Ensaio (literatura)

O ensaio é un xénero literario prosístico mediante o que se expoñen temas filosóficos, literarios, científicos, políticos... Malia a súa pluralidade en canto a manifestacións históricas e na selección temática, habitualmente está delimitado por unha acción discursiva problematizadora na que son dominantes os elementos persuasivos e reflexivos sobre outros que se poida considerar.

O introdutor do xénero foi o francés Michel de Montaigne nos seus Ensaios (1580).

A argumentación e a exposición son sistemas de elocución propios da prosa ensaística, que debe fuxir da ambigüidade e desenvolverse dentro da obxectividade, a claridade e o rigor, rexeitar o accidental e tentar abrir novas portas aos interesados polos temas de que se trate.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A cociña galega

A cociña galega é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1973 por Galaxia e reeditado en varias ocasións pola mesma editorial (3ª edición en 1980). Foi incluído despois na Biblioteca Básica da Cultura Galega (1983), 168 páxs. ISBN 978-84-7154-441-4. Foi traducido ao castelán como Cocina gallega (1982), Everest. A mesma Galaxia publicou en 2004 La cocina gallega.

Antonin Artaud

Antoine Marie Joseph Artaud coñecido como Antonin Artaud, nado en Marsella o 4 de setembro de 1896 e finado en Ivry-sur-Seine o 4 de marzo de 1948, foi un escritor e actor francés, autor de poemas e de textos teóricos sobre o teatro, nos que fai un eloxio do teatro da crueldade, que influíu na posta en escena teatral no mundo enteiro.

Francisco Rodríguez Pastoriza

Francisco Rodríguez Pastoriza, nado en Bueu o 8 de febreiro de 1950, é un profesor e xornalista galego que desenvolveu a súa actividade en Madrid.

É irmán de Salvador Rodríguez Pastoriza.

Laura Freixas

Laura Freixas, nada en 1958 en Barcelona, é unha autora catalá en lingua castelá. Traballou como columnistas para La Vanguardia e como crítica literaria para El País. Obras súas son Último domingo en Londres (1997), Amor o lo que sea (2005) ou o ensaio Literatura y mujeres (2009).

Salvador Rodríguez Pastoriza

Salvador Rodríguez Pastoriza, nado en Bueu o 2 de outubro de 1963 é un xornalista e escritor galego.

Tesouros novos e vellos

Tesouros novos e vellos é un libro de Álvaro Cunqueiro publicado en 1964 por Galaxia e reeditado en varias ocasións pola mesma editorial (4ª edición en 2011). Foi traducido ao castelán como Tesoros y otras magias.

Xavier Costa Clavell

Xavier Costa Clavell, nado en Chantada o 30 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 10 de maio de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.