Enxoval funerario

Un enxoval funerario, en arqueoloxía e antropoloxía, refírese ós obxectos colocados co corpo dos mortos na súa tumba, xa sexa mediante inhumación ou cremación.

Suxiren a crenza nalgunha forma de vida despois da morte, xa que polo xeral, son bens persoais, provisións para achandar o camiño do defunto na outra vida ou ben, son ofrendas ós deuses. O enxoval funerario é un tipo de ofrenda votiva. A maioría dos enxovais funerarios recuperados polos arqueólogos son obxectos inorgánicos, tales como cerámica e utensilios de pedra e metal, pero existen probas de que tamén se colocaron obxectos orgánicos que se deterioraron dende que se colocaron nas tumbas.[1]

Aliseda diadema de tipo ibérico
Diadema do enxoval funerario do tesouro de Aliseda (Cáceres), arte tartésico (século -VII).

Evolución

Existen evidencias desta práctica, polo menos, dende o paleolico Medio. No Paleolítico Superior, atopáronse enxovais funerarios consistentes en cabeiros perforados de cervo, contas de cunchas mariñas ou algúns obxectos líticos con ocre vermello arredor dos ósos.

Foi así en lugares como as covas de Grimaldi (Italia), onde apareceu un raro chapeu parecido a un bonete con 3000 cunchas e de Cavillon (Francia), onde o esqueleto estaba cuberto con máis de 200 cunchas perforadas e 22 dentes de animais perforados arredor do pescozo, ademais de dous coitelos de pedernal e outro utensilio de hasta de cervo.

Foi moi común durante o Neolítico e na Idade de Bronce, onde obxectos como vasos de incenso, utensilios de sílex, dagas ou colares depositábanse en recipientes de cerámica, que se colocaban nas tumbas.

Algúns dos máis famosos e ben conservados enxovais funerarios son do Antigo Exipto. Alí, que dispuñan até do Libro dos mortos, onde se describía o percorrido do morto até a outra vida, o pensamento da época era moi forte na crenza de que a vida no Máis aló transcorría de maneira semellante á vida neste mundo, polo que os bens depositados nas súas tumbas poderían ser usados polo defunto na vida futura. Tamén pintaban imaxes que presentaba o goce da vida terreal do defunto, os seus traballos e a súa estancia en compaña da súa familia; ás veces, incluíanse figuras de serventes, chamados ushebti, coa intención de que os servisen na súa vida futura. O enxoval funerario do faraón Tutankhamon é famoso porque foi unha das poucas tumbas exipcias que non fora saqueada antes do seu descubrimento por Howard Carter.

Notas

  1. Morris, Ian, Death-Ritual and Social Structure in Classical Antiquity (Rituales mortuorios y estructura social en la Antigüedad Clásica)(Cambridge, 1992; ISBN 0521376114)(en inglés)
A Chousa Nova

A Chousa Nova ou Chousa Nova 1 (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo megalítico situado na parroquia de Abades (Silleda), atopado e escavado durante as obras de construción da liña do AVE entre Ourense-Santiago. A cámara interior do dolmen non fora espoliada, estaba intacta e mantivérase co enxoval funerario. Foi o segundo dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. As probas por Carbono-14 deron para A Chousa Nova unha datación que sitúan como un dos dolmens máis antigos de Galiza.

As Raíñas de Amarna

Coñécese como As Raíñas de Amarna tres figuras femininas de relevancia do período de Amarna, tamén coñecido como "Herexía de Atón" ou o reinado de Amenofis IV ou Akhenatón. Son Tiya, a nai do faraón, Nefertiti, a grande esposa real e Kiya.

Civilización cicládica

A civilización cicládica (tamén coñecida como cultura cicládica ou período cicládico) é unha cultura arqueolóxica da Idade do Cobre e do Bronce nas Cícladas, no mar Exeo, abarcando aproximadamente o período do -3000 ao -2000

En metade do Exeo, entre as Espóradas e Creta, entre a península helénica e Anatolia, áchase o arquipélago das Cícladas. Estas illas deben o nome á súa disposición aproximadamente circular (κύκλος kyklos en grego significa círculo) en torno a Delos, a illa sagrada que viu nacer a Apolo. Son Míconos, Paros, Milo ou Milos, Sifnos, Amorgos, Tinos, Serifos ou Serfanto e Santorini.

Nestas illas do Exeo floreceu unha civilización anterior en case 2.000 anos á grega, que deixou tras de si centos de figuriñas de mármore, a maioría figuras femininas.

Ducado de Verona

O Ducado de Verona foi un dos ducados instituídos polos longobardos en Italia. Verona estivo entre as primeiras cidades en caer, no outono do 568, baixo o dominio dos longobardos guiados por Alboíno, que fixo dela o seu cuartel xeral. Preto de Verona Alboíno morreu, no 572, pola conxura urdida pola muller Rosmunda. A constitución do ducado xorde, con toda probabilidade, nestes mesmos anos, quizais xa a finais do 568.

Enxoval

O enxoval é o conxunto de bens, (mobiliario, roupa etc.) que conforman un fogar. Tradicionalmente, era a familia da esposa a que achegaba o enxoval ó matrimonio, sendo responsabilidade da nai ir preparando o enxoval das súas fillas antes da súa voda e de acordo coa súa posición económica. Era preceptivo que a confección e especialmente o bordado de determinadas pezas (manteis, sabas...) fosen obra da noiva.

K'inich Janaab' Pakal

K'inich Janaab' Pakal (pronunciado en maia: [k’ihniʧ xanaːɓ pakal]) ou Pakal o Grande, nado o 23 de marzo de 603 e finado o 28 de agosto de 683, foi un ahau ou gobernante do ajawlel ou señorío maia de B'aakal, cuxa sede era Lakam Ha', agora coñecida como a zona arqueolóxica de Palenque, que se atopa no norte do estado mexicano de Chiapas.

Foi entronizado pola súa nai á idade de doce anos, gobernou dende o ano 615 até o 683. Ascendeu ó poder despois de que Palenque sufrise un período de adversidade. Durante as primeiras décadas do seu goberno viviuse unha época de paz e produtividade. No ano 659 iniciou unha campaña militar que consolidou a Palenque como unha das cidades máis importantes da rexión. Durante un reinado de 68 anos, o máis longo período de reinado coñecido na historia de América, o goberno de Pakal caracterizouse por impulsar o crecemento da obra arquitectónica de Palenque e por iniciar os rexistros xeroglíficos da súa historia dinástica.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.O megalitismo na Galiza considérase que forma parte dunha mesma zona megalítica na que entra, ademais da Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora. Esta zona ten arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que, desde a análise de inicios do século XXI, se estima que son relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só na Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Mieres, Asturias

Mieres é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, a súa cabeceira municipal é a cidade de Mieres del Camino, dita popularmente simplemente Mieres. É cuarta poboación de Asturias, tras Oviedo, Xixón e Avilés, cun total de 44.992 habitantes, dos que arredor de 28.000 corresponden ao núcleo urbano capitalino.

Sito no centro de Asturias, dista tan só 20 km da capital autonómica, Oviedo, e 48 km de Xixón e Avilés.

Monte Faro de Domaio

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 636,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste.

O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións.

No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara o leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica.

Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal.

O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión.

No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Tesouro de Agolada

O tesouro de Agolada é un conxunto de xoias, datadas probablemente no Bronce Inicial ou Bronce Antigo B (1700-1600 a.C.), composto por unha gargantilla e dous brazaletes de ouro.

Atopouse, preto do Castro de Goiás, na parroquia de Ferreiroa, nun túmulo con motivo das obras da estrada de Lalín a Agolada no ano 1920, polo que se entende que formaba parte dun enxoval funerario.

O conxunto ten varios paralelos en Galicia, pero fora de Galicia só se teñen atopado obxectos semellantes na Bretaña francesa, feito que é interpretado como unha testemuña das relacións atlánticas entre os poboadores do territorio galego e os da Bretaña francesa nos inicios da Idade de Bronce, sendo tamén interpretados como a expresión dunha sociedade xerarquizada.

Na actualidade consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.

Xosé María Álvarez Blázquez

Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Óbolo de Caronte

Para outros usos do termo óbolo véxase Óbolo (homónimos).

Óbolo de Caronte é unha expresión relativa a unha moeda colocada dentro ou sobre a boca dos defuntos antes do seu soterramento, en diversas culturas da Antigüidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.