Enerxía undimotriz

A enerxía undimotriz é o transporte da enerxía producida polo movemento das ondas e a súa captación para aplicala en facer un traballo útil; por exemplo, para a xeración de electricidade, a desalinización, ou o bombeo de auga (en depósitos). É unha fonte de enerxía renovable menos coñecida e estendida cá maremotriz, pero cada vez aplícase máis.

Pelamis Wellenkraftwerk Portugal 1
Dúas das 3 P-750 máquinas no porto de Peniche, Portugal

Conceptos físicos

Elliptical trajectory on ripples
Cando un obxecto flota sobre unha onda experimenta unha traxectoria elíptica.
Wave motion-i18n-mod
Movemento dunha partícula sobre as ondas dun océano.
A = Auga profunda. O movemento orbital das partículas dun fluído diminúe rapidamente ao aumentar a profundidade debaixo da superficie.
B = Auga superficial (o solo oceánico atópase agora en B). O movemento elíptico das partículas dun fluído aplánase coa diminución da profundidade.
1 = Dirección de propagación.
2 = Crista da onda.
3 = Val da onda.
Véxase tamén: Enerxía, Potencia e Traballo mecánico.

As ondas son xeradas polo vento que pasa sobre o mar: sempre que as ondas se propagan máis lentas que a velocidade do vento situado xusto enriba delas, hai unha transferencia de enerxía dende o vento ata as ondas máis enerxéticas. Tanto as diferenzas de presión entre o barlovento e o sotavento da crista dunha onda como a fricción sobre a superficie da auga pola cizalladura do vento, causan o crecemento das ondas. A altura das ondas increméntase cando aumenta:

  • A velocidade do vento.
  • A duración do vento.
  • A distancia do mar aberto.
  • A profundidade da auga.

Xeralmente, as ondas grandes son as máis potentes. En concreto, a onda de enerxía vén determinada pola altura das ondas, a velocidade de onda, a lonxitude de onda e a densidade da agua.

O movemento oscilatorio é máis elevado na superficie e diminúe coa profundidade. Porén, para as ondas estacionarias cerca da costa, a súa enerxía tamén está presente a gran profundidade polas oscilacións de presión, que produce microsismos. Estas flutuacións de presión a maior profundidade son demasiado pequenas para resultar interesantes dende o punto de vista do poder da onda.

As ondas propáganse na superficie do océano, e a súa enerxía tamén se transporta horizontalmente coa velocidade de grupo. A media de taxa de transporte da enerxía das ondas a través dun plano vertical paralelo á crista dunha onda chámase fluxo de enerxía ou poder dunha onda.

Unha das propiedades características das ondas é a súa capacidade de desprazarse a grandes distancias sen apenas perda de enerxía; por iso, a enerxía xerada en calquera parte do océano acaba no bordo continental. Deste modo a enerxía das ondas concéntrase nas costas.

Fórmula da enerxía das ondas

En augas profundas, se a profundidade da auga é maior que a metade da lonxitude de onda, o fluxo de enerxía das ondas é

onde

  • P é o fluxo de enerxía das ondas por unidade de lonxitude de crista da onda (kW/m);
  • Hm0 é a altura representativa da onda (en metros), medid polas boias e a onda precedida polos modelos de predición. Por definición, Hm0 é catro veces a desviación estándar da altitude da superficie da auga;
  • T é o período das ondas (en segundos);
  • ρ é a densidade da masa de auga (kg/m3), e
  • g é a intensidade do campo gravitatorio (m/s2).

Dispositivos

Existen diversos dispositivos para captar a enerxía procedente das ondas. Podemos agrupar estes sistemas en dous grupos:

- Activos: os elementos da estrutura móvense ao golpear as ondas e extráese a enerxía utilizando os movementos que provocan as partes móbiles e as partes fixas:

  • Un aparato flotante de partes articuladas que obtén enerxía do movemento relativo entre as súas partes. Chámase Pelamis, pola serpente mariña Pelamis platurus. Instalada xa en Portugal, estímase que a cantidade de enerxía obtida por 30 destes sistemas, podería abastecer aproximadamente 20.000 fogares cun consumo medio europeo. Pódense conectar varios dispositivos xuntos e chegar á costa a través dun só cable submarino.[1]
  • O dispositivo convertedor Wavedragon ("O dragón das ondas"). Trátase dun dispositivo flotante grande, deseñado para capturar e concentrar ondas. As ondas soben unha rampla a un depósito elevado mediante os brazos da plataforma; alí a auga recollida fará xirar as turbinas instaladas. A rotación destas xera a electricidade. Esta construción alcanza os 250 metros, está composta por dúas ás ou brazos de 126 metros, pesa máis de 150 toneladas, ás que hai que sumar outras 87 toneladas de peso que se conseguen coa auga e así obter o peso ideal para que a plataforma poida traballar.

- Pasivos: a estrutura está fixa ao fondo do mar ou na costa e a enerxía extráese directamente do movemento da auga:

  • Un aparato ancorado ao fondo e cunha boia de mar aberto unida a el cun cable. O movemento da boia utilízase para mover un xerador. Outra variante é ter a maquinaria en terra e as boias metidas nun pozo comunicado co mar. Son os dispositivos de tecnoloxía OPT.
  • Unha cámara grande de aire instalada sobre o fondo do mar, polo que non utiliza a onda superficial para a xeración de enerxía. A parte superior da cámara de aire móvese continuamente de arriba a abaixo, mentres que a parte inferior permanece nunha posición fixa. A variación periódica da presión nunha onda inicia o movemento da sección superior. Un exemplo disto son os osciladores de onda de Arquimedes.

Vantaxes e desvantaxes

As instalacións undimotrices requiren un alto investimento e un maior desenvolvemento tecnolóxico. Os seus responsables deben mellorar en varias cuestións, como a súa eficiencia ao aproveitar o movemento non lineal e esquivo das ondas, ou a súa resistencia ao embate destas, e todo iso cun custo asumible. Por iso, as instalacións deste tipo aínda non son competitivas.

Por outra banda, a tecnoloxía undimotriz presenta incluso máis vantaxes que outras renovables: trátase dunha enerxía constante e inesgotable, xa que sempre hai ondas, e o seu impacto no contorno tamén é menor.

En España

En España inda non se aproveita este tipo de enerxía de forma comercial. En Cantabria e no País Vasco estanse desenvolvendo proxectos de centrais piloto que utilizan a forza das ondas en Santoña e en Mutriku.

Santoña (Cantabria)

O seu funcionamento baséase no aproveitamento da enerxía da oscilación vertical das ondas a través dunhas boias eléctricas que se elevan e descenden sobre unha estrutura similar a un pistón, na que se instala unha bomba hidráulica. A auga entra e sae da bomba co movemento e impulsa un xerador que produce a electricidade. A corrente transmítese á terra a través dun cable submarino. Iberdrola, a promotora, instalará 10 boias somerxidas a unha profundidade de 40 metros, a unha distancia da costa entre 1,5 e 3 quilómetros, ocupando una superficie duns 2000 km². As boias teñen unha potencia total de 1,5 MW, e soben e baixan ao vaivén das ondas, enrolando e desenrolando un cable que move un xerador de enerxía. Segundo os seus promotores, as principais vantaxes deste sistema son a súa seguridade, ao atoparse somerxido, a súa maior durabilidade e un impacto ambiental mínimo. En España estase utilizando tamén na zona costeira de Mora de Rubielos, que xa conta cunhas 40 boias.[2]

Notas

  1. A enerxía maremotriz[Ligazón morta]
  2. "Perspectiva da enerxía maremotriz. Fundación Vida Sostible". Arquivado dende o orixinal o 09 de setembro de 2007. Consultado o 27 de marzo de 2009.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Biodiésel

O biodiesel é un combustíbel renovábel e biodegradábel, obtido a partir de lípidos naturais como os aceites vexetais ou graxas animais mediante procesos industriais de esterificación e transesterificación, o que se aplica na preparación de substitutos totais ou parciais do petrodiésel ou gasóleo obtido do petróleo.

Biomasa (enerxía)

A biomasa, entendida como unha fonte de enerxía, é o termo que acolle á masa vexetal, fitomasa, e masa animal, zoomasa, que se emprega para xerar outras formas de enerxía, en esencia por combustión. A fitomasa é masa vexetal producida polas comunidades vexetais, que relizan a fotosíntese para xerar a súa biomasa, e a zoomasa é son os restos animais ou excrecións. A fitomasa inclúe a leña e poda, a residuos forestais e agrícolas e subprodutos de industrias de transformación da madeira.

Algúns sectores industriais considérana unha enerxía renovable. Porén, non existen un consenso científico xa que implica unha liberación neta de carbono á atmosfera, unha maior degradación dos solos e un risco para as zonas de conservación da biodiversidade.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía vén sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular muíños en terra e velas no mar. A verba eólico vén do latín Aeolicus, pertencente ou relativo a Eolo, deus dos ventos na mitoloxía grega.

Nos derradeiros anos do século XX Galicia pasou a ser un lugar cun parque eólico (de muíños para producir enerxía eléctrica) de gran tamaño relativo.

Na actualidade, a enerxía eólica é utilizada principalmente para producir enerxía eléctrica mediante aeroxeradores. A finais de 2007, a capacidade mundial dos xeradores eólicos foi de 94.1 xigavatios. Mentres a eólica xera arredor do 1% do consumo de electricidade mundial, representa arredor do 19% da produción eléctrica en Dinamarca, 9% en España e Portugal, e un 6% en Alemaña e Irlanda (datos do 2007).

É un recurso abundante, renovábel, limpo e axuda a minguar as emisións de gases de efecto invernadoiro ao substituír termoeléctricas a base de combustibles fósiles, o que a converte nun tipo de enerxía verde. O seu principal inconveniente é a súa intermitencia.

Enerxía hidráulica

A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.

A potencia máxima que pode ser obtida a través dun desnivel pode ser calculada polo produto .

En unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI)

Enerxía mareomotriz

A enerxía mareomotriz é a producida polo movemento das augas do mar polas subidas e baixadas das mareas, esta enerxía é aproveitada por turbinas, as cales a súa vez moven un alternador que xera enerxía eléctrica. Ao non consumir combustibles fósiles nin tampouco producir gases que axuden ao efecto invernadoiro, considerase unha enerxía limpa e renovable pero hai que ter en conta que provoca cambios na salinidade do estuario e no ecosistema da zona

As centrais mareomotrices instálanse en estuarios, constan dun dique que separa o mar da costa e que permite reter a auga na preamar, na baixamar ábrense as comportas e a auga acciona unha turbina que está unida a un alternador.

Para aproveitar a enerxía das mareas é preciso que a súa amplitude sexa considerable, o aconsellable é unha amplitude superior a 10 m. Unha das primeiras foi a de La Rance en Francia construída en 1967 no estuario do río Rance na Bretaña.

Con todo, esta forma de producir enerxía eléctrica ven ser unha actualización dos tradicionais muíños de marea, que existen en lugares como Muros ou Vilagarcía de Arousa.

Enerxía renovable

Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos. Algúns exemplos son a calor solar, o vento, as mareas e a calor dentro da terra.

En xeral son fontes de enerxía dispersa ou moi pouco concentrada, por exemplo só un 5% da irradiación solar é absorbida polo chan e menos aínda, un 0'3 %, o é polas plantas. Moitas dependen da xeografía e do clima, de modo que non todos os sistemas de calquera tipo de enerxías renovables pódense instalar en calquera lugar. Outra característica bastante xeral é que é aleatoria, é dicir variable e non controlable no tempo e tamén no espazo. Isto fai que sexa imprescindible o uso de sistemas de almacenamento de enerxía, que a gardan a medida que se xera, por un tempo máis ou menos limitado, para que sexa usada segundo a demanda do seu consumo.

No ano 2006, aproximadamente o 18% do consumo mundial de enerxía fora xerado por fontes renovables.

As Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

Enerxía solar

A enerxía solar é a enerxía obtida do Sol. A radiación solar incidente na Terra pode aproveitarse, pola súa capacidade para quentar, ou directamente, a través do aproveitamento da radiación en dispositivos ópticos ou doutro tipo. É un tipo de enerxía renovable e limpa, o que se coñece como enerxía verde.

Enerxía xeotérmica

A enerxía xeotérmica é a enerxía que se atopa no interior da terra en forma de calor, como resultado da desintegración dos elementos radioactivos e da calor permanente que se orixinou nos primeiros momentos de formación do planeta.

A enerxía xeotérmnica manifestase por medio de procesos xeolóxicos como volcáns, géyseres e fontes termais.

O vapor producido por líquidos quentes naturais en sistemas xeotérmicos é unha alternativa ao que se obten en plantas de enerxía que queiman materia fósil, utilizan a fisión nuclear, ou outros medios.

As perforacións mais modernas nos sistemas xeotérmicos alcanzan reservas de auga e vapor, quentados por magma moito máis profundo, que se atopa ata os 3.000 metros baixo o nivel do mar. O vapor purificase na boca do pozo antes de ser transportado en tubos grandes e illados cara as turbinas.

Galicia

Galicia ( pronunciación ) ou Galiza ( pronunciación ) é unha nación recoñecida internacionalmente en 1933 e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España.

Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial dentro da provincia da Coruña. Galicia posúe 2 718 525 habitantes (2016), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. En Galicia, os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios poboacionais son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol. Ten unha superficie de 29 574,4 km².

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 817 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 215 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Islay

Islay é a illa máis meridional das Hébridas Interiores en Escocia. Coñecida como "A Raíña das Hébridas", atópase en Argyll, ao suroeste da Illa de Jura e ao redor de 40 km. ao norte da costa irlandesa. A cidade máis grande e capital é Bowmore famosa pola súa destilería e a igrexa da parroquia de Kilarrow. Port Ellen é o porto principal.Islay é a quinta illa máis grande de Escocia e a sexta maior das que rodean Gran Bretaña (excluíndo Irlanda).

Existe unha ampla evidencia de asentamentos prehistóricos en Islay e a primeira referencia escrita procede do século 1. A illa converteuse en parte do Reino Gaélico de Dál Riata na Alta Idade Media antes de ser absorbida polo Reino das illas nórdico. Máis tarde a Idade Media marcou un "punto alto cultural", co paso das Hébridas ao Reino de Escocia e a toma do Clan Donald do señorío das illas, orixinalmente centrado en Finlaggan. Durante o século XVII a estrela do clan Donald desvaneceuse, pero as melloras na agricultura e no transporte deron lugar a un aumento da poboación, que alcanzou o seu punto máximo a mediados do século XIX. Logo chegaron importantes desprazamentos forzados e a caída do número de residentes.

Hoxe en día, conta con máis de 3.000 habitantes e as principais actividades comerciais son a agricultura, a destilación do whisky de malte e o turismo relacionado con esta bebida xunto coa observación de aves. A illa ten unha longa historia de cumplimento relixioso e a lingua gaélica escocesa é falada por preto dun cuarto da poboación. As súas paisaxes fixéronse famosas a través de diversas formas de arte e hai un crecente interese nas enerxías renovables. Islay é o fogar de moitas especies de aves como as poboacións invernantes de gansos de Groenlandia e ganso sanganos, é un destino popular durante todo o ano para os observadores de aves. O clima é suave e agradable debido á Corrente do Golfo.

Portugal

Portugal (pronuncia en portugués [puɾtuˈɣaɫ] (AFI), en mirandés: Pertual), oficialmente República Portuguesa, é unha República unitaria semipresidencialista situada en Europa Occidental. Ademais do territorio continental, no oeste da Península Ibérica, o territorio da República comprende os arquipélagos autónomos dos Azores e Madeira. Portugal ten unha extensión total de 92.212 km², e unha poboación de 10.487.289 habitantes no 2012. A súa capital é a cidade de Lisboa.

A terra dentro das fronteiras da actual República Portuguesa leva habitada continuamente dende a era prehistórica. Durante os seguintes séculos chegaron á Península Ibérica os romanos, seguidos tempo despois dos suevos e dos visigodos, así como posteriormente os musulmáns no século VIII. Trala caída do Imperio Romano, no ano 410 estabeleceuse no norte peninsular o Reino de Galicia, do cal sete séculos máis tarde, no ano 1128, se separaría a súa parte sur formando o que daría lugar ao actual Portugal. Nos séculos XV e XVI, na era dos descubrimentos, Portugal estendeuse por todo o mundo converténdose nunha superpotencia política, económica e militar, que levou a ser o primeiro imperio global.

O Imperio Portugués foi o máis lonxevo dos modernos imperios coloniais europeos, xa que durou case 600 anos, dende a captura de Ceuta en 1415 até a entrega de Macau a China en 1999 (de facto) ou a concesión da soberanía a Timor Leste en 2002 (de iure). O imperio estendeuse ao longo dun gran número de territorios que hoxe forman parte de cincuenta e tres Estados soberanos diferentes, deixando un legado de máis de 240 millóns de falantes de lingua portuguesa e varios de crioulos de base portuguesa. Porén, a súa influencia internacional veuse reducida considerablemente durante o século XIX, principalmente por mor da Independencia do Brasil, a súa principal colonia. Xa no século XX, a revolución do 5 de outubro de 1910, depuxo a monarquía logo de séculos baixo este sistema de goberno, estabelecendo a democrática pero inestable Primeira República Portuguesa, a cal sería substituída polo Estado Novo, un réxime autoritario de dereita. A democracia foi restaurada despois da Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974.

Portugal é hoxe un estado desenvolvido de economía avanzada cun alto nivel de vida, sendo o décimo noveno país do mundo en 2005 en función do seu índice de calidade de vida. É ademais un dos países máis globalizados e pacíficos do mundo, ocupando o sétimo posto nesta clasificación no ano 2008. É á súa vez membro de diferentes organizacións internacionais como as Nacións Unidas, a Unión Europea, a Eurozona, a OCDE, a OTAN, o Fondo Monetario Internacional, a Organización Mundial do Comercio, Organización dos Estados Iberoamericanos e a Comunidade dos Países de Língua Portuguesa.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.