Enterro

Enterro[1] defínese como a acción de enterrar un cadáver. En consecuencia, calquera outro destino que se dea aos cadáveres (sepulcro, nicho ou cremación) non entrará dentro do concepto estrito de enterro.

Burial of DeSoto
"Enterro de DeSoto" - Explorador español de Florida e o Golfo de México, cuxo corpo foi enterrado de noite para protexelo dos seus inimigos.

Aspectos xurídicos

Xuridicamente, este vocábulo non ten outro interese que o derivado da prohibición do enterramento sen que se cumpriron determinados requisitos estabelecidos, xa sexa polas autoridades sanitarias ou polas municipais, tales como transcurso de determinado número de horas desde o falecemento até o enterro, necesidade do certificado médico de defunción e autorización que expida o encargado do Rexistro Civil ou do organismo oficial a quen corresponda esa función.

Enterros no Islam

A incineración do cadáver non é aprobada por ningunha escola xurídica islámica. As bóvedas, mesquitas-tumbas, tumbas monumentais son desaprobadas no Islam. Así mesmo, enterrar a un musulmán con cadaleito ou con elementos de valor é reprobable. A tumba para os musulmáns é unha morada funcional, nela protéxese ao cadáver de toda agresión externa. Trasládanse os restos até o bordo da tumba, faise unha oración, retírase do cadaleito o cadáver amortaxado e procédese ao enterro propiamente dito.

Enterros no cristianismo

Aínda que a Igrexa católica acepta a incineración, prefire, con todo, o enterro, debido a que o enterro fai memoria da sepultura de Xesús e da súa saída da tumba. Desde 1963, a Igrexa católica autoriza a incineración, a condición de que o defunto non tome esta decisión por motivos contrarios á fe cristiá. O rito funeral cristián permanece idéntico: a cerimonia relixiosa -centrada na resurrección do corpo- ten lugar na igrexa sempre en presenza do corpo do defunto. Cando o corpo incinérase, proponse tamén un tempo de oración no crematorio, e a Igrexa pide que a urna sexa depositada nun lugar de acollida definitivo.

Enterros no xudaísmo

Os familiares e amigos próximos do falecido teñen ao seu cargo os coidados do corpo e o seu lavado (Tahará), os preparativos para o enterro, conseguir a mortaxa mortuoria, o caixón e a documentación legal, así como ocuparse do velorio e do propio enterro. Nestes deberes relixiosos, son secundados por persoas que a Comunidade destina para esa tarefa.

A postergación do enterro até o día seguinte só é permitido se o seu obxectivo é honrar ao falecido, ou agardar a chegada de parentes próximos que veñen de países distantes, ou por causa de Shabat, dun Iom Tov, ou a fin de enterralo na Terra de Israel.

Primeiro, a Jevrá Kadishá debe realizar a preparación ritual do corpo, coñecida como Tahará (purificación). Esta consiste en lavar o corpo e logo verter sobre el un fluxo de auga en símbolo de purificación. O respecto polo defunto e pola dignidade humana esixen que os restos descansen nun estado de profunda limpeza física.

Despois da Tahará vístese ao defunto cos Tajrijim (mortaxas brancas) e, para un home, colócase sobre os tajrijim o Talit (manto de oracións) que usou en vida. As mortaxas sinalan a igualdade absoluta que existe entre todos os seres humanos no momento da morte. A lei xudía prohibe os enterros en mausoleos e as cremacións. Afaise colocar unha pequena pedra ou terra sobre a sepultura e despedirse do morto antes de retirarse.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para enterro.

Véxase tamén

Outros artigos

12 de abril

O 12 de abril é o 102º día do ano do calendario gregoriano e o 103º nos anos bisestos. Quedan 263 días para finalizar o ano.

A morte na cultura popular galega

As diferentes actitudes ante a morte —propia ou dun ser querido— responden, o mesmo que noutros momentos transcendentais da vida, ás diversas opcións relixiosas e filosóficas de cada quen, pero tamén ó contexto social no que se vive[Cómpre referencia]. A Galicia rural, ata hai ben pouco claramente diferente da Galicia urbana, baseábase nunha estrutura de cohesión do grupo social, neste caso o lugar ou a parroquia, cun sistema de colaboración e axudas mutuas firmemente establecido tanto no seu modo de entende-la vida como no seu modo de enfrontarse á morte. As tradicións e prácticas ritualizadas ó redor do momento da morte dun veciño, tantas veces deostadas como simples supersticións, tiñan un significativo valor afectivo e humano, e estaban destinadas a asumir ese momento, a alivia-la dor dos familiares e a fortalece-los lazos que unían ós membros da parroquia ó redor da persoa que falecía e da súa familia.

Cadela das tetas longas

A cadela das tetas longas ou cadela peregrina é un ser imaxinario, mitolóxico, que agoira a morte de quen se atope con ela.

Descríbese como unha cadela branca con grandes tetas que arrastra polo chan. Hai quen engade que pode alcanzar o tamaño dunha besta, que se pode partir pola metade e que é quen de botar lume e chispas pola boca e polos ollos. Pode ladrar coma un can, bear coma unha ovella, grallar coma un corvo ou mesmo laiarse coma unha chorona nun enterro. Por veces vén acompañada de varios cadelos.

Aparecíase de noite ós que andaban polos camiños apartados e ese encontro significaba a morte desta persoa. No caso de darse este caso cómpre non mirarlle nunca ós ollos, e tamén pode evitar a desgraza o feito de portarse cortesmente, saudando cun Deus te acompañe, invocación ante a que a cadela desaparecerá ou se retirará contestando cun E a ti tamén.

Pode transformarse en corvo e tamén nun novelo de la. Se se presenta nesta forma e se lle dá un golpe co pé, divídese en tres ou catro novelos, cada un con movemento propio.

Pode relacionarse con outros seres mitolóxicos, como o can branco, lobo branco ou a raposa do aire, aparicións semellantes que tamén se interpretan como agoiros de morte ou desgraza.

Carlos Oroza

Carlos Oroza, nado en Viveiro o 13 de maio de 1923, e finado en Vigo o 21 de novembro de 2015, foi un poeta galego.

Cerimonia

Unha cerimonia é unha actividade, provista de significado ritual, que se desenvolve para unha ocasión especial. Tradicionalmente, unha cerimonia pode marcar un rito de paso no desenvolvemento persoal. Entre outros motivos, as causas da cerimonia poden ser:

o parto

a entrada na puberdade

o paso á idade adulta

a consecución dun diploma

o matrimonio

o enterro

Constantino I o Grande

Constantino I o Grande (en latín: Flavius Valerius Aurelius Constantinus), nado en Naissus (actual Niš, en Serbia; daquela pertencente á provincia da Moesia Superior), o 27 de febreiro de 272 e finado en Nicomedia o 22 de maio do 337, foi un gobernador do Imperio Romano.

Cripta

A cripta é un espazo arquitectónico subterráneo, no que se enterra os finados ou onde se almacenan elementos sagrados. A palabra cripta (do latín crypta e á súa vez do grego krypt) etimoloxicamente significa agochar, o cal indica ben o seu significado.Unha cripta é a maioría das veces unha sepultura con bóveda de pedra que se usa para almacenar os corpos dos falecidos. As criptas adoitan atoparse nos cemiterios e en edificios relixiosos públicos, como igrexas ou catedrais, pero tamén se atopan ocasionalmente debaixo dos mausoleos ou capelas dos predios persoais. As familias ricas ou prestixiosas adoitan ter unha "cripta familiar" ou "bóveda" na que todos os membros da familia están enterrados. Nalgunhas localidades, unha cripta terrestre é máis comunmente chamada mausoleo, que tamén se refire a calquera edificio elaborado destinado a un lugar de enterro, para unha ou varias persoas.

Federico Tapia

Federico Tapia Segade, nado na Coruña o 16 de abril de 1826 e finado na mesma cidade o 2 de setembro de 1891, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña entre 1872 e 1873

Funeral

Un funeral é a cerimonia que acompaña e honra a morte dunha persoa. Iniciáronse na prehistoria e cada cultura ten os seus propios ritos asociados, normalmente segundo a relixión da familia do que morreu.

José Castro González

José Castro González, máis coñecido polo alcume de Chané, nado en Santiago de Compostela o 18 de xaneiro de 1856 e finado na Habana o 27 de xaneiro de 1917, foi un músico galego. Como instrumentista era virtuoso da guitarra e da cítara. Tamén foi compositor, e director do Orfeón Coruñés e máis tarde da Coral Polifónica El Eco, coa que obtivo galardóns en Pontevedra (1880), Madrid (1887), Barcelona (1888), Santander e París (festival do Teatro Trocadero de 1889). Foi membro correspondente da Real Academia Gallega.

Macbeth de Escocia

Macbeth (en gaélico medieval: Mac Bethad mac Findlaích, en gaélico escocés: MacBheatha mac Fhionnlaigh, alcumado Rí Deircc, "o Rei Vermello"; c. 1005 e finado o 15 de agosto de 1057, foi rei de Escocia dende 1040 até a súa morte. Tiña o título de rei de Alba durante a súa vida, e gobernou só nunha parte da actual Escocia.

Sábese pouco dos primeiros anos de vida de Macbeth, mais era fillo de Findláech de Moray e puido ter sido neto de Malcolm II. Converteuse en Mormaer de Moray, un señorío semiautónomo, en 1032, e probablemente foi responsable da morte do anterior mormaer, Gille Coemgáin. Casou coa viúva de Gille Coemgáin, Gruoch, mais non tiveron fillos xuntos.

En 1040, Duncan I lanzou un ataque a Moray e morreu no combate a mans das tropas de Macbeth. Macbeth sucedeu no trono como rei de Alba, aparentemente con pouca oposición. O seu reinado de dezasete anos de duración foi na súa maioría pacífico, malia que no ano 1054 fixo fronte a unha invasión inglesa, liderada por Siward, conde de Northumbria, por orde de Euardo o Confesor. Macbeth morreu na batalla de Lumphanan en 1057 polas forzas leais ó futuro rei Malcolm III. Foi soterrado en Iona, o lugar tradicional de enterro dos reis escoceses.

Nun principio, Macbeth foi sucedido polo seu fillastro Lulach, mais Lulach gobernou só por uns meses antes de ser asasinado por Malcolm III, cuxos descendentes gobernaron Escocia até finais do século XIII. Macbeth é coñecido por ser a personaxe principal da traxedia de William Shakespeare Macbeth e polas numerosas obras que inspirou. Porén, o Macbeth de Shakespeare está baseado nas Crónicas de Holinshed (publicadas en 1577) e non historicamente exacto.

Manuel Curros Enríquez

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851 e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.

Mausoleo

Un mausoleo é un edificio externo construído como un monumento que inclúe o espazo de enterro ou a cámara de enterro dunha ou varias persoas defuntas. O mausoleo funerario baleiro erixido en honra dunha persoa ou grupo de persoas para os que se desexa gardar un recordo especial chámase cenotafio. Os mausoleos cristiáns algunhas veces teñen tamén unha capela. Unha tumba pode ser considerada un mausoleo.

Mesolítico

O Mesolítico (pedra intermedia) é un período da prehistoria situado entre o Paleolítico e o Neolítico, e presente (ou polo menos, con duración razoábel) apenas nalgunhas rexións do mundo onde non houbo transición directa entre os dous períodos citados. As rexións que sufriran maiores efectos das glaciacións tiveren Mesolíticos máis evidentes.

Iniciouse co fin do Plistoceno, a preto de 10 mil anos atrás, e rematou coa introdución da agricultura, en épocas que varían de acordo coa rexión.

Os cogomelos na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada dos diferentes tipos de cogomelos na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Paixón de Cristo

Paixón de Cristo ou de Xesús é a denominación convencional utilizada para englobar os episodios evanxélicos que narran os sucesos protagonizados por Xesucristo entre a Última Cea e a súa crucifixión e morte (o ciclo narrativo pode deterse aí -comprendendo aproximadamente unha noite e o día seguinte- ou continuarse con o seu enterro e resurrección, ao terceiro día -o cómputo cronolóxico foi historicamente obxecto de debate-). Tamén é o tema máis utilizado na arte cristiá.

A palabra galega "paixón" provén da latina passĭo, -ōnis, sendo esta un calco da grega πάθος (pathos). Fai referencia aos sufrimentos de Cristo, entre os que se inclúen: a traizón dun dos seus discípulos (Xudas Iscariote) e a negación doutro (san Pedro), a oración do horto (aceptación tráxica do seu destino mentres os apóstolos, durmidos, deixábanlle só no Horto das Oliveiras -Xetsemaní-), o seu prendemento (tras ser sinalado co "bico de Xudas" e renunciar a que os seus discípulos defendésenlle), o seu periplo xudicial entre Anás, Caifás, Pilatos e Herodes (o xuízo de Cristo, cos seus interrogatorios e enigmáticas respostas), no transcurso do cal prodúcense diversos episodios de burlas e torturas a cargo dos saións (Cristo na columna, coroación de espiñas, os chamados "improperios"), a presentación á multitude (Ecce Homo), a alternativa presentada a elección popular (salvar a Cristo ou a Barrabás), a súa condena a matar co "lavado de mans" de Pilatos, o Via Crucis (o camiño, cargado coa cruz, atravesando Xerusalén -pola actualmente chamada Vía Dolorosa- ata o monte Calvario -Gólgota-, con varias caídas -debe ser axudado por Simón de Cirene- e encontros -con Verónica, que lle seca o rostro, con a súa nai, coas mulleres de Xerusalén-), o expolio (ser desposuído das súas roupas), e a crucifixión entre dous ladróns (Dimas e Xestas).

Slobodan Milošević

Slobodan Milošević (en alfabeto cirílico serbio: Слободан Милошевић), nado en Požarevac (Serbia) o 20 de agosto de 1941 e finado na Haia (Países Baixos) o 11 de marzo de 2006, foi un político serbio. Foi presidente de Serbia desde 1989 ata 1997 e Presidente de Iugoslavia desde 1997 ata 2000.

Toledo

Toledo é unha cidade que se atopa na España central, e é a capital da provincia de Toledo e da comunidade autónoma de Castela-A Mancha.

Toledo é coñecida como «A cidade Imperial» por ser a sede principal da corte de Carlos I e tamén como «a cidade das tres culturas», por ter sido habitada durante séculos por cristiáns, xudeus e musulmáns.

A cidade está situada na marxe dereita do Texo, nun outeiro de cen metros de altura sobre o río, o cal cínguea pola súa base, formando un pronunciado meandro coñecido como Torno do Texo. Ten unha configuración dispersa con barrios moi separados do núcleo principal: o de Azucaica, na beira dereita do río e que ten a súa orixe nunha antiga pedanía da cidade, dista uns 7 km do centro da cidade, mentres que o de Santa María de Benquerencia, situado practicamente enfronte do anterior na marxe esquerda do Texo, sitúa o seu centro a uns 8 km do da cidade.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.