Enseada de San Simón

A enseada de San Simón é a enseada na cabeceira da Ría de Vigo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e que vai desde o estreito da Ponte de Rande ata as enseadas de San Simón e enseada de Vilaboa, acollendo as salinas de Ulló, a illa de San Simón e as illas Alvedosas.[1]

Coordenadas: 42°18′49″N 8°38′57″O / 42.3137111, -8.6490329

Enseada de San Simón
Vista da enseada desde Soutoxuste, Redondela
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: 2004
Superficie: 2.218 ha. (95% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Redondela, Soutomaior, Pontevedra, Vilaboa e Moaña
Ríos: río Verdugo e río Oitavén
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Xeografía e xeoloxía

Está situada na cabeceira interior da ría de Vigo, que é un esteiro. Comeza no estreito de Rande e baña os concellos de Redondela, Soutomaior, Vilaboa e Pontevedra. De norte a sur mide sete quilómetros de longo.

Flora e fauna

Flora

Na zona intermareal das augas do esteiro, que son de lama e area, abundan as pradeiras de algas denominadas Zosteretum marinae e Zosteretum noltii. Destaca a vexetación halófita.[1]

Fauna

Entre as especies animais propias da zona están o choco, polbo, lura, sardiña, rapante, faneca, muxo,cabaliño de mar, ameixa, berberecho, navalla ou carallote e o mexillón.

No esteiro hai aves anátidas e aves limnícolas, que paran na enseada durante as súas migracións.[1]

Galería de imaxes

Ría de Vigo Galicia 2

Vista da Ría de Vigo, na que se aprecia o exterior do espazo natural.

Praia de Cesantes atardecer

Illa de San Simón e a Ponte de Rande.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Enseada de San Simón".

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Román Losada, A. (2009): Sal, sardiñas e peiraos. Achega ao patrimonio marítimo na Enseada de San Simón. Asociación Cultural Alén Nós de Redondela.
A Portela, Cedeira, Redondela

A Portela é un lugar da parroquia de Cedeira, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 346 habitantes (171 homes e 175 mulleres).

É un núcleo típicamente mariñeiro, e bañado pola enseada de San Simón.

É típica a celebración da festividade de San Xoán nesta entidade.

Alvedosa

O topónimo galego Alvedosa pode referirse a:

Río Alvedosa, curso fluvial galego que desemboca en Redondela;

Illas Alvedosas, illas galegas na enseada de San Simón, na desembocadura do río Verdugo.

Batalla de Rande

A batalla de Rande foi unha importante batalla naval librada no estreito de Rande e na enseada de San Simón, no interior da ría de Vigo, o 23 de outubro de 1702. Enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa, dentro do contexto da guerra de Sucesión española.

Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Esteiro de Redondela

O esteiro de Redondela é un pequeno esteiro situado no concello pontevedrés de Redondela. Está formado pola desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro, que finalmente tributan á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Está delimitado pola Punta da Portela no suroeste e a Punta da Canteira no noroeste.O esteiro é unha área de importante marisqueo, xa que os ríos que nel desembocan arrastran unha gran cantidade de sedimentos de gran fino que dan lugar a unha chaira intermareal e áreas de marisma na súa beira.

Estreito de Rande

O estreito de Rande é un estreito mariño galego localizado na ría de Vigo. Separa de xeito natural a enseada de San Simón do resto da ría. Por terra, separa a península do Morrazo da comarca de Vigo. Dende o ano 1978 o estreito está conectado mediante a ponte de Rande, unindo a vila de Moaña coa parroquia redondelá de Cedeira.

O nome do estreito provén do lugar homónimo, na parroquia redondelá.O 23 de outubro de 1702 librouse no seu seo a Batalla de Rande, que enfrontou ás escuadras das coalicións anglo-holandesa e hispano-francesa na Guerra de Sucesión Española.

Illa de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

Illote do Castelo

O illote do Castelo é unha illa galega situada na desembocadura do río Oitavén, na enseada de San Simón. Pertence á parroquia de Pontesampaio, do concello de Pontevedra. Localízase a escasos metros da costa, de xeito que durante a baixamar é posíbel a comunicación por terra co illote, nunha zona de baixos limosos, empregados adoito para o marisqueo.

A illa atópase deshabitada, e non se conserva ningún vestixio de construción agás un cruceiro e unha estatua, ambas as dúas do século XX. A vexetación é a mesma que a da costa galega, isto é, na súa meirande parte matogueiras, piñeiros e eucaliptos.

N-554

A N-554 é unha estrada nacional, que une a estrada N-550 ó seu paso por Vilaboa, con Domaio, Moaña, onde liga coa AP-9, a estrada PO-551, e o CG-4.1.

Adoptou esta denominación en 1988 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas. A nomenclatura desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña). Foi reformada en 2009.

Mide 10 quilómetros, indo a maioría da estrada paralela á enseada de San Simón e á AP-9. Atravesa as aldeas do Toural, Acuña (parroquia de Vilaboa), Riomaior (Santa Cristina de Cobres), e Santradán (Cobres).

Porto de Cesantes

O porto de Cesantes é un porto pesqueiro galego situado na parroquia de Cesantes, no concello pontevedrés de Redondela.

Está situado na vertente sur do fondo da Ría de Vigo, en plena enseada de San Simón.

Malia que nos anos 30 foi instalado un peirao rudimentario como infraestrutura complementaria a unha empresa conserveira, non foi até o ano 1964 cando se construíu o porto e mais a lonxa.

Praia de Cesantes

A Praia de Cesantes ou Praia da Punta é un areal galego situado no tramo de costa da parroquia de Cesantes, en Redondela, na enseada de San Simón, no fondo da ría de Vigo. As súas augas, tranquilas e libres das ondas propias do Atlántico, fan que esta praia sexa frecuentada na práctica de deportes acuáticos coma o windsurf ou o kytesurf.É un espazo protexido co fin de recuperar as especies vexetais orixinarias da zona. Tamén ten un paseo marítimo e acceso para discapacitados.

Rande, Cedeira, Redondela

Rande é un lugar da parroquia de Cedeira, no concello pontevedrés de Redondela, na comarca de Vigo. Segundo o IGE, en 2012 tiña 395 habitantes (198 homes e 197 mulleres).

A aldea dá nome ao estreito de Rande, que forma a enseada de San Simón.

Redondela

Redondela é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. O seu xentilicio é redondelán. Ten unha superficie de 52,1 km² e, segundo o IGE, a 1 de xaneiro de 2018 tiña 29.194 habitantes, dos cales 14.219 eran varóns e 14.975 eran mulleres, resultando unha densidade de poboación de 560,35 hab./km². É o cuarto concello máis poboado da provincia, por detrás de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía de Arousa, e está situado entre as dúas primeiras, a 13 km de Vigo e a 20 km de Pontevedra.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Río Alvedosa

O Alvedosa é un río galego que nace na parroquia da Ermida (Pazos de Borbén) e desemboca na enseada de San Simón na vila de Redondela. Atravesa ademais no seu traxecto as parroquias de Reboreda e Ventosela.

Salinas de Ulló

O complexo intermareal e etnográfico de Ulló, tamén coñecido como salina de Ulló ou granxa de Ulló, é un espazo natural localizado no concello pontevedrés de Vilaboa, a carón do lugar de Paredes.

San Simón

O nome de San Simón pode referirse a:

Simón o Celote, tamén chamado o Cananeo, apóstolo de Xesús de Nazaret (venerado o 28 de outubro);

Simón Pedro, un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, o primeiro papa, máis coñecido como San Pedro;

Simón o Estilita (c. 390-459), santo asceta cristián.O topónimo San Simón pode referirse a:

San Simón, lugar da parroquia de Sorga no concello da Bola;

San Simón, lugar da parroquia de Marei no concello do Corgo;

San Simón, lugar da parroquia de Cesantes no concello de Redondela;

San Simón, lugar da parroquia de Ribadelouro no concello de Tui;

San Simón, lugar da parroquia de Baión no concello de Vilanova de Arousa;

A illa de San Simón;

A enseada de San Simón;

O río San Simón, afluente do Louro, na parroquia de Ribadelouro, en Tui.

Soutomaior

Soutomaior é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o INE, no ano 2014 tiña 7.356 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «soutomaiorense».

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.