Ensino

O ensino é o acto de transmisión de coñecementos e hábitos por parte dun mestre ou ensinante a uns alumnos. Normalmente desígnase con esta palabra a acción do profesor na educación formal, ou a do oficial ou experto nun traballo ou afección.

Tradicionalmente, consta dos seguintes elementos: docente, alumnos, avaliación, currículo ou materia a ensinar e escola ou marco de aprendizaxe.

Hoxe en día asóciase ensino só á transmisión de contidos, por iso prefírese falar de educación, que é un termo máis amplo, por referirse ás aprendizaxes.

Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

Centros de ensino

Véxase tamén

Outros artigos

Bacharelato

O Bacharelato é un título ou unha etapa educativa moi diferente en distintos países e épocas.

No sistema educativo español actual, que foi deseñado na LOXSE, o bacharelato é a derradeira etapa do Ensino Secundario. Ten carácter voluntario e unha duración de dous cursos, normalmente entre os 16 e os 18 anos.

Pode ser:

Ciencias

Humanidades e ciencias sociais

ArteOs estudos desta etapa perseguen os seguintes obxectivos:

Formación xeral, que favoreza unha maior madurez intelectual e persoal, así como unha maior capacidade para adquirir unha ampla gama de saberes e habilidades.

Preparatoria, que asegure as bases para estudos posteriores, tanto universitarios como de formación profesional.

Orientadora, que lles permita aos alumnos canalizar as súas preferencias e intereses.As materias que se imparten son máis especializadas que no Ensino Secundario Obrigatorio.

Ao finalizar o bacharelato o alumno pode presentarse a un exame de selectividade, o cal consiste nunhas probas escritas que permiten ter acceso aos estudos universitarios, ou ben acceder a ciclos formativos de grao superior.

Bolsa de estudos Guggenheim

A Bolsas de estudos Guggenheim (en inglés: Guggenheim Fellowship) é un subsidio outorgado pola John Simon Guggenheim Memorial Foundation dende 1925 a profesionais avanzados en tódolos campos do saber (ciencias naturais, ciencias sociais, humanidades e artes), excepto as artes escénicas. A fundación foi creada polo empresario, político e filántropo estadounidense Simon Guggenheim e a súa muller, Olga Hirsh, en memoria do seu fillo John, que faleceu en 1922 debido a unha mastoiditis.

As bolsas outórganse en dous concursos anuais:

un aberto aos cidadáns e residentes permanentes dos Estados Unidos de América e Canadá;

e outro aberto aos cidadáns e residentes permanentes de América Latina e o Caribe.

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (CCEOU) é o órgano da Xunta de Galicia encargado dos asuntos culturais e da regulación do ensino dende a primaria ata a educación universitaria, a formación profesional e o ensino de adultos. O seu titular actual é Román Rodríguez González.

Docente

Unha persoa docente é aquela que se adica ao proceso de aprendizaxe e ensino. Adoitan ter recoñecida unha destreza notábel nunha determinada área do saber, con capacidade de ensinar e compartir os seus coñecementos con outras persoas, denominadas discípulos, aprendices, ou simplemente alumnos.

O profesorado que se encarga da educación formal e institucionalizada das etapas de de Educación Infantil, Primaria ou Especial en escolas ou colexios adoitan ser chamados mestres e mestras. Tamén algúns mestres poden estar destinados en institutos de Educación Secundaria en programas de garantía social, educación compensatoria ou apoio a alumnos con necesidades educativas especiais, así como en centros de Educación para Persoas Adultas.

Doutoramento

O doutoramento é o grao académico do nivel máis alto. Tradicionalmente, a concesión dun doutoramento implica o recoñecemento dun candidato como igual por parte da facultade da universidade na que estudou. Esencialmente hai tres tipos de doutoramento:

En investigación

First-professional (EUA soamente)

HonoríficoOs primeiros normalmente son concedidos en recoñecemento a unha investigación académica dun estándar publicable (aínda se non se publica), e que representa unha contribución polo menos modesta ó coñecemento humano. Usualmente avalíase a través da defensa dunha disertación ou tese doutoral, aínda que ás veces pode aceptarse un corpo coherente de literatura publicada. Os últimos outórganse por unha contribución substancial a un campo, aínda que non hai requisitos de natureza académica.

Educación

Educación (do latín educare, "guiar", e educere, "extraer") pode definirse como:

Proceso bidireccional polo que se transmiten coñecementos, valores, xeitos e formas de actuar. Prodúcese a través da palabra, a imaxe etc., estando presente en todas as accións, sentimentos e actitudes humanas, e sendo a imitación moitas veces un fenomenal instrumento educativo.

Proceso de inculcación e asimilación cultural, moral e de conduta. Así, a través da educación, as novas xeracións asimilan e aprenden os coñecementos, normas de conduta, xeitos de ser e formas de ver o mundo de xeracións anteriores, creando ademais outros novos.

Proceso de socialización dos individuos dunha sociedade.Tamén se chama educación ó resultado deste proceso, que se materializa na serie de habilidades, coñecementos, actitudes e valores adquiridos.

Educación primaria

A educación primaria é a que asegura a correcta alfabetización, é dicir, que ensina a ler, a escribir, o cálculo básico e algúns dos conceptos culturais considerados imprescindibles. A súa finalidade é proporcionar a todo o alumnado unha formación común que faga posible o desenvolvemento das capacidades individuais motrices, de equilibrio persoal; de relación e de actuación social coa adquisición dos elementos básicos culturais; as aprendizaxes relativas mencionados anteriormente. É o primeiro paso para a educación secundaria e superior. Na maioría de países constitúe un estadio obrigatorio e impártese en escolas ou colexios. Os nenos e nenas deben comezar a educación primaria coincidindo co ano natural no que cumpren 6 anos e normalmente rematan aos 12.

Educación secundaria

A educación secundaria é unha etapa do proceso educativo das persoas. No sistema educativo español actual, recollido na Lei Orgánica de Educación de 2006, abrangue unha etapa obrigatoria (ESO), e outra post-obrigatoria (Bacharelato e Formación profesional en ciclos formativos).

Educación secundaria obrigatoria

ESO redirixe a esta páxina. Para más información sobre o European Southern Observatory, véxase Observatorio austral europeo.A educación secundaria obrigatoria (ESO) é o nivel educativo en ensino medio en España, obrigado dende a implantación da LOGSE a comezos dos anos noventa.

Escola

Escola (do grego: scholé e latín: schola) ou colexio é o nome xenérico de calquera centro docente, centro de ensino, centro educativo ou institución educativa; é dicir, de toda institución que imparta educación ou ensino, aínda que adoita designar máis especificamente os do ensino primario.

Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO), tamén coñecida como Universidade Popular, é un organismo autónomo dependente do Concello de Vigo, adicado a formación gratuíta disciplinas e oficios artísticos.

Filoloxía

Denomínase filoloxía á parte da lingüística dedicada ó estudo dos textos, tanto na súa vertente etimolóxica, lexicolóxica, gramática histórica e literaria coma de conservación e restauración física das obras (inda que agora se adoita utilizar para este eido o nome de Biblioteconomía e Restauración). Se ben a súa etimoloxía indica que debería significar "afección ó coñecemento" en xeral (de filo- e mais -logos), en realidade redúcese ó coñecemento lingüístico. Aplícase por extensión a todo o coñecemento lingüístico, e polo tanto as carreiras chamadas antigamente de "Filosofía e Letras" e logo "Lingua e Literatura" dunha determinada lingua véñense chamando "Filoloxía" desa lingua.

Jmol

Jmol é un visor de código aberto de estruturas químicas en 3D.

Jmol devolve unha representación tridimensional dunha molécula que pode usarse como ferramenta de ensino ou para a investigación, por exemplo en química e bioquímica.

É software libre e de código aberto, escrito en Java e por iso pódese executar en Windows, Mac OS X, Linux e sistemas Unix.

Existe unha aplicación independente e un kit de ferramentas de desenvolvemento que pode integrarse noutras aplicacións Java.

A característica máis notable é unha miniaplicación (applet) que se pode integrar en páxinas web para mostrar as moléculas de moitas formas.

Por exemplo, as moléculas pódense mostrar como modelos de "bóla e pau", modelos "que enchen o espazo", modelos de "cinta" etc.

Jmol é compatible cunha ampla gama de formatos de ficheiro moleculares, incluíndo Protein Data Bank (PDB), ficheiro de información cristalográfica (CIF), MDL Molfile (mol) e Chemical Markup *Language (CML).

A miniaplicación Jmol, entre outras capacidades, ofrece unha alternativa á aplicación (plug-in) Chime, que xa non está baixo desenvolvemento activo. Aínda que Jmol ten moitas características que non están dispoñibles en Chime, non pretende reproducir toda a funcionalidade de Chime (en particular, o modo de Sculpt ou esculpir). Chime require instalar un plug-in en Internet Explorer 6.0 ou Firefox 2.0 de Microsoft Windows, ou en Netscape Communicator 4.8 en MacintoshVOS/9. Jmol require instalar Java e funciona nunha ampla variedade de plataformas. Por exemplo, Jmol é completamente funcional en Mozilla Firefox, Internet Explorer, Opera, Google Chrome e Safari.

Licenciatura

A licenciatura é unha carreira universitaria de longa duración (entre 4 e 6 anos), diferente á arquitectura e á enxeñería, na que xeralmente se imparten cursos máis especializados que nunha diplomatura. Outra diferenza salientable é que en xeral, as licenciaturas créanse en torno a unha área do saber (Química, Literatura, Dereito etc.), mentres que as diplomaturas e outras carreiras de menor duración adóitanse configurar atendendo ás necesidades dun oficio concreto (Óptica, Enxeñería Técnica, Enfermería). As licenciaturas impártense nas facultades.

Dependendo da universidade na que se curse, unha licenciatura pode conformar unha unidade académica independente, ou ser parte duns estudos segmentados nos que a Diplomatura é o primeiro ciclo e a Licenciatura é o segundo. Consecuentemente, ós estudos de máster e doutoramento coñéceselles coma estudos de terceiro ciclo. O conxunto de estudos de diplomaturas, licenciaturas e doutorados pertence á Educación Superior e son chamados Estudos Superiores.

No mundo anglosaxón as licenciaturas coñécense coma Bachelor's Degree, e normalmente distínguese entre letras e ciencias: BA ou Bachelor of Arts e BS o Bachelor of Science.

Sindicato

Un sindicato é unha agrupación de traballadores organizados para loitar pola defensa e promoción dos seus intereses sociais, económicos e laborais, con respecto ao centro de produción (empresa, fábrica) ou ao empregador.

Xeralmente o termo é aplicado ao sindicato obreiro, formado polo proletariado industrial, pero tamén pode referirse a outros grupos, como o sindicato campesiño, que agrupa os traballadores do campo, o sindicato agrícola, que agrupa sobre todo os grandes propietarios rurais, o sindicato patronal, ou agrupación de empresarios para defender os seus intereses, e o sindicato de estudantes, que agrupa fundamentalmente estudantes universitarios.

Sorbona

A Sorbona (en francés La Sorbonne) é un establecemento público de ensino superior, hoxe dividido en dúas universidades (Universidade de París III e de París IV).

Tortoreos, As Neves

Santiago de Tortoreos é unha parroquia que se localiza no concello das Neves na comarca do Condado. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 648 habitantes (331 mulleres e 317 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 645 habitantes.

Universidade

Unha universidade é un centro de ensino superior e investigación, constituído xeralmente por facultades, que outorga graos académicos e títulos profesionais. Para aloxamento dos estudantes ten Colexios Maiores (Colexios Universitarios) e Residencias.

A primeira universidade da historia creouse no ano 340 en Constantinopla.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.