Equo

Equo é un partido político ecoloxista de ámbito estatal en España.

Equo
Equo logo
Dirixentes e organización
LíderRosa Martínez Rodríguez
Juan López de Uralde
Historia
Fundación4 de xuño de 2011
Posicións políticas
IdeoloxíaEsquerda
Ecoloxía
Outros datos
Páxina webwww.partidoequo.es

Historia e características

Foi fundado na asemblea constituínte dos días 8 e 9 de outubro de 2011, mais presentado como fundación xa o 24 de setembro de 2010, co obxectivo de ser un "núcleo de formación e debate sobre ecoloxía política e equidade social e a formación dun movemento sociopolítico", e así promover a converxencia do movemento verde cara a un partido político a semellanza doutros partidos da contorna europea.

Entre os seus impulsores destacan Juan López de Uralde (director de Greenpeace en España de 2001 ao 2010) e Alejandro Sánchez Pérez (director executivo de SEO/BirdLife durante case 20 anos), así como personalidades procedentes doutros partidos políticos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Aitor Urresti

Aitor Urresti González, nado en Bilbao o 15 de xaneiro de 1975, é un enxeñeiro industrial e político vasco de Equo, partido polo que foi candidato á lehendakaritza nas Eleccións ó Parlamento Vasco de 2012. Foi coportavoz de Equo Euskadi e dende novembro de 2014 é membro da Comisión Executiva Federal de Equo.

Alternativa Galega de Esquerda

Alternativa Galega de Esquerda é unha coalición política galega creada para as eleccións ao Parlamento de Galicia de 2012 polo partido nacionalista galego Anova - Irmandade Nacionalista, Esquerda Unida (federación galega de EU), EQUO Galicia (federación galega de EQUO) e Espazo Ecosocialista Galego. Actualmente só segue activa a nivel do Parlamento Europeo, onde está representada pola eurodeputada Lidia Senra, de Anova

Ames Novo

Ames Novo é un movemento cidadán e político creado no concello de Ames que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015.

A candidata á alcaldía foi Pilar Candocia, anteriormente concelleira de Educación vencellada ao BNG. No movemento participan diversos partidos políticos, coma Anova, Compromiso por Galicia, Esquerda Unida, Equo e Espazo Ecosocialista Galego. A diferenza de noutras candidaturas cidadás Podemos non participa nesta lista, senón que promoveu outra candidatura: Contigo Pódese. Nas eleccións, Ames Novo foi a terceira forza máis votada con 2474 votos (17,94%) e 4 concelleiros.

Anova-Irmandade Nacionalista

Anova-Irmandade Nacionalista é unha formación política galega, nacionalista e independentista de esquerda, integrada polo Encontro Irmandiño e coa participación da Fronte Popular Galega. O seu portavoz nacional é Antón Sánchez dende o 2017. Ata entón e dende a súa fundación, o portavoz nacional foi o fundador do partido, Xosé Manuel Beiras Torrado. Xorde a partir de Encontro Irmandiño, escisión do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no 2012.

Barcelona en Comú

Barcelona en Comú, inicialmente denominada Guanyem Barcelona, é unha plataforma cidadá, constituída en partido político, co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Barcelona. A súa candidata á alcaldía e unha dos seus principais impulsores é a activista Ada Colau, ex voceiro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

Conflúen no proxecto os partidos Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent e Podem.

A formación foi a lista máis votada nas eleccións de 2015 en Barcelona cun concelleiro máis que CiU, a segunda forza.

Betanzos Novo

Betanzos Novo (ou Betanzos Novo - Son) é un movemento político creado no concello de Betanzos que se presenta ás eleccións municipais de maio de 2015. A candidatura foi escollida mediante un proceso de primarias abertas. O candidato escollido foi Hipólito Pérez Novo.

A candidatura esta apoiada por Esquerda Unida, Espazo Ecosocialista, Equo e Anova.

Compostela Aberta

Compostela Aberta (CA) é un movemento cidadán e político creado na cidade de Santiago de Compostela que se presentou ás eleccións municipais de maio de 2015. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos ou Equo.

Democracia Participativa

Democracia Participativa, abreviado PARTICIPA, é un partido político español creado en 2011. De acordo cos seus promotores, o seu fin é a promoción e defensa da participación cidadá nas institucións democráticas. Presentouse ás Eleccións municipais de 2011 en diferentes localidades de España e ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con outros partidos.No seu debut, as Eleccións municipais de 2011, PARTICIPA presentouse como ferramenta aglutinadora de diferentes partidos políticos con máis de 60 candidaturas en todo o estado español, repartidos en varios municipios: Málaga, Granada, Porto de Santa María, Fuengirola, Huetor Vega, Xàtiva e Badalona, cun total de 2.018 votos.

Vaise presentar ás Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014 en coalición con Compromís e EQUO entre outros partidos, co nome Primavera Europea. O seu posto máis alto na lista electoral é o quinto.

EQUO Castilla y León

EQUO Castilla y León é o nome da federación de EQUO en Castela e León, constituída o 25 de maio de 2013 en Valladolid, aínda que as súas asembleas provinciais funcionaban dende a fundación de EQUO como partido o 4 de xuño de 2011.

A asemblea de EQUO Castilla y León, formada por todos os afiliados e simpatizantes castelán-leoneses deste partido, é o principal organismo da federación por ter a capacidade lexislativa e executiva, reúnese periodicamente e subdivídese en asembleas provinciais e asembleas locais. A Mesa de Coordinación de Castilla y León, composta por dous representantes paritarios de cada asemblea provincial, xestiona e coordina a federación para o día a día.

Goberna con maioría absoluta en Cabañas de Polendos (Segovia) e Valle de Tabladillo (Segovia) e ten unha alcaldesa pedánea en La Acisa de las Arrimadas, no concello de La Ercina (León). Tamén ten concelleiros nos seguintes municipios segovianos: El Espinar, Espirdo, Ortigosa del Monte, Carabias e Valdeprados.

EQUO Galicia

EQUO Galicia intégrase na federación estatal española EQUO, nada en setembro de 2010 como fundación e convertida en partido político en outubro do 2011.

EQUO Galicia está impulsada por persoas provenientes de movementos ecoloxistas, organizacións sindicais e feministas, así coma do mundo da cultura e do movemento 15M. Como todas as organizacións de cada comunidade autónoma federadas en EQUO, goza de soberanía no seu eido territorial.

Eleccións municipais de España de 2015

De acordo co establecido na Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, do Réxime Electoral Xeral, o 24 de maio de 2015 (cuarto domingo de maio), realizáronse en España eleccións municipais.

Eleccións xerais de España de 2011

As Eleccións xerais de 2011 en España foron convocadas para o 20 de novembro de 2011. Foron as undécimas eleccións xerais dende a recuperación da democracia en España.

Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012

As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2012 celebráronse o 25 de marzo de 2012 para elixir os 45 deputados da IX lexislatura asturiana. Coincidiron coas eleccións andaluzas. O presidente do Principado de Asturias, Francisco Álvarez-Cascos, no cargo desde xullo de 2011, comunicou o adianto das eleccións o 30 de xaneiro de 2012, tras ter estado seis meses no Goberno.As anteriores eleccións foran convocadas en maio de 2011, podendo o Goberno resultante exercer a súa función como máximo até 2015.

En Comú Podem-Guanyem el Canvi

En Comú Podem-Guanyem el Canvi (as súas siglas son ECP) (en galego, En Común Podemos-Ganemos o Cambio) é unha coalición electoral de esquerdas formada pola sección de Podemos en Cataluña, Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo e Barcelona en Comú xurdida en outubro de 2015 co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Cataluña. O cabeza de lista por Barcelona foi o historiador Xavier Domènech.En Comú Podem expuxo establecer unha relación de igual a igual con Podemos polo que tivo como obxectivo ter grupo parlamentario propio e apostar por articular conxuntamente coa formación de Pablo Iglesias os «puntos en común». A formación non descarta entenderse con sectores de ERC, PSC e busca a forma de achegarse á CUP.Nas eleccións xerais de 2015 presentouse como En Comú Podem e nas eleccións xerais de 2016 presentouse baixo o nome En Comú Podem-Guanyem el Canvi.

En Común

En Común-Unidas Podemos (Podemos-EU-Mareas En Común-Equo), coñecida simplemente como En Común, é unha coalición electoral formada por Podemos, Esquerda Unida, Equo e Mareas en Común xurdida en abril de 2019, tras retirarse de En Marea, co obxectivo de presentarse ás eleccións xerais dese ano nas catro circunscricións electorais de Galicia.

As cabezas de lista nas eleccións xerais de España de 2019 foron:

por A Coruña, Antón Gómez-Reino Varela

por Lugo, Vanessa Somoza Domínguez

por Ourense, a educadora social Ledicia Piñeiro

por Pontevedra, Yolanda Díaz Pérez.

Juan López de Uralde

Juan "Juantxo" López de Uralde, nado en Donostia en 1963, é un activista e ecoloxista vasco.

Marea Pontevedra

Marea Pontevedra é un movemento cidadán e político creado na cidade de Pontevedra que se presenta ás eleccións municipais de maio de 2015.

O candidato é o escritor e xornalista, Luís Rei Núñez. No movemento participan diversos partidos políticos, como Anova, Esquerda Unida, Podemos, Espazo Ecosocialista Galego e Equo.

Nas eleccións municipais de 2015 obtivo dous escanos.Nas eleccións municipais de 2019 non obtivo escanos.

Marea de Vigo

Marea de Vigo é un movemento político creado na cidade de Vigo que se presentou ás eleccións municipais do 25 de maio de 2015. A candidatura presentouse oficialmente o 18 de marzo do 2015 despois dun proceso de primarias.

Rubén Pérez, membro de Esquerda Unida, será o candidato da Marea nas eleccións municipais de maio de 2015. A candidatura está apoiada por Esquerda Unida e Anova, mais non por Podemos, Equo ou Piratas de Galicia.

Nas eleccións de 2015 conseguiron tres escanos no concello de Vigo.Nas eleccións de 2019 conseguiron dous escanos no concello de Vigo.

Unidos Podemos

Unidos Podemos (Podemos-IU-Equo) é unha coalición electoral española conformada por Podemos, Izquierda Unida, Equo e outras formacións de esquerdas, constituída o 13 de maio de 2016 para presentarse ás eleccións xerais do mesmo ano.Presentouse en todas as circunscricións ao Congreso dos Deputados e ao Senado, excepto nas catalás (onde se presentou a coalición En Comú Podem-Guanyem el Canvi), valencianas (onde se presentou a coalición Compromís-Podemos-EUPV: A la valenciana) e galegas (onde se presentou a coalición En Marea) a ambas as Cámaras e en Eivissa-Formentera ao Senado (onde se presentou a coalición Podemos-EU-Más).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.