Entroido

O entroido[1][2] ou carnaval[3] é unha festa de carácter tradicional que se celebra entre os meses de febreiro e marzo, coincidindo co período inmediatamente anterior á Coresma e que se celebra principalmente en rexións de tradición católica e con menos extensión en zonas ortodoxas e moi modificado nalgunhas áreas protestantes, como é o caso do Fastelavn nalgúns dos países nórdicos.

O entroido celébrase tamén en Galiza con características particulares, con disfraces e esmorgas moi diferenciadas entre diversas poboacións: son coñecidos os entroidos de Xinzo de Limia, Laza, Verín, Vila de Cruces, A Estrada, Vilaboa e outros moitos, algúns dos cales están cualificados de festas de interese turístico nacional polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio.[4]

Cigarrones
Cigarróns no entroido de Verín.

Entroido ou carnaval

A palabra entroido deriva do latín introitus, que significa "entrada" ou "comezo" da primavera e do rexurdimento da vexetación. Na zona norte de Galiza emprégase antroido, como no antroido ribadense e na zona da Fonsagrada, incluso Monforte de Lemos e Viana do Bolo, mentres que no sur é máis frecuente entroido que é a forma que o DRAG recolle como normativa. A palabra aparece citada desde o século XIII[5]. O entroido coñécese tamén como carnaval (vid. infra), que tamén é un termo galego, ou co francés mardi gras, literalmente "martes graxo" (derivado de graxa, touciño). Nalgúns países onde o entroido desapareceu por presión eclesiástica ou policial, cando foi recuperado utilizouse o termo "carnaval" (así no Brasil[6]). Tamén é carnaval o termo correcto para festas similares celebradas fóra dos días anteriores á Coresma, como os carnavais de verán.

Orixe da palabra carnaval

Desfile Portela 2014 (906185)
Celebración do entroido en Rio de Janeiro

A palabra vén do italiano carnevale, que ten como orixe, segundo a maioría dos etimoloxistas modernos[7] o latín vulgar carne-levare, que significaba "abandonar a carne" (o cal xustamente era a prescrición obrigatoria para todo o pobo durante todos os venres da Coresma). Noutras zonas de España as denominacións populares de carnestoltes ou carnestolendas, respectivamente, parecen indicar que esta é a opción etimolóxica máis sensata (do latín tolere, retirar).

Posteriormente xurdiu outra etimoloxía manexada no ámbito popular: a palabra italiana carnevale significaría que durante a época do carnaval a "carne vale", ou sexa que se pode comer. Tamén se propón outra etimoloxía sen fundamento [8] que provén da expresión latina carrus navalis, ou sexa unha especie de carro triunfal que posiblemente saíse en desfile durante estas datas.

Calendario

Cigarron 1 verin jpereira
Cigarrón no entroido de Verín.

O entroido, ao variar conforme a Pascua e a Coresma, non ten datas fixas. O martes de entroido adoita coincidir en febreiro ou nos primeiros días de marzo, pero as celebracións relacionadas poden comezar xa en xaneiro.

É o que se coñece como ciclo do entroido e que ten nas diferentes vilas de Galiza distintas extensións. Tense tomado como referencia o entroido de Xinzo como o máis longo, se ben a súa distribución en cinco semanas é común a boa parte das comarcas centrais ourensás, como Maceda. En realidade non é o ciclo máis longo pois este é o de Laza onde o ciclo comeza segundo se dan as badaladas o día de ano novo co primeiro folión. Tamén son en ocasións máis longos que o entroido de Xinzo o entroido de Verín e o entroido de Vilariño de Conso, segundo en que momento de febreiro ou marzo caia o entroido pois en Verín o ciclo dá comezo o día de San Antón (17 de xaneiro) e en Vilariño de Conso o ciclo dá comezo o día de Candelas (2 de febreiro).

As súas datas fundamentais, por orde, son:

  • Domingo fareleiro
  • Domingo oleiro
  • Xoves de compadres
  • Domingo corredoiro
  • Xoves de comadres
  • Domingo de entroido
  • Luns de entroido
  • Martes de entroido
  • Mércores de cinza
  • Domingo de piñata

Non en todas as vilas se conservan ou existiron todas estas festividades. Ademais, aínda que os días grandes adoitan ser o domingo e o martes de entroido, noutras localidades, como Laza, a data referencial é o luns de entroido.

As máscaras

Boteiro vilarinho couso
Boteiro, Vilariño de Conso.

As máscaras do entroido galego presentan, segundo as zonas e comarcas, trazos diferentes. Podemos distinguir dous grandes grupos:

  • As máscaras da zona atlántica, nunha zona non continua que vai dende Cangas e Vilaboa ao sur ata as comarcas do Deza e o val do Ulla. Son traxes tamén coloristas, pero que frecuentemente deixan o rostro descuberto. Neles o traballo individual de elaboración do vestido é importante, pero máis o é a performance, que adoita ser colectiva. É o caso dos xenerais de Deza e de Ulla, as damas e galáns de Cangas e Vilaboa e as madamitas e madamitos do entroido de Cerdedo-Cotobade.

Tamén existen outros costumes:

A comida do entroido

Filloas
As filloas non poden faltar no entroido.

Parte da filosofía que rodea as festas do entroido inclúe a idea de comer e beber ben e ata encherse, sendo outra das facetas da idea de exceso e provocación destas festas.

Durante as festas tómanse grandes cantidades dos tradicionais chourizos, lacóns e cachuchas. As androllas e o caldo non faltan tampouco na maioría dos fogares xa que fan falta para repoñer as forzas de toda a foliada destes días.

Tamén nestas datas elabóranse sobremesas especiais como son as orellas e as filloas, que son os pratos máis típicos do entroido.

O Entroido na cultura popular galega

Madamas e galáns de Cobres.
Artigo principal: Febreiro na cultura popular galega.
  • A muller gobernadeira, no Antroido lava a salgadeira.
  • Algún día será domingo e martes de entroido.
  • Antroido á raxeira, Pascuas á lareira.
  • As pascuas con quen quixeres, os Antroidos coas vosas mulleres.
  • Cada entroido seu choqueiro.
  • Día de entroido e domingo de Páscoa, cada larpeiro na súa casa.
  • Domingo de Entroido larafuzán, comícheme a carne, deixácheme o pan.
Adeus martes de entroido,

adeus, meu amiguiño,
ata domingo de pascua
non comerei máis touciño.

Adeus, martes de antroido,
adeus meu queiridíño
ata o domingo de pascua

non volvo untar o fuciño.
—Cantiga popular.

Galería de imaxes

Véxase tamén: Galería de imaxes do entroido en Galicia.
Santiago GDFL o entroido 37

Entroido en Santiago de Compostela.

Oso de Salcedo

O Oso de Salcedo, típico da parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón).

Xenerais do Ulla

Xenerais do Ulla no martes de entroido en Fao (Touro).

Xigante no desfile de domingo de entroido de Viana do Bolo de 2009

Xigante no desfile de entroido de Viana do Bolo.

Volantes no entroido Ribeirao de Chantada.

Boteiro no entroido de Viana do Bolo 2009

Boteiro no desfile de domingo de entroido de Viana do Bolo.

Con cintas y cencerros

Volante do entroido Ribeirao.

Flores (doce) do Entroido en Galiza

Flores de Entroido.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para entroido.
  2. A variante antroido, que malia ser usada, non figura como forma correcta no VOLGa.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para carnaval.
  4. Turgalicia (ed.). "Festas de interese turístico nacional de Galicia no Entroido" (html). Consultado o 26/01/2011.
  5. Dicionário Houaiss s. v. entrudo.
  6. Dicionário Houaiss
  7. Segundo o Dicionario da RAE, do it. carnevale, haploloxía do ant. 'carnelevare', de 'carne', carne, e 'levare', quitar, e este calco do gr. ἀπόκρεως; e no Houaiss: latín medieval 'carneleváre' ou 'carnileária' (s. XI-XII) 'véspera do Xoves de Cinza, día en que se inicia a abstinencia de carne esixida na Coresma', do latín clásico 'carnem leváre'(...); ocorre en varios dialectos de Italia, provén do milanés 'carnelevale' (1130), fíxase no it. 'carnevale' (séc. XIV) e de aí no fr. 'carneval' (1552) 'carnaval' (1680), pasando ás demais linguas europeas aínda no séc. XVII.
  8. Houaiss: "Parecen sen fundamento histórico hipóteses que derivan a palabra da locución latina carrus navalis ('carro naval'), por asociación coa carreta en forma de barco usada en festas populares romanas, ou que lle atribúen ao 2º elemento do vocábulo orixinal no latín vale (adeus) ou no francés aval (abaixo).
  9. Sande reivindica sus 'bonitas' de Entroido (en castelán)

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

A semana na cultura popular galega

Como acontece noutras culturas, en Galicia tamén estivo presente a vella preocupación supersticiosa polos días faustos e infaustos, felices e infelices. A seguir recóllense crenzas, refráns e cantigas que recollen a pegada da semana na cultura popular galega.

Careta

Unha careta, caranta, carantoña, carauta, caroza ou máscara é un obxecto de papel ou de plástico que representa unha cara grotesca e que se utiliza para cubrir e ocultar o rostro. Emprégase sobre todo na festa do entroido, e tamén foi moi utilizado no teatro, desde as civilizacións antigas aos nosos días.

Comarca de Verín

A comarca de Verín é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Verín. A cal pertencen os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.

Entroido de verán de Redondela

O entroido de verán é é unha festa popular galega que ten lugar en Redondela a penúltima fin de semana de agosto. Celébrase dende 1997, e ten a súa orixe no Mardi Gras ou martes de entroido. Conta cun programa de concertos e un concurso de drag queens.

Polo festival pasaron artistas como King África, Georgie Dann, Chimo Bayo, Los Inhumanos ou Soraya Arnelas.

Febreiro na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de febreiro na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Incluímos tamén as mencións ó entroido, por coincidir -habitualmente- con este mes.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Filloa

A filloa é un produto gastronómico típico da sobremesa en Galicia coñecido tamén nalgunhas zonas como freixó ou marrucho .

É prato propio do entroido ou ben da época da mata do porco (San Martiño). Aquí a tradición acentúase na zona norte da provincia de Lugo e nalgunhas zonas da provincia de Ourense, pero polo xeral (no entroido) faise en moitas zonas de Galicia.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Malpica de Bergantiños

Malpica de Bergantiños é un concello galego da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños, en plena Costa da Morte. Limita co concello de Carballo polo leste, co de Ponteceso polo sur, e co océano Atlántico polo oeste e o norte.

Segundo o INE no ano 2016 tiña unha poboación de 5616 habitantes (5.768 no 2014, 5.998 no 2012, 6.102 no 2011, 6.178 no 2010).

O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «malpicán».

Memphis, Tennessee

Memphis é unha cidade do estado americano de Tennessee, situada no río Mississippi na súa unión co río Wolf. Está situada no Condado de Shelby, do que é capital. O seu reclamo turístico fundamental é Graceland, lugar onde viviu e faleceu Elvis Presley. Tamén é coñecida polo seu equipo de baloncesto, os Memphis Grizzlies. No 2007 tiña 674.028 habitantes, cifra que ascende ata 1 196 000 na área metropolitana. A cidade é moi coñecida pola música blues. En Memphis viviron Elvis Presley e B. B. King, e naceron artistas como Aretha Franklin, Carla Thomas, James Carr e Anita Ward.

Pobo galego

Os galegos son un grupo nacional, cultural e etnolingüístico que vive maioritariamente en Galicia, no noroeste da Península Ibérica, pero que por mor da emigración histórica tamén ten importantes poboacións noutras partes de España, Europa e América. Dende o punto de vista antropolóxico, diversos estudos xenéticos demostran a súa orixe centroeuropea, menos influenciados polos pobos mediterráneos que outras poboacións ibéricas por mor do illamento histórico dos seus habitantes, froito da súa localización xeográfica.Os galegos teñen os seus propios costumes, cultura, lingua, música, danza, deportes, arte, cociña e mitoloxía. O galego, lingua romance derivada do latín que se falaba na antiga Gallaecia romana, é a lingua propia de Galicia e constitúe a máxima expresión cultural do pobo galego. Dende o punto de vista filoxenético é de orixe común co portugués (co que mantén un 85% de intelixibilidade) e semellante a outros romances ibéricos tales coma o asturiano ou o castelán.

Existiron numerosos persoeiros galegos con relevancia ó longo da historia. O relixioso galaico Prisciliano foi o principal impulsor do priscilianismo, unha corrente relixiosa cristiá, difundida no século IV en Hispania, e sobre todo na Gallaecia. O cristián do século X Paio, foi canonizado pola Igrexa católica. O explorador Joan de Novoa foi un cabaleiro, mariño e explorador descubridor da illa de Ascensión e de Santa Helena, e Luís Vaz de Torres foi un navegante e o primeiro europeo en ver Australia, levando o seu nome o estreito de Torres. Famosos escritores galegos foron Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán, Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez e o Premio Nobel de Literatura Camilo José Cela. O futbolista Luis Suárez Miramontes é considerado un dos mellores xogadores do século XX. Ademais, numerosas personalidades políticas internacionais teñen orixe galega, como o presidente de Cuba, Fidel Castro, o presidente da Arxentina, Raúl Alfonsín e o presidente do Uruguai, Tabaré Vázquez, alén de personalidades do mundo do espectáculo, como A Bela Otero, Julio Iglesias, Manu Chao ou Martin Sheen.

A poboación de Galicia é de 2 718 525 habitantes (2016), pero por mor da emigración de finais do século XIX e comezos do XX, é común atopar descendentes de galegos noutras partes de España, de Europa e de moitos países do continente americano. Historicamente, a emigración do pobo galego debeuse a factores políticos, económicos e sociais. A raíz da diáspora galega, estímase que no presente hai 10 millóns de persoas de ascendencia galega, moitas delas reunidas nos Centros Galegos. O maior grupo de persoas de ascendencia galega reside na Arxentina, con case 150.000 galegos, sendo coñecida polos galegos como a quinta provincia.

Salcedo, A Pobra do Brollón

San Xoán de Salcedo é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 168 habitantes (247 en 1991) repartidos en 4 entidades de poboación, cunha densidade de 8,36 hab./km².

Limita coas parroquias de Lamaigrexa e Parada dos Montes ao norte, Lamaigrexa e Castroncelos polo oeste, Vilamor ao leste, e Barxa de Lor e Vilar de Lor ao sur.

Santa Cruz de Tenerife

Santa Cruz de Tenerife é unha cidade e concello español, capital das Illas Canarias (xunto coas Palmas de Gran Canaria), da provincia de Santa Cruz de Tenerife e da illa de Tenerife.

Santalla de Rei, A Pobra do Brollón

Santalla de Rei é unha parroquia pertencente ao concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. En 2014 tiña 32 habitantes segundo os datos do IGE.

Sobremesa

Na cultura occidental recente, a sobremesa é o derradeiro prato que se serve no curso dunha comida (xantar ou cea). Componse dun prato cociñado máis ou menos azucrado ou ben de froitas, pasteis, cremas, tortas, flans, xeados, pudins e doces.

Nunha acepción máis antiga, a sobremesa comprendía tamén o queixo e algúns s secos (noces, castañas asadas).

Viana do Bolo

Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.929 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».

Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.

Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Vilanova i la Geltrú

Vilanova i la Geltrú é unha cidade e municipio da provincia de Barcelona, Cataluña, España. Situado a 45 km de Barcelona e a 40 km de Tarragona, é a capital da comarca do Garraf.

Xinzo de Limia

Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».

Está situado a 45 km de Ourense e 30 de Verín.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.