Era Compostelá

Á Era Compostelá ou Época de Xelmírez foi unha das época de maior brillo e de maior desenvolvemento económico da historia de Galiza. Desenvolveuse durante o século XII, a raíz do período de rexencia do Arcebispo Xelmírez da cidade de Santiago de Compostela.

Historia de Galicia
Descripcion Reyno de Galizia de Ojea

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia

Evolución

A Era Compostelá parte do contexto dunha época de crecemento poboacional e de expansión do fenómeno urbano. Isto propiciou que aparecesen ou que reabrochasen con maior forza o artesanado e o comercio, motivado isto último en boa parte polos excedentes motivados pola expansión da agricultura. Tamén durante esta época naceu o Camiño de Santiago como fonte de ingresos e como a ponte que comunicou en case todos os sentidos Galiza co resto de Europa, sendo boa proba disto a magnífica literatura medieval expresada na lingua galego-portuguesa.

Alfons7
Miniatura medieval do mosteiro de Toxosoutos onde se representa a Diego Xelmírez ordenando a dous novos cabaleiros en compaña dunha comitiva de aristócratas. Século XIII.
"Os aragoneses entregan o castelo á raiña. Ouh!, canta e que excelente gloria militar proporcionou aos galegos aquel día en que o Batallador aragonés se retirou ante eles!. Pero moito máis excelente e máis alegre foi cando a valerosa forza de Galicia protexeu a Castela e aos seus cabaleiros do ataque dos inimigos e obrigou a entregar o castelo do aragonés. Ouh vergoña!, os casteláns precisan forzas alleas e son protexidos pola audacia dos galegos!. Qué será deses covardes cabaleiros cando se marche o exército de Galicia, o seu escudo e protección?."
—(Extracto da Historia Compostellana, Libro I, Capítulo 90).

O 17 de setembro de 1111 a nobreza galega encabezada polo Conde de Traba e Diego Xelmírez coroan en Santiago de Compostela ó fillo de Urraca e Raimundo de Borgoña, Afonso Raimúndez, como rei —temorosos de que do novo matrimonio entre Urraca e Afonso de Aragón houbese descendencia: algo que viría coutar os seus proxectos políticos e, así mesmo, os dereitos do futuro "Emperador", como lexítimo sucesor de Afonso VI— sendo o futuro Afonso VII de León e Castela no cómputo español. Sostiña ó novo rei a forza militar do bispo compostelán e a do conde Pedro Froilaz de Trava, quen fora o seu protector e titor durante toda a súa infancia. O sentido da coroación foi preservar o dereitos do fillo de don Raimundo de Borgoña sobre o Reino de Galicia, nun momento en que Urraca, xa viúva, entregaba de facto Castela e León ó seu novo home Afonso o Batallador de Navarra e Aragón. En realidade, a cerimonia compostelá tivo moito máis, nun primeiro momento, de simbólica que de efectiva. Tanto é así que Xelmírez, Pedro Froilaz e outros nobres galegos dirixíronse posteriormente a León para entronizar na sede rexia a Afonso Raimúndez. No camiño, no lugar concreto de Viadangos, saíulles ó paso Afonso o Batallador, presentando batalla e frustrando os plans da nobreza galega. Ata a maioría de idade de Afonso VII, e a morte da súa nai, todo o conxunto noroccidental vai vivir unha etapa de convulsión con frecuentes alianzas e contraalianzas entre nai e fillo e aínda entre esta e o seu esposo aragonés, con Diego Xelmírez sempre presente nelas.

Neste clima de guerra e aproveitando que Calisto II, tío do rei de Galiza, chega ao Papado, Xelmírez consegue o arcebispado para Santiago de Compostela (1120). As pretensións do bispo eran que Compostela fose recoñecida como igrexa metropolitana de Galiza, contra os dereitos tradicionais de ostentaba Braga dende os tempos de San Martiño de Dumio. Calisto II non acepta tanto e decide crear unha nova xurisdición que supuña unha anomalía no poderío eclesiástico peninsular e que, ademais, exercía o seu poder non sobre os territorios galegos en que estaba localizada xeograficamente, senón na antiga xurisdición de Mérida (Estremadura actual e terras ao Sur do río Douro).

Braga ficaba así rodeada pola xurisdición de Compostela e, perante este perigo, convértese no centro do movemento independentista do Condado de Portugal. En 1128 o líder da nobreza galega Fernando Pérez de Traba e Tareixa de Portugal que despregaban un poder autónomo no espazo galaico-portugués son vencidos polo fillo da última, Afonso Henriques. Este sería o xermolo do futuro reino portugués separado de Galiza e León. Á súa morte, Afonso VII dividiu os seus reinos (1156), cedendo Galiza e León a Fernando II, quen xa viña usando o título de "Rei de Galiza" cando menos dende 1152[1].

Fernando II fai unha política de concesión de cartas-póboas, que xa iniciara o seu pai e funda entre outras, as vilas de Padrón, Ribadavia, Noia e Pontevedra tamén deu un pulo fundamental á catedral de Santiago de Compostela. O seu fillo Afonso IX mantivo a mesma política fundando ó longo da costa, Betanzos, A Coruña, Baiona, Ferrol e Neda. Estas vilas de reguengo supoñen unha verdadeira revolución na estrutura social da época porque, por unha banda, inauguran a diversificación económica, rachando coa autarquía dos séculos anteriores e facilitando o desenvolvemento das actividades pesqueiras e pre-industriais orientadas á elaboración de materias primas, peixe salgado sobre todo, que se comercializa a través dos portos, pola outra banda, serven para consolidar socialmente unha serie de "liñaxes" ou "casas" que teñen na súa orixe ós segundos da grande nobreza e á fidalguía local, que se reparten os cargos municipais e administrativos (alcaldes, rexedores, xuíces, meiriños). Crease así unha protoburguesía no reino que mesmo chega a introducir nos mosteiros rurais os seus membros: priores de nome e fidalgos de vocación, máis preocupados polos intereses das súas casas que polos ideais monásticos. É unha política de fortalecemento do elemento urbano fronte á grande nobreza.

Tamén se produce, ó longo deste século, un rápido crecemento da poboación que, no medio rural, se traduce en máis brazos para traballaren a terra e, como consecuencia, ábrense novos espazos e colonízanse e áranse terras virxes baixo a dirección dos grandes mosteiros. Isto, unido á mellora dos aparellos de labranza e ao aperfeizoamento dos sistemas de cultivo, xera un aumento da produtividade que vai repercutir no nivel de vida. A repartición desa maior produtividade entre os labregos e os señores realízase mediante o establecemento dos foros. As transformación económicas e sociais acarretan cambios profundos na mentalidade e iníciase, nas vilas, unha renovación relixiosa de man das ordes mendicantes, sobre todo dos franciscanos, que traen xermolos de reformas sociais.

Con estes monarcas o centro vital dos reinos é, loxicamente, Compostela, onde reside a corte galega, e o seu esplendor ficou perpetuado polo Mestre Mateo no granito da Catedral e, sobre todo, no Pórtico da Gloria e Praterías. Da prosperidade do reino dan fe tamén as innumerables construcións románicas que aínda salfiren Galiza. A outro nivel menos visible, a cultura galega reflíctese na creación literaria, que ficou plasmada por unha banda na redacción da Historia Compostelá e do Códice Calixtino.

Afonso VIII, deu en herdanza os reinos de Galiza e León ás fillas que tivera con Tareixa de Portugal: Dona Sancha e Dona Aldonza. Acaso estes dous reinados, o de Fernando II e Afonso IX —en realidade, Afonso VIII nunha cronoloxía galego-leonesa— constitúen o momento central na posibilidade de constituír un espazo galego-leonés de seu, nun momento no que a monarquía patrimonial deixaba paso xa á de carácter territorial.

Notas

  1. tenente Gallicie rex Fernandus (códice do mosteiro de Xuvia, 1152); Adefonsus Ymperator, una cum coniuge súa dona Riga dominante regnante in tota Yspania. Sancius rex in Castella. Fredenandus rex in Galicia. (documentodo mosteiro de Vilanova de Oscos, 1153); Imperatoris Adefonsus, regis Fernandi imperat Galletia. (Ibídem, 1155); Adefonsus dei gratia hispaniarum imperator laudat et confirmat. Sanctius filius eius rex Castelle laudat et confirmat. Fernandus filius eius rex Galletie laudat et confirmat. (documento da catedral de Lugo, 1155).
A Galicia feudal

A época baixomedieval esténdese desde o século XI até a época da conquista de Constantinopla polos árabes e da descoberta de América, a fins do século XV. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

Cultura castrexa

A cultura castrexa foi un conxunto de manifestacións culturais do noroeste da Península Ibérica que durou desde finais da Idade de Bronce (século IX ou VIII a.C.) ata o século I d.C. A súa característica máis notábel son os poboados amurados coñecidos como castros (do latín castrum, campamento), dos que toma o nome; só reciben o nome de citanias determinados castros portugueses (como, por exemplo, o de Briteiros), onde esa palabra se emprega como topónimo do castro. A súa área de extensión chega ata os ríos Navia e Túa polo leste e o Douro polo sur.

Desenvolveuse durante a Idade de Ferro sobre un forte substrato indíxena da etapa final da Idade de Bronce. A esta compoñente precastrexa sumáronselle influencias culturais centroeuropeas, atlánticas e mediterráneas; as primeiras serían consideradas tradicionalmente celtas e de aí a identificación tanto culta como popular e mítica que deu raíz ao celtismo. No lento período formativo, que duraría ata o século V a.C. os castros fóronse estendendo de sur a norte e da costa cara ao interior. Esta cultura desenvolveuse a continuación durante dous séculos e comezou a ser influenciada pola cultura romana no século II a.C. e continuou na forma de Cultura Galaico-romana despois da invasión romana e ata os séculos III ou mesmo o IV d.C.

Galaicos

Galaico é un termo actual derivado do latino gallaeci ou callaeci e do grego Καλλαϊκοί, que designaba un conxunto de pobos de cultura e lingua celtas ou celtizadas -sen que exista consenso entre os investigadores- do noroeste da Península Ibérica antes e durante o Imperio Romano. O termo gallaecus/gallaeco tamén designou, desde finais do Imperio de Occidente ata entrada a Idade Media, os habitantes de Gallaecia e Galicia, evolucionando lingüisticamente ata o xentilicio actual galego.

Aínda que poidamos falar dos galaicos durante a Idade Media, tradicionalmente o termo aplícase ao período previo á integración destes pobos no Imperio romano, servindo tamén como xentilicio culto para os habitantes da actual Galicia, do mesmo xeito que se empregan os cultismos galo, xermánico, anglosaxón ou luso, aos habitantes de Francia, Alemaña, Inglaterra e Portugal respectivamente.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galicia altomedieval

A época altomedieval esténdese desde a caída do Imperio Romano de Occidente até o ano 1000. Para comprender mellor este período consulte o artigo sobre a Idade Media.

O Imperio Romano caeu baixo a presión dos movementos migratorios xermanos. A comezos do século V, tres destes pobos repartíronse a Península Ibérica a través de foedus e a Gallaecia pasou así en 411 a mans de suevos e vándalos asdingos (que posteriormente a abandonarían).

Galicia na Idade Contemporánea

Galiza viviu desde o inicio da Idade Contemporánea, que abrangue os séculos XIX e XX, en permanente estado de atraso económico, cunha leve recuperación no último terzo do século XX. Cun modelo de crecemento continuado -aínda que baixo- as posibilidades económicas non permitían absorber este incremento da poboación, provocando así un forte movemento migratorio que se converteu en endémico a partir de mediados do XIX.

Galicia na Idade Moderna

A Idade Moderna comezou en Galicia a fins do século XV coa súa inclusión definitiva dentro do proceso de construción do estado absolutista español. A partir do que a historiografía ten chamado "doma e castración do reino", o reino de Galicia perdeu iniciativa política e autonomía económica e a súa historia debe ser considerada a partir de entón dentro do marco da española. Nomeouse un Gobernador ou Capitán Xeral, constituíuse a Real Audiencia e designáronse tamén Corrixidores para as principais cidades que, con outras figuras, fixeron posíbel a consolidación dun poder monárquico centralizado. Cos Borbóns, a comezos do XVIII, a Intendencia asumiu as competencias de facenda e militares, os correxedores as de policía e xustiza, e a Audiencia concentráronse nas de xustiza. Desde 1500 existiu unha Xunta, especie de parlamento sen poder ningún.

Gallaecia

A Gallaecia foi unha provincia romana do noroeste da Península Ibérica que abranguía o que hoxe é a comunidade autónoma de Galicia, o norte de Portugal e as provincias españolas de Asturias, León e Zamora. As súas capitais estaban en Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga).

Historia de Galicia

A historia de Galiza comeza co nacemento da propia Galiza, que é fixado tradicionalmente arredor do 19 a. C., cando o Imperio Romano logra anexionar definitivamente os pobos galaicos —kallaikoi segundo o autor grego Estrabón— unificándoos por vez primeira na historia e denominando ó seu territorio como Gallaecia —terra dos callaeci—, e que acabaría derivando nos actuais nomes Galicia ou Galiza, motivo polo que é considerada como unha das entidades político-administrativas máis antigas de toda Europa.

O feito de que no ano 298 d. C. o emperador Diocleciano decidise elevala ao rango de provincia consular —ampliando así tamén o seu territorio— supuxo un acrecentamento da súa cohesión política, pois desta maneira pasaba a estar baixo o goberno dun cónsul romano. A súa definitiva consolidación estatal chegaría no ano 409 d. C., cando o rei suevo Hermerico funda nela o primeiro reino de Galiza, afianzando a existencia de Galiza ata os nosos días.

A ocupación humana do territorio correspondente á actual Galiza, non obstante, é moito máis antiga cá chegada de Roma, existindo testemuños arqueolóxicos que certifican o seu poboamento desde o Paleolítico inferior. Estas poboacións recibiron diversas achegas culturais durante milenios, formando parte xa na Idade de Bronce da área cultural atlántica que se deu entre as terras máis occidentais de Europa. A finais da Idade de Ferro estas poboacións autóctonas formaban unha unidade cultural, que os romanos denominaron como galaicos e que supoñen o principal substrato da poboación actual en Galicia.

Do mesmo xeito, durante os séculos seguintes Galiza recibiu sucesivos asentamentos de xente, entre os que destacan romanos, suevos e bretóns, que non só se integraron na poboación autóctona senón que tamén influíron decisivamente na súa vida, como foi o caso da cultura romana que propiciou a formación dunha nova lingua autóctona, o galego. Ata o ano 1833 mantívose coma un reino, no ano 1933 recibe o recoñecemento internacional da súa realidade nacional e desde 1981 organízase xurídica e administrativamente como unha comunidade autónoma dentro do Estado español.

Idade Antiga de Galicia

Coñécese como protohistoria o período de cada cultura sobre o cal non existen textos escritos producidos pola propia cultura que se investiga, pero si referencias en autores doutras civilizacións. Para Galiza, as fontes son as greco-latinas, polo que este período se inscribe xeralmente na Idade Antiga.

As primeiras mencións que teñen chamado a atención son a de certas illas, as Casitérides, nas que abundaba o estaño. Pero o coñecemento do Occidente foi extremadamente limitado até a época helenística. A primeira referencia é a dun viaxeiro marsellés de fins do século IV a. C., Piteas, quen menciona o cabo Nerio e a tribo dos ártabros. Estas informacións foron recollidas por Eratóstenes (século III a. C.); máis tarde escribiron Polibio (século II a. C.), Artemidoro, Posidonio e Estrabón (século I a. C.), Plinio o Vello (século I) e Ptolomeu (século II).

A indoeuropeización do cuadrante norocidental da Península Ibérica durante o Idade de Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade de Ferro, a partir do século VI a. C. Apareceu así a cultura castrexa, caracterizada polos castros ou citanias, poboados fortificados sen apenas urbanismo. Aínda que por veces ferro e Cultura castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceptos porque a transición entre Bronce e Ferro é aínda bastante descoñecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e de onde proveñen os trazos prototí­picos do mundo castrexo. En efecto, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII a. C. Esta área cultural ten o seu límite oriental no río Navia e o Bierzo e o meridional no río Douro. Non se deu en ningún momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilicio. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano xorde a cultura galaico-romana.

Idade de Bronce en Galicia

Os primeiros metais e a cerámica campaniforme chegaron a Galiza procedentes de Portugal hai uns 4 000 anos, durante o Calcolítico ou Idade do Cobre.

Na Idade de Bronce (1800-700 a.C.), a metalurxia comezou a evidenciar cambios tanto na forma coma na técnica coa aparición do bronce. A base económica foi a agricultura e a gandería e mailo aproveitamento dos recursos mariños; aínda que a metalurxia do bronce debeu xogar un importante papel, mesmo no crecemento dos intercambios destes bens coa Europa atlántica e co Mediterráneo peninsular.

Son numerosas as pezas de ourivaría que conservamos: pulseiras, diademas, brazaletes,etc., o que evidencia a xerarquización desta sociedade. Pola súa cantidade e calidade destaca o tesouro de Caldas de Reis (Caldas de Reis), hoxe no Museo Provincial de Pontevedra, así como o casco de Leiro (Leiro, Rianxo), no Museo Arqueolóxico do Castelo de Santo Antón, na Coruña.

A importancia da guerra para esta sociedade vén marcada polo numeroso armamento metálico atopado: puñais, machadas, punta de lanza ou espadas. Os lugares nos que apareceron os restos de maior importancia son Leiro, O Hío (Cangas) e Roufeiro (Nocelo da Pena, Sarreaus).

Da Idade de Bronce consérvase unha gran cantidade de gravados en penedos ao aire libre, denominados petróglifos. Aparece a finais desta época a Cultura castrexa.

Literatura galego-portuguesa

A literatura galego-portuguesa é aquela escrita en galego-portugués en diversas zonas da Península Ibérica entre os séculos XII e XV. Esta inclúe lírica sacra e profana e diferentes tipos de prosa.

Entre os séculos XII e XIV floreceu no occidente da Península Ibérica un movemento poético en lingua galego-portuguesa. Esta era a única poesía escrita en lingua romance nos reinos de Galiza (antes e despois da independencia de Portugal), León e Castela. Esta literatura estaba escrita nunha forma altamente elaborada de galego-portugués, independentemente da orixe do autor. Pola contra, a prosa medieval galego-portuguesa, máis ben escasa, consta fundamentalmente de traducións de obras escritas noutras linguas feitas para seren lidas na Galiza. Porén, a partir de finais século XV, as circunstancias sociolingüísticas derivadas das consecuencias sociopolíticas da época propiciarán a "independencia" da lingua portuguesa con respecto á galega e a división do sistema literario galego-portugués, dando paso aos Séculos Escuros en Galiza e ao nacemento da literatura portuguesa.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora formaban parte dunha mesma zona megalítica, con arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que hoxe estimamos relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só en Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Reino de Galicia

O Reino de Galicia ou Reino de Galiza foi unha entidade política situada no suroeste de Europa, que durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou gran parte do norte e noroeste da Península ibérica. Fundado polo rei suevo Hermerico no ano 410, e establecida a súa capital en Braga, foi o primeiro reino que adoptou oficialmente o catolicismo e que emitiu moeda propia (ano 449). Tras o goberno temporal dos monarcas visigodos (585-711) reorganizouse nos séculos VIII e IX, desprazando a súa capital desde Tui ata Oviedo e León, establecéndose como principal reino cristián da Península ibérica.

Consolidada Compostela como capital do reino desde o século XI, a separación de Portugal (1128) e a individualización dos reinos de Castela e León tras o ano 1065, delimitaron o seu territorio practicamente ó actual. Mantivo unha soberanía política plena —compartindo rei co reino de León— ata o ano 1230 cando o rei castelán Fernando III usurpou o trono poñendo temporalmente o reino baixo control da coroa de Castela.

Os conflitos sucesorios e as tentativas de independencia mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán de Borgoña (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386) permitíronlle gozar de soberanía fáctica ata que en 1486 os Reis Católicos someteron o reino polas armas. Desde entón o reino estivo subxugado á coroa de Castela (1486-1715) e posteriormente á coroa de España (1715-1833), adquirindo a súa Xunta Suprema (1808-1812) amplas liberdades ó ser o único reino peninsular libre de ocupación napoleónica, pouco antes de ser disolto por María Cristina de Borbón-Dúas Sicilias en 1833.

Romanización de Galicia

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Séculos Escuros

Denomínanse Séculos escuros a un período histórico que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Caracterízase pola ausencia case total de literatura galega e polo estado de prostración e marxinación social da lingua galega a raíz da imposición do castelán. Esta entra nun período de decadencia e perde o seu uso nos rexistros oficiais, e dunha maneira paralela prodúcese unha enorme perda do poder político do reino de Galicia.

Taragoña, Rianxo

Divino Salvador de Taragoña é unha parroquia situada ao norte do concello de Rianxo, na comarca da Barbanza. Linda ó norte co concello de Boiro e a parroquia de Araño, ó oeste co concello de Boiro, ó leste coas parroquias de Asados e Rianxo e ó sur coa ría de Arousa. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 2.252 habitantes (1.174 mulleres e 1.078 homes) distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.673 habitantes.

O alcume que reciben as xentes de Taragoña é o de "Cangrexeiros". Este sobrenome é orixinario dunha peculiar historia dun veciño da parroquia chamado Felipe "O Delgado" que vivía no Burato, unha persoa de familia adiñeirada, que foi vendendo todo o seu capital e gastando os cartos ata que quedou sen un real, logo o home ía comer ás casas dos veciños e borralleiras. Asemade nos días de marea ía á ribeira á praia da Torre para mariscar e botar algo á boca, sendo naquela época moi abondosos os cangrexos na zona do río, e fixo unha empanada botándolle masa por riba dos crustáceos aínda vivos, escapando estes coa masa ó lombo cando lles chegou a quentura do lume.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.