Enrique Sors Martínez

Enrique Sors Martínez, finado na Coruña o 20 de novembro de 1903[1], foi un avogado e político galego.

Enrique Sors Martínez
Nacementoséculo XVIII
 A Coruña
Falecemento20 de novembro de 1903
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político

Traxectoria

Foi deputado provincial (1875) e en 1889 foi elixido deputado polo distrito de Pontedeume. Volveu ser elixido deputado polo distrito da Coruña en 1893. Foi gobernador civil da provincia da Coruña.

Predecesor:
Román Folla Miragaya
 Deputado por Pontedeume 
1889 - 1891
Sucesor:
Juan Armada Losada

Notas

  1. Necrolóxica en El Noroeste, 21-11-1903, p. 1

Véxase tamén

Ligazóns externas

Distrito electoral de Pontedeume

O Distrito electoral de Pontedeume era unha demarcación electoral vixente desde 1847 ata 1923 con dúas interrucións de 1853 a 1857, e de 1865 a 1871. Elixíase un deputado no Congreso dos Deputados de España. Estaba formado polos concellos de Ares, Cabanas, A Capela, Castro (actualmente Miño), Fene, Monfero, Mugardos, Neda, Pontedeume, San Sadurniño e Vilarmaior.

Gobernadores civís da Coruña

Esta é unha lista dos gobernadores civís da Coruña, tomando como punto de arranque a reforma territorial implementada por Javier de Burgos no Real Decreto do 30 de novembro de 1833. O posto de Gobernador civil inicialmente recibiu os nome de Subdelegado de Fomento, Xefe Superior Político, Xefe Político e mesmo Gobernador Civil durante os primeiros anos. A partir de 1836 empregouse unicamente a denominación de Xefe político, ata que quedou fixado en 1847 co nome de Gobernador Civil. Non obstante, aínda se mantivo a denominación de xefe político da provincia durante un par de anos, ata que o Real Decreto de 28 de decembro de 1849 (publicado o día 30) determinou que os xefes políticos provinciais (os gobernadores civís de provincia) e intendentes subdelegados de rendas provinciais pasaban a integrarse nunha única autoridade civil chamada gobernador civil provincial.

Juan Armada Losada

Juan Bautista Armada Losada, marqués de Figueroa, nado en Madrid o 4 de maio de 1861 e finado en Figueroa (Abegondo) o 22 de setembro de 1932, foi un escritor, xornalista e político galego vinculado ao Naturalismo cristián, foi ministro de Graza e Xustiza e de Agricultura, Industria, Comercio e Obras Públicas durante o reinado de Afonso XIII.

Román Folla Miragaya

Román Folla Miragaya, finado na Coruña o 26 de abril de 1902, foi un avogado e político galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.