Entidade local menor

Dentro da división territorial dos concellos existen casos particulares que se constitúen en Entidades Locais Menores, entes con personalidade xurídica propia de ámbito inferior ó municipal creados para facilita-la administración descentralizada de núcleos de poboación afastados da capital municipal[1].

Esta figura está presente nas distintas comunidades autonómicas, onde recibe diferentes denominacións: Entidade local autónoma en Andalucía, Entidade municipal descentralizada en Cataluña ou pedanía na Comunidade Valenciana e Murcia. En Galicia recibe tamén o nome de pedanía[Cómpre referencia].

Corresponden ó que tradicionalmente se viña denominando casaríos, parroquias, aldeas, lugares, concellos abertos, anexos e outras figuras análogas. Estas entidades de poboación poden solicita-lo recoñecemento como Entidade Local Menor se cumpren determinadas condicións.

AdCondesa
Sede administrativa da entidade local Arcos da Condesa (Caldas de Reis).

Regulación

A creación, organización e funcionamento das Entidades Locais está contemplada na lei 7/1985 Reguladora de Bases do Réxime Local [2] que delega na lexislación autonómica a regulación do seu funcionamento. En Galicia, están reguladas pola Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia [3].

O status de Entidade Local Menor foi recoñecido por primeira vez trala aprobación do Estatuto municipal do ano 1924, que as definía como un núcleo separado de edificacións, formado por un conxunto de persoas e bens, con dereitos e intereses peculiares e colectivos diferenciados dos xerais do municipio.

A iniciativa do nomeamento ha partir sempre da poboación interesada aínda que a súa solicitude debe ser aprobada polo concello ó que pertence ese lugar. Están presididas por un alcalde pedáneo e un órgano colexiado de control (a xunta veciñal), que forma parte da corporación municipal ó que pertenza esa entidade. Tamén existe a posibilidade de funcionar en réxime de concello aberto.

A designación das persoas que forman a xunta veciñal faise de acordo cos resultados das eleccións municipais correspondentes. O alcalde pedáneo é elixido directamente polos veciños da entidade, nun proceso electoral que coincide coas eleccións locais; as súas funcións son ordenar pagos e render contas, aplica-los orzamentos da entidade etc. Os membros da xunta veciñal, en número par que oscila entre 2 e 4 segundo a poboación, desígnanse tamén de acordo coa lexislación electoral xeral.

A lei de Administración local de Galicia establece á súa vez certas condicións ós núcleos de poboación que queiran constituírse en Entidade Local Menor: estar situados lonxe da capital municipal, reunir certas características peculiares propias, dispoñer de recursos suficientes para o seu funcionamento, e que a súa creación non condicione significativamente a capacidade económica do concello de modo que este non se ha ver impedido para mante-los servizos que preste ós veciños. Tamén establece que o núcleo que ostente a capitalidade municipal non pode constituírse en Entidade Local Menor.

As competencias das Entidades Locais Menores tamén están establecidas por lei: administración e defensa do seu patrimonio local, execución de obras e prestación de servizos de interese local (que deben asumir con fondos propios), vixilancia e mantemento de camiños rurais, montes, fontes e lavadoiros. O concello pode delegar nestas entidades funcións que lle sexan propias, sempre que estas o acepten e previa asignación dos recursos necesarios para asumir esas funcións.

Entidades locais menores en Galicia

Entidades locais menores
Distribución das nove Entidades Locais Menores existentes en Galicia
Guarda Camposancos b (ao fondo, Caminha)
Entidade Local Menor de Camposancos (A Guarda)

En Galicia existen nove entidades deste tipo, oito na provincia de Pontevedra e unha na de Ourense.

  • Arcos da Condesa (en Caldas de Reis), recoñecida como Entidade Local Menor por Decreto de 18 de xaneiro de 1946[4]. Xa fora un "Couto" en tempos do Antigo Réxime aínda que non chegou a ser concello propio no momento da configuración dos concellos constitucionais.
  • Bembrive (Vigo), constituída o 12 de xuño de 1945[5]. Formou parte nun primeiro momento da xurisdición de Bouzas, logo do concello de Lavadores, en 1836, para ser definitivamente adscrita ó concello de Vigo en 1936, xunto coas outras parroquias que formaban Lavadores.
  • Berán (Leiro), constituída o 13 de decembro de 1924[6]. Antes da constitución dos concellos no século XIX pertencía á xurisdición de Carballeda de Avia. Na primeira distribución municipal formou parte do concello de Beade, do que se segregou posteriormente para integrarse no de Leiro.
  • Camposancos (A Guarda), constituída oficialmente o 23 de maio de 1925[7]. Xa viña funcionando cunha Xunta Administrativa propia desde 1870 para a xestión dos bens do Couto de Camposancos, o que a converte na entidade máis antiga de Galicia. A parroquia de Camposantos foi creada en 1798, tras desagregarse da de San Lourenzo de Salcidos. Chegou a constituírse en concello propio antes da designación constitucional dos concellos, se ben en 1836 quedou incluída dentro do concello da Guarda.
  • Chenlo (O Porriño), constituída en 1920[8]. A parroquia de Chenlo formou parte do concello do Porriño desde a constitución dos concellos galegos de 1836. Anteriormente pertenceu ó concello de Mosende (1812-1821) no que reclamou manterse sen éxito.
  • Morgadáns (Gondomar), constituída o 7 de agosto de 1932[9]. Pertenceu primeiro á xurisdición de Baiona para formar despois concello propio ata a distribución municipal definitiva de 1836, cando foi definitivamente integrada en Gondomar. Xa en 1844 hai constancia de que os veciños de Morgadáns, xunto ós da parroquia veciña de Chaín reclamaron infrutuosamente formar concello, con capital en San Roque de Morgadáns, hoxe un lugar desta parroquia. Trala Guerra Civil suspendeu as súas actividades ata 1955. Entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.
  • Pazos de Reis (Tui), constituída en 1926[10]. O seu recoñecemento tivo que vence-la resistencia dos veciños de Tui.
  • Queimadelos (Mondariz), constituída o 21 de febreiro de 1935[11]. Pertenceu á xurisdición de Sobroso para pasar posteriormente a integrarse no concello de Mondariz. Xestiona os montes de Peralta, Lagoa e Portela.
  • Vilasobroso (Mondariz), constituída o 13 de setembro de 1924[12]. No antigo réxime o seu territorio foi Cabeza de Señorío de Sobroso xa que formaba parte da mesma xurisdición do seu nome, como Vila San Martini de Portela en subcastelo de Sobroso. Despois denominada San Martiño da Portela (polo que o seu primeiro nome foi o de Entidade Local Menor de Portela), pasa a toma-lo nome de San Martiño de Vilasobroso por Real Orde do Goberno de Afonso XIII o día 22 de maio de 1926 (publicado nesa data na Gaceta de Madrid). Nesta parroquia atópase o castelo de Vilasobroso, hoxe propiedade do concello de Ponteareas.

Todas están integradas na FEGAMP como entes independentes do seu concello.

Escudos

Como se fosen un concello calquera, e en contraste coas parroquias, as ELM tamén teñen escudo e bandeira oficial:

Bandera de Bembrive

Bembrive

Bandera de Chenlo

Chenlo

Bandera de Pazos de Reis (Pontevedra)

Pazos de Reis

Flag of Vilasobroso

Vilasobroso

Notas

  1. IGE, Directorio de organismos públicos. Metodoloxía.
  2. Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora de Bases do Réxime Local (BOE nº 80, de 3.04.1985.
  3. Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia (BOE nº 237, de 3.10.1997).
  4. [1]
  5. [2]
  6. [3]
  7. [4]
  8. [5]
  9. [6]
  10. [7]
  11. [8]
  12. [9]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Amaya, Burgos

Amaya é unha localidade do municipio de Sotresgudo, na provincia española de Burgos. Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística de 2008 conta con 50 habitantes. Administrativamente trátase dunha Entidade Local Menor dentro do municipio ao que pertence.

Bembrive, Vigo

Santiago de Bembrive (do latín bene vivere que significa 'lugar bo para vivir') é unha entidade local menor e parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Cabral, Lavadores e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Berán, Leiro

San Breixo de Berán é unha entidade local menor e parroquia do concello de Leiro, na provincia de Ourense. No ano 2015 tiña 237 habitantes (117 homes e 120 mulleres), distribuídas en dous lugares, o que supón unha caída en relación ao ano 2008, cando tiña 259 habitantes. Está situada a unha altitude de 296 metros sobre o nivel do mar, a uns 3,1 km da capital do concello, Leiro, pola estrada OU-0307.

Camposancos, A Guarda

Santa Isabel de Camposancos, ou A Visitación de Santa María de Camposancos, é unha parroquia que se localiza no concello da Guarda. É unha das 9 entidades locais menores de Galicia. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 1.088 habitantes (567 mulleres e 521 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón un aumento continuado en relación aos anos 2004, cando tiña 987 habitantes, e 1999, con 913. Está situada á beira do río Miño, case na súa desembocadura no océano Atlántico. Pertence á diocese de Tui-Vigo, na que está incluída o arciprestado da Guarda-Tebra.

Castelo de Sobroso

O castelo de Sobroso é un castelo medieval restaurado no século XX situado dentro do territorio da entidade local menor en Vilasobroso (Mondariz), no sur da provincia de Pontevedra. Encarámase no alto da Pena do outeiro de Landín, con vistas sobre o territorio de Vilasobroso e o val do Condado ata a fronteira de Portugal.

Chenlo, O Porriño

San Xoán de Chenlo é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. É unha das 9 entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 522 habitantes (268 homes e 254 mulleres, distribuídos en 17 entidades de poboación, o que representa unha diminución en relación ós anos 2004, cando tiña 549 habitantes, e 1999, con 532.

Eleccións municipais en Gondomar

Corporacións democráticas en Gondomar desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: José de Lis Costas - Independentes

1983 Alcalde: José de Lis Costas - VI

1987 Alcalde: Ramón Sestelo Fernández - PVG

1991 Alcalde: Ramón Sestelo Fernández - CNG

1995 Alcalde: Ramón Sestelo Fernández - PPdeG

1999 Alcalde: Carlos Silva Mariño - PPdeG

2003 Alcalde: Carlos Silva Mariño - PPdeGModelo:Gondomar 2003

2007 Alcalde: Xosé Antonio Araúxo Quintas - BNG. Substituído en 2009 por Martín Urgal Alonso - PPdeG.

2011 Alcalde: Fernando Guitián Guitián - PPdeG

2015 Alcalde: Francisco Ferreira González - PSdeG-PSOECandidatos: Juan Francisco Ferreira González (PSdeG-PSOE), Fernando Guitián Guitián (PP), Xosé Antonio Araujo Quintas (Manifesto Miñor), Manuel Gómez González (Iniciativa por Gondomar), Josué Villar Ballesteros (Gondomar Concello Aberto), Miguel Ángel Jorge Álvarez (Agrupación de Centristas Gondomar) e María Manuela Rodríguez Pumar (BNG).

Pola súa banda, na entidade local menor de Morgadáns foi elixido presidente o candidato Javier Gregores Méndez, de Iniciativa por Gondomar, que quedou por diante dos outros seis candidatos Urbano Esmerode Domínguez (Agrupación de Centristas Gondomar), Sofía Chamadoira López (PSdeG-PSOE), Jesús Salgueiro Pérez (PP), Xaime Lugilde de Jesús (Manifesto Miñor), Antonia Purificación González Martínez (Gondomar Concello Aberto) e Eduardo García Parada (BNG).

Eleccións municipais en Leiro

Corporacións democráticas en Leiro desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: David Alén Cerecedo — UCDModelo:Leiro 1979

1983 Alcalde: Eduardo Filgueira Rodríguez — CGModelo:Leiro 1983

1987 Alcalde: Pendente.Modelo:Leiro 1987

1991 Alcalde: Pendente.Modelo:Leiro 1991

1995 Alcalde: Francisco José Fernández Pérez — PPdeG

1999 Alcalde: Francisco José Fernández Pérez — PPdeG

2003 Alcalde: Francisco José Fernández Pérez — PPdeG

2007 Alcalde: Francisco José Fernández Pérez — PPdeG

2011 Alcalde: Francisco José Fernández Pérez — PPdeG

2015 Alcalde: Francisco José Fernández Pérez — PPCandidatos: Francisco José Fernández Pérez (PP), Manuel Rodríguez Vázquez (PSdeG-PSOE), Pedro Fernández Ríos (Agrupación Independiente de Leiro) e Luis Pérez Estévez (BNG).

Pola súa banda, na entidade local menor de Berán foi elixido presidente o candidato Tomás Lorenzo Fariña, do PSdeG-PSOE, que quedou por diante dos outros dous candidatos José Aquilino Álvarez Pérez (PP) e Marcelino Sanmarful Rodríguez (BNG).

Eleccións municipais en Mondariz

Corporacións democráticas en Mondariz desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Juan Reboreda Enríquez — Independentes

1983 Alcalde: Juan Reboreda Enríquez — CP

1987 Alcalde: Juan Reboreda Enríquez — AP

1991 Alcalde: Juan Reboreda Enríquez — PPdeG

1995 Alcalde: Juan Reboreda Enríquez — PPdeG

1999 Alcalde: Juan Reboreda Enríquez — PPdeG. 0 27 de novembro de 2002 renunciou como alcalde, sendo substituído por Julio Alén Montes (PPdeG).

2003 Alcalde: Julio Alén Montes — PPdeGModelo:Mondariz 2003

2007 Alcalde: Julio Alén Montes — PPdeGModelo:Mondariz 2007

2011 Alcalde: Julio Alén Montes — PPdeG

2015 Alcalde: Xoán Carlos Montes Bugarín — Alternativa por MondarizCandidatos: Xoán Carlos Montes Bugarín (AporM), Julio Alén Montes (PP), Xosé Emilio Barros Bello (BNG), José Andrés Mouriño Tellado (Mondariz Somos Todos) e María Alfaro Espiñeira (PSdeG-PSOE).

Pola súa banda, na entidade local menor de Queimadelos foi elixido presidente o candidato Manuel Portas García, do BNG, que quedou por diante do outro candidato José Soto Bello, do PP..

Na entidade local menor de Vilasobroso foi elixido presidente o candidato Francisco Rico Carvalho, do PP, que quedou por diante dos outros dous candidatos Ramón Rodríguez Pérez (PSdeG-PSOE) e Teresa González López (Mondariz Somos Todos).

2019 Alcalde: Xosé Emilio Barros Bello — BNG

Eleccións municipais en Tui

Corporacións democráticas en Tui desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Ángel Álvarez Durán — UCD

1983 Alcalde: Ángel Álvarez Durán — PG

1987 Alcalde: Juan Miguel Diz Guedes. Substituído en 1990 por José Luís Gómez Núñez.

1991 Alcalde: Miguel Ángel Capón Rey — PPdeG

1995 Alcalde: Miguel Ángel Capón Rey — PPdeG. Substituído en 1998 por Antonio Feliciano Fernández Rocha por unha moción de censura.

1999 Alcalde: Antonio Feliciano Fernández Rocha — CPT

2003 Alcalde: Antonio Feliciano Fernández Rocha — PPdeGModelo:Tui 2003

2007 Alcalde: Antonio Feliciano Fernández Rocha — PPdeGModelo:Tui 2007

2011 Alcalde: Moisés Rodríguez Pérez — PPdeG

2015 Alcalde: Enrique Cabaleiro González — PSdeG-PSOE. Foi substituído en outubro de 2017 por Carlos Vázquez Padín logo dunha moción de censura.Candidatos: Antonio Feliciano Fernández Rocha (PP), Carme Núñez (BNG), Carlos Vázquez Padín (Converxencia 21), Laureano Alonso Álvarez (Son de Tui), Manuel González Vázquez (Ciudadanos Tudenses), Xosé Manuel Sousa Sousa (Alternativa Popular de Tui), Miguel Ángel Capón Rey (Alternativa Tudense) e Enrique Cabaleiro González (PSdG-PSOE).

Pola súa banda, na entidade local menor de Pazos de Reis houbo tamén eleccións a presidente da entidade, resultando elixido Enrique Pérez Martínez, da formación (Ciudadanos Tudenses), que se impuxo aos outros candidatos: Margarita Romero Lorenzo (BNG), José Claudio Cardoso Machado (Alternativa Popular de Tui), Juan Jorge González (PP), Vanesa González Nunes (PSdeG-PSOE) e Rogelio Alonso Álvarez (Alternativa Tudense).

2019 Alcalde: Enrique Cabaleiro González — PSdeG-PSOE.Candidatos: José Ángel Fernández Rodríguez (PP), Carme Núñez (BNG), Carlos Vázquez Padín (Converxencia 21), Laureano Alonso Álvarez (En Marea), Juan Miguel Diz Guedes (Ciudadanos) e Enrique Cabaleiro González (PSdG-PSOE).

Pola súa banda, na entidade local menor de Pazos de Reis houbo tamén eleccións a presidente da entidade, resultando elixido Enrique Pérez Martínez, da formación (Ciudadanos), que se impuxo aos outros candidatos: Olga Matos Novas (BNG), Juan Jorge González (PP), María Beatriz Bouzón Moreira(PSdeG-PSOE) e Emilio González Cruces (Converxencia 21).Modelo:Tui 2019

Eleccións municipais na Guarda

Corporacións democráticas na Guarda desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Raúl González Puebla — Independentes

1983 Alcalde: Raúl González Puebla — CP

1987 Alcalde: Manuel Díaz González "Ligero" — AP. Finado o 21 de outubro de 1989, foi substituído por Antonio Cividanes Gómez e ás poucas semanas por Purificación Álvarez Álvarez

1991 Alcaldesa: Purificación Álvarez Álvarez — PPdeG

1995 Alcaldesa: Purificación Álvarez Álvarez — PPdeG, en coalición con IDBM.

1999 Alcalde: José Manuel Domínguez Freitas — PSdeG, en coalición co BNG e EU ata novembro de 1999. Dende entón só co BNG. En xullo de 2000 PPdeG e EU presentan unha moción de censura e sae elixido José Luis Alonso Riego do PPdeG.

2003 Alcalde: José Luis Alonso Riego — PPdeG, en coalición con IVdoBM ata marzo de 2006.

2007 Alcalde: José Manuel Domínguez Freitas — PSdeG

2011 Alcalde: José Manuel Domínguez Freitas — PSdeG

2015 Alcalde: Antonio Lomba Baz — PSdeGCandidaturas: Antonio Lomba Baz (PSdeG-PSOE), Conchi Ortega Martínez (PP), Ángel Luis Baz Vicente (BNG), Celso Juan Rodríguez Fariñas (Converxencia Galega), María de Fátima Iglesias Ferreira (Ciudadanos de Centro Democrático) e Luis Miguel Pérez Álvarez (Iniciativa Veciñal por Galicia).

Pola súa banda, na entidade local menor de Camposancos foi elixido presidente o candidato Rafael Álvarez Martínez, do PSdeG-PSOE, que quedou por diante dos outros dous candidatos María Jesús Martínez Martínez (PP) e María del Pilar Martínez Méndez (Converxencia Galega).2019 Alcalde: Antonio Lomba Baz — PSdeG

Eleccións municipais no Porriño

Corporacións democráticas no Porriño desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Gonzalo Ordóñez Pérez — CD. Finado no cargo o 12 de xaneiro de 1981.

1983 Alcalde: José Manuel Barros González — CP

1987 Alcalde: José Manuel Barros González — AP

1991 Alcalde: José Manuel Barros González — PPdeG

1995 Alcalde: José Manuel Barros González — PPdeG

1999 Alcalde: José Manuel Barros González — PPdeG

2003 Alcalde: Raúl Francés Rodríguez — BNG

2007 Alcalde: Raúl Francés Rodríguez — BNG. Substituído en 2010 mediante moción de censura por Nelson Santos Argibay (CxP)

2011 Alcalde: Nelson Santos Argibay — PPdeG

2015 Alcalde: Eva García de la Torre — PSdeG-PSOECandidaturas: José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Eva García de la Torre (PSdeG-PSOE), Manuel Carrera Punzón (Unión Democrática da Louriña), Pedro Pereira Fernández (BNG), Ricardo José Canosa Bastos (EU-SON), Abrahán Castro Cabaleiro (Agrupación de Electores de Porriño) e Javier Hermida Porto (CxG-CCTT).

Pola súa banda, na entidade local menor de Chenlo foi elixido presidente o candidato Manuel Alejandro Lorenzo, do PP, que quedou por diante dos outros tres candidatos Pablo Novo González (BNG), José Luis Fernández Vázquez (PSdeG-PSOE) e Francisco Teijeira Iglesias (Unión Democrática da Louriña).

Entidade municipal descentralizada

Unha Entidade municipal descentralizada (EMD, en catalán: Entitat municipal descentralitzada) é o nome que recibe en Cataluña a entidade local menor, consistente nun ou máis núcleos de poboación sen concello propio que se rexen conxuntamente por unha xunta de veciños, á fronte da cal hai un presidente.

Fracción xeográfica

Unha fracción xeográfica (en italiano: frazione geografica) é unha subdivisión municipal de Italia, correspondente a entidade local menor en galego, que designa un conxunto de casas ou unha pequena localidade, que constitúe dentro dun concello un núcleo de casas relativamente illado da súa sede.

As grandes cidades non adoitan dividirse en fraccións senón en circunscricións (en italiano: circoscrizioni). Tamén existen designacións específicas que cambian segundo a rexión, podendo unha frazione chamarse, segundo a rexión, borgata, rione, contrada, etc.

A partir do 19 de xaneiro de 2001 as 19 circunscricións de Roma denomínanse municipi, cada un cun presidente de elección directa e unha xunta asesora.

Marquesado de Sobroso

O marquesado de Sobroso é un título nobiliario creado o 18 de maio de 1625, herdeiro do señorío de Sobroso. En orixe, eran propietarios do castelo de Sobroso, situado dentro da Entidade Local Menor en Vilasobroso (Mondariz).

Pedanía

Unha pedanía é unha entidade subnacional de carácter territorial que, segundo os países, outorga autonomía de goberno ou control sobre determinados dereitos dos mesmos.

En España é unha entidade local menor dependente dun municipio que pode gozar ou non de maior ou menor autonomía con respecto deste. En toda Espanha existen máis de 3.000 entidades locais menores. Reciben o nome oficial de pedanías na Rexión de Murcia e na Comunidade Valenciana.

Premio de poesía Victoriano Taibo

O Premio de poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns foi creado en 2008 polo Instituto de Estudos Miñoranos co patrocinio principal da Entidade local menor de Morgadáns. Tiñan por obxecto renderlle unha homenaxe ao escritor Victoriano Taibo.

Torre del Pla

Torre del Pla (en castelán: Torrellano) é unha entidade local menor da cidade de Elx, na provincia de Alacant (España), de 7.096 habitantes (INE 2011),.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.