Enseada

Unha enseada é un accidente xeográfico costeiro. En xeografía emprégase este termo para describir unha entrada de auga circular cunha boca estreita, aínda que popularmente o termo úsase para facer referencia a calquera baía ao abrigo.

As enseadas fórmanse sobre as costas concordates, onde franxas de rocha de diferentes resistencias van paralelas á costa. Esta costa concordante ten que estar constituída por unha primeira franxa de material duro, como a calcaria ou o granito, que é seguida por outra franxa de material brando, como a arxila ou a area. Unha terceira franxa de material duro será a que determine o final da enseada. A acción erosiva do mar sobre os puntos débeis, como xunturas ou fendeduras, da primeira franxa acabará por deixar ao descuberto a segunda franxa que será rapidamente erosionada. As ondas do mar viaxarán a través da angosta entrada e logo disperánsanse no interior da enseada. Asín, a erosión é igual en todos os puntos internos do contorno deste corpo de auga, dándolle esa forma redondeada tan característica.

A enseada de Lulworth na costa de Dorset, Inglaterra, é un claro exemplo do proceso de formación dunha enseada.

Cidade Maravilhosa (18602247)
Enseada de Botafogo, na cidade do Río de Xaneiro, Brasil.
Ascensor panorámico do Monte de San Pedro

O ascensor panorámico do Monte de San Pedro é un ascensor esférico de cremalleira situado na cidade da Coruña. Foi inaugurado en abril de 2007 e comunica o paseo marítimo da cidade co parque do Monte de San Pedro. O ascensor foi deseñado e construído pola empresa de Narón Ártabro Samdeu.

Trátase dunha estrutura esférica metálica de deseño futurista, construída con perfís de aceiro inoxidable e placas curvadas de policarbonato. O traxecto que realiza é de 100 metros, ascendendo unha parede rochosa de 63 metros de altura, que permite divisar toda a enseada do Orzán. A viaxe dura 3 minutos e 20 segundos.

A viaxe ten un prezo de 3 euros, aínda que dispón de tarifas reducidas para diversos colectivos como os nenos ou os maiores de 65 anos.

Non conta con correspondencia con liñas de autobuses urbanos, aínda que as liñas 3, 3A, 12 e 14 contan con parada nas inmediacións do parque do Monte de San Pedro.

Barbos, Ortigueira

San Xulián de Barbos é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Baía

Para o nome de muller véxase Baia.

Unha baía, badía ou golfo é unha porción de mar ou océano rodeada pola maioría da súa beira por terra (xusto ó contrario que un cabo). Acostúmase a asignar á baía as formas de maior peche, e ao golfo as de menor. Algúns destes entrantes son creados por penínsulas ou mares (ou lagos) interiores con desaugamento oceánico.

Golfo é o nome máis común en galego, mais entre os falantes do inglés e portugués entre outras linguas, é preferido o nome de baía. A distinción non é do todo clara entre golfo e baía. Así, en galego baía sóese referir a un golfo pequeno, malia que a baía de Hudson sexa un dos máis grandes golfos do mundo ou en Venezuela, o "golfete de Coro", un golfo pequeno, é dependente á súa vez do golfo de Venezuela, de maior tamaño.

As baías ou golfos que dependen de outros golfos ou baías, ou que son de menor tamaño ou profundidade reciben outros nomes como enseada, rada, cala ou caleta.

As baías tiveron e teñen grande importancia estratéxica e económica: son en xeral lugares ideais para a construción de portos, por ofreceren abrigo contra as mareas, ondas etc.

Baía de Fundy

A baía de Fundy é un brazo de mar situado sobre a costa atlántica do Canadá, no extremo norte do golfo de Maine, entre as provincias canadenses de Novo Brunswick e Nova Escocia. Ten 270 km de lonxitude e unha media de 80 km de anchura.

Beluso, Bueu

Santa María de Beluso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra; ao sur, coa parroquia de Aldán (Cangas); ao leste, coa parroquia de Bueu; e ao oeste, coa ría -tamén chamada enseada- de Aldán. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2834 habitantes (1383 homes e 1451 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3042 habitantes.

Cee

Cee é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 7539 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ceense».

Cesantes, Redondela

San Pedro de Cesantes é unha parroquia que se localiza no concello de Redondela.

A parroquia de Cesantes limita ao Norte con Soutoxuste (O Viso, Redondela), ao leste coa parroquia do Viso, ao sur con Redondela e ao oeste coa ría de Vigo. Abarca, á parte do territorio peninsular, as illas de San Simón e San Antón. Nos tempos nos que era maioritariamente poboada por mariñeiros, popularmente era coñecida polo nome de "Os-Tras", que subsiste aínda entre a xente maior e nalgúns rótulos comerciais.

Os seus principais barrios son Outeiro das Penas, Carballiño, O Coto e San Pedro, pero podemos atopar subzonas coma A Pantalla, Catapeixe ou Couto do Mexo, ademais da illa de San Simón, que administrativamente pertence a Cesantes. A parroquia ten unha extensión aproximada de 12 km². A pesar de ser unha vila costeira conta cun relevo bastante irregular. A superficie arbórea ronda o 5 por cento e a parroquia é atravesada polo río Pexegueiro. Ten porto propio, lonxa e unha confraría de Pescadores, a confraría de San Xoán. Ademais aloxa un porto deportivo e un peirao.

Enseada de San Simón

A enseada de San Simón é a enseada na cabeceira da Ría de Vigo. É un espazo natural declarado como zona especial de conservación (ZEC) e que vai desde o estreito da Ponte de Rande ata as enseadas de San Simón e enseada de Vilaboa, acollendo as salinas de Ulló, a illa de San Simón e as illas Alvedosas.

Enseada do Orzán

A enseada do Orzán é unha baía situada na cidade da Coruña, en Galicia. Está aberta ao océano Atlántico e baña as praias de Riazor, do Orzán e do Matadoiro.

Illa de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

Ladrido, Ortigueira

Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Luía, Ortigueira

Santa María de Luía é unha parroquia que se localiza no concello de Ortigueira, ao sur da enseada de Ladrido. Segundo o IGE en 2012 tiña 220 habitantes (115 mulleres e 105 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 247 habitantes.

Monte Tremuzo

O monte Tremuzo é un curuto galego situado a 524 metros sobre o nivel do mar, localizado na zona central da ría de Muros e Noia, tendo o seu cume no concello de Outes. Dende a cima deste monte é posible albiscar o treito final do río Tambre así como o desembocadura do río Tines na enseada do Engano. No alto dispón dunha área de recreo e dun parque eólico.

O Mosteiro, Ortigueira

San Xoán do Mosteiro é unha parroquia do concello de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 33 habitantes (17 mulleres e 16 homes) distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 44 habitantes.

Praia do Orzán

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Praias da Coruña

O concello da Coruña, situado no Golfo Ártabro, conta con 15 praias e algúns coídos.A maior parte da cidade que ten costa á ría está ocupada polo porto, polo que a maioría das praias están no resto da costa.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Sydney

Sydney (en inglés [sɪdni] ), ás veces escrito en galego Sidney, é a capital do estado de Nova Gales do Sur e a cidade máis populosa da Australia. O concello de Sydney posúe unha poboación de case 165.000, mais incluíndo a súa área metropolitana ten preto de 4.300.000, repartidos por cerca 600 suburbios.

Sydney foi tamén o primeiro asentamento europeo na illa. A súa fundación tivo lugar o 26 de xaneiro de 1788 na Enseada de Sydney como colonia penal por Arthur Phillip, capitán da First Fleet, que a bautizou con este nome en honra de Thomas Townshend, Lord Sydney, por aquel entón ministro do interior británico.

Está situada na costa sueste da illa da Australia arredor da fermosa Baía de Jackson, tamén coñecida aínda que incorrectamente como Baía de Sydney, e que lle dá o alcume da Cidade da Baía.

É o maior centro económico do país, dedicándose especialmente á fabricación de produtos manufacturados, á prestación de servizos financeiros, ao comercio e ao turismo. Neste último aspecto, Sydney é un dos destinos turísticos internacionais máis demandados do Pacífico, recibindo todos os anos máis de 4 millóns de turistas. É mundialmente coñecido polas súas fermosas praias, como as praias de Bondi e Manly; pola súa arquitectura contemporánea, como a Casa da Ópera e a Ponte do Porto; e, polos seus contornos naturais, como as Montañas Azuis e a Costa Central. Ten sido un pulo importante para o turismo o facto de ter acollido numerosos eventos internacionais deportivos, políticos e culturais.

Sydney é, alén, unha das cidades máis multiculturais e cosmopolitas do mundo, debido en parte a cantidade de inmigrantes vindos de todos os cantos do planeta, representando en torno de 180 países. Cerca do 30% dos moradores da cidade naceron noutros países, onde o 4,5% o fixeron no Reino Unido, o 2,3% na China, e 2,1% na Nova Zelandia. Outros pobos con presenza significativa na cidade son os libaneses, gregos, italianos, coreanos, rusos, indianos, vietnamitas, indonesios, e tailandeses.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.