Enrique Alvarellos

Non confundir con Henrique Alvarellos, o seu fillo

Enrique Antonio Alvarellos Iglesias, coñecido como Enrique Alvarellos, nado na Coruña o 30 de abril de 1931 e finado en Lugo o 2 de xuño de 2004, foi un músico, escritor e editor galego.

Enrique Alvarellos
Nome completoEnrique Alvarellos Iglesias
Nacemento30 de abril de 1931
 Coruña
Falecemento2 de xuño de 2004 (73 anos)
 Lugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
CónxuxeConcepción Casas Dávila
FillosCecilia e Henrique
EstudosFilosofía, Humanidades e Música

Traxectoria

Ligado ao mundo da música fundou en 1961 o coro Entre silveiras e en 1981 o orfeón Xoán Montes e compuxo arredor de 50 pezas musicais. En 1963 organizou a Academia Alvarellos para o ensino da mecanografía seguindo un método propio. En xuño de 1977 fundou a Editorial Alvarellos.

Obra en galego

Narrativa
  • Botei 40 anos, 1977, Alvarellos.
Poesía
  • Cen anacos, 1977.
Ensaio
  • Agrupacións corais de Galicia, 1992.
  • Mulleres destacadas de Galicia, con 1.225 entradas, 1993, Alvarellos, ISBN 84-85311-96-5.
  • 70 anos en clave de fa, 2001.
Humor
  • Cen caras de españois, 1983.

Obra en castelán

Ensaio
  • Bandas de Música de Galicia, 1986.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

2 de xuño

O 2 de xuño é o 153º día do ano do calendario gregoriano e o 154º nos anos bisestos. Quedan 212 días para finalizar o ano.

30 de abril

O 30 de abril é o 120º día do ano do calendario gregoriano (121º nos anos bisestos). Quedan 245 días para finalizar o ano.

Adolfo de Abel Vilela

Adolfo de Abel Vilela, nado en Lugo o 13 de xuño de 1946, é un profesor, historiador, publicista, gravador, pintor e político galego.

Alvarellos

O topónimo galego Alvarellos pode referirse a:

Alvarellos, lugar da parroquia de Berdeogas no concello de Dumbría.Como apelido pode referirse a:

Enrique Iglesias Alvarellos, músico, escritor e editor galego (1931-2004);

Henrique Alvarellos Casas, músico, escritor e editor galego (n. 1968).

Alvarellos Editora

Alvarellos Editora é unha pequena empresa editorial galega fundada en Lugo na primavera de 1977. Publicou arredor de 400 títulos e dende 2004 a súa sede está en Santiago de Compostela.

Banda de música A Lira de Prado

A Banda de Música "A Lira" de Prado é unha agrupación musical con sede na parroquia lalinense de Prado. Tras unha efémera existencia na década de 1930, en novembro de 2009 foi refundada e posta a andar coa colaboración de músicos de outras agrupacións.

Banda de música de Lamela

A Banda de música de Lamela foi unha agrupación musical fundada no ano 1863, na parroquia de Lamela, no concello de Silleda.

Club Deportivo Lugo

O Club Deportivo Lugo é un club de fútbol galego da cidade de Lugo, que xoga na Segunda División. O equipo foi fundado en 1953 trala desaparición dos dous principais equipos da cidade, a Ximnástica Lucense, que viña de competir na Segunda División, e o Club Deportivo Polvorín, desaparecido por motivos económicos. O club, baixo a presidencia de Emilio Núñez Torrón, comezou a súa andadura na Terceira División, só xogara anteriormente na categoría de prata durante a tempada 1992–93. Actualmente, o club xoga os seus partidos como local no Anxo Carro, estadio que contaba até a súa remodelación en verán de 2013 con capacidade para 4.800 seareiros, sendo aumentada até albergar 7.840 espectadores. O adestrador principal do club é o ilunenese Eloy Jiménez. No aspecto institucional o presidente desde o ano 2015 é Tino Saqués. O principal patrocinador do club desde 2012 é Estrella Galicia.

O Lugo logrou retornar ao fútbol profesional o 25 de xuño de 2012, logo de vinte campañas en categorías inferiores. O ano anterior, durante a tempada 2010-11, o club conseguira o campionato de liga do grupo 1 da Segunda División B, o que lle permitira xogar a fase de ascenso. Con todo, non acadaría o seu obxectivo. Ao ano seguinte, porén, pese acadar tan só o terceiro posto do seu grupo conseguiría o ascenso logo de superar senllas eliminatorias ante o Eibar, o Atlético Baleares, campión do grupo 3, e o Cádiz, campión do grupo 4. O último encontro polo ascenso ante os gaditanos non foi senón resolto até chegar á rolda de penaltis. Desde esa temporada o club mantense na categoría de prata. O Lugo posúe un filial na Terceira División, o Club Deportivo Lugo B.

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Henrique Alvarellos

Non confundir con Enrique Alvarellos, o seu pai

Henrique Alvarellos Casas, nado en Lugo o 10 de outubro de 1968, é un editor e escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.