Entrimo

Entrimo é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Baixa Limia. En 2014 tiña 1323 habitantes, segundo o padrón municipal (1386 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «entrimés»[5].

Coordenadas: 41°56′N 8°7′O / 41.933, -8.117

Entrimo
Escudo de Entrimo
Iglesia de entrimo
Situacion Entrimo
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Baixa Limia
Poboación1.166 hab. (2018)
Área85,4 km²
Densidade13,65 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloA Terrachá
Política (2019[2])
AlcaldeRamón Alonso López (PSdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Entrimo
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes79,57%
Na rede
http://www.concelloentrimo.es/

Xeografía

O concello, de 85,43 km², abrangue 5 parroquias e 18 lugares. Limita ao norte con Melgaço (Portugal), ao nordeste con Lobeira, ao sueste con de Lobios a través do río Limia (encoro de Lindoso no sur), e ao oeste con Arcos de Valdevez a través do río Barcia e con Castro Laboreiro (Melgaço).

É un concello de orografía montañosa, cunha altitude media de 511,4 m sobre o nivel do mar. Ao oeste do concello están as serras do Quinxo, e ao leste a serra de Queguas (extremo Oriental).

Historia

Na zona hai restos de asentamentos humanos desde a época do megalitismo, como as mámoas de San Fiz. Da época castrexa son os castros do Monte do Quinxo, a Pía da Moura e o Penedo das Serpes. Antes da romanización de Galicia, a zona estaba habitada polos quarquernos.

A toponimia dos montes Lumiares e Penedo da Facha parece indicar lugares onde se facían fogueiras de sinais.

O topónimo Entrimo aparece como Interimi nun documento de concordia do 6 de xaneiro de 1149, entre o bispo Martiño de Ourense e o abade Paio de Celanova. O mosteiro de Celanova exerceu dominio xurisdicional sobre varias aldeas durante bastante tempo. O abade era copartícipe do Rei, e nomeaba xuíces ordinarios e cobraba as rendas.

O 15 de xaneiro de 1368 a zona a zona foi doada xunto coas de Lobeira, Araúxo e Abelenda por Henrique II a Xoán Rodríguez de Biedma, principal secuaz dos Trastámara. A doazón foi feita antes de que Henrique tivese a coroa nin dominio de Galicia. Posteriormente, a herdanza dos Biedma pasou a mans do Condado de Monterrei. Con todo os Trastámara cederon a xurisdición de Entrimo a Diego Pérez Sarmiento, conde de Santa Marta, pasando despois ao condado de Ribadavia.

En marzo de 1608 o rei Filipe III eximiu a Entrimo de cargas militares polo estado constante de alarma debido á situación na fronteira con Portugal. A zona sufriu incursións, requisas de gando e colleitas e queima de arquivos. Esta exención foi confirmada o 30 de xullo de 1643 por Filipe IV.

En 1909 apareceu en Entrimo o periódico Picaraño, subtitulado Periódico Republicano Radical Revolucionario.

Demografía

Censo total 1323 (2014)
Menores de 15 anos 70 (5,29 %)
Entre 15 e 64 anos 719 (54,35 %)
Maiores de 65 anos 534 (40,36 %)
Evolución da poboación de Entrimo   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3389 3602 3257 2777 1370 1367 1398 1391 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Patrimonio

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.

Entrimo na literatura popular

  • Á nosa Virxe de Olelas/ quérena mudar arriba;/ non han de ver o que coidan/ os baraceiros de Illa [6]
  • A Terrachán ten orgullo/ de que ten no medio a igrexa,/ mais tamén é polo úneco/ que os outros pobos a envexan [7]
  • Adios, igrexa de Entrimo,/ de espaldas te vou mirando;/ a saída será hoxe/ i a entrada non sei cando [8].
  • Adios, igrexa de Entrimo,/ tronco de tódalas flores;/ adios, pobo de Galez,/ onde quedan meus amores [9].
  • Anque che son pequeniña,/ anque che son entrimeña,/ téñoche moito diñeiro/ ia bulsa non é pequena [10].
  • As mociñas do Casal/ cantan e poden cantar:/ teñen un mozo con cornos/ á entrada do lugar [11].
  • As mociñas, as de Entrimo,/ todas gastan polisón/ que llo figo un carneireiro/ da pelica dun leirón [12].
  • Desde o Outeiro a Guxinde/ hai unha boa tirada;/ cantas pasadas eu dou/ por ir ver á miña amada [13].
  • En Queguas canta o cuco,/ en Vilar a cabra vella,/ en Véncias cantan os anxos/ que é a flor da nosa terra [14].
  • En Véncias cantan os galos/ i as pitas na ferreiría;/ esgarreai e botai,/ que eiquí non hai porquería [15].
  • Eu non falo castellano,/ galego nin portugués,/ falo entremesellano/ que participa dos tres [16].
  • María, miña María,/ miña repimpinadeira,/ como te vai a levar/ ise tolo da Pereira! [17].
  • Miña Virxe da Subreira/ é amiga da goteira;/ póñenlle o carballo á porta,/ heille planta-la videira [18].
  • Niste lugar de Guxinde,/ ao revolver das ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das costureiras [19].
  • Niste lugar de Guxinde,/ no pasar polas ladeiras,/ pasade coa faldra fóra/ pola mor das feiticeiras [20].
  • No lugarciño de Queguas/ levouno todo a xiada;/ só quedou un caravel/ por baixo dunha arribada [21].
  • O lugarciño de Queguas/ hémolo fundir a tiiros:/ as balas han de ser ouro/ as municiós de sospiros [22].
  • O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [23].
  • Outeiro, tu estás no alto,/ non te ve a Terrachán;/ tu es máis frío ca ela,/ pero dás ben millor pan [24].
  • Río abaixo, río arriba,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás pendangas de Aceredo [25].
  • Río arriba, río abaixo,/ río de Porta pequeno;/ lévalle moitas mamorias/ ás mociñas de Aceredo [26].
  • Santa María a Real/ orgullo de Entrimo todo,/ cantos te ven visitare/ de placer vólvense tolos [27].
  • Santa María de Entrimo,/ Santa Marta de Lubeira,/ a muller que come a nata/ non pode te-la manteiga [28].
  • Santa María de Entrimo/ tan alta se foi a pór/ para toca-las campanas/ o domingo do Señor [29].
  • Santa Marta de Lubeira,/ Santa María de Entrimo,/ a muller que come a nata/ten a marca no fuciño [27].
  • Se vas a San Benitiño/ non vaias a Lantemil,/ que hai outro máis milagreiro,/ á subida do Pacín [30].
  • Señora e reina de Entrimo/ é Santa María a Real,/ que lle gaña en femosura/ á máis boa catedral [31].
  • Teño unha flor de silveira/ que me deu o meu amor/ cando viñamos da festa,/ da festa da Conceición [32].
  • Un veciño do lugar/ ten unha vaca marela/ que mercou na Feira Nova/ por seis pesetas e media [33].

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Entrimo.
A Texeira La Tejedora The weavers loom

Tear no lugar de Asperelo na parroquia de Galez.

Casa concello Entrimo, Ourense

Casa do concello.

Placa altimétrica casa concello Entrimo, Ourense

Placa altimétrica do concello.

Fronteira da Ameixoeira vista do lado de Portugal

Entrimo visto desde a raia con Portugal

Lugares de Entrimo

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Entrimo vexa: Lugares de Entrimo.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Entrimo". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Lado Lago, X. A. (2007): Libro de estilo do Concello de Santiago, páx. 166. Concellaría de Política Lingüística. Departamento de Lingua. C 1644-2007
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 39. Olelas e A Illa son lugares da parroquia da Illa, concello de Entrimo.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 50. No orixinal: orgulo. A Terrachá é lugar da parroquia e concello de Entrimo.
  8. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 30. San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 40.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 49). Hai moitísimos lugares co nome de Casal e O Casal, pero o único situado na Limia Baixa é lugar da parroquia e concello de Entrimo. O autor sitúa O Casal como lugar da “parroquia da Terrachán” aínda que o Nomenclátor identifica A Terrachá como outro dos lugares da mesma parroquia de Entrimo. Engade que ese "mozo con cornos" non é outro que a figura do demo ós pés de San Miguel, nunha imaxe dunha capela existente no Casal.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. Os leiróns son pequenos roedores, comúns nas zonas boscosas.
  13. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. No orixinal: Gaxinde. Resulta imposible identificar este Outeiro; Guxinde é lugar da parroquia da Pereira, concello de Entrimo.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. No orixinal: Rueguas. Xaquín Lorenzo di que a forma oficial é Venceás, aínda que os veciños digan Véncias, pero no Nomenclátor atopamos Venceáns (San Tomé), parroquia de Entrimo. Na parroquia só hai os tres lugares ós que fai mención a cantiga: Queguas, Vilar e Venceáns.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 75. Venceáns é parroquia de Entrimo; esa "ferreiría" pode ser erro por Ferreiros, outro lugar da parroquia e concello de Entrimo.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 82.
  17. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 93). San Facundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo.
  18. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 103. No orixinal: plantala. Nosa Señora da Sobreira é padroeira de Ferreiros, lugar da parroquia e concello de Entrimo.
  19. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. No orixinal: fora.
  20. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 108. No orixinal: fora. Crese que andar coa faldra fóra escorrenta as bruxas, quizais por semellanza coa alba dos sacerdotes. Guxinde é lugar da parroquia de San Facundo da Pereira, no concello de Entrimo.
  21. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. No orixinal: Quenguas, levóuno, quedóu, de unha. Queguas é lugar da parroquia de San Tomé de Venceáns, Entrimo.
  22. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 119.
  23. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
  24. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 127. No orixinal: tú, és. A Terrachá é lugar da parroquia de Entrimo, concello de Entrimo
  25. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 139. O río de Porta é un regato que desauga no río de Pacín, en Entrimo; Aceredo é un lugar da parroquia de San Salvador de Manín, no concello de Lobios.
  26. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 139).
  27. 27,0 27,1 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141.
  28. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. No orixinal: tela.
  29. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 141. No orixinal: tocalas. Xaquín Lorenzo fai notar que a igrexa de Santa María de Entrimo está no val, polo que supón que se trata dunha cantiga importada doutro sitio.
  30. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 148. Lantemil é un lugar da parroquia de San Lorenzo da Illa no concello de Entrimo. O río Pacín fórmase ó unirse os ríos Illa e Montaña, e desauga no Limia. A ermida de San Bieito está no monte do Grou, no Leboreiro. Grou, sen advocación, enténdese que é San Mamede de Grou, parroquia do concello de Lobios.
  31. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 145.
  32. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 152. Festa de Santa María a Real de Entrimo, o 15 de agosto.
  33. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 160. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova.
A Feira Vella, Galez, Entrimo

A Feira Vella é un lugar da parroquia de Galez no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia. Tiña 69 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 34 eran homes e 35 mulleres.

A Illa, A Illa, Entrimo

A Illa é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia. Tiña 157 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 73 eran homes e 84 mulleres.

A Illa, Entrimo

San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Entrimo, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 260 habitantes (124 homes e 136 mulleres) distribuídos en 4 entidades de poboación.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos 4 lugares desta parroquia civil, máis os 2 lugares (só 1 habitable) da parroquia homónima do concello de Lobios.

A Illa, Lobios

San Lourenzo da Illa é unha parroquia do concello ourensán de Lobios, na comarca da Baixa Limia. Segundo o IGE en 2014 tiña 28 habitantes (16 homes e 12 mulleres) distribuídos en 2 entidades de poboación, só unha deles habitable.

Forma parte da parroquia eclesiástica da Illa que está formada polos dous lugares desta parroquia civil, máis os catro lugares da parroquia homónima do concello de Entrimo.

A Pereira, Entrimo

San Facundo da Pereira é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 126 habitantes (54 homes e 72 mulleres).

Asperelo, Galez, Entrimo

Asperelo é un lugar da parroquia de Galez no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia. Tiña 46 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 21 mulleres.

Baixa Limia - Serra do Xurés

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés é un parque natural e zona especial de conservación (ZEC) que abrangue tres concellos galegos denominado como tal en 1993, con 20 920 hectáreas e que en maio de 2009 foi declarado conxuntamente co parque limítrofe portugués Reserva da Biosfera pola UNESCO . Está situado no Sur da provincia de Ourense, e estende a súa zona de actuación ás montañas dos concellos de Entrimo, Lobios e Muíños, ata a fronteira con Portugal, limitando co Parque Nacional de Peneda-Gerês. Trátase dunha zona de montaña, na que o material xeolóxico predominante é o granito. Dentro dos seus límites están os circos glaciares situados a menor altitude da Península.

Benito Fernández Alonso

Benito Fernández Alonso, nado en Asperelo, parroquia de Galez (Entrimo) o 31 de marzo de 1848 e finado en Ourense o 8 de maio de 1922, foi un político e escritor galego.

Comarca de Baixa Limia

A comarca de Baixa Limia é unha comarca galega situada na provincia de Ourense. Pertencen a esta comarca os concellos de Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios e Muíños.

Limita ao oeste, ao sur e ao sueste con Portugal, ao norte coa comarca da Terra de Celanova e ao leste coa comarca da Limia.

Eleccións municipais en Entrimo

Corporacións democráticas en Entrimo desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Justo Estévez Rodríguez — PSdeG-PSOE

1983 Alcalde: Santiago Cerqueira Barroso — PSdeG-PSOE

1987 Alcal5de: Santiago Cerqueira Barroso — PSdeG-PSOE

1991 Alcalde: Santiago Cerqueira Barroso — PSdeG-PSOE

1995 Alcalde: Santiago Cerqueira Barroso — PSdeG-PSOE

1999 Alcalde: Pendente.

2003 Alcalde: Ramón Alonso López — PSdeG-PSOE

2007 Alcalde: Ramón Alonso López — PSdeG-PSOE

2011 Alcalde: Ramón Alonso López — PSdeG-PSOE

2015 Alcalde: Ramón Alonso López — PSdeG-PSOECandidaturas: Ramón Alonso López (PSdeG-PSOE), Fernando García Areán (PP) e Fernando Estévez Estévez (BNG).

Entrimo, Entrimo

Santa María a Real de Entrimo é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 604 habitantes, dos cales 284 eran homes e 320 mulleres.

Entre o seu patrimonio destaca a igrexa de Santa María a Real.

Ferreiros, Entrimo, Entrimo

Ferreiros é un lugar da parroquia de Entrimo no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia. Tiña 85 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 40 eran homes e 45 mulleres.

No ano 2009 tiña 84 habitantes segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales 41 eran homes e 43 eran mulleres.

Galez, Entrimo

San Fiz de Galez é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 264 habitantes, dos cales 127 eran homes e 137 mulleres.

Guxinde, A Pereira, Entrimo

Guxinde é un lugar da parroquia da Pereira no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia. Tiña 31 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 15 eran homes e 16 mulleres.

Lantemil, A Illa, Entrimo

Lantemil é un lugar da parroquia da Illa no concello ourensán de Entrimo na comarca da Baixa Limia. Segundo o INE e o IGE en 2011 tiña 46 habitantes (25 homes e 21 mulleres).

Lugares de Entrimo

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Entrimo

Roberto Blanco Torres

Roberto Blanco Torres, nado en Cuntis o 18 de marzo de 1891 e finado en San Fiz de Galez, Entrimo, o 3 de outubro de 1936, foi un xornalista e poeta galego. Deu os primeiros pasos na poesía da man das vangardas artísticas. A súa obra poética é cualificada polos críticos como dunha grande beleza e intensidade expresiva. Outra das facetas deste home de letras é a de xornalista. O seu traballo nos medios impresos foi moi extenso e variado. A sinatura de Roberto Blanco Torres nas columnas de opinión caracterizou practicamente unha época xornalística.

Ademais de ser colaborador asiduo da prensa galega dirixiu varios xornais. As súas columnas desprenden o talante combativo que caracteriza toda a súa obra. Dende Cuntis, a súa vila natal, emigrou a Cuba. Comprometido co seu tempo, evolucionou politicamente dende o agrarismo ata o galeguismo. Á súa figura dedicouse o Día das Letras Galegas de 1999.

Serra do Laboreiro

A serra do Laboreiro é un macizo montañoso de perfís suaves situado entre Galiza e Portugal na denominada Raia Seca, que se eleva dende o val do río Deva para formar un amplo altiplano duns 1200 m de altitude media que se estende pola freguesía portuguesa de Castro Laboreiro. Dos seus cumios nacen ríos que van ao Miño (Deva e Troncoso), ao Arnoia (Tuño e Ourille), e ao Limia (Cadós, Grou e Casal na vertente galega e Castro Laboreiro na portuguesa).

Venceáns, Entrimo

San Tomé de Venceáns é unha parroquia do concello de Entrimo, na comarca da Baixa Limia, provincia de Ourense. En 2007 tiña 134 habitantes (61 homes e 73 mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.