Enerxía eólica

A enerxía eólica é a enerxía que se obtén do vento. Esta fonte de enerxía vén sendo aproveitada dende a antigüidade por diversos medios, en particular muíños en terra e velas no mar. A verba eólico vén do latín Aeolicus, pertencente ou relativo a Eolo, deus dos ventos na mitoloxía grega.

Nos derradeiros anos do século XX Galicia pasou a ser un lugar cun parque eólico (de muíños para producir enerxía eléctrica) de gran tamaño relativo.

Na actualidade, a enerxía eólica é utilizada principalmente para producir enerxía eléctrica mediante aeroxeradores. A finais de 2007, a capacidade mundial dos xeradores eólicos foi de 94.1 xigavatios.[1] Mentres a eólica xera arredor do 1% do consumo de electricidade mundial,[2] representa arredor do 19% da produción eléctrica en Dinamarca, 9% en España e Portugal, e un 6% en Alemaña e Irlanda (datos do 2007).

É un recurso abundante, renovábel, limpo e axuda a minguar as emisións de gases de efecto invernadoiro ao substituír termoeléctricas a base de combustibles fósiles, o que a converte nun tipo de enerxía verde. O seu principal inconveniente é a súa intermitencia.

Enerxías renovables
Aeroxenerador
Biodiésel
Biomasa
Enerxía xeotérmica
Enerxía hidráulica
Enerxía solar
Enerxía mareomotriz
Enerxía undimotriz
Enerxía eólica

Técnica

A enerxía do vento está relacionada co movemento das masas de aire que se desprazan de áreas de alta presión atmosférica a áreas adxacentes de baixa presión, con velocidades proporcionais ao gradiente de presión.

Os ventos son xerados a causa do quecemento non uniforme da superficie terrestre por parte da radiación solar, entre o 1 e 2% da enerxía proveniente do sol convértese en vento. De día, as masas de aire sobre os océanos, os mares e os lagos mantéñense frías con relación ás áreas veciñas situadas sobre as masas continentais.

Os continentes absorben unha menor cantidade de luz solar, polo tanto o aire que se encontra sobre a terra expándese, e faise máis liviá e elévase. O aire máis frío e máis pesado que provén dos mares, océanos e grandes lagos ponse en movemento para ocupar o lugar deixado polo aire quente.

Turbiny wiatrowe ubt.jpeg
Parque eólico

Para poder aproveitar a enerxía eólica é importante coñecer as variacións diúrnas e nocturnas e estacionais dos ventos, a variación da velocidade do vento coa altura sobre o solo, a entidade das raxadas en espazos de tempo breves, e valores máximos ocorridos en series históricas de datos cunha duración mínima de 20 anos. É tamén importante coñecer a velocidade máxima do vento. Para poder utilizar a enerxía do vento, é necesario que este alcance unha velocidade mínima de 12 km/h, e que non supere os 65 km/h.[3]

A enerxía do vento é empregada mediante o uso de máquinas eólicas (ou aeromotores) capaces de transformar a enerxía eólica en enerxía mecánica de rotación utilizable, xa sexa para accionar directamente máquinas operatrices, como para produción de enerxía eléctrica. Neste último caso, o sistema de conversión, (que comprende un xerador eléctrico cos seus sistemas de control e de conexión á rede) é coñecido como aeroxerador.

A baixa densidade enerxética, da enerxía eólica por unidade de superficie, trae como consecuencia a necesidade de proceder á instalación dun número maior de máquinas para o aproveitamento dos recursos dispoñíbeis. O exemplo máis típico dunha instalación eólica está representada polos parques eólicos (varios aeroxeradores implantados no territorio conectados a unha única liña que os conecta á rede eléctrica).

Historia

Un muíño é unha máquina que transforma o vento en enerxía aproveitábel, que provén da acción da forza do vento sobre unhas aspas oblicuas unidas a un eixo común. O eixe xiratorio pode conectarse a varios tipos de maquinaria para moer gran, bombear auga ou xerar electricidade.

Os primeiros muíños

A referencia máis antiga que se ten é un muíño de vento que foi usado para facer funcionar un órgano no século I.[4] Os primeiros muíños de uso práctico foron construídos en Sistan, Afganistán, no século VII. Estaban compostos dun eixo vertical con follas rectangulares.[5] Aparatos feitos de 6 a 8 velas de muíño cubertos con telas foron usados para moer maínzo ou extraer auga.

Enerxía eólica no Reino Unido

A minieólica podería xerar electricidade máis barata que a da rede nalgunhas zonas rurais do Reino Unido, segundo un estudo de Carbon Trust[6]. Segundo ese informe, os miniaeroxeradores poderían chegar a xerar 1,5 teravatios hora (TWh) ao ano en Reino Unido, un 0,4% do consumo total del país, evitando así a emisión de 0,6 millóns de toneladas de CO2[7].

Galería de imaxes

Solpor e parque eólico no horizonte, Abadín, Galiza

Solpor e parque eólico no horizonte, Abadín

Barraña GDFL 050712 217

Solpor e parque eólico no Barbanza dende Boiro

Notas

  1. Global Wind Energy Council News.
  2. http://www.wwindea.org/home/images/stories/pr_statistics2007_210208_red.pdf Arquivado 22 de novembro de 2009 en Wayback Machine. World Wind Energy Association press release retrieved 2008 03 18
  3. Allievi del corso di Meccanica, coordinati dal Professore A. Gatto (Anno Scolastico 2003/04) Risorse energetiche alternative: La forza del vento Arquivado 15 de abril de 2009 en Wayback Machine. Scuole Medie Superiori, Progetti Interdisciplinari, Valsesia, Piemonte, Italia (en italiano).
  4. A.G. Drachmann, "Heron's Windmill", Centaurus, 7 (1961), pp. 145-151
  5. Ahmad Y Hassan, Donald Routledge Hill (1986). Islamic Technology: An illustrated history, p. 54. Cambridge University Press. ISBN 0-521-42239-6.
  6. http://www.carbontrust.co.uk
  7. A minieólica produce enerxía eléctrica máis barata Arquivado 12 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Balsa, Muras

Santa María da Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2011 tiña 105 habitantes, o que supón un descenso do 30 % respecto ao ano 1991, cando tiña 150 (cunha densidade naquel ano de 12 hab./km²). Ten 23 lugares.

Aeroxerador

Un aeroxerador é un dispositivo cun xerador destinado a converter enerxía eólica en enerxía eléctrica. Este tipo de xerador tense popularizado rapidamente debido ao feito de que ao ser a enerxía eólica un tipo de enerxía renovábel, apenas produce custos de produción como tampouco non produce contaminación nin contribue ao efecto invernadoiro. No entanto, a cantidade de enerxía producida por este medio é aínda unha mínima parte (arredor do 1% do consumo mundial) da que se consome nos países desenvolvidos. Galiza é unha das zonas mais avanzadas en produción de enerxía eólica, cun 12%, lonxe do 18% de Dinamarca, aínda que proporcionalmente máis, ben por riba da media da UE.

Os aeroxeradores tamén se coñecen popularmente co nome de virandelos.

Biodiésel

O biodiesel é un combustíbel renovábel e biodegradábel, obtido a partir de lípidos naturais como os aceites vexetais ou graxas animais mediante procesos industriais de esterificación e transesterificación, o que se aplica na preparación de substitutos totais ou parciais do petrodiésel ou gasóleo obtido do petróleo.

Economía de Galicia

A economía de Galicia áchase fortemente imbricada aos recursos naturais. Galicia destaca polos seus contrastes económicos: mentres a costa oeste, sede dos maiores centros de poboación, e tamén das industrias manufactureiras e de derivados da pesca, é próspera e incrementa a súa poboación (especialmente aquelas comarcas situadas no eixo da autoestrada AP-9), a zona rural das provincias de Ourense e Lugo presenta unha economía na que predomina aínda a compoñente rural, asentada no minifundio, ou pequenas explotacións agrícolas e/ou gandeiras.

Enerxía

En física, a enerxía é todo aquilo que pode transformarse en calor, traballo mecánico (movemento) ou radiación electromagnética como a luz mediante procesos físicos. Isto pode ocorrer de xeito natural e espontáneo ou grazas a unha máquina (por exemplo motor, caldeira, refrixerador, altofalante, lámpada) ou tamén a un organismo vivo (por exemplo os músculos) etc. En rigor é un concepto fundamental, aceptado pola física sen definición.

Calquera cousa que estea a traballar -por exemplo, a mover outro obxecto, a quece-lo ou a facelo atravesarse por unha corrente eléctrica - está a gastar enerxía (na verdade ocorre unha "transferencia", pois ningunha enerxía é perdida, e si transformada ou transferida a outro corpo). Polo tanto, calquera cousa que estea pronta a traballar posúe enerxía. En canto o traballo se realiza, ocorre unha transferencia de enerxía, parecendo que o suxeito está a perder enerxía. Na verdade, a enerxía está a ser transferida para outro obxecto, sobre o cal o traballo se realiza.

Así pois, o concepto de enerxía é un dos conceptos esenciais da física. Nacido no século XIX, pódese atopar en todas as disciplinas da Física (mecánica, termodinámica, electromagnetismo, mecánica cuántica etc.), así como noutras disciplinas, particularmente na química.

Enerxía hidráulica

A enerxía hidráulica é un tipo de enerxía obtida a partir da enerxía potencial dunha masa de auga. Esta enerxía maniféstase en estado natural nos fluxos de auga, como nos ríos e lagos e pode ser aproveitada por medio dun desnivel ou encoro. Pode ser convertida en enerxía mecánica a través de turbinas hidráulicas ou muíños de auga. As turbinas á súa vez poden ser usadas como accionamento dun mecanismo industrial, coma un compresor ou un xerador eléctrico, coa finalidade de prover enerxía eléctrica para unha rede de enerxía.

A potencia máxima que pode ser obtida a través dun desnivel pode ser calculada polo produto .

En unidades do Sistema Internacional de Unidades (SI)

Enerxía renovable

Denomínase como enerxía renovable a aquela enerxía que se obtén de recursos naturais virtualmente inesgotables, unhas pola inmensa cantidade de enerxía que conteñen (por exemplo a enerxía xeotérmica), e outras por seren capaces de rexenerarse por medios naturais (a enerxía solar ou a eólica). Sendo esta o conxunto de fontes de enerxía que periodicamente se atopan a disposición dos humanos e que estes son capaces de transformar en enerxía útil . Consideramos que se rexeneran, ou se renovan, naturalmente de xeito máis rápido á velocidade que as consumimos. Algúns exemplos son a calor solar, o vento, as mareas e a calor dentro da terra.

En xeral son fontes de enerxía dispersa ou moi pouco concentrada, por exemplo só un 5% da irradiación solar é absorbida polo chan e menos aínda, un 0'3 %, o é polas plantas. Moitas dependen da xeografía e do clima, de modo que non todos os sistemas de calquera tipo de enerxías renovables pódense instalar en calquera lugar. Outra característica bastante xeral é que é aleatoria, é dicir variable e non controlable no tempo e tamén no espazo. Isto fai que sexa imprescindible o uso de sistemas de almacenamento de enerxía, que a gardan a medida que se xera, por un tempo máis ou menos limitado, para que sexa usada segundo a demanda do seu consumo.

No ano 2006, aproximadamente o 18% do consumo mundial de enerxía fora xerado por fontes renovables.

As Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional da Enerxía Sostible para Todos.

Enerxía solar

A enerxía solar é a enerxía obtida do Sol. A radiación solar incidente na Terra pode aproveitarse, pola súa capacidade para quentar, ou directamente, a través do aproveitamento da radiación en dispositivos ópticos ou doutro tipo. É un tipo de enerxía renovable e limpa, o que se coñece como enerxía verde.

Enerxías renovábeis en Alemaña

As enerxías renovábeis na Alemaña representaban en 2005 máis do 8% da subministracilón eléctrica do país. Os plans do Goberno federal son que en 2010 supoñan un 13% e cheguen ao 20% en 2020. A importancia económica desta industria aumentou notabelmente. En 2004 había 130.000 persoas empregadas no sector das enerxías renovábeis no país, especialmente en empresas pequenas e de mediano tamaño.

Fuendetodos

Fuendetodos é un concello español da provincia de Zaragoza na comunidade de Aragón. Coñécese sobre todo porque nunha das súas casas naceu o pintor Francisco de Goya no ano 1746.

Gas de síntese

O gas de síntese ou syngas é unha mestura de gas combustible que consta principalmente de hidróxeno, monóxido de carbono e con frecuencia algo de dióxido de carbono. O nome procede do seu uso como intermediario na creación de gas natural sintético e para producir amoníaco ou metanol. O gas de síntese ou syngas é xeralmene un produto da gasificación e a súa principal aplicación é a xeración de electricidade. O gas de síntese é un combustible e utilízase a miúdo como combustible de motores de combustión interna. Ten unha densidade de enerxía que é menos da metade que a do gas natural.

O gas de síntese pode producirse a partir de moitas fontes, como o gas natural, carbón, biomasa, ou virtualmente calquera hidrocarburo, por reacción con vapor (reformado con vapor), dióxido de carbono (reformado seco) ou oxíxeno (oxidación parcial). O gas de síntese ou syngas é unha fonte intermediaria esencial para a produción de hidróxeno, amoníaco, metanol, e combustibles de hidrocarburos sintéticos. O gas de síntese úsase tamén como intermediario na produción de petróleo sintético para o seu uso como combustible ou lubricante por medio do proceso Fischer-Tropsch e previamente polo proceso de metanol a gasolina da compañía Mobil.

Os métodos de produción inclúen o reformado con vapor de gas natural ou hidrocarburos líquidos para producir hidróxeno, a gasificación de carbón, biomasa, e nalgúns tipos de instalacións a gasificación de enerxía obtida a partir de lixo.

General Electric

A empresa non debe ser confundida con: General Electric Company plcGeneral Electric ou (GE, General Electric Company) é unha corporación multinacional estadounidense fundada en Nova York e con sede en Connecticut.A empresa opera en catro sectores:

Enerxía

Infraestruturas tecnolóxicas

Capital, financeria

Sector doméstico e IndustrialGE é tamén a propietaria da empresa de comunicación NBC Universal.

Iberdrola

Iberdrola é unha multinacional eléctrica española con base en Bilbao, cuns 31 330 empregados en países de catro continentes que dan servizo a uns 31,67 millóns de clientes. Entre as súas filiais están Scottish Power (Escocia), Avangrid (Estados Unidos) e Elektro Holding (Brasil). No 2013 o principal accionista da empresa era Qatar Investment Holding, seguido doutros como ACS, Kutxabank e Bankia.Dende que adoptou un plan de crecemento e expansión internacional en 2001, Iberdrola pasou a ser o grupo enerxético máis grande de España por capitalización de mercado, o líder global no sector da enerxía eólica e un das principais empresas de electricidade do mundo por capitalización de mercado. A empresa é parte do índice bursátil Euro Stoxx 50.

Mar de Irlanda

O Mar de Irlanda (irlandés: Muir Éireann / An Mhuir Mheann, manx: Y Keayn Yernagh, escocés: Erse Sea, gaélico escocés: Muir Èireann, Ulster-Scots: Airish Sea, galés: Môr Iwerddon) separa as illas de Irlanda e de Gran Bretaña, Conecta co Océano Atlántico polo sur a través do Canal de San Xurxo, entre Irlanda e Gales; e polo norte a través do Canle do Norte, entre Irlanda e Escocia. A Illa de Man atópase situada no centro deste mar.

Anglesey, no País de Gales, é a maior illa no mar de Irlanda. a segunda en tamaño é a illa de Man e o mar pode ser ocasionalmente, pero raramente, chamado "Mar de Manx" (irlandés: Muir Meann, manx: Mooir Vannin, gaélico escocés: Muir Mhanainn). O mar de Irlanda ten unha importancia económica significativa para o comercio rexional, transporte marítimo, pesca e xeración de enerxía en forma de enerxía eólica e centrais nucleares. O tráfico anual entre Gran Bretaña e Irlanda corresponde a máis de 12 millóns de pasaxeiros e 17 millóns de toneladas de bens mercantís.

Muras

Muras é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o IGE en 2018 tiña 636 habitantes (926 no 2006, 941 no 2005, 978 no 2004, 1.020 no 2003).

Muíño

Un muíño (do latín serodio molinum, por redución da expresión saxum molinum 'moa') é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo, para obter fariña.

Xeralmente constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén pode ter forma de disco e entón chámase moa.

Para mover a pedra utilizábase a enerxía eólica (muíño de vento), a hidráulica (muíño de auga), animais (muíño de sangue) e, en muíños pequenos, a manual (un exemplo doméstico deles son os muíños do café, aínda que actualmente son eléctricos a maioría).

Orcadas

As Illas Orcadas (gaélico escocés: Arcaibh, en inglés e escocés Orkney) son un arquipélago habitado do Mar do Norte, moi próximo á costa setentrional de Escocia, a tan só 16 quilómetros, e que na actualidade constitúen unha área municipal de seu. atópase ao norte da costa de Caithness e comprende aproximadamente 70 illas, das cales 20 están habitadas. A illa máis grande Mainland refírese a miúdo como "o continente". Ten unha superficie de 523 km², polo que é a sexta maior illa escocesa e a décima illa máis grande as Illas británicas. O asentamiento máis grande e o centro administrativo é Kirkwall.Unha forma do nome data da época pre-romana, as illas habitáronse desde fai polo menos 8500 anos, orixinalmente ocupadas por tribos do Mesolítico e neolítico e logo polos pictos. Orkney foi invadido e anexada a forza por Noruega en 875 e colonizada polos nórdicos. O Parlamento escocés re-anexionou o condado á Coroa escocesa en 1472, trala falta de pago dunha dote a James III tralo seu matrimonio con Margarita de Dinamarca Orkney contén algúns dos sitios neolíticos máis antigos e mellor conservados de Europa, e o "Corazón neolítico das Orcadas" é Patrimonio da Humanidade da UNESCO.

Orkney é unha das 32 áreas de consello de Escocia, unha circunscrición do Parlamento de Escocia, unha área municipal e un condado tradicional. O consello local é Orkney Islands Council, un dos tres Consellos en Escocia cunha maioría dos membros elixidos que son independentes. Os outros son Shetland e Comhairle nan Eilean Siar. Moray está dirixido por unha coalición conservadora / Independente.Ademais da illa grande, a maior parte das illas atópanse en dous grupos, as illas Norte e Sur, todas as cales teñen unha base xeolóxica subxacente de arenisca vermella antiga. O clima é tépedo e os chans son extremadamente fértiles, a maior parte da terra cultívase. A agricultura é o sector máis importante da economía. Os significativos recursos de enerxía eólica e mariña son cada vez máis importantes, e a illa xera máis da súa demanda total de electricidade anual utilizando enerxías renovables. Os residentes locais son coñecidos como orcadianos e teñen un distintivo dialecto orcadian do escocés e unha rica herdanza de folclore. Hai abundancia de fauna mariña e aviar.

Recurso natural

Os recursos naturais son substancias que se dan naturalmente no ambiente. O termo xurdiu por vez primeira na década de 1970, por E.F. Schumacher no seu libro titulado Small Is Beautiful. O termo "recurso" refírese a unha inmensidade de materias primas que existen no planeta e aquelas que o ser humano pode utilizar.

Frecuentemente son clasificados como renovábeis e non renovábeis. Os non renovábeis inclúen substancias que non poden ser recuperadas nun curto período de tempo, como, por exemplo, o petróleo ou o carbón. Os renovábeis son aqueles que poden se renovar, ou seren recuperados con ou sen interferencia humana, como as forestas.

Rijksmonument

Un rijksmonument (pronuncia neerlandesa: [ˈrɛiksmoːnyˌmɛnt]) é un lugar ou un edificio catalogado como monumento nacional dos Países Baixos, segundo a listaxe da Axencia Nacional do Patrimonio Cultural (Rijksdienst voor het Cultureel Erfgoed -RCE-), en representación do Ministerio de Educación, Cultura e Ciencia dos Países Baixos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.