Era xeolóxica

Unha era xeolóxica é unha subdivisión do tempo xeolóxico que divide os eóns na escala de tempo xeolóxico. Estas eras adoitan dividirse en períodos. A entidade responsábel da definición e clasificación das eras xeolóxicas é a The International Commission on Stratigraphy (ICS) (Comisión Internacional sobre Estratigrafia) que, á súa vez, é o maior corpo científico dentro da International Union of Geological Sciences (Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas).[1]

O eón Fanerozoico subdivídese en tres eras: o paleozoico, o mesozoico e o cenozoico, que representen as principais etapas no rexistro fósil macroscópico. Estas eras están separades por extincións masivas; a extinción pérmica no límite paleozoico-mesozoico e a extinción K-T, entre o mesozoico e o cenozoico. Hai probas de que impactos de mneteoritos catastróficos tiveron un papel importante á hora de marcar as diferenzas entre as eras.

Antigamente os eóns Hadeano, Arqueano e Proterozoico estaban agrupados na era precámbrica. Esta era cubría os catro mil millóns de anoss dda historia da Terra anteriores á aparición de animais de cuberta dura. Recentemente, estes eóns foron subdivididos en eras.

Era Período
Cenozoico desde hai 66 millóns de anos (Ma) - até a actualidade
Mesozoico dasde hai 252 Ma – até hai 66 Ma
Paleozoico desde hai 542 Ma – até hai 252 Ma
Neoproterozoico desde hai 1.000 Ma – até hai 542 Ma
Mesoproterozoico desde hai 1.600 Ma – até hai 1.000 Ma
Paleoproterozoico desde hai 2.500 Ma – até hai 1.600 Ma
Neoarqueano desde hai 2.800 Ma – até hai 2.500 Ma
Mesoarqueano desde hai 3.200 Ma – até hai 2.800 Ma
Paleoarqueano desde hai 3.600 Ma – até hai 3.200 Ma
Eoarqueano desde hai 3.800 Ma (non oficial) – até hai 3.600 Ma
Hadeano
oficialmente non dividido en eras
desde a formación da Terra - até hai 3.800 Ma

Notas

  1. "The International Commission on Stratigraphy" (en inglés). 2010. Consultado o 4/12/2012..

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Era cenozoica

A era cenozoica, Cenozoico ou era terciaria é, na escala de tempo xeolóxico, a era xeolóxica que se iniciou hai uns 65,5 ± 0,3 millóns de anos e que se estende até a actualidade.É a terceira e última era do eón fanerozoico e segue á era mesozoica. O seu nome procede do lingua grega e significa 'animais novos' (de καινός kainós, 'novo' e ζωή zoé, 'animal' ou 'vida'). O período terciario, actualmente non recoñecido pola Comisión Internacional sobre Estratigrafía, comprendía a era cenozoica excepto os últimos 2,5 millóns de anos, cando se inicia o período cuaternario.Durante a era cenozoica, a India colidiu con Asia hai 55-45 millóns de anos, e Arabia colidiu despois con Eurasia, pechando o mar de Tetis, hai uns 35 millóns de anos. Como consecuencia diso, produciuse a gran pregamento alpino que formou as principais cordilleiras do sur de Europa e Asia, como os Pireneos, Alpes e Himalaias.

Ao cenozoico tamén se lle chama a era dos mamíferos, animais que, ao extinguírense os dinosauros a finais do Cretáceo, experimentaron unha extraordinaria radiación adaptativa e pasaron a ser a fauna característica.

Hai uns 30 millóns de anos xurdiron os primeiros primates superiores (os máis primitivos estaban xa presentes hai máis 65 millóns de anos), aínda que Homo sapiens non apareceu até hai uns 200.000 anos.

Era cuaternaria

A era cuaternaria ou Cuaternario é unha era xeolóxica que se estende dende o final do Noexeno, é dicir, hai 2,588 ± 0,005 millóns de anos ata os nosos días (a IUGS cambiou recentemente o anterior límite de 1,64 millóns de anos). Coñécese esta era tamén como antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos.

O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da era cenozoica.

Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da Terra, durante as glaciacións que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de Eurasia e América estaban cubertas cunha gran capa de xeo. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, glaciación de Mindel, glaciación de Riss e glaciación de Würm.

Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morrénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.

Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megacero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.

Neoproterozoico

O neoproterozoico, unha división da escala temporal xeolóxica, foi a última era xeolóxica das tres que compolen o eón Proterozoico. Comenzou hai 1 000 millóns de anos e terminou hai 542,0 ±1,0 millóns de anos. A nomenclatura para denominar este período foi un tanto inestábel. A glaciación máis extensa coñecida no rexistro xeolóxico produciuse durante o período crioxénico, cando as capas de xeo posibelmente alcanzaron o ecuador e se formou a chamada Terra bóla de neve. Os primeiros fósiles de vida pluricelular proceden do período ediacárico, incluídos os primeiros animais.

Periodización

Coñécese como periodización ao eido das ciencias sociais que trata de dividir a historia ou outro eido do coñecemento (a ciencia, a literatura, a arte) en distintos períodos que posúan uns trazos comúns entre si, o suficientemente importantes como para facelos cualitativamente distintos a outros períodos.

En historia a periodización máis ampla dá períodos denominados idades, mentres que os denominados época designan divisións máis curtas ou locais. No eido da historia natural ou xeoloxía emprégase a expresión eras (eras xeolóxicas), aínda que tamén se fala de era como período histórico no campo da cronoloxía, dando cada unha delas orixe a distintos calendarios; termo que se aplica tamén a períodos dominados por un personaxe histórico, un feito ou un proceso que se considera fundamental. Época xeolóxica é unha subdivisión da era xeolóxica. A escala do tempo xeolóxico divídese en orde descendente de xerarquía da seguinte maneira: Eón, era, sistemas ou períodos, series ou épocas e pisos.

Período xeolóxico

Un período xeolóxico ou simplemente período é unha división dunha era xeolóxica na escala de tempo xeolóxico.

É o equivalente temporal do "sistema" utilizado en estratigrafía para definir os estratos e os fósiles. Os sistemas son quizais máis correntemente utilizados polos paleontólogos e xeólogos (así, as rochas do sistema devoniano son de feito as rochas do período devoniano), pero o concepto de período de tempo é fácil de asimilar polo gran público.

Unha subdivisión dos períodos é a época. En 2004, a Unión Internacional de Ciencias Xeolóxicas (IUGS) recoñeceu o ediacárico como período do Noeoproterozoico, a última incorporación a un período na escala de tempo xeolóxico en case 130 anos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.