Enxoval

O enxoval[2] é o conxunto de bens, (mobiliario, roupa etc.) que conforman un fogar.[3] Tradicionalmente, era a familia da esposa a que achegaba o enxoval ó matrimonio, sendo responsabilidade da nai ir preparando o enxoval das súas fillas antes da súa voda e de acordo coa súa posición económica.[4] Era preceptivo que a confección e especialmente o bordado de determinadas pezas (manteis, sabas...) fosen obra da noiva.[5]

Boda vaqueira 01
Transportando o enxoval nunha voda vaqueira (Asturias).[1]

Enxoval e rito

Capítulo importante nos museos de etnografía e arqueoloxía, antropólogos e etnólogos diferencian polo menos tres tipos de enxoval ritual:

  • Enxoval de neno (asociado ó nacemento).
  • Enxoval de noiva (asociado ó matrimonio).[6]
  • Enxoval funerario ou de enterramento (asociado á morte).[7]

En Occidente, no marco da sociedade de consumo metropolitana, practicamente desapareceu. Porén, durante séculos, o enxoval da noiva tivo como receptáculo case sacro a arca de noiva, tamén chamada "baúl ou arcón nupcial", "arca de enxoval" ou "arcón de voda". Recibían tales títulos porque adoitaban enviarse polo esposo á súa prometida na véspera da voda. Polas súas figuras en relevo, a súa marquetería e pinturas, destacan os venecianos e florentinos do Renacemento.

Notas

  1. "O día da voda, a comitiva está formada polos noivos, padriños e iconvidados. Á fronte van a cabalo os noivos e os padriños, tras eles un carro do país, tirado por dous bois ou vacas, cun arca ou baúl con roupa branca; ó seu arredor varios sacos de trigo e os aparellos que comprenden o enxoval. Enriba lévase a cama matrimonial na que salientan os encaixes das sabas, dos almofadóns e os primores da sobrecama. Por último, enriba de todo vai o cesto da madriña adornada de lazos e chea de pan, ovos, manteiga e doces. O final do cortexo fórmano os convidados." Folclore asturiano en Valdés. Luis Fernando Rodríguez Suárez (ficha da imaxe).
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para enxoval.
  3. Nebrija, en su Diccionario latino-español (1492), habla de "axuar de casa", y anota dos voces latinas: supellex y utensilla-ium.
  4. CASARES, Julio. Diccionario Ideológico de la Lengua Española. Barcelona: Editorial Gustavo Gili, 1975. ISBN 84-252-0126-8
  5. Como elementos de matrimonio destacan los ajuares de boda; las novias bordaban y tejían desde su niñez exquisitas prendas de cama, aseo y otras prendas interiores que solían albergarse en arcas de madera más o menos decoradas. Destacan las arcas catalanas, por su riqueza ornamental y delicado trabajo. Son habituales las piezas cerámicas relacionadas con el ajuar, como los cántaros de boda de Mombeltrán (Valladolid), o las lozas de Manises conocidas como «vajillas idílicas».Un ejemplo de museo universitario: el Museo de Artes y Tradiciones Populares de la Universidad Autónoma de Madrid, por Ana Isabel Díaz-Plaza Arquivado 13 de abril de 2012 en Wayback Machine.
  6. O arcón do enxoval de noiva de Xoana I de Castela, coñecida como "Xoana a Tola", vendeuse á sé madrileña de "Alcalá Subastas" a un particular por 1.100.000 euros.Consultado o 5 de maio de 2012.
  7. Marvin HARRIS, Antropología cultural. Madrid: Alianza Editorial, 1990. ISBN 978-84-206-3951-2
A Chousa Nova

A Chousa Nova ou Chousa Nova 1 (hai dous túmulos máis na zona) é un túmulo megalítico situado na parroquia de Abades (Silleda), atopado e escavado durante as obras de construción da liña do AVE entre Ourense-Santiago. A cámara interior do dolmen non fora espoliada, estaba intacta e mantivérase co enxoval funerario. Foi o segundo dolmen atopado intacto no noroeste peninsular. As probas por Carbono-14 deron para A Chousa Nova unha datación que sitúan como un dos dolmens máis antigos de Galiza.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Dote

O dote é o patrimonio que a familia da noiva entregan ao noivo para soster as futuras cargas do matrimonio e que en moitos casos é directamente proporcional ao status social do futuro esposo. O dote outórgase ao marido, quen o administra durante a duración do matrimonio, xa que en caso de divorcio tería que devolvelo.

Miña nai, por me casar,

prometeume bois e vacas;

cando me foi da-lo dote,

doume unha cunca de papas.

Enxoval funerario

Un enxoval funerario, en arqueoloxía e antropoloxía, refírese ós obxectos colocados co corpo dos mortos na súa tumba, xa sexa mediante inhumación ou cremación.

Suxiren a crenza nalgunha forma de vida despois da morte, xa que polo xeral, son bens persoais, provisións para achandar o camiño do defunto na outra vida ou ben, son ofrendas ós deuses. O enxoval funerario é un tipo de ofrenda votiva. A maioría dos enxovais funerarios recuperados polos arqueólogos son obxectos inorgánicos, tales como cerámica e utensilios de pedra e metal, pero existen probas de que tamén se colocaron obxectos orgánicos que se deterioraron dende que se colocaron nas tumbas.

Idade de Bronce

A Idade de Bronce é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.

A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:

Na Asia central o bronce chega ao redor do 2000 a.C. en Afganistán, Turkmenistán e Irán.

Na China adóptao a dinastía Shang (1766 a.C.- 1122 a.C.).

Lista de megálitos de Galicia

Esta é unha lista parcial de monumentos megalíticos de Galicia, cos seus datos por columnas (P: provincia; C: A Coruña; L: Lugo; O: Ourense; P: Pontevedra).

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.O megalitismo na Galiza considérase que forma parte dunha mesma zona megalítica na que entra, ademais da Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora. Esta zona ten arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que, desde a análise de inicios do século XXI, se estima que son relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só na Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Mieres, Asturias

Mieres é un concello da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias, a súa cabeceira municipal é a cidade de Mieres del Camino, dita popularmente simplemente Mieres. É cuarta poboación de Asturias, tras Oviedo, Xixón e Avilés, cun total de 44.992 habitantes, dos que arredor de 28.000 corresponden ao núcleo urbano capitalino.

Sito no centro de Asturias, dista tan só 20 km da capital autonómica, Oviedo, e 48 km de Xixón e Avilés.

Mina da Parxubeira

A Mina da Parxubeira, tamén coñecida como Dolmen de Corveira, é unha anta situada na parroquia de Eirón, en Mazaricos, no lugar coñecido como Estivada Vella e datada entre o IV e III milenios a.C. Intégrase na necrópole de Sotorraño-Parxubeira-Portocoiro.

O corredor, pequeno, está orientado cara o leste; a cámara é poligonal e falta a lousa que a cobría, así como as chantas do lado sul. En total conserva trece esteos, seis na cámara e sete no corredor. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 m e contaba cunha coiraza de pedras.

No seu interior atopouse un enxoval consistente en láminas de sílex, unha punta de frecha, anacos de cerámica campaniforme , catro estelas antropomórficas de gneis granítico e uns pequenos ídolos de coios, un deles con decoración baseada en incisións, chamados betilos, todo o cal se atopa no Museo Arqueolóxico da Coruña. As estelas e os betilos estaban chantados verticalmente fronte ao corredor de entrada, xusto na periferia, mais non á vista dos vivos. É posíbel que se colocasen para protexer o morto como materialización simbólica da divindade da morte.

Monte Faro de Domaio

O monte Faro de Domaio é un monte galego situado na península do Morrazo, na localidade pontevedresa de Moaña. Ten 636,20 m de altura e é a máxima altitude da serra do Morrazo que percorre a península de leste a oeste.

O nome do pico provén da parroquia de Domaio, na que se erixe. Domina as rías de Pontevedra e Vigo cunha situación estratéxica que o converteu nun importante centro de telecomunicacións.

No seu cumio atópase unha zona de lecer chamada Chan da Arquiña que rodea un dolmen e unha mámoa co mesmo nome, e que constitúe a ruta de sendeirismo homónima. O monumento megalítico posúe máis de 5 000 anos de antigüidade, e consta dunha cámara poligonal composta de 11 pedras verticais e dun corredor, composto de 5 pedras verticais. Ten orientación cara o leste. Nas escavacións encontrouse un enxoval funerario completo composto de diferentes útiles e ferramentas de pedra e fragmentos de cerámica.

Nel nacen varios ríos, pequenos e de caudal irregular, que verten, polo sur na ría de Vigo e polo norte na de Pontevedra. A vexetación está composta por bosque atlántico onde abunda o carballo e o castiñeiro, que van cedendo paso aos eucaliptos e piñeiros que veñen da man da reforestación con fins de explotación forestal.

O terreo é granítico con grandes rochas deste material. Unha estrada sobe até o seu cumio onde hai unha gran cantidade de antenas de todo tipo para servizos de telecomunicacións e televisión.

No cumio do Monte Faro de Domaio instalouse un vértice xeodésico de primeira orde.

Museo Etnográfico Liste

O Museo Etnográfico Liste de Vigo acolle unha colección de máis de 2.000 pezas da cultura material e espiritual de Galicia, e que percorre dun xeito monográfico o patrimonio galego dos oficios artesanais, moitos deles xa desaparecidos, o traballo agrícola tradicional e abundantes exemplos da relixión e a medicina populares. Foi fundado en 1999 e declarado de interese cultural ese mesmo ano. En 2001 pasou a integrarse no Consello Galego de Museos. En xaneiro de 2012 anunciouse o seu peche, volvendo a abrir no mes de novembro do mesmo ano.

Prehistoria

A Prehistoria é o período de tempo que vai desde o inicio da evolución humana até os primeiros testemuños escritos. Xa que o comezo da Prehistoria está marcado pola aparición do ser humano non se pode aplicar este comezo ao mesmo tempo en todo o mundo; en África pódese datar en torno aos dous millóns seiscentos mil anos, no Medio Oriente algo menos dun millón oitocentos mil anos, en Asia e Europa arredor dun millón de anos de antigüidade, no resto do mundo estaría por baixo dos 50.000 anos.

Premio da Crítica de narrativa galega

O Premio da Crítica de narrativa galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora a que se considera mellor obra en prosa escrita en galego, publicada no ano anterior (a partir de 1978 os premios adxudícanse sempre ao ano seguinte da publicación dos libros).

Rairiz de Veiga

Rairiz de Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.767 en 2003).

Shmuel Yosef Agnon

Shmuel Yosef Agnon (en hebreo שמואל יוסף עגנון), nado o 17 de xullo de 1888 en Buczacz, Reino de Galicia e Lodomeria (Imperio Austrohúngaro, hoxe Ucraína) e finado o 17 de febreiro de 1970 en Xerusalén (Israel), foi un escritor israelí de lingua hebrea, premio Nobel de Literatura en 1966.

Tesouro de Agolada

O tesouro de Agolada é un conxunto de xoias, datadas probablemente no Bronce Inicial ou Bronce Antigo B (1700-1600 a.C.), composto por unha gargantilla e dous brazaletes de ouro.

Atopouse, preto do Castro de Goiás, na parroquia de Ferreiroa, nun túmulo con motivo das obras da estrada de Lalín a Agolada no ano 1920, polo que se entende que formaba parte dun enxoval funerario.

O conxunto ten varios paralelos en Galicia, pero fora de Galicia só se teñen atopado obxectos semellantes na Bretaña francesa, feito que é interpretado como unha testemuña das relacións atlánticas entre os poboadores do territorio galego e os da Bretaña francesa nos inicios da Idade de Bronce, sendo tamén interpretados como a expresión dunha sociedade xerarquizada.

Na actualidade consérvase no Museo Provincial de Pontevedra.

Turdetanos

Os turdetanos foron un pobo ibero que habitaba na Turdetania, rexión que abarcaba o val do Guadalquivir desde o Algarve en Portugal ata Serra Morena, coincidindo cos territorios da antiga civilización de Tartessos. Limitaban ao norte cos túrdulos, ao oeste cos conios e ao leste cos bastetanos. Foron un dos pobos prerromanos da península Ibérica con maior desenvolvemento tecnolóxico debido ao seu contacto cos cartaxineses.

Víctor Freixanes

Víctor Fernández Freijanes, máis coñecido como Víctor Freixanes, nado o 24 de agosto de 1951 en Pontevedra, é un xornalista, editor e escritor galego. É irmán do pintor Xosé Freixanes. En 2017 foi elixido presidente da Real Academia Galega.

Ágatha Ruiz de la Prada

Ágatha Ruiz de la Prada y Sentmenat, XII marquesa de Castelldosrius, XXIX baronesa de Santa Pau e Grande de España, nada en Madrid o 22 de xullo de 1960, é unha deseñadora de roupa española.

Estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona.

Comezou a súa carreira como deseñadora en 1981, cando presentou a súa primeira colección en Local, un Centro de Deseño. Os seus deseños salientan pola súa modernidade (vestidos con caixas, acompañado con estrelas, soles, lúas, corazóns, con cores brillantes) cun ton decididamente naïf.

Ademais de roupa, trasladou os seus deseños a mobles, cadeiras, mesas, sofás, enxoval, alfombras, lámpadas, material escolar (cadernos, lapis, bolígrafos, perfumes, toallas, etc).

É a parella sentimental do xornalista Pedro J. Ramírez.

Tamén dá o seu nome a unha marca de perfume, fabricado pola empresa catalá de produtos de perfumaría e moda Puig.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.