Enrique Mauricio Iglesias

Enrique Mauricio Iglesias, tamén coñecido por Mau, nado en Pontevedra o 13 de marzo de 1977, é un escritor galego.

Enrique Mauricio Iglesias
Enriquemauricio
Nacemento13 de marzo de 1977
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor
XénerosLiteratura infantil

Traxectoria

Foi xogador de balonmán. Estudou no IES Sánchez Cantón a secundaria e logo fixo Ciencias Políticas na Universidade de Santiago de Compostela.

Participou na campaña de Onde vén o leite para Feiraco, na banda deseñada Dominicanas Somos e nunha curta de animación para o Museo Massó.

É autor, conxuntamente con Carlos Álvarez Taboada, de varios libros de literatura infantil publicados en Lela Edicións. Son os autores do proxecto Polo correo do vento que é un colectivo especializado en actividades pensadas para o público máis novo co fin de promover a lectura, a comprensión oral en galego e o desenvolvemento da creatividade e expresión artística das nenas e nenos; e leva xa feito un longo percorrido, en multitude de centros de ensino, bibliotecas, museos, feiras, librarías e centros socioculturais, dende a aparición dos 7 libros da colección do mesmo nome, publicada por Edicións Xerais de Galicia, a partir do ano 2008.

Obras

con Carlos Taboada

  • Hugo, o carteiro teixugo (2008) . Edicións Xerais, 32 p. ISBN 978-84-9782-912-0
  • Mariquiña, a carteira andoriña (2008) . Edicións Xerais, 32 p. ISBN 978-84-9782-911-3
  • Martiño, o carteiro porquiño (2009) . Edicións Xerais, 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7
  • Carola, a carteira centola (2009) . Edicións Xerais, 32 p. ISBN 978-84-9914-065-0
  • Violeta, a carteira bolboreta (2009) . Edicións Xerais, 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7
  • Xelo, o carteiro xurelo (2009) . Edicións Xerais, 32 p. ISBN 978-84-9914-066-7
  • Amaranta, a carteira Saramaganta (2011). Edicións Xerais, 32. p. ISBN 978-84-9914-193-0
  • O esquío rampante (2015). Edicións do Cumio, 76 p. ISBN 978-84-8289-493-5
  • Un ronsel de Ardora. Pequena biografía de Ángeles Alvariño (2016). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-0-0
  • Periplo Atlántico. Unha versión moi libre de “O negriño Panchito” de Alfonso R. Castelao (2016). Lela Edicións, 56 páxs. ISBN 978-84-946043-1-7
  • Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-2-4
  • Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero (2017). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-4-8
  • A detective Peregrina e o misterio do Torque (2018). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-84-946043-5-5
  • A detective Peregrina e o insólito "caso Antón Fraguas" (2018). Lela Edicións, 32 páxs. ISBN 978-8494604362

Véxase tamén

Ligazóns externas

Carlos Álvarez Taboada

Carlos Álvarez Taboada, nado en Pontevedra o 9 de outubro de 1979, é un ilustrador e escritor galego.

Polo correo do vento

Polo correo do vento é unha colección de libros orientada para os cativos. Está escrita por Enrique Mauricio Iglesias e ilustrada por Carlos Taboada. Comezou con 7 títulos publicados por Edición Xerais de Galicia e logo continuou con Lela Edicións. O primeiro libro saíu ao mercado a finais de 2008.

Os dous autores levan percorrido ducias de colexios e bibliotecas galeas realiazando sesións de animación nas que Enrique desenvolve a parte oral mentres Carlos debuxa.

O 29 de novembro de 2018 fixeron unha exposición na Casa da Luz de Pontevedra con motivo dos dez anos de actividade.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.