Epifanía

A Epifanía (do grego ἐπιφάνεια que significa 'manifestación, fenómeno milagroso') é unha festa relixiosa cristiá segundo a cal Xesús toma unha presenza humana na terra, é dicir Xesús dáse a coñecer.

Epifanía Santo Estevo de Ribas de Miño
Epifanía en pedra na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.

Características

Epifanía de Roland de Mois
Epifanía (cara 1589), de Roland de Mois.

O termo Epifanía é utilizado, segundo Giacomo Cannobio, na Biblia dos Setenta ou para traducir o concepto de "gloria de Deus" que indica as pegadas do seu paso ou, máis simplemente a súa presenza.

No Novo Testamento, nas cartas paulinas tardías, refírese á entrada de Cristo no mundo, presentada como a do emperador que vén tomar posesión do seu reino (latín adventus, de aí o tempo de advento como preparación ao Nadal). A partir deste significado, o termo usouse en Oriente para indicar a manifestación de Cristo na carne e a continuación, a partir do século IX, para designar a festa da revelación de Xesús ao mundo pagán. Esta é a festa que se segue celebrando o día 6 de xaneiro.

Na narración da Biblia Xesús deuse a coñecer a diferentes persoas e en diferentes momentos, pero o mundo cristián celebra como epifanías tres eventos, a saber: a Epifanía ante os Reis Magos (tal e como se relata en Mateo 2, 1-12) e que é celebrada o día 6 de xaneiro de cada ano; a Epifanía a san Xoán Bautista no Xordán; e a Epifanía aos seus discípulos e comezo da súa vida pública co milagre en Caná no que inicia a súa actuación pública.

En realidade a festa de epifanía que máis se celebra é a que corresponde ao día 6 de xaneiro de cada ano na que os tres Reis Magos, segundo a tradición (nas traducións de Biblias protestantes, e xa actualmente nas últimas traducións das biblias católicas, elaboradas en colaboración ecuménica e interconfesional, menciónase o adxectivo sabios) denominados: Melchor, Gaspar e Baltasar que aparecen do Oriente para adorar a primeira manifestación de Xesús como neno ofrecendo tres agasallos simbólicos: ouro, incenso e mirra. En realidade, a Biblia non fala do número dos magos, ou sabios, nin tampouco dos seus nomes. Foi a tradición posterior a que identificou o seu número e nomes.

Galería de imaxes

Santiago, San Bieito do Campo 01-01a

Igrexa de San Bieito do Campo (Santiago de Compostela)

Santiago, San Bieito do Campo 01-01c

Detalle

Santiago Galiza nov 2008 San Fiz de Solovio 17

San Fiz de Solovio (Santiago de Compostela).

Padrón, Escravitude 01-13d

Santa María de Iria Flavia (Escravitude).

Ribadumia, Leiro, Ponte Arnelas baldaquino 01-04b

Resto dun baldaquino nunha casa en Ponte Arnelas (Ribadumia).

Véxase tamén

Outros artigos

6 de xaneiro

O 6 de xaneiro é o sexto día do ano do calendario gregoriano. Quedan 359 días para rematar o ano e 360 nos anos bisestos.

Aninovo

O Aninovo é a festa que conmemora o inicio dun novo ano. A data en que se realiza esta celebración depende do tipo de calendario utilizado, sendo a máis común a do 1 de xaneiro, data segundo o calendario gregoriano, que foi instaurado polo papa Gregorio XIII en 1582 e utilízase na maioría dos países do mundo.

Apalpador

O Apalpador, Apalpa-Barrigas ou Pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, ligado á tradición do Nadal do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Quiroga, Lemos, Terra de Trives e os Ancares , aínda que se está a recuperar en toda Galicia. O Apalpador baixa a noite do 24 ou 31 de decembro segundo a zona, para visitar os nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presada de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura, murmurándolles "así estexas todo o ano".

Arxentina

A República Arxentina (en castelán: Argentina) é un país situado no extremo sur de América organizado como unha república representativa e federal. Pola súa extensión, é o segundo estado de América do Sur, cuarto no continente americano e o oitavo no mundo con 2 780 400 km². Con todo a Arxentina reclama as Malvinas, as illas Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur e a Illa Aurora baixo soberanía británica e unha área antártica ao sur do paralelo 60° S, denominada pola Arxentina Antártida Arxentina.

O seu territorio continental americano, que abrangue grande parte do Cono Sur, limita ao norte con Bolivia e Paraguai, ao nordés con Brasil, ao oeste e sur con Chile e ao este con Uruguai e o océano Atlántico.

Está dividido en 23 provincias e unha cidade autónoma, Buenos Aires, capital da nación e sede do goberno federal. Os seus 40 millóns de habitantes teñen uns índices de desenvolvemento humano, renda per cápita, nivel de crecemento económico e calidade de vida, que se encontran entre os máis altos de América Latina. Segundo o Banco Mundial, o seu PBI nominal é o 30º máis importante do mundo, aínda que se se considera o poder adquisitivo o seu PBI total converte ao país na 23º economía máis importante do mundo. Actualmente a Arxentina está clasificada como un país de ingresos medianos altos ou como un mercado emerxente, tamén segundo o Banco Mundial.O 25 de maio de 1810 tivo lugar a Revolución de Maio, na que foi deposto o último vicerrei español que gobernou dende Buenos Aires, e organizouse a Primeira Xunta de goberno. O 9 de xullo de 1816 foi proclamada formalmente en Tucumán a súa independencia como país libre e soberano.

Cabalgata dos Reis Magos

A Cabalgata dos Reis Magos é un desfile de carrozas típico, nas cidades españolas e algunhas mexicanas, no que os Reis Magos (Melchor, Gaspar e Baltasar) e os seus paxes e axudantes lanzan caramelos e pelotas aos nenos que os observan desde a rúa.

Celébrase cada 5 de xaneiro pola tarde. Ao chegar a noite os nenos deben deitarse temperán e á mañá seguinte, no día da Epifanía, teñen os agasallos dos Reis Magos que solicitaron previamente nunha carta. Segundo a tradición os nenos que se portaron mal durante o pasado ano reciben carbón de caramelo.

Cenlle

Cenlle é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.235 habitantes (1.601 en 2003)

Drama

O drama (do grego δράμα, "facer" ou "actuar") é a forma de presentación de accións a través da súa representación por actores e por medio do diálogo. Posteriormente, o drama divídese en xéneros realistas e xéneros non realistas; O primeiro foi escrito entre a traxedia e a comedia existente, e no século XX, veu a ser engadido traballo didáctico e traxicomedia (tamén coñecido como comedia tráxica clásica), recoñecido como tal desde o Renacemento. Ademais, a isto engádese a farsa, considerada un xénero imposible. Todos eles teñen en común a representación dalgún episodio ou conflito na vida dos seres humanos a través do diálogo dos personaxes ou o monólogo. No xénero dramático, o autor leva o desenvolvemento da acción á escena: os feitos non están relacionados, pero están representados. A súa forma expresiva é o diálogo e os personaxes asumen ser a vida cando ten un "tráxico fin", pero o termo tamén se refire ás obras en banda deseñada (polo menos na cultura occidental, onde se considera nacido a termo de drama) e inclúe , entón, traxedia e comedia.

Algúns teóricos do século XX insistir na diferenciación categórica entre drama e teatro, das que a primeira é a versión feita en todo por elementos lingüísticos, a tempo parcial que se considera un xénero literario, cuxa característica é o predominio da función denominativa de linguaxe, a ausencia dun mediador (intérpretes, actores) entre o mundo creado (a realidade ficticia) eo lector ea posibilidade virtual de ser representada.

O teatro é a realización do drama e inclúe actuación, música, etc. É dicir, elementos que non son específicos do drama como unha realidade lingüística limitada só ao discurso. A análise dun drama pódese facer a partir da crítica literaria, mentres que a análise do teatro debe incluír factores como a actuación, a avaliación do espectáculo, os músicos, a iluminación, etc.

Podes engadir precisión, desde a perspectiva do Etnocenologia, campo interdisciplinar que estuda os fenómenos e teatro organizado espectacular comportamento humano (PCHSO), que é un subconxunto dentro do conxunto de formas espectaculares organizados. Hai tres aspectos fundamentais da análise dun xeito espectacular: o espectáculo, a performatividade (Teatro) eo fenómeno da relación simbiótica ou empatía está construída en relación ao público (Pradier, 1996).

A relevancia da avaliación destes aspectos do teatro como forma espectacular reside no feito de que cada forma espectacular responde a un contexto social. Neste sentido, a dramaturgia ea súa manifestación espectacular a través do teatro organízanse a través de códigos que non son universais, senón que son específicos dun contexto histórico e cultural.

Índice

Antecedentes históricos Edit

O xénero dramático orixinouse en Grecia. Ao comezo, as actuacións teatrais estaban relacionadas co culto de Dioniso, deus do viño e da alegría e, polo tanto, posuían un carácter sagrado. Estas representacións consistían en himnos dedicados a esa deidad ou divindade. Máis tarde, introduciuse cambios nas cancións; deste xeito xorde o xénero dramático. Os dramaturgos gregos máis importantes foron: Thespis (que foi o primeiro en eliminar un membro do coro para crear un diálogo) chamou este protagonista, entón Ésquilo trae outro membro do coro e poñer-lo para o diálogo co corifeo (cabeza do coro) chamouno deuterozista, e finalmente Sófocles introduce o terceiro actor (triagonista), tamén introduce o conxunto e aumenta os coros (outros membros do coro).

Ao teatro, segundo a clasificación do teatro grego (Drama) na Poética de Aristóteles, pertencen os seguintes xéneros principais:

Traxedia

Comedia

Drama

melodrama

A cuarta xénero máis grande, a parte (tamén coñecido como drama ou Traxedia burguesa) emerxen ata a segunda metade do século XIX, con autores como Ibsen e Strindberg en Escandinavia, Chekhov en Rusia e no século XX, Arthur Miller nos Estados Unidos.

Da Grecia Antiga, o traballo dramático ocorre en Roma, onde os autores máis destacados foron: Terencio, Séneca e Plauto. Durante o primeiro período da Idade Media o xénero dramático converteuse en extinto, e as obras gregas foron completamente esquecidas. Ao redor dos séculos XI e XII os europeos reinventaron o teatro e as comedias apareceron en latín, que estaban representadas en mosteiros, tribunais e universidades. Non era un teatro para o pobo. Este xurdiu nas igrexas e consistiu na dramatización de certas escenas do Evangelio. Tales representacións, escritos en vernáculo, foron realizadas principalmente nas tres festas máis importantes da liturgia: Nadal, Epifanía e Resurrección.

O primeiro traballo teatral escrito en español foi o Auto dos Reis Magos. Queda incompleta (142 versos)

Década de 870

A década de 870 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 870 e remata o 31 de decembro de 879.

Epifanía (Michelangelo)

Epifanía é un debuxo en carbón do artista do renacemento italiano Michelangelo, datado de arredor de 1550-1553. Está feito sobre vinte e seis láminas de papel cunhas dimensións de 232 cm de altura por 165 cm de lanrgura. O debuxo consta de cinco personaxes principais (a Nai de Deus co Neno Xesús, Xosé de Nazaret, Xoán o Bautista e unha figura sen identificar) con outras figuras menos definidas no fondo da obra. O debuxo pasou polas mans de diversos propietarios, o derradeiro deles, o escocés John Malcolm of Poltalloch, mercou por só 11 libras e 6 peniques. O seu fillo, John Wingfield Malcolm, doouno ó Museo Británico no ano 1893, onde se conserva na actualidade.

Igrexa de San Fiz de Solovio

A igrexa de San Fiz de Solovio é un templo relixioso situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Ten a sona de se-la igrexa máis antiga da cidade, aínda que foi derruída, reconstruída e sometida a diferentes reformas e ampliacións posteriores ó longo de oito séculos.

Manuel Díez Sanjurjo

Manuel Díez Sanjurjo, nado en Burgos o 28 de novembro de 1870 e finado en Madrid o 3 de decembro de 1941, foi un enxeñeiro de camiños e arqueólogo castelán, que residiu varios anos en Ourense. Foi membro numerario da Real Academia Galega

Nadal

Este artigo trata sobre a celebración cristiá, para o artigo sobre o mes de nadal vexa decembro.O Nadal (do latín dies natalis 'día do nacemento') é unha festa cristiá que conmemora o nacemento de Xesús de Nazaret. A Igrexa católica latina, as Igrexas protestantes e a maioría das Igrexas ortodoxas celébrana o 25 de decembro. Algunhas Igrexas ortodoxas e católicas orientais celébrana o 7 de xaneiro, xa que non aceptan o calendario gregoriano.

Noitevella

A Noitevella é a derradeira noite do ano, comprendendo dende 31 de decembro ata o 1 de xaneiro (día de Aninovo).

Ouro

O ouro é un elemento químico de número atómico 79 situado no grupo 11 da táboa periódica. O seu símbolo é Au (do latín aurum). O ouro é un metal de transición brando, brillante, amarelo, pesado, maleable, dúctil (trivalente e univalente) que non reacciona coa maioría de produtos químicos, pero é sensible ao cloro e á auga rexia. O metal atópase normalmente en estado puro e en forma de pebidas e depósitos aluviais e é un dos metais tradicionalmente empregados para cuñar moedas. O ouro utilízase na ourivaría, a industria e a electrónica.

Papá Noel

Papá Noel ou Santa Claus é o personaxe lendario que segundo a cultura occidental trae agasallos aos nenos por Nadal. É un personaxe inspirado nun bispo cristián de orixe grega chamado Nicolao, que viviu no século IV na Anatolia, nos vales de Licia (na actual Turquía). Era unha das persoas máis veneradas polos cristiáns da Idade Media, do que aínda hoxe se conservan as súas reliquias na basílica de San Nicolao, en Bari (Italia).

Reis Magos

Os Reis Magos (tamén coñecidos como os Magos de Oriente) é o nome polo que tradicionalmente se denomina aos visitantes que, tras o nacemento do Neno Xesús, acudiron desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.

Santoral

O santoral é a listaxe dos santos admitidos por unha confesión relixiosa, principalmente falando das cristiás, extensible tamén ó calendario litúrxico no que se indica a data na que se celebra a festividade en honor dun santo ou outra figura relixiosa. O calendario actualmente usado pola Igrexa católica, o calendario romano xeral, é unha versión modificada do costume paleocristián de conmemorar a morte dos mártires no seu aniversario. Coa continua canonización de crentes ó longo dos séculos, tódolos días do ano se conmemora polo menos a algún santo. Isto faise non só coa morte dos mártires: hoxe en día tamén se lembra a data da morte natural dos santos (os antigamente chamados confesores, en contraposición ós testemuños ou μαρτυρες—), que tamén son incluídos no calendario xunto con festividades coma a Pascua, o Pentecoste ou a Epifanía, relacionadas con eventos da vida de Xesús e a historia eclesiástica.

Na época medieval era costume indicar as datas dos eventos en relación ó calendario eclesiástico, datándoos ó estilo de "terceiro día de Advento" ou "noite de san Xoán". Do mesmo xeito, o nome de pía dos infantes adoitaba ser o da festividade que se celebrase no día dos seu nacemento ou bautismo. Aínda que menos frecuente na actualidade, nalgúns países de tradición católica ou ortodoxa, consérvase o costume de saudar e felicitar ás persoas polo día do seu santo ou onomástica.

A lista mencionada no santoral da Igrexa católica non presenta necesariamente coincidencia coas das outras cristiás, en concreto das do anglicanismo, calvinismo, luteranismo, presbiterianismo e en xeral das igrexas da Reforma, e proceden fundamental e inicialmente do chamado Martiroloxio. O santoral comprende diversos tipos ou niveis de santidade: beatos, mártires, santos, anxos, arcanxos etc.

Victoria Ocampo

Ramona Victoria Epifanía Rufina Ocampo, nada en Buenos Aires o 7 de abril de 1890 e finada en Beccar o 27 de xaneiro de 1979, foi unha escritora, intelectual, tradutora, editora e mecenas arxentina.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.