáceas) orixinario de Europa central e occidental. Aparece nos montes galegos máis temperados.

Uz galaico asturiana

A uz galaico asturiana ou uz das brañas (Erica mackaiana Bab.) é unha pequena uz pertencente á familia das ericáceas que aparece no norte de Galiza, Asturias, Cantabria e Irlanda.

É semellante á carroucha das brañas (Erica tetralix). Unha das principais diferenzas desta uz é que as flores van en umbelas no extremo das pólas, sen bractéolas basais.

Uz lusitana

A uz lusitana (Erica lusitanica) é un tipo de uz ( familia das ericáceas) orixinaria de Europa central e occidental. Aparece nos montes galegos máis temperados de aciñeiras e sobreiras.

Uz moura

A uz moura, uz vermella ou corgo (Erica australis) é unha especie de urce (familia das ericáceas), común en Galiza na subespecie Erica australis subsp. aragonensis. É a uz máis frecuente en Galiza.

Érbedo

O érbedo (Arbutus unedo) é un arbusto da familia das ericáceas, que produce uns froitos esféricos brandos entre vermellos e laranxas (fartabellacos ou morotes). Dáse nos vales interiores dos grandes ríos, onda o clima mediterráneo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.