Enrique Chao Espina

Enrique Chao Espina, nado en Viveiro o 7 de xullo de 1908 e finado na Coruña o 19 de xaneiro de 1989, foi un sacerdote e escritor galego.

Enrique Chao Espina
Nacemento7 de xullo de 1908
 Viveiro
Falecemento19 de xan. de 1989 (80 anos)
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsacerdote e escritor
Henrique Chao Espina firma

Traxectoria

Estudou nos seminarios de Mondoñedo e Lugo e ordenouse presbítero en 1931. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Zaragoza e estudou Maxisterio na Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Letras pola Universidade Central (cunha tese sobre Nicomedes Pastor Díaz) e diplomado en portugués pola Escola Central de Idiomas, foi profesor agregado do Instituto de Puertollano e catedrático da Escola de Comercio da Coruña. Foi académico da Real Academia Galega, do Instituto Arqueolóxico, Histórico e Etnográfico de Lisboa e cronista oficial de Viveiro. Colaborou en toda a prensa galega e gran parte da española e na de América e Portugal. Participou en congresos internacionais celebrados en Portugal.

Obras

Unha gran parte da súa produción viu a luz en edición de autor. Fixo estudos teóricos sobre historia, zooloxía e biografías. Sobre aspectos históricos relacionados con Viveiro escribiu numerosos artigos. Tamén se interesou pola zooloxía, publicou varios libros de ensino e relixión.

  • Introducción al estudio de la religión, 1939.
  • Luis Trelles y Vicente Cociña. Dos vivarienses del siglo pasado, 1948.
  • Pastor Díaz dentro del romanticismo, 1949.
  • Curso de lengua portuguesa, 1958.
  • Portugal nas letras espanholas durante o medievo, 1959.
  • Pensamientos y aficiones científicas, 1960.
  • Leyendas gallegas, 1968.
  • De Galicia en el pasado siglo XIX. Ladrones, lobos, villas, tipos populares y otros temas, 1971.
  • Nicomedes Pastor Díaz. De Villahermosa a la China, 1972.
  • Diferenças entre o vocabulario portugués e o galego, 1972.
  • Algumas diferenças entre o galego e o portugués, 1973.
  • Nuevo tría corda. Versos y prosas y traducciones en varias lenguas, 1974.
  • Tres monstruos de los mares gallegos y otros temas marineros, 1975.
  • Vivero a los cuatro vientos, 1976.
  • Libro y guía de Vivero, 1976.
  • Da Galiza e Portugal, 1976.
  • Los normandos en Galicia y otros temas medievales, 1977.
  • Cien años de Galicia (de 1850 a 1950), 1977.
  • Farrapos e farangullas, 1978.
  • Manuel Bujados: un artista vivariense olvidado, 1978.
  • La antigua muralla de Vivero y sus puertos, 1981.
  • Leyendas de Galicia y otros temas narrativos, 1981.
  • Barbas, barbudos y barbudas, 1972.
  • Yobel: memorandum en el año de mi jubilación profesoral: 1908-1978.
  • La zoología y los animales en la obra del padre Feijóo, 1983.
  • Breviario de pueblos coruñeses: veinticinco estampas, 1986.
  • Historia de Vivero, 1986.

Recoñecementos

  • Pérez Lugín (1945).
  • Virxe do Carme (1947, 1949 e 1951).
  • Certames do Corpus da Coruña.
  • Primeiro premio no certame literario entre portugueses e españois, Lugo, 1946.
  • Primeiro premio de romances en galego nos Xogos Florais de Betanzos.
  • Primeiro premio en prosa nos Xogos Florais do Cantábrico (1966).

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Antonio Couceiro Freijomil

Antonio Couceiro Freijomil, nado en Pontedeume o 2 de xuño de 1888 e finado en Santiago de Compostela o 9 de maio de 1955, foi un escritor galego, coñecido polo seu Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores.

Antonio Gil Merino

Antonio Gil Merino, nado en Castrillo de Villavega (Palencia), o 4 de xuño de 1916, e falecido na Coruña o 18 de outubro de 2009, foi un historiador, arquiveiro e escritor galego.

Celestino Sánchez Rivera

Celestino Sánchez Rivera, nado en Santiago de Compostela o 13 de novembro de 1870 e finado na mesma cidade o 30 de febreiro de 1948, foi un xornalista e escritor galego.

Emilio Tapia Rivas

Emilio Tapia Rivas, nado en Mondoñedo o 7 de agosto de 1862 e finado en Lugo o 12 de xuño de 1918, foi un avogado, político, xornalista e escritor galego.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Gonzalo Brañas Fernández

Gonzalo Brañas Fernández, nado na Coruña o 17 de decembro de 1866 e finado na mesma cidade o 2 de agosto de 1948, foi un físico e inventor galego.

Indalecio Varela Lenzano

Indalecio Varela Lenzano, nado na Coruña o 10 de abril de 1856 e finado en Ourense o 14 de xuño de 1940, foi un musicólogo e crítico musical galego.

Jaime Ozores de Prado

Jaime Ozores de Prado, marqués de San Martiño de Ombreiro, nado na Coruña o 17 de xullo de 1846 e finado na mesma cidade o 2 de maio de 1922, foi un militar e filántropo galego.

José García Acuña

José García Acuña, nado en Betanzos o 15 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 10 de xuño de 1933, foi un diplomático e escritor galego.

José Luis Bugallal Marchesi

José Luis Bugallal Marchesi, tamén chamado Marathon, nado na Coruña o 18 de setembro de 1899 e falecido na mesma cidade o 26 de decembro de 1989, foi un xornalista e escritor galego.

José Vega Blanco

José Vega Blanco, finado en Lugo o 15 de febreiro de 1933, foi un xornalista e escritor galego.

Manuel Banet

Manuel Banet Fontenla, nado na Coruña o 30 de marzo de 1871 e finado na mesma cidade o 30 de setembro de 1962, foi un avogado e escritor galego.

Marino Dónega

Marino Dónega Rozas, nado en Huelva o 3 de marzo de 1916 e finado na Coruña o 1 de abril de 2001, foi un escritor e político galego.

Pegerto Saavedra

Pegerto Saavedra Fernández, nado en Freixo (A Fonsagrada) o 15 de novembro de 1951, é un historiador galego.

Rafael Pérez Barreiro

Rafael Pérez Barreiro, nado en Madrid en 1862 e finado na Coruña o 29 de abril de 1932, foi un filólogo e profesor.

Ramón Bernárdez González

Ramón Bernárdez González, nado no Carballiño en 1838 e finado na Coruña o 16 de xuño de 1911, foi un sacerdote e escritor galego.

Ramón López de Vicuña

Ramón López de Vicuña, nado en Manila, Filipinas, o 14 de novembro de 1852 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1909, foi un profesor e escritor galego.

Ramón Tojo Pérez

Ramón Tojo Pérez, nado en Padrón en 1860 e finado en Pontevedra o 7 de outubro de 1944, foi un escritor e político galego.

Spes

Spes foi unha revista editada en Pontevedra entre 1934 e 1962.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.